9 mar 2008

Gañarán todos outra vez?
Ben, toca ir votar. Alá vou, en compaña da muller e a filla (esta, por vez primeira na súa vida). Alguén suxeriu seguir dende aquí o debate dos resultados: por iso, abro este fío, por se se queren intercomunicar todos/as a partir das 20 h.
Eu incorporareime máis tarde: despois de votar, vou levar a filla ata a estación de ferrocarril e logo estarei un bo rato no Xardín Xaponés, onde, como outras veces, centraliza os seus servizos Telemiño e fan as primeiras roldas de opinión entre políticos e colaboradores do xornal La Región. Xa lles conto despois qué opinaba a xente por alí: agardemos que a edición dos resultados finais non sexa moi lenta (mañá hai clases). Estarei encantado de ler as súas primeiras impresións: gañarán todos outra vez?

104 comentarios:

Anónimo dijo...

Haberá outros blogs en Galicia onde a xente siga as elecións en directo, enviando comentarios?
Hai anos "Vieiros" tiña un foro de participación, pero...

Anónimo dijo...

Parece claro que as equisas dan ganador ao PSOE. Pío Escudero di que obtiveron un gran resultado, mesmo baten récords de votación e porcentaxe. Fala agora Rueda, cunha cariña, e comenta que gañou o PP de Galicia. Impresiona.

Anónimo dijo...

Están ben fodidos estes do PP. Eu alégrome de que perderan.

Anónimo dijo...

Aínda ben que o PSOE lle dá unha alegría ao meu benquerido sr. Apicultor (a. Fabrizio), porque a srta. Antonelli...

jeje

Saúdos para o sr. Arume.

Anónimo dijo...

Demite Llamazares. Entendo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois non gañaron todos, non, digan o que digan.
Gañan os socialistas e perden os populares, castigados pola súa política de crispación e extremismo dereitista.
Eu alégrome de que gañe a esquerda en España (pese ás baixas graves de ERC e IU).
Alégrome de que gañase a esquerda en Galicia: psoe+pp, 12 deputados, onde o PP perde un deputado na Coruña e perde posicións.
Alégrome de que se manteña o BNG nuns resultados moi dignas na fortísima polarización desta campaña: mantén os 2 deputados e creo que os votos que xa tiña no 2004.
Alégrome de que resistan tamén CIU e PNV como nacionalismos máis consolidados e de que non haxa maiorías absolutas (aínda que avanzase o bipartidismo: 85 % dos escanos fronte ó 80 % de antes).
Alégrome de que repita no Parlamento o amigo Alberto Fidalgo (PSdG) de Ourense e que lle arrinquen ós populares o famoso terceiro deputado: Baltar non é imbatible.
Isto como primeira e rápida impresión.

Anónimo dijo...

Boeno. En Ourense, 2 e 2. Como pronostiquéi, se lembran. Quén aguantará aos do PSOE estes días! Qué pedirá o Pachi de premio?.

Xaime dijo...

Pois eu digo que non foi para tanto. A ver o fenómeno de ZP, con quén goberna. Esperánnos 4 anos moi, pero que moi, interesantes. Incluso non descarto que se poidan adianta-las eleccións.
Aí teñen o Bloque, que pouco pero vai decidir.

Anónimo dijo...

Medela: aló vai Lobeira:

PP 378 53,09%
PSdeG-PSOE 232 32,58%
BNG 96 13,48%

Marcos Valcárcel López dijo...

Patética a intervención de Rajoy agora en Ferraz.
Núñez Feijóo estivo máis correcto, para min.
Que me din dos votos e escano de Rosa Díez en Madrid? Serán de esquerdas ou de dereitas? En calquera caso, de non presentarse non variaría o resultado final nos seus datos substanciais.

Anónimo dijo...

Grazas, Arume: Podía ser ben, pero que ben peor.

Anónimo dijo...

A intervenci�n de Rajoy estaba condicionada polo infantilismo que rodea aos fans de X�nova. Non esquezamos que toda a cultura de celebraci�ns do PP xinov�s deriva das excursi�ns coas monxas a exercicios espirituais. E o bon vivant de Mariano bota de menos outras orx�as.

Xaime dijo...

Se se observa o resultado por votos na Comunidade de Madrid, Rosa Díez está sentada no Congreso con 128.000 votos que lle restou os dous grandes por igual.
Ten moito valor o que fixo a Sra. Díez, sobor de todo sabemolo os que somos de partidos pequenos, e matino que lle causará máis dun dolor de cabeza a ZP.

Xaime dijo...

Non se meta conmigo pola acentuación Apicultor, que xa sabe que lle son autodidacta.

Anónimo dijo...

Que o PSOE é un partido de esquerdas? je je je je je

Anónimo dijo...

Alguén ten os resultados globais da provincia de Ourense???

Grazas.-

Anónimo dijo...

Funcionou o voto util en OURENSE.
BNG seguro ten mais adeptos, pero foron o PSOE.
Asi cíu un deputado do PP

Anónimo dijo...

caíu.
Non cíu

Anónimo dijo...

Os resultados percentuais, digo.

Anónimo dijo...

Os resultados percentuais, digo.

Anónimo dijo...

PP 104.726 48,07%
PSdeG-PSOE 81.946 37,61% 2
BNG 25.422 11,67%

Anónimo dijo...

Os do BNG-Ourense son unhos abandeirados do "voto útil", nas municipáis, cando lle convén a eles. Un pouco da propia mediciña está ben.

Anónimo dijo...

Grazas, Arume.

Anónimo dijo...

En Ourense capital os resultados ao 99,28% son:

PSOE - 29.680
PP - 27.143
BNG - 6.851

Anónimo dijo...

Don David, e en Allariz??

Anónimo dijo...

Allariz (100% escrutado)

BNG - 1717 (44,52%)
PP - 1244 (32,25%)
PSOE - 805 (20,87%)

Anónimo dijo...

BNG 1.717 44,52%
PP 1.244 32,25%
PSdeG-PSOE 805 20,87%

Marcos Valcárcel López dijo...

M.RAJOY: "Toda España sabe lo que yo pienso"... quizais por iso perdestes as eleccións, non?

Anónimo dijo...

Triunfo do PSOE, derrota Doce do PP (similar á do PSOE no ano 1996, pero doe menos cando non gobernas), e desastre de IU e ERC. Bo resultado do BNG (sobre todo fora dos concellos urbanos) . O PsdG e o PpdeG non acadan as expectativas.... (de feito o crecemento do PSdG queda moi lonxe dos resultados do PSOE en Euskadi e Cataluña, sendo incapaz de aproveitar o discurso respectuoso coas identidades de ZP.

Anónimo dijo...

O sistema é tremendamente inxusto con IU. Un millón de votos so lle renta 2 deputados. O PP saca 10 veces os seus votos pero multiplica por 77 o número de deputados.
Desta inxustiza ninguén fala.

Anónimo dijo...

Grazas, señores. Xa non molesto máis.
Por quen votaría Kyra Argounova???

Anónimo dijo...

Na TVG, Bieito Rubido, director da Voz:
"Agora o pSOE vai ter que escoitar máis ó PP"...
???
Agora me explico a orientación de LVG...

Anónimo dijo...

Don Marcos: "Vae Victis"

Marcos Valcárcel López dijo...

O VOTO ÚTIL explica os resultados de Ourense, é obvio...
Pero creo que a suba do PSOE é espectacular, na provincia e na capital. E a caída do BNG, outro tanto. Non sei se iso non haberá que estudialo con moito máis detalle: as bases sociais do nacionalismo ourensán son moi febles (de barro??).

Anónimo dijo...

Por certo os resultados do PSOE na cidade de Ourense chaman atención, a onde chegarían de ter un bo Alcalde e unha boa candidata?

Anónimo dijo...

O BNG resiste como un "campión" a maré bipartidista e conserva os dous deputados, subíndo algo menos de un punto porcentual.

Quintana pode estar ben contento: a súa posición semella consolidada. O primeiro paso xa o conseguiu. Agora queda por ver se é realmente "decisivo" en Madrid.

Todo dependerá de por onde tire ZP. Se tira por CiU o BNG queda inutilizado. Pero isto crearíalle problemas en Cataluña ao PSC. Así pois, é probable que ZP acuda ao BNG, a IU e a CC. Daquela, o BNG conseguirá contrapartidas e, se o sabe vender ben, poderá presentarse cun bo aval ás autonómicas de 2009.

Anónimo dijo...

Algunhas outras inxustizas. Coalición Canaria con sete veces menos ca IU ten os mesmos escanos. O PNV pasa de 420000 votos a 300000 e perde só un deputado.

Anónimo dijo...

Un dato moi triste, na miña opinión:

96,68% escrutado en Arrasate-Mondragón: 40,49% de abstención.

Anónimo dijo...

Pobre "niña" de Rajoy: quedou sen pais, sen piso, sen traballo, sen saber idiomas, sen... ;)

Marcos Valcárcel López dijo...

Eu vou durmir, mañá exames e todo iso. Agardo ter mañá algún momentiño para falar máis de vagar. Saúdos cordiais a todos/as.

Anónimo dijo...

Coincido con apicultor o Sr Quintana pode quedar ben satisfeito, incluso en Ourense onde o BNG aguanta ben na provincia, a pesar do voto util da capital.

Veron vostede a cara do Sr Touri�o? �Como queda a s�a situaci�n no PSOE estatal?

Anónimo dijo...

Sr Anónimo espera a que veña o Sr Leituga e verá como Touriño hoxe e mais líder que nunca....Polo que respecta á ministra “cunera” de Ourense aguantou mellor que os seus compañeiros en Cádiz, Alacante, Murcia.... o Pachi esta que se sae, polo que a Cultura Baltariana asegura a existencia dun sucesor...

Anónimo dijo...

O PSdeG-PSOE e Touriño obtiveron bos resultados: subiu 2.4 puntos porcentuais.

Pola contra, o PPdeG baixou 3 puntos porcentuais.

O BNG subiu 0.7 puntos porcentuais.

Daquela, quen mellores resultados obtivo en Galicia foi o PSdeG-PSOE, arrebatándolle ademais 1 escano en Ourense a Baltar & Cia.

Anónimo dijo...

E logo o BNG, non pode acadar grupo?.
Cos 2 + 2 de CCanaria e NaBai?/ ou BNG 2 + 3 ERC.
E ou non posible.......
Mollense os expertos de As uvas.

Anónimo dijo...

Non creo que sexa suficiente para convocar Touriño as eleccións autonómicas para outono. Pero tampouco sería disparatado. En Vigo, quitaron un moi bó resultado tendo en conta o alcalde que temos (claro que o outro tampouco é Olof Palme).

Anónimo dijo...

E certo que o PSdG sube 2,4 puntos pero paréceme unha suba pequena comparada coa que ten noutros territorios, especialmente en cataluña, canarias ou euskadi (onde sen dúbida resulta beneficiado polo transito d evoto de EB e pola ilegalización de ANV e a abstención de ETA). ¿Parecelle realmente unha forte suba tendo en conta que goberna no Estado, en Galicia, e en todas as cidades galegas? En canto ao resultado de Ourense entendo que simplemente é unha volta a normalidade de doce anos para atrás (o movemento d evotos en Ourense en favor do poder e dicir do PSOe é unha mostra mais do arraigado do pensamento baltariano en Ou)

Anónimo dijo...

Desde ese punto de vista, o BNG tamén tiña agora grupo. Eso non é o que se entende por grupo parlamentario. Será interesante, en todo caso, sabermos con quen vai ir. Non ten demasiada importancia: eu non lla dou, pero outros quizáis si.

O que parece que descartou hoxe Duran i LLeida foi a presidencia do Congreso. Non sei se saberá que hai reunións para repartirse o PP e o PSOE as prazas. A pesar da maioría relativa, vexo o peso do nacionalismo moi minguado. Poderán xogar bazas, pero hai onde escoller.

Anónimo dijo...

Veremos como evoluciona a recesión económica e os gobernos municipais, eu se fora Touriño non votaría foguetes e non arriscaria a sair de Monte Pio antes de tempo....

Anónimo dijo...

Se o BNG tivera grupo entón se que tería problemas Touriño, o seu Vicepresidente falaría directamente con José Blanco e ZP (incluso os acordos do goberno galego)...non lle quiten o sono ó rapaz....

Anónimo dijo...

No PV a abstención supuxo máis ou menos un 10% do voto. Pero con esa abstención o PSE foi quen de lograr un aumento de votos extraordinario de case 100000 votos sobre os 340000 que tiña: ou sexa un 30% máis.

Anónimo dijo...

Eu non descartaría que houbese eleccións autonómicas anticipadas para comezos da primavera ´09.

Os resultados consolidan o bipartito, sobre todo ao PSdeG-PSOE. O BNG, con todo, tampouco ten mal punto de partida se pode xogar a conseguir cousas de "Madrí". Pero ten pouco tempo dispoñible, e, ademais, iso pódeo curtar medio en seco Touriño adiantando as eleccións para que non se perciba tal efecto.

A política é moi fodida, e aquí quen non corre voa.

Anónimo dijo...

Penso que o PSdG non deixará que o PSOE lle preste os deputados que precisa o BNG pero.....

"Debemos recordar que para la formación de grupo parlamentario se exige un número mínimo (muy elevado) de diputados o senadores: 15 en el Congreso y 10 en el Senado. Esa exigencia (préstamos de diputados o senadores a un lado) sólo es cumplida en el Congreso por el P.S.O.E. (164) y el P.P. (148), mientras que en el Senado, aparte de por aquéllos (91 y 123, respectivamente) también lo haría Entesa Catalana de Progrés (16).

● El Reglamento del Congreso establece igualmente una regla subsidiaria para permitir la conformación de grupos a formaciones que, habiendo obtenido un número menor de representantes (nunca inferior a 5 diputados), hayan alcanzado un determinado porcentaje en las circunscripciones en que presente candidatura (15%) o en el conjunto de las circunscripciones (5%). Con esta regla sólo C.i.U., P.N.V. e I.U./I.C.V. conseguirían formar grupo parlamentario propio (para los dos primeros, 10 y 7 diputados, respectivamente, y más de un 15% de los votos en sus circunscripciones; 5 diputados y un 5% de votos en el conjunto de las circunscripciones, el último). En el caso de E.R.C., pese a ser la cuarta fuerza en el arco parlamentario (8 diputados), la cuestión estaría más difusa en tanto que también se presentó a las elecciones en la Comunidad Valenciana, obteniendo apenas un 0,5% de los votos –unos 13.000 sufragios-, aunque bajo otro nombre, pero con el mismo apoderado y representante legal; en todo caso, la Mesa del Congreso de los Diputados decidió admitir finalmente la constitución de grupo parlamentario por parte de éste con el voto en contra de los 4 representantes del P.P.

● Junto a estos grupos, en el Congreso se ha constituido igualmente el Grupo Parlamentario de Coalición Canaria con 3 diputados de C.C. más dos “diputados prestados” del P.S.O.E., electos por Toledo, que deberán permanecer en el Grupo Canario hasta el final del período de sesiones. Estos podrán solicitar –así lo harán, indudablemente- el cambio de grupo en los cinco primeros días del siguiente período (art. 27.1 R.C.D.). Esta formación, sabido es de todos, ha sido receptora habitual de este tipo de préstamos, y ello de la mano de un amplio número de “prestamistas”: P.A.R. (V Legislatura; 4 propios más uno prestado), U.P.N.-P.P. (VI Legislatura; 4 y 2; y VII Legislatura; 4 y 3) o P.S.O.E. (Legislatura actual, 3 y 2, como ya hemos visto)".

Anónimo dijo...

Ademais o BNG non acada ese 15% nas ciscunscripci´ns nas que se presentou

Anónimo dijo...

Quen explica a debacle de Esquerra: 450.000 votos menos? Hai que buscar moi lonxe un fracaso de tal calibre. A mitade dos votos en Girona, Lleida e Tarragona. Pero en Barcelona perderon ata o 60% dos seus votos. Poderá gobernar Montilla cun socio tan castigado?

Anónimo dijo...

Un traballa co que hai, Anónimo. Está claro que os socialistas aquí subiron menos que noutros lugares, pero iso é o de menos. O de aquí hai que comparalo con aquí: antes/despois. E o PSdeG-PSOE está mellor despois ca antes.

Anónimo dijo...

Polo que respecta ao PV, o PSE saca 85.000 votos mais dos que 50.000 poden vir de EB (IU), a alta abstención axuda sen dúbida a súa suba de escanos

Anónimo dijo...

e o feito de que EB goberne en Modragón con ANV seguro que tamén axudou...

Anónimo dijo...

350000 votos, perdón. O comentario non varía o máis mínimo.

Anónimo dijo...

Discrepo Sr apicultor o BNG depende do seu peso en Galicia, mentras o lider do PSdG depende do seu peso aquí e en Madrid, aquí non le mudou a situación e en Madrid ten menos peso que onte...

Anónimo dijo...

Si, pero o PNV perde 120000. E non falo de escanos: falo de votos, con abstención incluida. Non esquezamos que EA baixa tamén 30000sobre 80000 votos e perde o deputado.
Tamén a marcha de Rosa Díez inflúe.

Anónimo dijo...

Os resultados de esquerra aínda dan mais valor aos resultados do BNG, e o único socio do PSOE que aguanta

Anónimo dijo...

Os de ERC estaban subidos na parra, sobrerrepresentados a causa dunha conxuntura específica. Os seus pés son de barro, e o seu partido pouco profesionalizado. Cometeu erros garrafais e de principiante, como opoñerse ao Estatuto, ademais de facer o paripé non poucas veces. E CiU ten moita máis capacidade de manobra e astucia política: saben de que vai a película.

Anónimo dijo...

O mello simplemente é que as bases non entenden a aposta de ERC polo PSOE e por eso quedaronse na casa...

Anónimo dijo...

O peso do BNG é o do 12% en Galicia. O do PSOE do 40%. Eses son os datos. Claro que se seguimos entendendo o do sucursalismo, podemos estarnos equivocando varias veces. Ou a xente é masoca e vota a partidos sucursalistas nun 84% ou haberá que cambiar o discursiño.

Anónimo dijo...

Non creo que Touriño teña hoxe menos peso en Madrid ca onte. Penso que segue a ter o mesmo. Ademais, ZP botaralle unha man cando o estime oportuno, non en balde Touriño foi un dos que apostou fielemente por el cando accedeu á secretaria xeral do PSOE.

Anónimo dijo...

As bases de ERC representan poucos votos. Supoño que quere dicir os votantes de ERC. E destes, non todos son independentistas, como se pode apreciar nestas eleccións.

Anónimo dijo...

Non hai ningún partido que sexa propietario dos seus votos. A fidelidade electoral é cada vez menor en todas partes. Os votos van e veñen en función de moitas circunstancias: a iso chámaselle volatilidade electoral.

Anónimo dijo...

Non se disgusten señores, partimos
de que gañou o PSOE e que Zapatero será presidente. Simplemente entendo u que se estaba a analizar o peso de Galicia en Madrid... o PPdG pintará pouco/nada no Parlamento de Madrid, o BNG mantense o sube lixeiramente o seu peso e agora estabase en si o peso do PSOe era maior ou menosr no parlamento de madrid (obviamente, en porcentaxe, os deputados galegos do PSdG en Madrid terán esta lexislatura menos peso que os de outras comunidades xa que son menos proporcionalmente e ademas outros barones suben o seu grao de influencia... En calquera caso non quería eu crearlles ningunha dubida no excelente resutado do Sr Touriño (que por otra banda non se presentaba)

Non sei, pode que me equivoque, penso que o Sr Blanco decidirá o que mandará Touriño e quen será a persoa que o vai sustituir...

Anónimo dijo...

e non podería ser que os votantes de ERC (para min os votantes son realmente as bases) mais independentistas foran os que quedaran na casa e que por eso sube a abstención en Cataluña ¿? (o PSC recibe case os mesmo número d evotos o que quere dicir que recolleu de Iu e deixou algún polo cañiño...)

Anónimo dijo...

Quizáis non era o momento máis oportuno, pero hoxe Mariano Rajoy debería ter presentado a súa demisión. Non se poden perder dúas veces unhas eleccións.
Xa sei que houbo quen non apareceu pola rúa Xénova, pero non creo que un partido poida ter nas súas filas un fracasado. Non sei se virá para Galicia.

Anónimo dijo...

Para saber iso haberá que agardar ás análises postelectorais: transferencia de votos, etc. En todo caso, eu aínda non ollei de preto os resultados cataláns e nin sequera podo especular máis do que especulo, que xa lle chega ben. Dubido, en todo caso, desa hipótese, cando menos en tan grande dimensión cuantitativa.

Anónimo dijo...

Non sexa gafe, Arume, por deus llo pido. Mariano aquí é máis do que podo soportar.

Anónimo dijo...

O PSC subiu uns 75000 votos e a abstención subiu un 4%, uns 150000 votos.

Anónimo dijo...

Os mecanismos de cambio de liderato dos partidos son moi complexos, e non sempre estes obeceden aos resultados electorais.

No caso do PP, dado que subiu escanos e votos, aínda que perdeu as eleccións, MR ten puntos ao seu favor para a continuidade, renovando en parte o seu equipo.

E que se frague no interior do PP unha alternativa a MR é, en principio, ben difícil, habida conta do carácter presidencialista e "pretoriano" do partido, no que están taxativamente prohibidas as correntes internas.

Pero eu que sei...

Anónimo dijo...

Pode ser pero a primeira vista a abstención sube case 5 puntos os votos do PSc matéñense, ICv perde +- 60.000 votos, igual que o PP e Ciu 100.000 votos (o que implica que non esten dando saltos de alegría), ERC perde 360.000 votos...

Sen dúbida o peso de Montilla aínda e maior hoxe en Madrid (ainda que alguen pode entender que quen realmente subiu o seu peso específico foi Tourño)o PSc sacalle 17 escanos ao PP en Cataluña (no Conxunto de España o PSOE sacalle 15 ao PP)

Anónimo dijo...

Pense na filla de MR, Sr apicultor..poder�a acabar de presidenta da Deputaci�n

Anónimo dijo...

Non mirou vostede para Virita: o momento, por certo, erótico e incandescente da noite. Chegou e abrazou ao seu marido con agarimo e pechou os seus ollos mentres entregaba a súa faciana ao traxe su misura de Mariano. El, tras un breve instante de tenrura, sacou o brazo e seguiu falando aos fans. O Acebes, que é de Ávila pero cariñoso de máis, colleuna polos ombreiros mentres contemplaba satisfeito o mar de bandeiras azuis. Ela, Elvira, nese momento Mariano-nova-elección-perdida, prantou un ósculo no pescozo do abulense. As cámaras evitaron as olladas, pero no balcón de Xénova aínda fican as cinzas de aquel incendio venturoso.

Anónimo dijo...

Coa boa nova da Recuperación dun novo deputado polo PSOE en Madrid voume a durmis, Boas Noites e Boa Sorte

Anónimo dijo...

Vin, vin ese momento, e semellaba unha comedia frances de enredo facturada por Rohmer. Advertín menos encorsetamento no abulense, que estaba máis sexy que Mariano en plan patrón de proncias. Virita viuse cegada pola paixón momentánea, de aí o ósculo percozil. Pero a cousa non ha ir a maiores.

Anónimo dijo...

Por certo ó final o grao de particiación é similar o de 2004 (a pesar de ETA ou grazas a ela...segundo se vexa....)

Anónimo dijo...

Mariano chamou nese momento a Soraya. Non sei, non sei. Pizarro miraba a escea con esa cara de canto tempo me queda neste edificio, pero pode dar conta do que alí pasou.

Anónimo dijo...

Baixou nada menos que un 50% o Partido Regionalista de Guadalajara: de 330 a 151 votos. Hai que convocar asamblea inmediatamente.

Anónimo dijo...

Falaremos mañá con Pizarro, a ver que nos conta. Mantereino puntualmente informado. Pero agora toca ir durmir coa satisfacción de que o PP non vai gobernar.

Good Night & Good Luck.

Anónimo dijo...

Eu alédome porque perdeu o PP. Non me aledo porque gañase o PSOE.

Felicito aos votantes cataláns que entreveron que CIU ía ter un papel importante no Parlamento e lle foron fieis. Agora Durán sacará o lápis e a libreta do tratante e irá apuntando como lles teñen que arranxar a finca.

Algo parecido pasou co voto do BNG en Galicia. Espero (por Galicia) que pinten algo nesta lexislatura. O demáis impórtame un carallo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Onde estaban Zaplana e Aznar na noite do domingo?
Estaba Acebes e mereceu un bico da muller de Rajoy. Por que non foron os demais?
Pizarro no balcón: un polbo nun garaxe??
REMATE DA FESTA: un grupo de "incontrolados" pepeiros quixo agredir ós xornalistas de Prisa.

Marcos Valcárcel López dijo...

Coa dentellada que lle meteu o psoe ó pp na provincia de Ourense, o PP mantense aínda como forza maioritaria en 70 concellos, 18 menos que no 2004.
Sorprende a inmensa forza do PP en Ourense: antes tíñao TODO...

Marcos Valcárcel López dijo...

e bALTAR recoñece a derrota e o fracaso: xesto que lle honra.
Rexurdirá agora o sector "galeguista" (missing) do PP de Ourense??

Anónimo dijo...

O señor Baltar contaba perfectamente con eses resultados en Ourense de antemán, pódolles aseguralo. E, se analizan os votos na área de influenza de "Poli" (Cudeiro,etc.), poderán chegar á conclusión de que non había moito interese real en que saíra Ana Belén, quen parece ser que foi imposta por Madrid contra a vontade do "boss" provincial.

Anónimo dijo...

Os resultados en ourense do PP debilitan a Alberto Nuñez que foi quen fixo a lista e quen impuso os números 1 e 2 (ambos da cidade e con un pésimo resultado na mesma)

Anónimo dijo...

Barcelona. (EFE).- El secretario general de ERC y conseller de Governació, Joan Puigcercós, abandonará el gobierno de la Generalitat, después del descalabro de su partido en las elecciones al pasar de 8 a 3 diputados, y se dedicará exclusivamente a dirigir el partido de cara al congreso del mes de junio. No obstante, ERC mantendrá el apoyo al actual Govern d'Entesa con PSC e ICV.

Anónimo dijo...

Para Xosé M. González:
Parece ser que na provincia de Lugo o PP perdeu 17,000 votos, votos que non foron parar ao PSOE, mentres que o BNG só subiu un 1,2%.

Vendo o relativo fracaso do PSOE en Lugo (Pepiño Blanco, ausente no seu feudo, case non fixo campaña) e os malos datos do PP, sigo pensando que o BNG se equivocou non apostando por Camilo Nogueira e Beiras como candidatos nas provincias de Ourense e Lugo.

Simplemente con poñelos e facer unha campaña agresiva na que se insistise na necesidade de sacar a Lugo e Ourense do máis que secular atraso con respecto a outras provincias hespañolas, estou certo de que sacarían cadanseu deputado por provincia.

Anónimo dijo...

Nunca me expliquei por que o BNG non rentabiliza o capital electoral que supondrían Beiras e Camilo. Miserias, supoño.

Anónimo dijo...

Titular (hoxe luns) de "El Periódico": "Cataluña da la victoria a Zapatero".

O PSC quitoulle 18 deputados ao PP:
PSC = 25; PP = 7.

Anónimo dijo...

Sr. Morrison: Eu tiven o honor de comer co sr. Beiras, creo que en tres ou catro ocasións, e fóra de outros condicionantes, asegúrolle que foron tal vez as comidas máis amenas e construtivas da miña vida.

Saúdos, señor.

Anónimo dijo...

Eu de todos os resultados o máis rechamante é a escandalosa perda de votos do PNV e a debacle completa de ERC. O PSE e o PSC gañan curiosamente nos feudos onde EL PAÍS viu os erros máis grandes de Zapatero: o Estatuto de Catalunya e a negociación con ETA. Ou sexa: EL PAíS descoñece a situacións neses lugares.
En Galicia, amigo Swann, a desproporción entre PSOE e BNG en Lugo e en Ourense, por moito que se esforce, é moi notoria. Mesmo se houbera 6 deputados por cada provincia, o BNG quedaría sen representación. Algo haberá que facer. Digo eu. Porque co 12% non hai moito que rascar. Por moitos dous deputados que vaian para Madrid.
E esas analises, se fora fulano, se fora mengano... son vantaxistas. E finalmente: un neoloxismo destas eleccións gracias a Acebes, para que logo digan: o fulanismo.

Anónimo dijo...

O meu comentario anterior, to touch a little bit the balls.

Anónimo dijo...

Para Arume:

Non me sinto tocado.

O PSOE arrastrou voto de esquerda "radical" (IU España + ERC), e aí foi onde gañou as elecións.

Ademais, empregou moi asisadamente durante a campaña a imaxe negativa do PP ("todos contra o PP"), empregando os abondosos medios de comunicación afíns. Ítem, durante o infausto debate televisivo ZP soubo centrar o debate, non nas súas propostas de futuro (algunha delas totalmente demagóxica), senón no ataque contrao PP ("a crispación", "a guerra de Irak", "todos contra o PP", etc).

Llamazares e Madrazo recolleron os resultados que mereceron. O primeiro por ir de ganchete de ZP durante toda a lexislatura, e o segundo polo mesmo a respecto do lehendakari (ademais do pintoresco pacto que tiña con AV en Arrasate).

Análises "vantaxistas" as miñas? Non. Xa eu dixen aquí, antes das elecións, que o BNG tiña que presentar outros candidatos en Lugo e Ourense. Camilo e Beiras están máis que amortizados. De non saír deputados nin eles nin o partido viría minguar a a súa sona.

Se ti sabes que hai unha circunscrición na que tes pouco que rascar, o que non podes facer é dar a cousa por perdida. Tes que arriscar. Tes que ofrecer algo novo e non vultos cuxos rostros equeceremos a partir de mañá pola mañá. E ideas novas. Lugo e Ourense merecían algo máis que Pepiño Blanco e a cuneira Espinosa.

Anónimo dijo...

É un xuízo persoal, pero creo que Pepiño non daria gañado as elecións na súa vila natal, Palas de Rei.

Outra cousa que soubo facer moi ben o PSOE foi conservar o voto de centro-esquerda que xa tiña mobilizando persoas que, noutras circunstancias, quedarían na casa sen votar. Neste sentido irían o chamamento que fixeron á participación estes últimos días tanto o partido coma os seus órganos "de expresión" (El País, El Público, Cadena Ser, La Sexta, Tele 5).

Para min o máis triste é ter que apandar cun estado monárquico (a segunda restauración borbónica), unha constitución "atada y bien atada" de "café para todos", e cun sistema de listas pechados que favorece o turnismo bipartidista.

Anónimo dijo...

O seguinte artigo, publicado polo noso amigo Agapito Mestre en "Libertad Digital", ilustra sobre os perigos da práctica da filosofía e sobre os estragos que esta pode facer en certos cráneos non excesivamente privilexiados. É especialmente merecente de atención a sisuda reflexión sobre a democracia e a conciencia do tempo.

NORMALIDAD FORZAD O DELIRIO POLÍTICO
Cualquier cosa era buena para los periódicos del sábado y el domingo, excepto pensar cuál era la verdadera razón del crimen del viernes. Terrible sábado de mentiras e inmoralidades. La jornada de reflexión sólo servía para ocultar lo decisivo: vivimos en un régimen político determinado por el terrorismo y las mentiras de un Gobierno que ha hecho del juego con los terroristas su principal baza política. El sábado todo era valido para el Gobierno y los nacionalistas, para Zapatero y los secesionistas, excepto sostener la realidad que ellos han montado en los últimos cuatro años. Por todos los medios a su alcance el Gobierno trataba de negar la conciencia en el tiempo, sí, había que negar lo que había hecho este Gobierno durante toda la legislatura: negociación con ETA, legalización de PCTV y ANV, excarcelación y juegos de legalización de terroristas, etcétera.

Era menester ensayar todo hasta exculpar a Zapatero de sus irresponsabilidades con los nacionalistas y los terroristas. Era necesario empezar de nuevo otro tiempo de negociación. Ése que el viernes, en el Congreso de los Diputados, había sido pactado entre los socialistas y los nacionalistas sin tener en cuenta las objeciones del PP. Se trataba de hacer pasar todo como algo normal. Un imposible sólo posible si instalaban el delirio como normalidad. ¿Cómo? Negando la conciencia temporal de los ciudadanos. Había que hacer pasar por normal lo que era una interrupción. Un crimen. Era la mejor forma de llevarnos al delirio. Allí donde desaparece cualquier capacidad de juicio. Por tanto, la realidad política, la realidad, no existía, porque no era sostenida por la conciencia del tiempo. Sólo los manipuladores del Gobierno sabían, en verdad, controlar qué había detrás de esa desaparición de la conciencia del tiempo.

Cualquier sistema político, y sobre todo el democrático, necesita ser sostenido por la conciencia del tiempo; abandonada, cae. Privada de tiempo, la democracia española pesa como una losa. Al final, cae. O peor, está enajenada de cualquier vivencia normal de un sujeto político en un país civilizado, o sea, con votaciones sin crímenes "de por medio". El domingo todos los españoles vivimos en el delirio de actuar normalmente. Votamos como si no hubiera pasado nada. O peor, votamos pensando en que habían asesinado antes a un socialista que a un español. A un ciudadano. Teníamos que poner en epojé el montaje socialista contra el PP ante el cadáver de Isaías. ¡Qué locura! El domingo era necesario que todos pensáramos, sintiéramos y percibiéramos fuera de la conciencia de un tiempo normal. Nada era previsible y todo estaba sujeto al delirio: a la intervención de millones de seres humanos movidos por automatismos ajenos a la conciencia, al margen, pues, de eso que llamamos sujetos políticos.

Delirio, delirio y delirio es lo dominante en una nación que ha votado otra vez sometida a la sangre... con sentido. Nuevamente el sufrimiento de la violencia terrorista... con sentido. Todo podía esperarse de una clase política que ha hecho del ocultamiento de la realidad su principal trabajo, excepto pensar y decir lo obvio: ETA ha matado a un español, a un socialista, para seguir negociando con el Gobierno de Zapatero. El asesinato terrorista, como dice Salvador Ulayar, tiene mucho sentido para los terroristas. El de impedir que los odiosos españoles transiten y ocupen con normalidad el espacio público, que puedan ser tan actores políticos como los nacionalistas. El de legitimarse para que los sienten en una mesa de negociación sobre las que colocar sus exigencias y nuestros muertos.

Durante todo la jornada electoral, especialmente por la mañana, los representantes del Gobierno han sobreactuado para enviar un mensaje de normalidad en estas elecciones. Falso. El mundo entero sabía que eran las segundas elecciones de la nueva época democrática condicionadas por el terrorismo. Un asesinato político, un terrible atentado contra un ciudadano, unas horas antes del acto electoral condiciona, cómo no, el comportamiento electoral de cualquier sociedad, y sobre todos si ésta carece de gobiernos democráticos fuertes y asentados. Para empezar los votantes reaccionan buscando un modo útil y directo de terminar con el terrorismo y, sin necesidad de que nadie les dirija, hallan en la participación en las elecciones la mejor manera de lucha contra ETA. La participación, pues, ha sido alta, muy alta, pero, sobre todo, ha ido acompañada de una "solidaridad primaria", ajena a cualquier reflexión política, con la familia de la víctima primero y, sobre todo, con el partido de la víctima después... El PSOE.

El delirio español tiene frase: "Votemos", dicen los más delirantes españoles, "a Zapatero, porque lo ha intentado, pero también mueren de los suyos. Quizá la próxima vez lo consiga."

El juego macabro y cruel del PSOE con los criminales ha dado resultado. Mientras que los criminales ponían un muerto sobre la mesa, el PSOE lavaba su imagen negociadora con el terror exhibiendo que víctima, el inocente Isaías, pertenecía a su partido.

Anónimo dijo...

O Sr arume ten razón polo que respecta ós resultados de ERc e PNv, o primeiro talvez por ser un partido inconsistente e esquizofrénico o segundo.... ¿recoñecerá agora o erro de apostar polo lendakari e deixar ir a Imaz (deste asunto penso que falamos xa neste blogg?

Marcos Valcárcel López dijo...

PERDEDORES-GAÑADORES NESTAS ELECCIÓNS (por ausencia provocada)
Juan José Imaz
Alberto Ruíz Gallardón
etc etc.

Anónimo dijo...

Non diría eu que Gallardón gañou nada... vendo os resultados do Concello de Madrid e onde gaña o PSOE ás eleccións (Cataluña e PV e compre lembrar que no apartado identitario o descurso de galladón non é moio menos rancio que o de Esperanza Aguire...).

Postos a apostar o sustituto de Rajoy virá do mediterraneo ..... (e con peso nunha comunidade autónoma como lle pasou a Aznar...).

Por certo Sr Valcarcel segundo o seu razoamento entendo que defende que Cabezas foi o gañador en Ourense.

Marcos Valcárcel López dijo...

Non vin aínda con detalle os resultados de Madrid. Pero non me refería ó ámbito territorial, senón á imaxe pública do líder do PP, ARG, que xa sabemos do seu ton rancio, pero ten unha imaxe máis moderada que os que perderon.
Nesa liña andará quizais o Cabezas, non sei. Pero fareilles unha confidencia. Coincidín con el e máis persoas nun momento posterior ó ingreso de Acisclo Manzano na Real Academia de B.Artes. Estaba indignadísimo con Jiménes Losantos e dedicáballe insultos e improperios aquí non reproducibles: supoño que estará entre os que pensan que ese discurso radical e copista do PP non lles favoreceu en nada.

Anónimo dijo...

Jiménez Losantos, agora podémolo dicir, ten carné do PSOE.