Homenaxe a Curros no colexio auriense do seu nome e no Liceo
La Región informa hoxe dos actos celebrados onte na homenaxe do centenario da morte de Curros. Na súa web figura unha crónica de Imanol Hernández e un video con detalles do acto e doutras novas culturais do día. Pódese escoitar tamén como os pequeniños facían o coro "cro" "cro"...
Nestoutra imaxe, ó remate dos actos, diante
do busto de Curros por Enrique Barros (1932),
cos directivos do Liceo ourensán, o director do colexio Curros Enríquez, Antonio Piñeiro, Benito Losada, Xulio e Mariló (de Castro Floxo-Raigame).
Foto enviada por José Luís: ben, en realidade coa cámara de José Luís, que está no centro da foto; de verdade a foto fíxoa o fillo de Segis Bobillo que traballa en Telemiño. Grazas, pois, ós dous.
4 comentarios:
Marcos Valcárcel: téñome fixado que nas a-fotos ten vostede o costume de aparecer na parte de atrás, agochado entre outros, coma non querendo destacar.
É que son un psicólogo da imaxe...
A iso chámaselle "ser discreto". Un don que só teñen os cabaleiros.
Graciñas ós dous polos comentarios. Non son consciente do que indica M. Swan. Si é certo que me gusta que nas fotos saian todos os que están nun acto: neste caso, p.ex, estabamos só tres ou catro e fun eu quen lle insistiu a todos os directivos do Liceo para que se achegasen.
Estou de acordo, por unha vegada, con ap.
Non, non son un experto en fotografía.
Boto de menos máis fíos sobre este tema.
Que lles di a vostedes esta famosa foto?
http://images.google.es/imgres?imgurl=http://web.educastur.princast.es/proyectos/grupotecne/comuni/documental/images/emigrante.jpg&imgrefurl=http://web.educastur.princast.es/proyectos/grupotecne/comuni/documental/emigrante01.htm&h=630&w=624&sz=75&hl=gl&start=9&tbnid=gleMk7Z-vlQH7M:&tbnh=137&tbnw=136&prev=/images%3Fq%3D%2522manuel%2Bferrol%2522%26gbv%3D2%26hl%3Dgl%26sa%3DG
[Nesta páxina hai máis información sobre ela:
http://tallerediciones.com/cuza/modules.php?name=News&file=article&sid=301
Vai para 50 anos que se fixo.
Por aí está, circulando entre os que quedan, serio e alleo ao que pasa, un cura preconciliar daqueles que confesaban os viaxieiros, coma se tivesen medo de que fosen morrer afogados en pecado, ou como se marchasen a un país no que non houbese cristianos.
En primeiro plano, o avó e o neto, coa mirada fixa nun punto lonxano, cara ao pai. O primeiro con moita dignidade: é un home alto, leva unha chaqueta de paño, se cadra a única que ten. Aperta o rapaz con forza. Non, este non marcha. O rapaz é cativo de máis: debe ser máis vello do que aparenta. Tamén puxo unha chaqueta.
Os dous choran, así que a foto toca puntos sensíbeis do que a mira.
Detrás hai unha patroa coa cabeza abaixada e a mirada perdia, que pousa a palma da man aí, aí, xusto onde quen foi despedir no peirao lle deu o bico de despedida. Acompañá a patroa unha muller nova, que entrelaza os seus dedos. Ten a boca aberta, coma se sorrise. Dá a impresión de que intenta animar á súa avoa. "Veña, madriña, veña," (dándolle un tirón coa man), "xa verá como axiña habemos ter noticias del".
Estou certo de que esta foto enténdea calquera persoa de calquera país, saiba ou non o que foi o drama da emigración galega, sen máis explicacións que a propia imaxe.
Publicar un comentario