en poleiro alleo
Un PP sen complexos (X.M. Sarille, ECG 11 marzo)
A crispación, a altivez, as actitudes intolerantes, as posicións lepenistas destes últimos catro anos non van desaparecer coa derrota de antonte, como insinúan algúns portavoces da esquerda. Continuará porque hai unha renovación de fondo calado, da que fican excluídos os que non estean dispostos a un novo envite radical, coa inmigración indesexábel, a crise económica, a ruptura de España e a inseguridade cidadá como paisaxe de fondo, forzado e intencionadamente dramatizado.
Mandará Rajoy ou un novo líder, mais a liña está firmemente trazada. Teríase esfarelado se o PSOE acadase a maioría absoluta, porque o PP percibiría de verdade o fracaso e un porvir de doce anos a pan e auga. Iso non sucedeu, o PP conserva o solo electoral despois de tantos despropósitos. O arsenal de adrenalina fica intacto, e aínda aumenta en Madrid, a comunidade máis rica, un territorio que usan como exemplo de modernidade da súa política.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
49 comentarios:
Moito me temo que Sarille vai levar razón.
Rajoy: "Esto es lo que hay".
Unha "gran equivocación" di o gran gurú da dereita: o pillei ramirez. E como o diga ramirez, vaite preparando, mariano. A menos que un paseíllo por Corporación Dermoestética e unha garabata Ágata poda facerlle cambiar de opinión.
Non sei qué demo pasa pero isto o blog vai hoxe coma a carabina de Ambrosio.
Aguirre o la Cólera de Dios xa anda afiando as navallas.
Agora que o di, tenlle un aire co Klaus Kinski inquedante.
Mágoa que non teña unha filla, que ao mellor mudabamos de voto, non si? ;)
Señor, dígame, por favor, ¿en que se gana a vida? ¿chega a fin de mes?
É a min?
¿Y Cómo es él?
¿En qué lugar se enamoró de ti?
¿De dónde es?
¿A qué dedica el tiempo libre?
Pregúntale,
¿Por qué ha robado un trozo de mi vida?
Es un ladrón, que me ha robado todo.
Eu gaño 714 euros por mes. Kyra cóbrame 44 polo cuarto e café da mañá. O menú en Nukus son 0.60 euros, e a empresa dá 3.80 se traballamos fóra do concello. Un mazo de Marlboro de contrabando custa 0.25. Kyra cobra paga alta por viúva en acción de guerra, 116.74 euros por mes. O litro de gasoil, puro azufre, 0.03 euros/litro. Ryma Nursultán cobra 215 euros, con propinas, 350.
O haxix, que non fumo, é máis barato do que o tabaco.
A lata de cervexa Klin, 0.09 euros. Unha botella de vodka ruso, 1.45 euros. Unha botella de Jim Bean, 345 euros. Un dromedario, 500euros. Un burro, 515 euros. Un revólver, 40 euros. Un apartamento como o de Kyra, 8.000 euros, aínda que Kyra ten un estraño contrato de uso indefinido, etc.
Unha tv de plasma, 6.079 euros.
Don Xaime:
Velaquí Modesto Domínguez del Río, neto de gaiteiro terrachairego, no ex-Yacht Club de Moynaq, un domingo á tarde.
Ryma Nursultan, con chapeo de palla, ao fondo, á esquerda.
Un servidor, con t-shirt cor castaña, e algo de barba, á dereita.
O individuo de t-shirt cor de laranxa é un avutre non identificado que se achegou a nós para nos pedir un cigarro. Non o dabamos espaxotado.
Modesto, como se pode observar, está abrasado polo sol e o aire. Ben se coñece que obvia as medidas de seguranza e hixiene no traballo.
Saúdos, don Xaime. Páseo ben na feira de Castro de Ribeiras de Lea.
A MUIÑEIRA DO AMU - DARYA
Tanto preguntar en qué se gana a vida. Parece unha "parola di ordine", un contrasinal. O que resposte correctamente, gañará o dereito a sentarse no asento número trece da Táboa Redonda.
Sr. Anónimo eu son chapero, e algúns días gaño máis e outros menos, segundo haxa clientes, que son do seu perfil.
No tocante o que dí Sarille, supoño que no PP e aledaños terán o seso suficiente como para non que durante estes catro anos non pase o mesmo que os catro pasados, polo ben de todos.
Sarille ten razón, o PP non vai trocar de estratexia porque a longo prazo levará a algún dos seus caudillos (falta saber a cal)á Moncloa. Se segue a pisar o acelerador do enfrontamento e a descalificación diaria conservará esa base electoral que non só conservou senón que aumentou o 9M, e mentres o PSOE desgastarase no poder, propiciando que moitos votos prestados retornen aos seus lexítimos donos.
A análise que se está facendo no PP é autoafirmativa: o PP rouboulle votos centristas a un PSOE que só puido gañar cos votos prestados da extrema esquerda e dos nacionalistas radicais.
É unha análise excesivamente simple e autocompracente que quizais vaia modulándose nas próximas xornadas.
De momento, o único cambio que se enxerga é o tocante á relación de Rajoy cos seus sponsors mediáticos. Pedro Jeta, Jiménez Losantos, Ansón e Sánchez Dragó xa falaron onte e antonte da necesidade de que Rajoy marche. Algúns en ton destemperado e tirando a groseiro. Anúnciase por aí unha morbosa e divertida bronca.
Fanme graza todos estas análises que explican a derrota do PP só e exclusivamente debido á "crispación" que eles mesmos provocaron, cando todos sabemos que o PSOE aproveitou a ocasión para levar parte voto de ERC e PNV. Neste sentido, acampaña do PSOE foi, nese sentido, "de manual"?
Por exemplo, en Cataluña as mensaxes insistían máis nos erros do adversario ("que viene el lobo anticatalanista") que nas propostas do seu partido.
http://www.vieiros.com/opinions/opinion/375/decalogo-9-m
Xabier Cordal
Decálogo 9-m
18:30 10/03/2008
1.-Demasiados frentes abertos para poder opinar nunha soa dirección. Non se ven igual as eleccións desde Galicia, desde Euskal Herria, desde Cataluña ou desde España. España é o nome que recibe agora unha criatura de xenes franquistas, moda neocon e capital ampliado pola explotación do inmigrante. Sobre todo capital inmobiliario.
2.-A vitoria estatal do PSOE fundaméntase na recompensa que as e os votantes cataláns e vascos, sobre todo (sen termos en conta os clásicos feudos do sur español), deron a Zapatero pola valentía na primeira parte da lexislatura.
3.-En Galicia o PP segue perdendo votos de forma sostida e anuncia outra derrota nas autonómicas.
4.-O BNG resiste a bipolarización. É unha boa noticia para a vertebración política nacional. Galicia non é obediente á consigna bipartidista española.
5.-Euskal Herria segue sendo eixo dramático de moitas das confrontacións, as que houbo e as que quedan. Alí a abstención aumentou un 10%. Se ninguén se senta a negociar, o conflito continuará.
6.-Treme o chan aos pés de Mariano Raxoi. Pero a crispación, esa palabra que os tertulianos madrileños inventaron para non pronunciar o número da Besta, dá en España os votos que resta nas nacións e rexións periféricas do Estado. A próxima –ou próximo- candidata ben o sabe.
7.-Moita esquerda real e leal de Galicia votou con excepcionalidade PSOE ou BNG.
8.-A fusión, se hai apoios e cadros suficientes, do “galeguismo moderado” resultaría letal para o PP no interior de Galicia, e non só para a próxima elección autonómica.
9.-Ninguén parece lembrar que Mariano Raxoi, galego de nacemento, case nin gaña en Pontevedra. De feito o PP baixou en Galicia tres puntos: máis ca en ningún outro sitio. Núñez Feixó debería tomar nota antes de seguir cabalgando, por exemplo, a crispación contra a lingua deste país.
10.-Comezamos a asistir ao final do vello caciquismo e das técnicas arcaicas para o carrexo de votos. As parroquias despobóanse, os vellos morren e as franquías abren tendas nas vilas. Practicamente todo o mundo ve a televisión ou navega pola rede.
Vexo que, por fin, xa atopou ese guieiro polo que devecía, Swann. Parabéns.
A suposición de Ángel Acebes o domingo (que agora repiten disciplinados todos os do PP) de que o PP conseguira roubar votos ao centro e que o PSOE os atopara na extrema esquerda é un argumento contrario: eso quere dicir que o PP ocupa, de forma esencial, a dereita máis dereita e o PSOE a esquerda moderada.
Xabier Cordal e mais eu vivimos en paises ben distintos.
Grazas, ap. Élle o que ten non se informar só e exclusivamente por El País.
Ten razón, arume. Sonlle dous "países" ben distintos, o seu e o de Cordal.
A súa é a resposta máis orixinal que teño lido, Swann. Debería buscar traballo nunha axencia de "creativos".
En Siberia andamos faltos de creativos. De verdá, tovarich Marcel, que ten vostede un posto de traballo connosco.
Marcel Swann is God
Non, non. Aquí o único God é Xoán da coba, e Valcárcel é o seu profeta.
jajajajajajaja
Da Coba é unha divindade técnica de grao medio... Desculpe, Xoán, e que adoro meterme con vostede.
Da Coba é o noso Ícaro, o noso Prometeo, o noso Sísifo particular. Ben, hai que recoñecer que as súas brainstorms non son superadas nin por Kerouac.
Ah, don MS, a rapaza da foto é Ryma Nursultán. Parécese moito cunha que vostede coñece, de Escornabois, Sarreaus, mais non lle é.
Saúdos.
E Deus queira que o que vostede di, MS, se cumpra.
E Deus queira que o que vostede di, MS, se cumpra.
Algúns artigos logran facerme sorrir. Co punto 4 "O BNG resiste a bipolarización. É unha boa noticia para a vertebración política nacional. Galicia non é obediente á consigna bipartidista española" botei unha sonora gargallada. Non teño memoria para os números como a meirande parte dos contertulios aquí (virtualmente) presentes, pero xuraría que o binomio PP+PSOE sumou, en Galiza como no resto do Estado, algo máis do 80% dos votos, posto que o BNG anda polo 12%. Podería corrixir simplemente a redacción, cunha afirmación de tipo: "algúns galegos non obedecen a consigna bipartidista española", só me queda engadir que hai demasiados votos atribuíbeis ao "VBPE" (votantes do BNG por eliminación) que se poden converter en abstencións en próximos comicios.
Eu tamén sorrín o mesmo que a señorita Lourixe con ese punto. Pero non lle pida matices ao autor, que é dos que pensan que os datos non deben estragar unha especulación.
Imaxino que os media están a ser "bondadosos" có BNG por algunha razón. Cada un que pense o que queira.
O PP resistiu nas cidades galegas, subiu en Coruña, Pontevedra, e Lugo, mantivose en Santiago e baixou en Ferrol, Vigo e Ourense. Ningunha desfeita tendo en conta o alto que estaba e que neste momento non ten nen a Xunta nen as Deputacións de Coruña e Lugo.
O PSOE rentabilizou o goberno da Xunta e do Estado e sube en Vigo, Ourense, Ferrol, queda igual en Lugo e Pontevedra e só baixa na cidade de Coruña. Na cidade están hoxe por hoxe gran parte dos votos estes son os partidos con forza nelas. O BNG como se conforme co seu 12% non gobernará ningún concello o día que o PSOE ou o PP den un golpe de man e volvan á maioria absoluta, que pode ser, só faría falta un bo candidato e tenno ambos ben cerca.
Da Coba, ten Vde. razón. Mais voulle dicir unha cousa: Por primeira vez, percibín que moitas persoas, de todas as idades, ideoloxías e posicións económicas, votaban BNG polo que o partido representa, e non por un 'mosqueo' eventual co alcalde a causa do alcatranado dun camiño ou tamén pola asunción dun manierismo e teatral antisistema. Teño a percepción de que o BNG foi percibido como un partido máis, non un "antipartido", un instrumento violento de vendetta institucional. E creo que a figura "normalizadora" de Tabarés foi fulcral para isto.
Ummmmmmmmm É nestes momentos cando daría algo por saber expresarme correctamente e con convicción.
Saúdos, Da Coba e Apicultor.
Tabarés tivo un discurso bó na campaña, ten un caracter afable, moi boas maneiras, fala un bó galego, e fala nun tono sempre amable e padagóxico, cousa que o cidadán agradece, supoño que iso é o que "normaliza".
Si, pero a pinta de neno aplicado dos Maristas non axuda moito a tomalo en serio.
Eu creo, meu nunca ben ponderado Medela, que o BNG é xa para unha gran maioría de galegos un partido "normal", tan lexítimo, respetable, escoitable e votable como os outros. Mérito de Quintana, por certo.
Pero iso mesmo conleva que o voto ao BNG non sexa xa exclusivamente "identitario" ou "ideolóxico" e que haxa, por tanto, quen o vote non polo que o BNG diga que é, senón polo que fai, asfaltado da pista incluído.
Iso é, por outra parte, o mellor que lle pode pasar ao Bloque. Do contrario só recibiría os votos dos nacionalistas, que nin son moitos nin me parece a min que leven camiño de selo.
Alguén podería obxectar a isto que en tempos de Beiras o BNG tiña un 50% máis de votos que hoxe. É certo, pero eu son da opinión de que aquel fenómeno, mal interpretado polo BNG, se debeu a que o electorado de esquerda vía no BNG un instrumento máis útil que un PSOE en crise para loitar contra Fraga e para torcerlle o bico a Aznar. Non se lle votaba ao BNG tanto por ser nacionalista, como por ser de esquerdas.
E xa por seguir coa trela: como apuntaba Monxardín no seu artigo, as dereitas, co seu nacionalismo españoleiro excluínte e co seu autoritarismo arrogante, encirran e fan medrar os outros nacionalismos (véxase o caso modélico de ERC). O PSOE, en cambio, máis dialogante e inclusivo, amánsaos e fai que se relaxen.
O BNG é hoxe un partido regionalista pisa moquetas que treizonou a vontade mayoritaria dos galegos pola independenza nacional. Non supo resistir os cantos de sirena do sistema opresor, todo para non ser criminalizados polos poderes facticos e ficticos nun simulacro de nacionalismo domesticado o que o capital pasalle a man sobre o lombo e dille que son buenos chicos. Pero a realidade da opresion colonial está ahí, vendo como sóio un puñado de valentes resistimos as tentaciois do imperio e do sistema e loitamos pola autodetermiñacion dun pobo que será algun día libre e dono dos seus destiños seculares.
Non vexo que poden ter de malo os nenos aplicados (noto un pouco de mala baba no comentario). Tabarés vai dar un bó político.
No novo partido galeguista de centro-dereita?
vostede, cura, é superior as miñas forzas. Deitese, por Deus.
Sigue vostede, anónimo das 12.02 coa navalla.
Os bos políticos son necesarios, sexa na dereita ou na esquerda, de mediocres está chea xa a política galega e a ourensá en particular, miren o que os rodea, diganme se algún do PP merece o calificativo de bó político, e miren despois tamén na esquerda se queren, desta lista de 27 haberá 4? 5? 6? que merezcan o nome de políticos?
PSOE
Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde de Ourense
Ana Garrido Rodríguez
Agustín Fernández
Áurea E. Soto Vázquez
Demetrio Espinosa
Marga Martín Rodríguez
Antonio Rodríguez
María Devesa Carbajales
Bloque Nacionalista Galego
Alexandre Sánchez Vidal
Isabel Pérez González
Andrés García Mata
Ana Mª Garza Cortiñas
Xosé Varela Parada
Marta Arribas González
Partido Popular
Enrique Nóvoa López
Marta Rodríguez Vispo
José Luis Baltar
Mónica Mourelo
Fco. Javier Rguez_Novoa Glez.
José Luis Sousa
Eloína Núñez masid
José Araújo Fernández
María Belén Iglesias
Mario Guede Fernández
Aurelio Gómez Villar
Odilo Masid González
Francisco Campos
É posible que Tabarés "vaia dar" un bo político. Pero vostede mesmo asume implicitamente a súa bisoñez ao falar en futuro e non en presente. E aínda que soe superficial, o seu aspecto excesivamente xuvenil e un pouco "pijo" é hoxe por hoxe un hándicap. Dito sexa sen mala baba.
Tabarés é pijo??
Estabamos en Celanova, en plena campaña, cando reparamos nun matrimonio de uns 70 anos. A muller ía cargada cun fato de bolsas e paquetes, mesmo na cabeza. O marido, co uniforme clásico: Americana co paraugas pendurado do colo, mans nos petos e cabicha de cigarro nos labios.
Ela di:
-Arturo, home, lévame polo menos estas laranxas, home, vai.
-Cólgaas ti nas orellas... Responde o individuo.
E como a min me pareceu unha escena de Valle Inclán, e así llo quería facer ver a Tabarés, el me respondeu:
-Medela, ti reparas no pintoresco das escenas, como Cunqueiro, ou Ben-Cho-Shey. Mais ninguén repara nas dificultades (por exemplo) que estes dous puideren ter para regresar despois do mercado para a súa aldea, tendo en conta a falta de servizo público de transporte. E estes dous pagan impostos. E todo o mundo devece polo AVE.
Alén diso: Acúsome publicamente de estudar tamén en colexio de pago. Parece que é un crimen. Ben, autodenúnciome. E tamén cometín o abominábel crime de estudar de maneira obsesiva.
E tamén parece que a definición de colonialismo é patrimonio da chamada esquerda real. Deben ser os únicos que leron a Memmi e a Fanon.
Quen plantou lume á Bastilla??
Unha Galiza independente tería que ser necesariamente unha república socialista?
Tabarés é pijo??
Cumprimentos.-
Tiven ocasión de compartir non hai moito mesa e mantel con Tabarés, a quen non coñecía persoalmente. Non me pareceu en absoluto un "pijo", agás que semellante categoría se lle aplique a toda persoa ben educada, dialogante, cortés e máis ou menos coidadosa do seu aspecto.
Causoume moi boa impresión.
Cada un é dono das súas primeiras impresiós. A miña, particularmente, foi ao revés, Sr. Leituga. Pero non son máis que eso: primeiras impresiós. E,de momento, non teño outra , porque non o trato.
As persoas normáis adoitan a ser educadas e dialogantes. Cando me topo con algunha que é "máis educada" ou "máis dialogante" do normal non me sinto cómodo. Tamén adoitamos a chamar "dialogantes" ás persoas que sinxelamente nos escoitan. A mín, cando alguén me dí que Fulano ten unha conversa agradable, adoito a pensar pra mín mesmo: " Aguantóuche o rollo".
Tabarés ten pinta de pulcro, o cal é de agradecer. Se xa é ou se aínda vai dar un bo político, é algo do que non podo opinar, pois carezo de suficientes elementos de xuízo. Do que non hai dúbida é de que politicamente é un "quintanista", cousa que non me parece mal.
Pero, home, Leituga 1, e logo que esperaba vostede? Que fose maleducado, non dialogante e descortés estando nunha comida sentado a seu carón? Eu esas cousas quéroas dar xa por sentadas, como algo natural de seu e non como un atributo positivo en si mesmo. Quizais pode ser que o comparou implicitamente co Lobeira. E claro, así calquera sae gañando, até eu mesmo sairía ;)
Témome que os señores Da Cova e Apicultor dan por normais cousas que aínda están lonxe de selo.
En efecto, sen chegar aínda ao señor Lobeira, con quen nunca tiven o gusto, téñome visto varias veces en situacións embarazosas xa non só pola escasa educación e talante pouco dialogante dos compañeiros de mesa, senón tamén polo evidente desleixo no aseo persoal dalgúns deles/as, circunstancia esta última que me dificultou gravemente o disfrute dos manxares compartidos. Fálolles de xentes con certa prominencia na vida política e cultural galegas.
Eiquí aínda queda moito trigo que mallar.
Publicar un comentario