12 mar 2008


Resaca electoral (faragullas)
Teño unha sensación estraña: dende que vexo a Rajoy asaeteado con crueldade pola Brunete (EM-La Razón-Pedro J.-Ansón), ata empeza a caerme simpático...
Dende logo a política debe ter unha erótica máis que especial: velaí a Mariano que nin lle fai caso á súa querida Elvira que lle pide que o deixe...
Un dos meus trasgos-espías especiais cóntame a sorpresa que tiveron na mesa electoral dos Maristas, pleno centro de Ourense, onde adoita haber máis votos do PP, ó abrir os sobres do Senado. Había unha boa chea deles, cos tres candidatos do PP cruzados, que quedaron como nulos porque ó carón do nome dun deles estaba escrito ben clariño: "analfabeto". Saben de quen se trataba?
Que é de Xosé Manuel González, que hai días que non nos visita. Queremos saber da súa análise electoral. E agardaba que opinase tamén sobre Batallán. Seguro que anda o pobre agobiado cos exames, como outras veces...
Graciñas abondas a Xoán da Coba polo seu agasallo de cumpreanos. Ando a pensar algún xeito de corresponderlle...

32 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu tamén boto en falta a Saavedra.

Isto non é o mesmo sen el.

Anónimo dijo...

Desde aquí fago un chamamento a Saavedra para que deixe eses exames e saúde polo menos á concurrencia. Que saia ao balcón, como Rajoy, e diga unhas palabras.

Por certo, hoxe no pe de foto de EM (Esa M...), empregan a expresión para referirense a Rajoy de "gallego irremediable". Non din, a propósito de "Esto es lo que hay" que son "expresións de gallego irremediables": senón "expresións de gallego irremediable". Mamma mia.

Anónimo dijo...

Acabo de ver 15 users ao tempo. Debeu de ser o record, ou non?

Anónimo dijo...

Limpa as legañas(dito sen acritude) debían ser cinco ou tamén pudo ocurrir que houbera unha excursión de anónimos.

Anónimo dijo...

Saúdo desde o corredor, comunico que o último exame foi corrixido ás cinco desta pasada madrugada, seguín as eleccións na primeira liña e probablemente a visión é ben diferente das que leo aquí.

O punto de vista sobre os comicios, coma sempre, está en aquí. Tenta ser global e seguramente, xa digo, se distancia de certas euforias para min un tanto prematuras. Polo demais, non debo andar moi comentarista.

Anónimo dijo...

Moito concordo con vostede, amigo Saavedra (non sei se lle ha gustar). E paréceme a min que fan mal os do BNG se non contan con vostede para a parte estratéxica e mesmo ideolóxica. Que lle fagan caso xa sería un triunfo.
Noraboa.

Anónimo dijo...

Como non me ha gustar. Para o outro, que non depende de nós, xa lle é outro conto; dígoo con modestia.

Anónimo dijo...

Entre outras cousas, di o amigo Saavedra que o BNG necesita de "nova imaxe" e de "novo proxecto".

Non pido que se produnde aquí en afirmacións de tanto calado, pero o que me atrevería a preguntar sería:

1) Cales deberían ser os alicerces de tales novidosas imaxe e proxecto?

2) Esa novas imaxe e novo proxecto poderían facerse cos actuais "bimbios"?

Anónimo dijo...

... profunde...

Anónimo dijo...

Coido que vimbios é con v, non?

Anónimo dijo...

Hai cousas moi graciosas cando os partidos fan as súas análises das eleccións tratando de levar a auga ao seu rego.

Velaí un exemplo:

"O coordenador executivo e deputado eleito pola provincia da Coruña, Francisco Jorquera, salientou na rolda de prensa posterior á Executiva que "o BNG cumpriu os tres grandes obxectivos que tiñamos marcados: que Galiza sexa decisiva en Madrid, que non houbera maiorías absolutas e que en Galiza avanzase o BNG e recuase o PP".

Falar de obxectivos cumpridos implica que un consegue o que se propón polos seus propios medios, méritos e capacidades, digo eu.

Daquela, está claro que "que non houbera maiorías absolutas" (nada menos que en toda España!) e que "recuase o PP" (en toda Galicia) excedía as capacidades e as posibilidades do Bloque, non? A primeira ("que Galiza sexa decisiva en Madrid", sempre e cando demos por válida a ecuación Galiza = BNG) é máis posible, pero aínda está por ver.

O que pasou foi grazas á decisión dos electores e non tanto á intención do BNG, agás que pense que ten unha impresionante capacidade de influencia en millóns de votantes.

Naturalmente, tamén o PP o PSOE e as demais forzas políticas teñen feito avaliacións igual de graciosas. Poñan vostedes algunhas, se lles apetece, para completar o panorama.

Anónimo dijo...

Apicultor: a expresión pode ir un tanto forzada (a min tamén mo parece, viña ben algo máis de precisión cabal), pero o certo é que nas avaliacións políticas os partidos adoitan falar así. Ao mellor non viña mal, logo, facer crítica de oficio máis ca de parte.

Polo outro que me pide colixo que debe estar depositando excesiva expectativa sobre min. De todas maneiras, falo de moito máis ca do sempiterno tema: mesmo aquí, refírome aos proxectos dos tres nacionalismos, non particularmente ao do BNG.

Canto a este: vimbios hai os que hai e mailos que poidan sumarse. Non son poucos, nin malos.

E teñan boa noite, que o déficit de durmida é considerable.

Anónimo dijo...

Apicultor:
Vimbio, vime, vimbia, vimia, en galego normativo// vime, vimeiro, en português padrão// vimbre, mimbre, en castellano, proveñen do latín vimen-inis, co mesmo significado. Descoñezo o lexema indoeuropeo ou máis antigo aínda do que puider vir esta palabra.
Cousa estraña, en inglés, é "Wicker". En euskara, "Zumetz". Ou sexa, que a raíz debe ser paleoeuropea, antiquísima. E outra cousa que chama a atención, en latín "vimineus" significa "que se pode dobrar". É dicir, que tal vez o vimbio tomou o seu nome desa cualidade, por iso ese lexema só aparece nas línguas derivadas do latín. Para acabar de atrapallar as cousas, en euskera antigo, mimbre dicíase "mimenar". Podía ser unha contaminación do latín; isto é para se volver tolo.

O "V" é, evidentemente etimolóxico. A pronuncia dese "V" é diferente en Lisboa-Coimbra que para norte de Porto.

Saúdos, Apicultor.

Anónimo dijo...

No Gulag temos de verdá unha boa coleción de dicionarios a súa disposición, camarada Medele de Lobeira.

Anónimo dijo...

No Gulag temos de verdá unha boa coleción de dicionarios a súa disposición, camarada Medele de Lobeira.

Anónimo dijo...

Estou moi sorprendido con Baltar, fala de gran fracaso e rasgase as vestiduras cando tivo mais votos que nas municipais, certo que respeto a 2004 perdeu 18.000 votos na provincia e un deputado pero iso era de esperar, nestes 4 anos perderon Concellos, a Xunta e a alcaldia de Ourense, sen embargo ata agora non se atribuira ningun fracaso. A verdade que creo que Baltar monta tanto escándalo porque ten algunha dobre intención respeto ao seu partido, quere botarlle a culpa a alguén.

Anónimo dijo...

Si, Anónimo, ten razón. Os de Madrid impuxeron a lista a Baltar. E Baltar quere que perda Rajoy; ambos son incompatibles. E Núñez Feijoo tenlla xurada. E a señora Espe xa deu aviso de que non vai permitir intermediarios en provincias. Os varredores son designados en Madrid, así como a construción de tanatorios os alcatranado de pistas. Por iso Baltar e Cia apoia a Gallardón. Non por ideoloxía, que non teñen, senón por oportunismo político. De aí que sempre está a planear a idea dun partido estilo Centristas de Galicia ou UPN.

Ben, eu polo menos vexo así. Pasmoume a apatía do PP nestes comicios.


Se Baltar utilizase a súa astucia para traballar realmente pola provincia, Ourense tería un nivel semellante ao de Luxemburgo.
A estrutura rural do PP non se "moveu", nestas eleccións, nin a centesimal parte das xerais do 2004.

Cumprimentos.

lourixe dijo...

Non creo que se poida culpar só á "vontade" de Baltar. Na chaira o PP perdeu varios concellos, e notouse que non dispuñan da mesma loxística. En comicios anteriores o tenente de alcalde Ppeiro pasaba toda a campaña no todoterreo de Protección Civil (gasoil e mantemento finanzados polos cidadáns) levando propaganda e carrexando xente aos mítins. Non sei por que medios chegaron ao meu buzón (caixa de correo para os puristas), pero nesta campaña só recibín un boletín do BNG e tres cartas do PSOE.

Anónimo dijo...

Baltar con Gallardón? non pensara eu tanto pero pode ser, e sobre o que dí que non puxo a maquinaria rural a tope, certo, tampouco a urbana, por exemplo Poly non fixo moita campaña nen Araujo, digamos que deixaron a campaña en mans do aparato estatal, Nuñez Feijoo, Alvarez Cascos, Rajoy pero aqui quen carrexa votos son os de aqui e desta volta non estiveron a tope.

Anónimo dijo...

Il Viminale, unha das sete colli di Roma, frecuentada por xente como o gobernador de Nova Iork, agora demitido. De aqueles vimbios ven esta enlamada. Por citar un refrán ao chou.

Anónimo dijo...

"Ourense tería un nivel semellante ao de Luxemburgo" que é: unha ameaza?

Anónimo dijo...

O PSOE desta volta fixo unha campaña impresionante en Ourense, ao contrario que o PP, o Psoe si puxo a maquinaria a tope en Ourense, usando todas as forzas e todos os cargos, Conselleiras, Ministr@s, Concelleir@as, o PSOE en Ourense andivo a mil, varios actos no día, tocando todos os sectores, e cos cargos todos ao servizo do partido e da campaña, se acaso o único que se viu pouco foi ao Pachi Vazquez, os demais empregaronse a fondo.

Anónimo dijo...

Non, Arume, falo en plan paradigmático. De país ultradesenvolvido. Vde. ben me entendeu. O que pasa que para a mentalidade de Baltar o progreso ameaza directamente o seu mísero imperio. O alcalde de Lobeira dixo nun pleno que non ía pedir a banda ancha porque ese sarillo da internet era unha cousa malísima...
(sic).

Anónimo dijo...

Don Beria - Tolstoi a relatar a dous biznetos a historia de Benito Freire el alobado.

Celebro que don Beria regrese ao foro.

Cumprimentos.-

E O ROMASANTA TÍÑAVOS UNS DENTES ASÍ...........

Anónimo dijo...

Quen nolo dera, Luxemburgo.

Un dos que peor recibiron os resultados electorais foi Núñez Feijóo, que ve moi debilitadas as súas posibilidades de facerse coa presidencia da Xunta dentro dun ano e anuladas as de converterse en Ministro de Fomento xa. Se Rajoy vai ter problemas en Madrid para a súa continuidade, Feijóo vainos ter aínda maiores en Galicia. Están as dagas afiadas e Cacharro, que non ten nada que perder, xa lanzou a súa.

Os resultados de Ourense deixan traslucir -ou así o vexo eu- que a provincia vai repetir o guión xa ensaiado por Lugo hai uns anos: perda da capital provincial por parte do PP e, a partir de aí, lento pero inexorable derrumbe no resto da provincia. O proceso abandéirao, como ocorreu en Lugo, o PSdeG-PSOE, que sobe ben en moitos concellos rurais.

Contra o que dicían as sondaxes, Ourense é Pontevedra son as provincias onde menos forte se mostrou o BNG e onde máis aumentou o voto socialista. E, vendo os resultados dos concellos pequenos, dáme a impresión de que as políticas emanadas de Vicepresidencia e Medio Rural só se deixaron sentir moderadamente na provincia da Coruña, o cal me resulta estraño, aínda que debe ter algunha explicación, sendo Quintana e Suárez Canal ourensáns.

O BNG debería examinar a fondo o que lle está a ocorrer nas cidades. Ganou cento e pico de votos en Santiago e subiu tres votos contados en Lugo. Nas demais baixou en todas. E nalgunhas, como Ferrol e Pontevedra, de forma considerable.

Aínda que os socialistas confirman a súa hexemonía no mundo urbano, non deberían pasar por alto a significativa perda de votos na cidade da Coruña. Posiblemente teña isto algo que ver co regreso a casa do pai do voto post-vazquista. Pero tamén pode haber outras explicacións máis preocupantes.

A perspectiva que se abre en Galicia é a dunha reedición máis folgada do bipartito nas próximas eleccións, cun BNG que andará entre os 11-13 escanos e un PSdeG con 28-30. O PP seguirá sendo a forza máis votada porque o país, aínda que estea deixando de ser conservador, ten unha idiosincrasia lenta, pousona e algo vexetativa.

Anónimo dijo...

Falan das eleucións como se fosen a expresión da voluntade diviña dos deuses cando son fruto da expeculación caciquil da peseudodemocracia española e represora. Cando non hai libertade verdadeira dos individuos non aliñados as eleucións non teñen validez nin facticidaz. Por non falar de que non se dirimiu o dreito de autodetermiñación dos pobos e se conculcaron os máis elementales direitos individuales i colectivos dos pobos tiranizados polo Estado opresor, criminalizándoos por pensar diferente.

Anónimo dijo...

Ostiá!

Anónimo dijo...

"A perspectiva que se abre en Galicia é a dunha reedición máis folgada do bipartito nas próximas eleccións, cun BNG que andará entre os 11-13 escanos e un PSdeG con 28-30."


O BNG como non recupere votos, e co PSOE medrando, quedará nunha posición debilitada. Penso que non se deberían dar por satisfeitos cos resultados electorais do 9-M e que deberían poñer a funcionar a maquinaria de partido e do goberno coa idea de que necesitan mais apoio do que tiveron hai uns dias.

Anónimo dijo...

A "maquinaria" de partido do BNG está moi enferruxada e obsoleta en gran parte. No goberno fan o que poden. O BNG está a pagar a súa negativa a abrirse á sociedade.

Anónimo dijo...

Unha pequena nota á análise de Leituga 1: a idiosincrasia lenta, pousona e algo vexetativa non leva necesariamente cara o PP.

Anónimo dijo...

http://www.elmundo.es/especiales/mundotoons/

Talante, talante...

El ZZ mola mogollón
Lo baila Gaspar
y también Gallardón
Dale ZZ a los nacionalistas
que el ZZ los pone separatistas
Lo baila Carod
Lo baila Hugo Chavez
Lo baila Fidel
mi amol, ya tu sabeh
Lo baila Ezquerra
lo baila el benegá
lo bailan mis socios
en Madrid y en Perpiñán
Y el ZZ se baila así:
uno, la sonrisita
dos, el [pacto del] Tinell
tres, odio a la iglesia
cuatro, negociando

"Gobernaremos con mano firme... y mano tendida" (Fernández de la Vega)

Anónimo dijo...

Non quería suxerir que esa idiosincrasia "lenta, pousona e algo vexetativa" leve cara ao PP. Todo o contrario. É a maneira particular que ten Galicia de saír da "era conservadora". En Galicia nunca hai cambios súpetos nin "vuelcos" electorais que non estean contrapesados por unha prudencia e unha cautela tal vez excesivas, pero moi presentes na nosa socioloxía electoral.

O PP en Galicia aínda tardará anos en deixar de ser a forza máis votada... se é que deixa de selo algunha vez.