7 mar. 2008


A máis extrema miseria humana
(Na imaxe, o exconcelleiro socialista asasinado, Isaías Carrasco)

Como di máis abaixo Arume, nun comentario, a máis extrema miseria humana amosa de novo a súa faciana asasina: Mondragón é hoxe o nome da tristura, da ignominia, da impotencia fronte ó absurdo criminal.

A festa da democracia, tinguida de sangue. Iremos votar co corazón encollido, pensando nesa familia burlada, aplastada polo fanatismo. Nos tres fillos que quedan sen pai. É o único en que son capaz de pensar agora: o resto desdebúxase nunha néboa confusa.
Fracasarán tamén neste intento de interferir na campaña: non lles servirá de nada. Pero ninguén lle devolverá o seu pai a eses nenos de Mondragón.

242 comentarios:

1 – 200 de 242   Más reciente›   El más reciente»
ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Eu sempre espero, parvo de min, que os partidos que nunca condenan estes asesinatos lle planten cara a eses criminais. Hoxe, a alcaldesa de ANV foi, con outros tres concelleiros do mesmo partido, ao hospital onde morreu. Sexa a primeira noticia dun movemento definitivo para que estes asesiños (qué pasará pola súa cabeza cando poñen unha pistola na caluga dunha persoa?, sempre me pregunto con total inocencia) deixen dunha vez de matar.
Polo de agora, como ben di vostede, amigo Valcárcel, uns nenos quedan sen pai en Mondragón.

marcel swann dijo...

Eu estiven hai anos en Mondragón-Arrasate, cando a tregua do ano 1999. É unha zona industrial chantada no medio do campo. Poboación euskaldún. Teñen unha universidade privada. Recordo que cando entramos nun bar miráronos de arriba a abaixo. Logo xa non (non sei se porque empezamos a falar entre nós en galego).

Logo pola tarde subimos a dar unha volta polo monte e estivemos falando co dono dun caserío, que tiña un "choco". Moi amable. Invitounos a beber. Falaba o castelán con moitas dificultades.

Anónimo dijo...

Esta morte como tantas outras realiades de violencia, sacude a unha sociedade que demanda a superación definitiva do contexto de sufrimento, confrontación e vulneración dos dereitos individuais e colectivos que padecen os homes e mulleres de Euskal Herría. Todas as partes deben dar pasos que permitan un escenario de paz.

Xosé M. González dijo...

E, como primeiro paso, todas as calugas teñen que deixar de levar disparos.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Eu non dubido de que todas as partes deben dar pasos. O problema é que unha parte xa os deu e non foi atendida. Todos deben dar pasos, si. Pero hai xentes que non deron nin o primeiro.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

O que parece xa un cinismo fóra de toda lóxica e apelarmos á prohibición de presentarense ás eleccións a grupos ou persoas de Euskal Herria (sen acento, please) como argumento para a vulneración dos dereitos (que eu, xa aquí, admitía). Antes (da segunda elección de Aznar) podían presentarse sen problemas ás eleccións e tamén existía esa chamada metáfora otegiana de "esceario de conflictos" e, como atrezzo, uns tiros ou unhas bombas para completar o espectáculo. Agora teñen esa excusa perfecta do sufrimento e a confrontación na prohibición sucesiva de HB, Batasuna, PCTV ou ANV, pero ¿antes?

apicultor dijo...

Exacto: "E, como primeiro paso, todas as calugas teñen que deixar de levar disparos".

Que ETA se disolva e abandone definitivamente as armas -porque eles son os únicos que matan- e logo xa se verá. Mentres iso non ocurra, nada se pode facer.

marcos valcarcel dijo...

A corrupción empeza na linguaxe. "Socialización do conflicto" e eufemismos semellantes. Hai moitos, moitos anos, inicios da transición, estiven nunha Euskadi tomada por tanquetas da policía e con paos na rúa todos os días. Algunhas persoas e colectivos deron pasos para a normalización política: Bandrés, Onaindía,etc. Outros non. Convencidos da súa vitoria final ou só afeitos a esa espiral acción/represión/acción.
Dende aquela déronse moitos pasos. Pero sempre topan cun muro imbatible: ETA non quere deixar de existir nin de matar.
Daquela oía que algúns amigos, vascos, usaban expresións como "txakurra" para falar da policía vasca, entre risos (eran de HB): quizais naquel momento non me dei ben conta, pero esa era a semente para unha visión distorsionada da realidade. Euskadi necesita outra linguaxe: unha lingua na que non teña cabida o asasinato, a tortura nin a extorsión.

Rosa dijo...

“(...). Todas as partes deben dar pasos que permitan un escenario de paz” di “Anónimo” un pouco máis arriba. Fala tamén doutras realidades de violencia que sacude a unha sociedade “que demanda a superación definitiva do contexto de sufrimento, confrontación e vulneración dos dereitos individuais e colectivos que padecen os homes e mulleres de Euskal Herria”.
O dereito fundamental do ser humano é a vida, polo que é antinatura arrebatala con pistola ou bomba. Isaías Carrasco é, era, un home de Euskal Herria que libremente optou por un ideario político e sindical, que libremente traballou con/para a sociedade na que vivía. Esa sociedade é a que, como di Anónimo, “demanda a superación definitiva do contexto de sufrimento, confrontación e vulneración dos dereitos individuais e colectivos que padecen os homes e mulleres de Euskal Herria”.
Nesa Euskal Herria non existe enfrontamento entre nacionalistas e estatalistas. O enfrontamento é entre o conxunto da sociedade e os fascistas de ETA.
O presidente do Goberno vasco –non sospeitoso de militar no Socialismo- dixo, entre outras cousas, que (todos) estamos fartos de que ETA agreda ao pobo vasco, asasinando aos nosos fillos e manchando o noso nome, esixindo aos terroristas de ETA que non utilice nunca máis o nome do pobo vasco para xustificar os seus crimes.
Quero entender que “Anónimo” cando fala de vítimas quere referirse a ese pobo asoballado por ETA e non como indicou outro “Anónimo” –ou é o mesmo?- que as vítimas de hoxe de Euskadi eran os gudaris de ETA(?). Hai que sinalar que os gudaris eran combatentes vascos contra o fascismo na pasada Guerra Incivil, polo que prostituír tal nome chamando así aos colaboradores actuais do fascismo de ETA é un verdadeiro insulto.
As armas dos demócratas son os votos, non as pistolas e/ou bombas. Nunha sociedade democrática o terrorismo non ten cabida.
Coido sinceramente que nun foro como é este das Uvas opinións que non condenen claramente os asasinatos de ETA non deben ter cabida. Por pura coherencia democrática e hixiene social.

Anónimo dijo...

Señor Marcos pero que facía vostede entre toda esa borralla infrahumana da esquerda abertzale?.

Anónimo dijo...

Señora Rosa, supoño que Diez, a hixiene social practiquea vostede no seu interior, porque, con todos os respetos, fede vostede que apesta a autoritarismo demagóxico senil.

Lula Fortune dijo...

A min dame rabia e impotencia pero a poco que o pense síntome máis forte. Votarei con tristura, pero máis convencida, se cabe, de que a razón non estivo nen estará do seu lado.

Anónimo dijo...

E se ETA non se rinde....
Agardar a que se rinda?
seguir co escenario de violencia...
Tristemente esta morte estaba no guíón das eleccións 2008, ningunha sorpresa, salvo para a familia do falecido.
Moita e sofisticada hipocrisía política e dupla vara de medir, o conflicto non só provoca sufrimento nun bando.

Amais quen dubida de que Zapatero vai negocias na proxima lexislatura?

XDC dijo...

A quén pensades que beneficia este asesinato, cometido, non creo que por casualidade, a dous días das elecciós? Por que a alguén pensaron en beneficiar, que non dan puntada sen fío.

Anónimo dijo...

Beneficia ao Psoe, que así ten xa a tensión que percuraba para movilizar a abstención. Benefícia a ETA que demostra a súa capacidade alterando a vida política completa do Estado, e ganando posicións na futura mesa de negiciación.
O gran perxudicado é o PP.

Anónimo dijo...

Eu tiña pensado non ir votar. Agora fareino en blanco. Espero que se contabilice como aqueles que esperamos moito máis do sistema democrático e sobre todo das esquerdas.

apicultor dijo...

Para o Anónimo que dixo esta lindeza democrática: "Señora Rosa, supoño que Diez, a hixiene social practiquea vostede no seu interior, porque, con todos os respetos, fede vostede que apesta a autoritarismo demagóxico senil".

A ese Anónimo eu dígolle: e vostede fede que apesta a pistoleiro falanxista. Dá noxo.

Xosé M. González dijo...

A intencionalidade electoral do atentado é de libro. O asunto é que os cálculos dos programadores lles saian a xeito.

Beneficiará o PP, por reacción antiterrorista; e ao PSOE, por solidariedade. A quen prexudica non fai falta nin dicilo.

Por un motivo básico e outro sobrevido, de aquí en diante vai haber que agardar os finais de campaña en desacougo. Por ambos e dous motivos indicados antes: o que máis perde, sempre, o que menos pode.

Preparo o paraugas de cara ao espectáculo mediático de mañá. Non me fagan falar, que igual reñemos.

arume dos piñeiros dijo...

Eu creo, sen embargo, que non vai mudar en nada as preferencias electorais. Quero dicir de forma substancial. Hai que lembrar que nas eleccións pasadas foi a reacción do goberno a que puido influir no voto, non o propio atentado.

Xosé M. González dijo...

Iso é o que debía ser. Pero teño seria dúbida canto a mobilización de indecisos, non votantes e algún máis. Sobre todo a partir do espectáculo de mañá, desde Arrasate e durante todo o día.

Rajoy e Zapatero xa está aló; non digo que non deban. Pero desde a morte de Miguel Ángel Blanco -fenómeno seguido en directo, permanentemente, e pola radio- eu ben sei a quen fan ver e oír as instancias informativas.

É mellor que o deixe (eu).

Anónimo dijo...

Hai moito novo/a facha camuflado baixo as faldas apestantes da democracia a española.
Señor Apicultor non se obceque, manteña o talante polémico, conserve a cabeza fria non se deixe levar pola moda da indignación.

Anónimo dijo...

O PP e EU, cuadranse por disciplina antiterrorista co goberno de España, Por tanto o que sae gañando é o Psoe, pero posibelmente a abstención apenas se movilice por este atentado. Vai orientado na súa apreciación Xose Manuel. Outro calculo faríamos se o concellal fose deo PP.
É constatabel o aparato mediático preparado para estes casos, toda unha maquinaria engrasadísima e con moito morbo. Pode suceder que esta maquinaria tan sensibilizada e que bota a andar ao mínimo movemento poida dispararse inconvenientemente e montar un gran espectáculo alí cando cumpriría pasar en volandas.

Jim Morrison dijo...

É evidente que o asesinato perpetrado pola banda terrorista ETA beneficia ao PP e perxudica ao PSOE. Pola miña parte, súmome con gusto ao "gran espectáculo" de condea do asesinato e recoñezo que me encontro a gusto "baixo as faldas apestantes da democracia a española". Anque tal vez eu, sen darme conta, sexa unha peza -minúscula, por suposto- da "maquinaria engrasadísima" do "goberno de España".

arume dos piñeiros dijo...

Recorde vostede que Madrazo estaba hoxe ao lado de Ibarretxe máis que nada porque goberna co PNV. A pesar do malestar de boa parte de EU.
Falar de cuadrarse supón, imaxino, propósito denigrante. Pero lembro que todas as forzas políticas, coa excepción dos mesmos, asinaron un comunicado conxunto. Haberá que incluilos a todos. Incluso aos nacionalistas. Nese cuadramento xeral. O aparato mediático será acorde co inmenso apoio que o rexeitamento do terrorismo ten niste país.

EN volandas: "Por el aire o levantado del suelo y como que va volando". "Coloq. Ràpidamente, en un instante". A RAE inclemente.

apicultor dijo...

Súmome ás palabras de Morrison e Arume.

arume dos piñeiros dijo...

BILBAO | PAMPLONA.- Simpatizantes de ANV se han manifestado esta tarde por las calles de Bilbao y de Pamplona en favor de la abstención en las elecciones generales del próximo domingo. Al término de la marcha, la concejala de ANV en el Ayuntamiento de Pamplona Mariné Pueyo afirmó, en referencia al asesinato del ex concejal del PSE Isaías Carrasco, que "lo de hoy se podía haber evitado".

En Bilbao, en medio de un clima de tensión, decenas de personas se han escudado en una pancarta y portando ikurriñas y fotografías de presos vascos, se han paseado para pedir la abstención el próximo domingo 9 de marzo. Varios espontáneos se han enfrentado verbalmente a ellos al grito de "asesinos" y de "hijos de puta".

La manifestación de Pamplona comenzó pasadas las 19.00 horas en la antigua estación de autobuses de Pamplona y recorrió varias calles. La marcha estuvo encabezada por una pancarta en la que se leía 'Euskal Herria Konponbidea behar du' y en la cabecera estuvieron los concejales de ANV en el Ayuntamiento de Pamplona, Mariné Pueyo y Mikel Gastesi.

Durante todo el recorrido se corearon consignas a favor de la independencia y otras como 'Atxilotuak askatu' ('Libertad para los detenidos') o 'Borroka da bide bakarra' ('La lucha es el único camino').

Al término de la marcha, Mariné Pueyo se dirigió a los manifestantes desde el kiosco de la Plaza del Castillo y afirmó que "son años, meses y días duros, de gran tristeza, por eso mismo, porque llevamos mucho tiempo soportando el sufrimiento, estamos convencidos de que lo sucedido hoy se podía haber evitado".

Asimismo, animó al resto de agentes políticos "a superar el escenario actual alejándonos de condenas estériles y adoptando con valentía las medidas necesaria para poner fin de una vez por todas a situaciones como la que hoy estamos viviendo".

Anónimo dijo...

Súmome ás manifestacións de Bilbo e Pamplona.

apicultor dijo...

Vostede non se suma en realidade a nada. Desde a súa confortable posición, covardemente alenta a outros para que alenten aos que teñen as pistolas. A vostede iso non lle ten custe ningún, porque nunca ningún demócrata o vai matar dun tiro na caluga.

marcos valcarcel dijo...

Pois eu de sumarme faríao ó xa dito por Arume, Morrison e Apicultor. E paréceme deleznable saír en manifestación pedindo a liberdade dos presos etarras poucas horas despois do asasinato de Mondragón (irán tamén incluídas as arelas de liberdade polos asasinos de hoxe, cando os deteñan?).
A auténtica valentía sería condenar o estado de excepción criminal imposto por ETA en Euskadi e plantarlle a cara, dende as vías políticas, ás pistolas.
Outros xa o fixeron antes. (Non sei se en Euskadi tamén lle chaman "pseudonacionalistas" e "colonizados", p.ex., ós membros de Aralar ou Nafarroa Bai).

Anónimo dijo...

Apicultor eu alento a todos a percurar a paz. Tranquilícese que lle vai dar un telele, e argumente mais alá de burdas presuposicións infundadas e frases feitas.

apicultor dijo...

Si, home, si. É vostede moi críble. Vén que se lle nota.

apicultor dijo...

Un día destes explicaranos cómo se pode alentar a paz alentado aos das pistolas. Por certo, xa podía aprender un pouco de lingua galega: é procurar a paz, non percurar. Que até niso é un inútil.

Comunicado BNG dijo...

O Bloque Nacionalista Galego quer expresar a súa máis enérxica condena perante o execrábel asasinato de Isaías Carrasco, tiroteado hoxe por un terrorista de ETA.

O BNG transmite as súas condolenzas aos familiares e achegados desta nova vítima mortal de ETA, así como a súa solidariedade ao Partido Socialista, do que Isaías Carrasco era militante.

O BNG vai suspender todos os actos programados para o último día de campaña, como testemuño da súa repulsa perante a barbarie terrorista e como tributo solidario en homenaxe a Isaías Carrasco.

A violencia terrorista repugna a conciencia de todos os demócratas e ofende tamén a conciencia profundamente pacifista do pobo galego. A miseria moral do terrorismo representa un intolerábel atentado contra os dereitos humanos máis elementais e obriga a todas as forzas políticas democráticas, a todos os pacifistas, a manter unha acción unitaria e a non facer uso político nen eleitoralista da violencia.

Este é o momento da unidade entre os demócratas o momento da fortaleza do Estado de Dereito e da democracia fronte a iniquidade dos terroristas.

Un portavoz do BNG vai asistir esta mesma tarde ás 18.00 horas no Congreso a unha reunión das forzas políticas democráticas para analizar a situación criada tras este execrábel atentado.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Xa sei que só ten valor simbólico, mais tamén me quería sumar ao que din os señores Morrison, Arume, Apicultor e don Marcos.

PNV dijo...

Urkullu: “Isaías era también uno de los nuestros”

El presidente del EBB de EAJ-PNV, Iñigo Urkullu, ha mostrado su solidaridad con la esposa y familia de Isaías Carrasco y ha hecho suyo “su dolor y el de toda la familia socialista. Esta nueva barbaridad de ETA nos vuelve a doler, nos ha tocado como si hubiéramos sufrido el ataque en propia carne, Isaías era una persona, era también uno de los nuestros”.
En opinión de Urkullu, ésta “ha sido la crónica de un atentado anunciado. Sabíamos que se podía producir, faltaba por conocer el cuándo y el quién. Dolorosamente hoy lo hemos conocido. Isaias Carrasco, un exconcejal de Arrasate, ha sido el elegido por ETA para mostrar una vez más su locura, su ceguera y su inhumanidad. Todos los atentados son igual de condenables e igual de injustificables, ahora bien, adquier un grado mayor de gravedad, uno que se produce a escasas horas de unas elecciones –con evidente intención de mediatizarlas, de violentar la opinión popular-. ETA en una de las peores copias de la violencia yihadista, quiere conseguir ahora lo que hace cuatro años sucedió con el 11-M. Conmocionar a la sociedad, amedrentarla, convulsionarla”.

“A ETA no le vamos a dedicar ni una palabra más. Sí todo nuestro desprecio” ha añadido.

El presidente jeltzale se ha dirigido a la ciudadanía y ha señalado que “en estos momentos cuando se mide la altura, la calidad de una sociedad, su firmeza, su tesón y capacidad de respuesta. Es el momento de responder desde la firmeza, desde el valor cívico, desde las profundas convicciones democráticas. A ETA no le puede salir bien esta nueva huida hacia adelante. El domingo tenemos una buena ocasión para decirle a ETA lo que los vascos pensamos de ella y de sus acciones. ETA ha llamado a la abstención. Bien, pues nosotros llamamos a la participación activa, a llenar de votos las urnas de Euskadi, porque cada voto allí dentro será un no a ETA”.

Aralar dijo...

Comparecencia completa de Jon Abril:

Ante el asesinato de Isaías Carrasko, ex-concejal y militante del PSE-EEko Aralar quiere expresar lo siguiente:

Reprobamos la muerte de Isaías Carrasco, al igual que todos los asesinatos de esta índole. La violencia no es el camino para superar el conflicto, y reiteramos nuestra apuesta decidida por la exclusividad de los cauces políticos. Reivindicamos, sin excepción, la defensa de todos los derechos humanos para todas las personas.
Hemos mostrado esta misma tarde nuestra condolencia con el fallecido a sus familiares, y al conjunto del partido socialista. Anunciamos que Aralar estará presente en las concentraciones y manifestaciones convocadas para repudiar este asesinato.
Exigimos a Batasuna que realice una apuesta decidida por las vías exclusivamente políticas. Y pedimos a las personas y colectivos que no estan de acuerdo con este atentado, lo hagan público y muestren su total desacuerdo ante lo sucedido. Ese rechazo únanime será la mayor garantía a la hora de construir la paz en Euskal Herria.
Aralar reivindica el compromiso por la existencia de una izquierda abertzale política y pacifista, que venimos construyéndola día a día. Pese a que ETA continúe atentando Aralar hoy reitera, con más fuerza y firmeza que nunca la apuesta por las vías exclusivamente políticas.
Denunciamos la ingerencia de ETA en esta campaña electoral con el propósito de condicionar al electorado. En cualquier caso, hacemos un llamamiento a la ciudadanía a la tranquilidad y a la serenidad
La respuesta más contundente que se le puede dar por parte de la sociedad vasca a este nuevo asesinato es acudiendo a votar el próximo domingo, cualquiera que sea la opción política elegida.

Nafarroa Bai dijo...

NAFARROA BAI muestra su más rotunda condena ante el atentado que ha cometido ETA y que ha terminado con la vida del militante del PSE y ex concejal de Arrasate, Isaías Carrasco. NAFARROA BAI muestra su solidaridad con la familia, con sus compañeros y compañeras del PSE y con toda la sociedad que una vez más tiene que padecer un atentado.

NAFARROA BAI considera que no es el momento de hacer valoraciones políticas ante el atentado de esta mañana, sino estar al lado de la familia del ex concejal asesinado. Asimismo, NAFARROA BAI hace un llamamiento a toda la ciudadanía a que mantenga tranquilidad.

No obstante, NAFARROA BAI ha rechazado que ETA haya interrumpido la campaña electoral y, en este sentido, la coalición ha hecho un llamamiento para que el próximo domingo la ciudadanía responda a la violencia votando. NAFARROA BAI señala que con este atentado ETA ha contaminado la abstención.

Por último, NAFARROA BAI recuerda que ningún objetivo político puede ser defendido ni conseguido a través de la violencia y exige a ETA el abandono definitivo de las armas.

PSOE dijo...

La banda terrorista ETA ha vuelto a cometer un acto criminal en el que ha asesinado al ex concejal socialista de Mondragón Isaías Carrasco. El PSOE desea transmitir a los familiares, amigos y compañeros de Isaías toda su solidaridad, cariño y afecto en estos momentos de inmenso dolor.

El PSOE desea transmitir su más absoluta condena y su infinita repulsa ante el vil asesinato de una persona indefensa que se había comprometido a lo largo de su vida con la democracia, los valores y principios que rigen nuestra convivencia pacífica.

ETA tiene que saber que jamás conseguirá sus objetivos, que los demócratas no nos vamos a rendir hasta que consigamos su total desaparición. Los terroristas deben tener claro que no vamos a aceptar el totalitarismo de las balas, la amenaza del miedo y de la extorsión. El fin último de los asesinos de Isaías es ser detenidos, juzgados y condenados a pasar muchos años en prisión.

En estos momentos, más que nunca, es necesario que todos los demócratas estemos unidos frente a la barbarie y la sinrazón de los asesinos, para que juntos demostremos a ETA que no nos va a acobardar, ni a dividir.

El PSOE quiere trasladar a todos los ciudadanos la necesidad de que el próximo domingo se demuestre el rechazo y la condena de este crimen, y el homenaje a Isaías mediante la participación masiva en las elecciones.

Izquierda Unida dijo...

Gaspar Llamazares, candidato a la presidencia del gobierno.-

De nuevo ETA irrumpe en Campaña Electoral. Y lo hace de la única manera que conoce, mediante la violencia y el terror. Queremos expresar en nombre de Izquierda Unida la condena total, rotunda y sin paliativos de la violencia y, en concreto, la condena de este atentado en el que ha sido asesinado el militante socialista y de la UGT, Isaías Carrasco.

Queremos expresar también la solidaridad con su familia y con el PSE y la UGT. Estamos convencidos de que este es el momento de la solidaridad con sus familiares y con su organización.

Estamos convencidos de que la mejor respuesta ante la irrupción de ETA de nuevo en campaña electoral es la normalidad y la seguridad democráticas, que están plasmadas en la aplicación del Estado de Derecho frente a los terroristas, frente al terror sin ningún tipo de atajos, con la aplicación de las leyes por los jueces y las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad.

Resulta imprescindible recuperar y fortalecer la unidad de las fuerzas políticas democráticas frente al terrorismo. La aplicación del Estado de Derecho y la unidad de las fuerzas políticas democráticas conseguirán, sin lugar a dudas, el fin de ETA. ETA está ya derrotada, queda únicamente certificar su fin.

Queremos que las próximas elecciones, en particular en Euskadi, sean una lección a ETA, que ha propugnado la abstención. La participación de los ciudadanos vascos será una lección democrática también para ETA. Esta participación es de la mayor importancia, junto a la deslegitimación de sus atentados. Planteamos la necesidad de consolidar la unidad de las fuerzas políticas en el futuro.

Es muy importante que en el día de hoy se reúnan los partidos y que, junto a las organizaciones sociales y las instituciones democráticas, condenen el acto terrorista y manifiesten la unidad en torno al Estado de Derecho, aunque esto no es suficiente. Es imprescindible que estas Elecciones signifiquen también un mandato de la ciudadanía para que nunca más se divida a las fuerzas democráticas en la lucha antiterrorista, un mandato para que se recupere la unidad, una unidad sólida en torno a la política antiterrorista y a la gestión del Gobierno, de las Fuerzas de Seguridad, de los jueces y del Estado de Derecho.

Nuestro deseo es que estas elecciones signifiquen una lección para ETA en relación a su petición de no participación en Euskadi, con una participación masiva allí. Que estas elecciones signifiquen también un mensaje democrático para las organizaciones y para las fuerzas políticas, de tal manera que la próxima legislatura sea la de la recuperación de la unidad frente al terrorismo, de la recuperación del pacto frente al terrorismo y a favor de la paz, la legislatura en la que nunca más se dividan las fuerzas democráticas frente al terror.

ERC dijo...

Resolució sobre l’atemptat d’ETA

Esquerra ha decidit suspendre tots els actes de tancament de campanya com a
mostra de rebuig i condemna a l’assassinat per part d’ETA d’Isaias Carrasco,
exregidor socialista a l’ajuntament basc d’Arrasate.
Esquerra, en la persona del seu cap de llista en aquestes eleccions, Joan
Ridao, ha signat la declaració conjunta que els partits polítics amb
representació al Congrés dels Diputats, així com agents socials, han elaborat
aquesta tarda a Madrid en condemna de l’atemptat.
Manifestem la nostra solidaritat amb la seva família i el seu entorn, i ens
refermem en la convicció que la violència mai no pot ser el mitjà per a la
resolució de conflictes; ans al contrari, com a demòcrates ens reafirmem en el
respecte als drets humans individuals i col·lectius i l’acció política com l’única
via vàlida en una societat democràtica.
La violència no pot marcar en cap cas l’agenda política. Cridem a la ciutadania a
participar activament en les eleccions del proper diumenge per refermar la vía
pacífica i democràtica de la nostra nació a assolir la plena sobirania.
Barcelona, 7 de març de 2008

CiU dijo...

El cap de llista de CiU al Congrés, Josep Antoni Duran i Lleida ha condemnat l'aemptat d'ETA a Mondragón i ha asegurat que "ETA no guanyarà la batalla a la democràcia".

Convergència i Unió ha decidit reconvertir l’acte final de campanya per una concentració al Pavelló de la Vall d’Hebron Per Duran "hem de mantenir l'acte perquè molta gent ja havia començat a venir, però l'hem reconvertit de dalt a baix".

Hores abans, davant dels mitjans de comunicació, Duran i Lleida ha volgut expressar el sentiment de condol i solidaritat amb la família d'Isaías Carrasco en nom de la federació de Convergència i Unió. Duran també ha expressat "la nostra solidaritat amb el PSOE i la nostra condemna enèrgica de l'atemptat". El dirigent nacionalista considera que "ETA ha aconseguit el que volia, que era tenir influència a la campanya electoral". Per Duran "ha estat un assessinat cruel" ha afegit que "qualsevol persona que tingui fills sap el que significa. ETA ha de saber que podrà continuar matant perquè matar és fàcil, però que sàpiga que no guanyarà la batalla de la democràcia i que la democràcia i els drets humans s'imposaran per sobre de la barbàrie".

Condena de todas as forzas democráticas dijo...

Madrid 7 de marzo de 2008. Congreso de los Diputados

En la mañana de hoy, la banda terrorista ETA ha asesinado en Mondragón al ciudadano y militante del Partido Socialista y de la Unión General de Trabajadores Isaías Carrasco. Manifestamos nuestro más afectuoso sentimiento de condolencia y cariño a la familia de Isaías Carrasco, cuyo único delito ha sido representar como concejal a los ciudadanos de Mondragón que lo votaron democráticamente. Manifestamos también nuestra condolencia y solidaridad al Partido Socialista y a la Unión General de Trabajadores de Euskadi.

Todas las organizaciones políticas y sociales firmantes expresamos la más rotunda condena y el rechazo más enérgico a este nuevo atentado criminal de ETA. Todos asumimos esta nueva víctima del terrorismo como propia. Todos estamos dispuestos a responder a esta agresión de forma firme y unitaria, a defender la libertad y a derrotar a ETA a través de la fuerza exclusiva del Estado de Derecho.

Apoyamos y respaldamos a las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado, que conseguirán, como tantas otras veces, que los asesinos sean entregados a la justicia y paguen por su crimen. ETA ha asesinado a un trabajador y a quien fue un representante de los ciudadanos. Lo ha hecho en vísperas de unas elecciones. Es un doble desafío a la Democracia y a las libertades que encontrará la respuesta democrática que merece este crimen. Nunca conseguirán nada. Sólo les espera la aplicación de la ley, la acción de la policía y el ejercicio de la justicia.

Las organizaciones firmantes llamamos a los ciudadanos a responder a este crimen desde la serenidad y desde la firmeza democrática. Las elecciones democráticas del próximo domingo se convertirán en una nueva victoria de la libertad. ETA no ha conseguido ni conseguirá nunca torcer la libre voluntad de los ciudadanos.

Al terrorismo sólo se le puede combatir y derrotar con la unidad de los demócratas y con la fuerza del Estado de Derecho. Las organizaciones firmantes apoyamos todas las convocatorias y movilizaciones que acuerden las fuerzas políticas y sociales del País Vasco para expresar la repulsa ciudadana ante este crimen. Por ello, apoyamos la concentración convocada por estas fuerzas políticas y sociales en Mondragón el próximo lunes día 10 de marzo, así como las concentraciones convocadas en esa fecha por la FEMP.

Firmantes: PSOE, PP, CiU, ERC, PNV, IU-ICV, BNG, CC, CHA, EA, Na-Bai, NC, CEOE, CEPYME, CC OO, UGT y USO

apicultor dijo...

Non se esforcen.

Que a pesar dos comunicados de todas as forzas políticas democráticas, o Anómino anterior que se sumaba "ás manifestacións de Bilbo e Pamplona", non lles vai facer caso.

Anónimo dijo...

sobre o atentado

apicultor dijo...

Nada novo di ese editorial de Gara: é máis do mesmo, é o de sempre. Nada novo que non teña dito outras veces: un editorial clónico que se vén repetindo desde hai moitos anos.

O editorial, por enésima vez, xustifica e avala implicitamente o atentado mortal e bota unicamente a culpa aos demais de non querer solucionar o problema.

Pero eses "demais" representan o 99,9999999999% dos cidadáns, e entre eles están absolutamente todas as forzas políticas do Estado Español que non apoian o terrorismo, incluídas as nacionalistas. Repito: incluídas as nacionalistas.

arume dos piñeiros dijo...

Entendan a miña deformación profisional, pero a metáfora do "esceario" persígueme. De onde xurdiu? Quen foi o primeiro? Se cobrara royalties, estaría forrado. Claro que a metáfora, nas definicións clásicas, é unha sustitución de A por B. B é esceario, pero A?

Anónimo dijo...

Nada novo por ningunha banda.
E dígame vostede se pensa que a solución é meter no cárcere a toda a ETA, aos seus simpatizantes e aos que simpatizan con estes simpatizantes.
A raiz do conflico para min é política. Hai que darlle pois unha solución política.
Vostede pensa como a grande maioría que a solución é policial.
Pois ven ou o solucionan policialmente ou algo político terán que negociar, digo eu, ou seguir cronificando o conflicto, que tamén poder ser, pero entón soanme a hipocrisía tanto "marujeo" de condea.

apicultor dijo...

Desde logo o que está moi claro é que matar seres humanos inocentes, con tiros ou bombas, non é solución ningunha a nada.

apicultor dijo...

Daquela, o único primeiro paso posible só pode ser a autodisolución de ETA. Despois xa se podería falar de certas cousas.

Isto é o din a inmensísima maioría dos grupos políticos do EE. E eu con eles.

apicultor dijo...

... é o que din...

arume dos piñeiros dijo...

Ou non le ou non sabe ler ou, o que é pior, non quere ler. O amigo Apicultor propuxo unha solución non policial que eu comparto e que manifestei sempre: que ETA deixe as armas, que desapareza. Mentres tanto, comprenderá vostede que os demáis non van deixar que os maten. Por elemental medida de cautela.
A solución política foi buscada mesmo polo PSOE despois da morte na T4, con toda a opinión pública en contra e nin con esas. Pero de que está vostede a falar?

Dígame vostede cal é a solución política: anda, diga. Explíquese. Achegamento de presos ao País Vasco; reducción de penas, libertade para os presos, unha Euskadi con Navarra. Diga, por favor. Estamos en ascuas.

Se pretende provocar, xa lle digo que, en efecto, conséguio. E moi fácilmente. Pola miña banda, doume xa por provocado, sobre todo para que non insista. Pero, se quere discutir, utilice algún argumento máis interesante.

apicultor dijo...

E dígame vostede se pensa que a solución é andar a sementar a morte, a destrución e o dolor.

Anónimo dijo...

Evidentemente que non, e tampouco o é a tortura, o terrorismo de estado, e a conculcación dos dereitos individuais e colectivos.

arume dos piñeiros dijo...

Moi boa, por certo, a contestación de Quintana:

Tras suspender todos los actos de campaña, el líder nacionalista eludió realizar ninguna crítica al resto de partidos y consideró "indigno" que los políticos intenten utilizar la muerte del dirigente socialista en el País Vasco con "fines electoralistas". Ante la pregunta de si el atentado podía polarizar el voto entre PSOE y PP, el gran temor del BNG en estas elecciones, Quintana respondió que ésa no es ahora su "preocupación". "Lo que ocupa" su "cabeza", afirmó, es el dolor de los familiares de Isaías Carrasco, que han sufrido "una muerte injusta e injustificable" y con la que se siente solidarizado "como padre de familia".

apicultor dijo...

Non hai maior "conculcación dos dereitos individuais e colectivos" que pegarlle un tiro na caluga a unha persoa e aterrorizar ao resto.

Pero xa se ve que vostede mestura e confunde adrede as cousas. E así non é posible dialogar cun mínimo de racionalidade.

apicultor dijo...

Arume interpelou ao Anónimo con preguntas claras e precisas. E aconteceu o de sempre: o silenzo, a ausencia de resposta.

Algúns só saben facer unha cousa: soltar como papagaios consignas fabricadas por outros. Pero debatir e argumentar, nada de nada.

En suma, unha mostra máis de frivolidade e irresponsabilidade. Verdadeiramente lamentable.

Xosé M. González dijo...

Condeno absolutamente o atentado.

Se hoxe houbese concentración en Lugo, iría.

Se o luns me deixa o horario escolar, irei á concentración.

Pero temo polas eleccións. Temo pola posible enxurrada mediática bicolor de hoxe; lembro a enxurrada radiofónica bicolor de cando Miguel Ángel Blanco. Oxalá estivese equivocado e mo demostrasen os feitos do día de hoxe.

É inevitable o choque e influencia política. Inevitable. E hoxe é oito, véspera do nove.

Heri dijo...

A solución proposta non é aceptada por unha das partes. ETA, de momento semella que non se vai rendir. Polo tanto é absurdo que sigan insistindo nun escenario que de momento está descartado. As cousas as veces non son como se quere, aceptenno, por mais que odien a ETA.
A solución política que propón a esquerda abertzale está colgada na rede. Analicenna e debatanna.
Señor Apicultor parece que é necesario repetirllo, a conculcación de dereitos que hai en Euskal Herría abrangue a toda a sociedade. A tortura que eu saiba é tamén unha conculcación, a detención de cidadáns polas suas ideas tamén, incumprir a propia lei, para castigar aos presos tamén. Non exculpo a ninguén, nin a ETA, pero tampouco ao Estado Español, e dame igual o porcentaxe de apoio que teña a súa inxustiza.
E cálmense señores, semellan vostedes "marujas" desbocadas,a razaonabilidade non esta toda da miña parte, pero tampouco da súa.
Non son o anonimo que as veces intervén neste mesmo fio, polo que para diferenciarme vou por un Nik.
Nick: Heri.

RICARDO REIS dijo...

Engado-me o meu comentario contra o anónimo e agora contra heri. Acho que têm uma confussao mental, dito no melhor sentido, que não é momento de debater. Ante a morte, assim por assim, dum trabalhador, dum bairro de trabalhadores que nem se atrevem a falar, que é morto para ser utilizado políticamente para fazerse ouvir numa campanha eleitoral, ante á morte, o dor, o asessinato tão vil, não há mais que falar. Tem dito Carod Rovira, a independencia de Catalunha não vale uma soa vida, de ninguém seja do signo que seja. utilizam os presos, os mortos, os que não querem ouvir, e não deixam fazer política os mesmos que podíam defender as suas ideias. Heri seja objetivo, talvez tenha razão en coisas, porque a verdade não é única, mas porque foi morto,perante da sua familia, Isaias que fez, cailhe mal a alguém.

apicultor dijo...

Segundo o tal Heri (ou será Herri?), non hai máis solución que aceptar e acatar o que el chama "a solución política que propón a esquerda abertzale". Esa sería a única vía para resolver o "conflito": a aceptación incondicional do que aquela di.

Dicir iso non é apostar por ningunha negociación, senón pola rendición incondicional da parte maioritaria da sociedade vasca e española (posto que nin o PNV nin o resto das forzas políticas están de acordo con tales puntos tal e como se formulan).

Nunha negociación de verdade hai que ceder de ambas partes. Pero é imposible chegar a ningunha negociación mentres unha delas non abandone definitivamente o terrorismo, a violencia e a extorsión. A partir de aí, xa se vería. E nisto coinciden absolutamente todos os grupos políticos, todos menos ETA e acólitos, o PP e o señor Heri. Quen, por outra parte, bota balóns fóra e non é capaz de expoñer o que propón ETA e o seu entorno. E sospeito que é incapaz de esbozar catro ideas sobre o particular porque, en realidade, non ten máis ca un coñecemento superficial e frívolo.

Nunha cousa si que estou de acordo con el: "a conculcación de dereitos que hai en Euskal Herría abrangue a toda a sociedade". E non hai maior conculcación de dereitos que o tiro na caluga, a bomba indiscriminada e o atentado mortal.

Aínda que non vai ser quen de respostar con datos verídicos, eu preguntaríalle:

1) Cantos casos fehacientemente comprobados hai de tortura de detidos? Todos? Moitos? Algúns? Os datos reais dirían que algúns, pero que a gran maioría dos detidos non son torturados. E estas torturas son perseguidas pola lei, pero para iso hai que demostralo con probas, non con simples acusacións interesadas. Perséganse, pois, até o final. Con todo, non hai maior tortura que a morte cruel, pois afecta ao morto, a súa familia e a todos os cidadáns de ben. E, que se saiba, desde hai moitos anos ningún etarra ou acólito foi asasinado. En cambio, cidadáns inocentes si que foron asasinados por ETA. E isto non é ningunha suposición: as cifras son de abondo elocuentes.

2) Cantos "cidadáns" hai detidos simplemente polas súas ideas? Polas ideas propiamente ningún, polas súas actividades delictuosas si. Cómpre discenir entre ideas e actividades, se non queremos mistificar a realidade. Mais, en todo caso, cantos están detidos? Díganos o seu número exacto. Por outra banda, queda o seguinte. Castigar os presos? Que entende por iso? Cales son os supostos "castigos" que se lles aplican? Cantos son os supostos "castigados"? Ítem máis: Por que hai un apreciable número de presos de ETA que abandonaron a súa disciplina ou que son críticos co que está a facer?

En fin, o epíteto despectivo de "marujas desbocadas" xa o di todo da impotencia argumentativa de quen o formula. Pero un non vai caer nunha fácil resposta que está na mente de todos.

Para finalizar, súmome ás palabras que Saavedra dixo na súa anterior intervención: eu tamén, se podo, irei á concentración de repulsa o luns pola mañá.

marcel swann dijo...

Moito me temo que nestas elecións vai pasar o que vostede prognostica, xosé m. gonzález. Nas enquisas soben, como non, os dous partidos maioritarios.

Rosa dijo...

En primeiro lugar, o meu apoio e solidariedade con todos/as cantos/as escriben e defenden a liberdade de toda a sociedade.
Se non contestei antes á persoa que escribe coa identidade de Anónimo –aviso aos novos anónimos: por favor, identifíquense doutro xeito para non confundir- foi porque tiven problemas coa miña computadora, será porque está senil, adxectivo co que pretende insultarme. Outro fondo pensamento que me dedica –a todos/as os/as que non pensamos como el/a- é que fedo que apesto autoritarismo demagóxico. Autoritarismo demagóxico é dicir que a violencia fascista non é liberdade? Autoritarismo demagóxico é dicir que quen mete 5 tiros a unha persoa de distinta ideoloxía é un covarde? Autoritarismo demagóxico é dicir que en democracia falan as urnas e non as armas? Se é por todo iso, pois si ao autoritarismo demagóxico.
A súa incongruencia é grande. Tan pronto insulta como me piropea vostede, parafraseando a Blake Edwards naquilo de Bo Derek 10, a muller perfecta. Vostede mesmo escribe “señora Rosa, supoño que 10 –realmente vostede escribe a cifra en letras-. Ou é que esqueceu o til e quería referirse a unha vasca, independentemente de cal sexa a súa ideoloxía actual, que estivo-está ameazada polos probiños-asoballados energúmenos de ETA?
En relación ao alter-ego de Anónimo, o autodenominado heri, quen pensa que “a solución proposta non é aceptada por unha das partes. ETA, de momento semella que non se vai render. Polo tanto é absurdo que sigan insistindo nun escenario que de momento está descartado”. Pois moi ben! Como quen pega tiros non quere parar, as potenciais vítimas temos que calar e dicir basta, ríndome! Como moi ben indica o señor Apicultor un pouco máis arriba, o primeiro paso de ETA é deixar de matar, deixar as armas. Logo xa virá a integración na sociedade, tal como aconteceu cos membros de ETA-pm.

Dí o historiador do nazismo Ian Kershaw que o coñecemento é mellor que a ignorancia; a historia é mellor que o mito. Por iso eu tamén irei á concentración de repulsa o luns pola mañá.

Anónimo dijo...

De origen zamorano (Morales de Toro, Zamora). DEP.

apicultor dijo...

Sen ningunha dúbida, amiga Rosa, é vostede unha muller dez pola súa fundamentada defensa da liberdade (ademais de porque puxo ao Anónimo analfabeto que non sabe poñer o til no lugar que lle corresponde).

Anónimo dijo...

Por moita razón que teñan, cando matan pérdena toda.
De conseguiren a independencia, non matarían despois para se faceren co poder por riba das urnas? Eu coido que si, porque a democracia non vai con eles.
Oxímoro

Anónimo dijo...

Señora Api- Rosa, convenza ás demais persoas posicicionadas con vostede aquí e solicite do administrador do Blog que para participar nel se esixa unha condea do terrorismo, Vamos!, que aplique a lei de partidos aquí.
Non participo da súa visión porque penso que é interesada, distorsionada e para nada inocente.
O escenario descartado é unha realidade, se é que son capaces de facerse unha idea axeitada para acercarse á esta, presos como están de ideoloxismo pseudodemocrático.
Vostedes paréceme que si seguiron dunha forma frívola o proceso de negociación. Que alguén colgue algún documento sobre esta para comenzar un debate fundado, eu non sei facer o link. En canto ás descalificacións, creo que o que di Heri non é nada comparado co que din vostedes comezando por Api-Rosa, relean e o comprobarán se é que non se cegan.
Señora Rosa-Api, non me dá a gana de identificarme.

apicultor dijo...

Oiga, en primeiro lugar faga o favor de non imputarme cousas que eu non dixen nin propuxen, nin tampouco de facerme partícipe de ningún tánden. En segundo lugar é un sarcasmo que sexa precisamente vostede, don frivolidades, que é incapaz de respostar con argumentos e datos o que lle preguntan, o que diga que os demais temos unha visión "interesada, distorsionada e para nada inocente". En terceiro lugar celebro non estar no País Vasco porque acusacións como a súa implican sentir o alento dos pistoleiros na caluga.

Anónimo dijo...

Api supérase a se mesmo "o alento dos pistoleiros na caluga", daba un gran Hamlet.

medela dijo...

Api is God.

apicultor dijo...

Dise "a si mesmo", Anoni, e non "a se mesmo". Non estrague máis a nosa lingua cos seus múltiples erros de indocumentado.

Ademais, creo que confunde a Hamlet con Hammett. É o que ten falar só de oídas.

Anónimo dijo...

Señor Apicultor, non me impute cousas que eu non dixen nin propuxen. Das miñas intervencións é vostede libre de facerse as interpretacións que queira, eu son libre de respostar se quero e como queira as preguntas que vostede me propoña, e por min pode estar vostede onde queira, son relixioso e practicante polo que nunca xustificarei ningunha morte violenta.

Anónimo dijo...

Medela is ga ga.

apicultor dijo...

Paso de frívolos, de irresponsables e de indocumentados!

Ala, veña, con deus...

Anónimo dijo...

Con deus sempre, endiañado Apicultor.

Anónimo dijo...

É lamentábel que haxa quen xogue con asuntos tan serios defendendo o indefendíbel, o terrorismo.

Anónimo dijo...

Señor anónimo demagogo, ninguén que eu lese neste fio defende o terrorismo. Non coincidir coas vias oficiais para a solución da violencia política en Euskadi non equivale a defender a persistencia desa violencia. Non intoxique mais, que xa hai veleno dabondo e xa sabe vaia votar, sentirase aliviado.

Anónimo dijo...

Pura indecencia é a do irresponsábel que cre nas vías que os proprios terroristas deseñan e queren impor coas armas e a morte. Pura pose do ocioso que se cre xusto e por riba dos demais. Unha indecencia, unha miseria humana disfrazada de diletantismo ignorante e simplón. Non pasaría nada se non houbese mortos enriba da mesa, se hoxe non houbese unha familia rota pola senrazón e a brutalidade. Unha máis. Por iso non sodes máis ca uns miserábeis insensíbeis. Digades o que digades, iso é o que sodes.

Anónimo dijo...

La desesperación de ETA

IGANCIO SÁNCHEZ-CUENCA 08/03/2008

ETA ha irrumpido en la campaña electoral con el asesinato de Isaías Carrasco, ex concejal del Ayuntamiento de Mondragón. Los terroristas han buscado una persona sin protección policial. Un socialista para más señas. Alguien que pague por todos los demás miembros de su partido. Una venganza incomprensible y terrible con la que descargar la frustración que les produjo el hecho de que el Gobierno no se prestara a hacer las concesiones que los etarras exigieron en el transcurso del proceso de paz.

No es la primera vez que ETA interviene en una campaña electoral. El 2 de junio de 1993, cuatro días antes de las elecciones generales, los etarras asesinaron a José Ángel González Sabino en San Sebastián. Y el 14 de febrero de 1996, tres semanas antes de otras elecciones generales, asesinaron a Francisco Tomás y Valiente.

Sin embargo, en esta ocasión las circunstancias han sido diferentes. A pesar de todos los éxitos policiales de los últimos meses, todo el mundo estaba preocupado ante la posibilidad de un atentado terrorista que tratara de alterar el proceso democrático, como ocurrió el 11 de marzo de 2004. Y parece evidente que ETA ha querido aprovechar esa ansiedad para reproducir el ambiente de desolación que produjo el ataque de Al Qaeda de hace cuatro años.

Se trata de una imitación patética, que revela la huida hacia adelante de los etarras. La organización terrorista dio por finalizado el alto el fuego el 5 de junio de 2007, aunque en realidad éste estuviera roto desde el 30 de diciembre de 2006, con el atentado de la T-4. Tras el anuncio de la vuelta a la violencia, la principal "hazaña" de ETA había sido el asesinato de dos guardias civiles, Fernando Trapero y Raúl Centeno, el 1 de diciembre del año pasado en el sur de Francia. Pero aquello fue un encuentro imprevisto, no un atentado planificado. ETA no había conseguido en todos estos meses atacar a la vieja usanza, con un asesinato a sangre fría, con arma de fuego, contra una persona indefensa. Había puesto bombas, sí, pero sin llegar a causar víctimas mortales.

Se ha hablado tanto de que ETA se había reforzado gracias al proceso de paz que, para muchos, la única explicación de la debilidad operativa de ETA era que existiera algún canal oculto de negociación entre el Gobierno y los terroristas. Los rumores habían llegado a ser muy insistentes últimamente. El asesinato de Isaías Carrasco ha aclarado las cosas. No había tal negociación. Las detenciones numerosas y constantes por parte de las fuerzas de seguridad españolas y francesas no eran un simulacro: han servido para evitar múltiples atentados, si bien no han conseguido evitar un crimen tan imprevisible como el de ayer.

La comparación entre la ruptura de la tregua de 1998 y la de 2006 no puede ser más elocuente. ETA no ha sido capaz de reproducir ni de lejos una campaña como la de 2000, con 23 víctimas mortales. El atentado de ayer ha sido a la desesperada. Se aproximaban las elecciones y ETA no conseguía castigar al Gobierno por el fracaso del proceso de paz. Por eso, han elegido una víctima fácil.

No es sencillo explicar a estas alturas qué creen los terroristas que van a conseguir volviendo a asesinar. Han desaprovechado la que quizá haya sido la última oportunidad de obtener un final "digno" para ellos. ETA es hoy una organización a la deriva, que no sabe cómo gestionar su final.

Lo han intentado, permaneciendo más de tres años sin matar a nadie. Pensé en su día que un periodo tan prolongado era el preámbulo del final del terrorismo nacionalista vasco. Al día siguiente de la declaración de alto el fuego, escribí un artículo en este periódico que se titulaba Ochocientas treinta y dos, creyendo que aquella cifra era la definitiva. Por desgracia me equivoqué. Ayer llegamos a las ochocientas treinta y siete víctimas mortales. Por motivos complejos de analizar ahora, los partidarios de continuar con la violencia terrorista se han vuelto a imponer en las filas de ETA. Desde dentro de ese mundo, sólo una escisión puede detener la huida desesperada de quienes empuñan las armas.

Puesto que el Estado no puede considerar una reedición del proceso de paz con la ETA actual, la única salida que les queda a quienes disienten de la vuelta al asesinato es el abandono de la organización terrorista.

A pesar de que el proceso de paz no haya conseguido el final del terrorismo, ETA sigue siendo, en la práctica, una organización derrotada: sin estrategia, sin apoyos, sin apenas capacidad letal. Ésta ha sido, con gran diferencia, la legislatura con menos víctimas mortales de todo el periodo democrático. Incluso en momentos de dolor como los actuales, sigue habiendo motivos sólidos para la esperanza.

La única baza que le queda a ETA para recuperar cierta influencia política es jugar con la división de los partidos. En el pasado, los atentados del terrorismo vasco no influyeron nunca en el comportamiento electoral de los españoles. Durante esta legislatura, sin embargo, ETA ha estado en el centro del debate público. No es el momento, en jornada de reflexión, de entrar a señalar responsabilidades sobre este estado de cosas, aunque, como diría Rajoy, "algunas personas saben lo que pienso". En cualquier caso, me parece evidente que esa división es la última palanca de la que pueden tirar los etarras para seguir teniendo protagonismo.

Lo cierto es que ETA, queriendo explotar al máximo la politización del terrorismo, y aprovechando el fatal antecedente del 11-M, ha creído que mediante un asesinato tan repulsivo iba a monopolizar la campaña electoral en el último minuto, compensando así su debilidad estructural con el impacto mediático del atentado. Y seguramente también esperaba provocar un enfrentamiento entre los partidos que emborrone las elecciones de mañana. Si esto llegara a suceder, ETA habría ganado un tanto importante.

Ante un ataque tan vil, no hay respuesta más efectiva por parte de la ciudadanía que salir a votar masivamente. Que cada uno se decida por el partido que prefiera, pero que vote. Sobre todo en el País Vasco. ETA se sabe tan aislada que en estas elecciones no se ha atrevido ni a pedir el voto nulo. Confía tan poco en su apoyo popular que se ha conformado con llamar a la abstención. ¿Quién puede seguir absteniéndose en el País Vasco tras la atrocidad de ayer?

Anónimo dijo...

Votaremos o que queremos

Lourenzo Fernández Prieto
8/3/2008

Os pistoleiros de ETA queren entrar en campaña do único xeito que saben: matando. O secuestro e o asasinato é o seu perverso xeito de participación. Non lles deixaremos secuestrar a vontade democrática da cidadanía. A liberdade dos homes e as mulleres libres é o mellor antídoto contra eles. Foino no pasado e ten que selo agora. Mataron un traballador comprometido, un cidadán libre que fora representante popular e non tiña escolta. Por iso o escolleron na súa sinistra listaxe. Unha vítima fácil que representa para eles o que máis lles doe: a vontade popular. Temíamos algo así porque todos somos vítimas fáciles para eles. Buscar un ex concelleiro, dispararlle diante da súa familia a pleno día é tan posible como que aconteceu. Hainos a centos, a milleiros, de Galicia a Canarias, do País Vasco a Menorca. Pero a mellor forma de derrotar aos pistoleiros, de calalos, é falarmos nós como sabemos e como queremos. Non deixándonos condicionar.

A política faise para a xente, a política democrática busca convencela, persuadila, conquistar as súas preferencias para construír o benestar e o futuro, para organizar a convivencia dende propostas diferentes que disputan o favor dos cidadáns. O terrorismo é o contrario da política e nada ten que ver coa democracia. Busca provocar o medo para aferrollar as vontades. Onde domina a paz e eliminamos a pena de morte utilizan o asasinato intentando condicionarnos. Móvense contra o sistema e non podemos permitirlles que forcen a democracia. Nada anula máis aos terroristas que a expresión democrática da vontade popular. Por iso a máis mínima perturbación que poidan provocar sería a súa vitoria. Iso é o que non lles podemos permitir. Por iso a unidade contra eles ten que se demostrar votando o que queremos votar. A cidadanía libre, a sociedade civil, seguro xa ten decidido o voto despois dunha longa campaña chea de propaganda, propostas, debates e plena de pluralidade. Facémolo en función do momento político de Galicia e do Estado. Votaremos dende Galicia e dende a democracia e contra ETA. Libremente.

Heri dijo...

Para o Anónimo 09 01 07
só cabe unha forma de rexeitar a violencia, a que vai implicita no deseño de todos os partidos que condean a violencia de ETA. Quen disinte, ven a ser un simpatizante etarra, ou un alienado que sigue inconscientemente as directrizes de ETA. So cabe a posición seguinte: oun contra ETA ou se é de ETA.
Disinto, hai mais saidas para a situación de violencia que a solución policial ou a rendición previa de ETA.
O seu discruso Anónimo rezuma autoritarismo, un mal de moitos, xa o sei, pera a pesar de que sexan vostedes sexan tantos, eu disinto, e estou por outra saida do conflicoto vasco que evidentemente non é a súa, pero que vostedes non respetan ao omitila, ao cuadrar o disenso con practicas das que ese disenso quere sair.
O seu anónimo é unha proclama de guerra de linhamento, non pon vostede ningunha man para acadar a paz, ainda que vaia de ultrademocráta.

Anónimo dijo...

Alizia Stürtze historiadora
El día después

En este artículo, coincidente con las Elecciones a Cortes Generales en el Estado español, Alicia Stürtze ofrece su visión, su proyección de la misma al «día después», haciendo un somero repaso de la legislatura anterior y de la trayectoria de las diferentes fuerzas políticas, deteniéndose en la promesa del PSOE de reprimir con dureza a la izquierda abertzale y cerrar cualquier vía de solución negociada, «cumplida con creces». Concluye abogando por la resolución de los conflictos de calado histórico por medio de la negociación.

No es complicado intentar imaginar las líneas generales del «día después» de este interminable y desquiciado subasteo del voto en que han convertido la campaña (pre)electoral a estas elecciones generales de 2008 del Estado español. Para empezar, basta con hacer ejercicio de memoria e intentar recordar qué han hecho o dejado de hacer unos y otros mientras han detentado (y siguen detentando) el poder en las instituciones (poder ganado electoralmente o usurpado como en Lizartza u Ondarroa). Y, en nuestro caso, teniendo en cuenta que es más que probable que adelanten las elecciones autonómicas en la CAV, hacer la lista de los planes infraestructurales (AHT, superpuertos...), privatizadores (Osakidetza, suelo), ultraneoliberales (precarización, grave aumento del reparto desigual de la riqueza...), represivos (prohibición de ideas, de manifestación...) que han puesto en marcha y en los que piensan seguir profundizando tras el 9 de marzo... Y, claro está, obrar en consecuencia: las grandes patronales ya han declarado confiar en un nuevo gobierno PSOE (con PNV, CIU, IU o el que toque si hace falta) que les siga haciendo bien los deberes (como se los hizo Felipe González), mientras el PP va poniendo orden en su desordenada casa, y todos los grupos de presión de ultraderecha que se han ido fortaleciendo estos últimos cuatro años (Conferencia Episcopal, AVT, emisoras de radio, FAES, Confederación Católica de Padres de Familia...) siguen marcando el camino.

Hecho un primer y somero análisis, hay que decir que el PSOE sí que ha cumplido a rajatabla una promesa: la de reprimir a sangre y fuego a la izquierda abertzale y cortar toda vía negociada de solución. Rubalcaba, por ejemplo, ha mostrado ser un «demócrata» de palabra: cuando el pasado octubre intentó justificar el «no» dado junto al PNV a la propuesta final de los mediadores internacionales en el proceso de negociación frustrado, aprovechó para anticipar una ofensiva de tres dígitos contra los independentistas vascos. Y ha cumplido con creces y con precisión cronométrica para aprovechar cada redada en beneficio electoral del PSOE. Para ello, todo hay que decirlo, ha contado una vez más con la inestimable colaboración de los medios y de nuestros «soberanistas» PNV-EA, esos que ahora, treinta años después, dicen que van a ir a pelear a Madrid con uñas y dientes por el derecho a decidir de los vascos. El desenlace de la última operación contra Aldekoa-Otalora y Laskurain, dos de «los terroristas más buscados» a decir de la policía y de los medios, la represión contra los antifascistas en todo el Estado, la aplicación de la doctrina de la «cadena perpetua», la ilegalización «a la carta» de ANV-EHAK, las gravísimas denuncias de torturas... todos los datos demuestran que el PSOE y sus acólitos han cumplido su promesa con tan gran aplicación que incluso han dado un salto, tanto cuantitativo como cualitativo, instaurando un estado de excepción «democrático» y mejorando los récords del PP.

Sólo que estas plusmarcas represivas vienen a romper promesas hechas en la primera fase de la legislatura del PSOE, que se inició con la salida de las tropas españolas de Irak y continuó con la ilusionante formación de mesas negociadoras para dar solución al conflicto vasco, frustrada por algo tan grave como el incomprensible incumplimiento socialista de la palabra dada y firmada. Como recoge «Le Monde Diplomatique» de marzo en un «Especial elecciones», el balance final del gobierno de Zapatero no se corresponde con sus promesas electorales de 2004, lo que, por supuesto, quita consistencia a las ofertas electorales populistas que haya podido hacer ahora. Los grandes lobbies de la comunicación como la COPE o Vocento exhiben su poder sin vergüenza alguna. Lo que iba a ser una política social progresista ha acabado siendo una política económica totalmente conservadora y del pleno agrado de los grandes capitalistas (vascos incluidos), que ya están esperando a que se forme gobierno para seguir adelante con sus para el pueblo desastrosas concentraciones monopólicas y oligopólicas y sus faraónicas obras, saltándose por encima toda decisión popular contraria. La corrupción se ha multiplicado como en un cenagal y, claro está, va a continuar. La política exterior del PSOE (y del PNV) con respecto, por ejemplo, a América Latina, no ha tendido sino a garantizar las inversiones de grandes empresas como Fenosa, Iberdrola, Santander o BBVA, favoreciendo regímenes proyanquis y corruptos como el mexicano o el colombiano e intentando aislar a gobiernos antioligárquicos y defensores del socialismo del siglo XXI como Venezuela, Ecuador, Bolivia o Nicaragua, con el que somos tantos los que estamos básicamente de acuerdo. La dependencia del poder judicial con respecto a ciertos intereses políticos no ha hecho sino visibilizarse y profundizarse de un modo que se puede calificar de escandaloso. En Euskal Herria le han negado la palabra al pueblo que por gran mayoría quería una solución ya, y no han hecho sino complicar extraordinariamente la imprescindible solución pactada. En definitiva, con o sin mayoría absoluta, con o sin apoyo de PNV, CIU o IU, ese virtual nuevo gobierno de Zapatero parece destinado a seguir afianzando la fascistización socio-económica y política del sistema... a no ser que las luchas de los movimientos populares en Euskal Herria, Catalunya y el resto del Estado se fortalezcan y le obliguen a corregir el rumbo.

Este artículo, escrito antes del doloroso atentado mortal contra el ex concejal del PSE de Arrasate Isaías Carrasco, tenía otro desarrollo final, relacionado con la argumentación absurda y variopinta que contra la abstención activa promovida por la izquierda abertzale habían desarrollado sobre todo partidos regionalistas como el PNV que, temeroso ante su creciente pérdida de peso político real (en términos de votos), necesita asegurarse un nuevo pacto con Madrid, como sea y siempre contra el rico movimiento popular vasco que le entorpece sus faraónicos proyectos y pone en peligro su hegemonía neoliberal.

Eludo ese final para resumir el espíritu de este artículo (que desde luego mantengo) en la aparentemente muy simple idea de que los problemas de hondo calado histórico como el vasco (y tantos otros de características parecidas o diferentes) se solucionan negociando y no traicionando por intereses la palabra dada y demonizando e intentando destruir a la disidencia con la imponente maquinaria estatal.

Fundamentalmente porque eso es lo que queremos y exigimos la gran mayoría, tal y como demuestran esas encuestas que hacen pero que tan poco exhiben.

arume dos piñeiros dijo...

Menuda empanada. Con perdón para as empanadas.

Mara dijo...

Estou farta de todo. De tanto asasinato, de frase solidaria cando aínda o corpo está quente e de tanto esquecemento cando o corpo xa enfreou. Estou afastada de intelectuais (?) que lle piden tan pouco os partidos políticos. Da xente que xa sabe ó que vai votar nas próximas eleccións. Vou ir votar pero fareino en branco porque estou farta de votar ó menos malo. Non sei que pensan pero poderíase colgar o artigo de J.M. Reverte do país de onte.

arume dos piñeiros dijo...

Voullo preguntar outra vez: que quere? Cal é a saída? Non diga cales non son as saídas? E escriba algo. Seu, se é posible. Por favor.

o troll dijo...

Incorpórome tarde, mais, se estiven aquí dando a matraca con mellor ou peor estilo noutras cuestións, non podía deixar de comparecer nesta.

Queridiños, deixádeme que me poña rigorosamente serio. Levo anos, anos, sí, estudando con todo o detalle do que son capaz, o Mal Institucional que castigo o Mundo.Teño feita unha recopilación de toda a barbarie que se produciu no Mundo enteiro, ano a ano, continente a continente, país a país, durante todo o século XX e o que levamos do XXI. Ninguén pode saír indemne dun estudo como este. Polo menos eu non saín. Algo moi grave, moi rotundo, moi definitivo -perdón pola redundancia-, rompeu dentro de min e descompúxome o ánimo. O Mal Institucional, o que se exerce desde organizacións xerarquizadas e desde os porpios Estados, alcanza semellante grao de espanto que, coido, convírtese no espanto mesmo. Tanto mal me fixo, que estaba ocupado na redacción dunha novela das que eu escribo, e esfarelóuseme entre as mans, quedou sen sentido. E así está, parada desde entón.

Pero non escribo isto para dar pena, inspirar lástima. Non. Escríboo porque quero deixar ben claro que cando me presto a falar do Mal ten que ser co máis absoluto respecto, coa máis absoluta seriedade e coa máis absoluta honradez.

O primeiro que quero dicir, sentíndoo moito, é que ese tal Anónimo zafio, soez, que pulula por este fío, amósase revestido dunha cotra de cinismo insoportable. Alguén lle chamou noxento, e atinou: dá noxo, simplemente dá noxo.

O señor Marcos Valcárcel, e isto é o segundo, non necesita o meu apoio nin a miña solidariedade, pero os ten. A a miña gratitude, por ter aberto un espazo coma este e por abrilo con tanta xenerosidade e magnanimidade que acepte, incluso, que o insulten na súa propia casa.

O terceiro: Deixemos o Mal ese do que falei, e vaiamos o MAL/ETA. Creo que non esaxero se digo que practicamente todo canto se pode/poda dicir sobre esa banda de canallas resulta, en certo modo, tautolóxico. Comprendo que falemos, que se fale, que se berre a dor e a indignación, pero penso que o único elocuente é o silencio. ¿Teremos que repetir o mesmo desde hai case corenta anos? "Obras son amores y no buenas razones", permítaseme a vulgaridade dun latiguillo. A fama da infamia que tan agudamente proclamaba don Quixote. Esa quedará sempre para os asasinos e para os seus corifeos directos, indirectos e transversais. O espectáculo dunhas forzas políticas divididas, lendo comunicados por separados, usufrutuando o sangue aínda quente de Isaías Carrasco, pasará, gravado a fogo, os anais da infamia. E non quero seguir por Valencia, Alacante e outros feudos emponzoñados.

Tautoloxía e corrupción/perversión da palabra. Aquí mesmo temos un exemplo ben notable: Da corrupción/perversión: o ínclito Anónimo, a quen Deus confunda o seu cinismo. Da Tautoloxía, en certo modo, todos os demais, incluido eu.

Parabéns, asi e todo, para Xosé Manuel González. A lucidez serena desde unha militancia meditada e madura nótaselle. Os mobles que ocupan a súa cabeza, tamén. E, penso, a súa bonhomía.

Non sei dicir outra cousa. Saúdos. Saúdos cheos de tristura e desesperación. Gañará a democracia, pero sempre estará manchada de sangue inocente. Os mortos cóntanse sí, e chóranse. As viuvas e os orfos son quen permanecen.

Síntoo. Non podo máis.

Anónimo dijo...

A mellor saida, Arume, sería que se recoñeza entre as partes o dereito dos vascos a determinarse libremente.

marcel swann dijo...

Sobran os comentarios:

La Voz de Galicia:

Solo quinientos de los 25.000 vecinos de Mondragón despiden a Carrasco.

(...)

La plaza mayor de Mondragón presentaba en la tarde del viernes una extraña imagen: cientos de personas concentradas para dar el pésame a la familia (el cuerpo se veló en el Ayuntamiento) mientras en el balcón colgaba un cartel de apoyo a los presos de ETA y en favor de su acercamiento a las cárceles vascas.

La situación varió ayer por la tarde. Alguien se atrevió a arrancarlo y sustituirlo por un mosaico de fotos del asesinado bajo el lema «Todos somos Isaías». Mientras, desde los balcones adornados con otros carteles a favor de ETA, miradas furtivas tomaban nota de lo que ocurría en la plaza.

Filemón dijo...

¿Quen son os vascos? ¿Quen son "as partes"? ¿Con que porcentaxe de votos deberían afastarse? ¿Abonda cun 51 por cento, nunha materia que afecta á soberanía do estado, ou habería que esixir unha maioría cualificada? ¿É a entrega de armas unha conditio sine qua non ou permitiríase unha votación sen previa firma da paz? Os vasco-españois de qué "parte" están? Se un vasco-español non quere ser só vasco nin falar só eusquera, ¿debe aceptar o resultado, emigrar, exiliarse, obxectar, permitir que os asesinos o liquiden??

arume dos piñeiros dijo...

E quen discute eso que o propio Ibarretxe e o PNV e EA e tantos partidos nacionalistas levan no seu programa? Quen discute esa posibilidade? Recoñecer, por outra parte, o dereito, non significa exercelo. Eu non son nada contrario á autodeterminación política de Euskadi se así o decide a maioría do pobo vasco. Pero ben sabe vostede que unha parte do asunto depende do que se entenda por pobo vasco (conta tamén Nafarroa ou Iparralde?). E aquí reside parte fundamental do problema: que hai pobo vasco que non desexa desligarse do que habitualmente chamamos estado español. E que hai xente que non se sinte pobo vasco senón cidadáns que viven nun territorio e non teñen esa cousa na cabeza de pertencer a ningunha colectividade. Claro que para estes nunca se fixeron as nacións. As solucións deben buscar un consenso elevado, unha maioría notoria. E hoxe unha parte elevada (un 40%, digamos) da poboación vasca non admite fácilmente o dictado nacionalista.
Entre nós: a min me gustaría que, unha vez conseguida a independencia, os partidos foran quen de suliñar os seus planteamentos sen apelar a estas fastidiosas cousas da nación ou da pertencia a un pasado sagrado (por suposto, creado a conveniencia) e miraran o día a día das persoas que alí habitan. Pero non o verán os meus ollos. Desgraciadamente.

Anónimo dijo...

É indignante, propoño que se constrúa un campo de concentración para os veciños de Mondragón que beben txikitos, alleos ás mostras de dor político.

arume dos piñeiros dijo...

Que quere dicir, amigo Marcel? Que é triste ou que debe levarnos á meditación, sobre todo nun lugar tan próspero como Arrasate?

marcos valcarcel dijo...

Campos de concentración, non, nin sequera en Mondragón. Pero si é indignante a reacción da maioría do pobo no enterro de Isaías.
Creo que a política debe ter unha dimensión ética ou moral, como lle queiran chamar: que non vale todo, que non se trata dunha simple xogada ou transacción, como quen asina un cheque e xa está... Creo que moitos veciños de MOndragón non queeren cuestionar as súas "grandes verdades" : todo o seu mundo de ideas e absolutos viríaselle abaixo como un castelo de naipes.

arume dos piñeiros dijo...

Vexan a historia da Cooperativa Mondragón unha das empresas máis poderosas de todo o Estado. Un sacerdote no ano 1941 deu pe a este xigante. Os historiadores que poboan este blog poderán dar aínda máis detalles. Onte dicía LVG que o concello ten un presuposto semellante ao de Ferrol cun tercio dos seus habitantes. A min, teño que recoñecelo, estas cousas chámanme moito a atención.

marcel swann dijo...

Que triste é
- matar pola espalda (un pistoleiro a soldo, di a prensa).
- que a alcaldesa (a representante de todos os veciños de Arrasate) non condenara o asasinato.
- que dun concello de 25,000 veciños vaian só 500 ao enterro, uns porque teñen medo de ETA, outros polo "que dirán" (hipócritas!) e outros porque non teñen corazón (pero viven moi ben).
- que algunha xente faga a ecuación "nacionalismo" = "terrorismo"

apicultor dijo...

O señor Heri non foi quen de respostar ás cuestións que eu lle formulaba onte.

Xa o intuía. Fala por falar, apenas ten información, pero iso non lle impide pontificar a base de consignas. Non é capaz de saírse dunhas poucas frases feitas.

En fin, frivolidades... (non digo que sexa un etarra, só que é un frívolo e un falabarato, e hai tantos coma el).

arume dos piñeiros dijo...

Entendido, amigo Swann.

XDC dijo...

A mín, o que me "toca as pelotas", é que, coa cantidade de aspectos diferentes a valorar referidos á xestión de catro anos do goberno e de oposición (economía, infraestructuras,educación, sanidade, etc,etc...), ao final, no momento da verde, imos votar baixo un pasaxeiro estado de "shock", manipulados pola ación dunhos asesinos, reducido o noso pensamento á obviedade trivial de que estamos contra o asesinato.

arume dos piñeirs dijo...

Que o voten vostedes ben: vou para o colexio electoral. Bos días e boa sorte.

Mara dijo...

Cómo alguén pódese asombrar de que só 500 veciños vaian o enterro despois de todo o que leva pasado. Cómo aínda perdedes o tempo explicando obviedades como o dereito á vida, a liberdade de opinión... A min o País Vasco lévame anos recordándome a Alemana Nazi, que lle vou facer. E todos os que entenden a violencia nese recuncho de territorio, os alemáns que miraban para outro lado. O problema é que non temos políticos que estean a altura das circunstancias, por eso, espero que alguén faga unha lectura dos votos en branco mañá.

Anónimo dijo...

Camara de gas para os vascos que non van ao enterro, é o que merecen, por nazis.

apicultor dijo...

Entre a demagoxia pueril e a consigna aprendida. Este(s) anónimo(s) non dan para máis.

Anónimo dijo...

Señor Apicultor, é vostede un enfermo.

apicultor dijo...

... díxolle o psicótico ao psiquiatra.

Anónimo dijo...

...na mente distorsionada do Apicultor.

apicultor dijo...

Non sexa infantil: intente madurar un pouco, que á súa idade xa lle vai sendo hora.

Anónimo dijo...

Agora mesmo me poño a madurar, e vostede aumente a dose de Diemil, non se da conta, pero faille falta, atascase con demasiada frecuencia.

marcos valcarcel dijo...

Sr. Anónimo, procure razoar sen insultar e argumentando. Comentarios como o que acaba de facer sobre as "cámaras de gas" son unha babecada que non ten graza ningunha. Se segue por esa liña, vaime obrigar a borrar todos os seus comentarios dese estilo (e despois dirá que eu lle censuro).

apicultor dijo...

Ignoro que cualidades terapéuticas ten ese medicamento denominado Diemil. Pero dado que vostede parece coñecelo moi ben, podería ilustrarnos sobre a súa posoloxía e contraindicacións.

Anónimo dijo...

Señor Administrador, prégolle que revise os comentarios dos outros contertulios, porque os insultos non so exclusividade miña, nin moito menos. Se aplica a censura agardo que sexa imparcial, do contrario sería simple e vulgar represión.
Señor Apicultor o Diemil coñezoo porque llo prescribian a miña aboa, é un medicamento para a deficiencia do rego sanguineo cerebral motivado pola senilidade.

arume dos piñeiros dijo...

A portada de hoxe de EL MUNDO debería pasar á historia universal da infamia. A foto de Eguinguren e Patxi López portando o cadaleito, co titular: "O amargo trago dos que se sentaron con ETA".

XDC dijo...

A mín, as mentes que me parecen distorsionadas son as que poñen a voz da pistola no mesmo plano que a outras voces do debate político. Ben porque usan como "argumento" , ben porque lles dan, cando "falan", o tratamento de "interlocutor".

marcos valcarcel dijo...

Pensei o mesmo que ARUME ó ver a portada de EM: O certo é que con moitas portadas dese xornal dos últimos anos podíase facer un amplo volume da HISTORIA UNIVERSAL DA INFAMIA NA PRENSA.

Anónimo dijo...

Supoño Da Cova que votaría vostede PP.

apicultor dijo...

Pois se era a pobre da súa avoa quen tomaba ese medicamento porque o necesitaba, paréceme aínda de máis mal gusto o seu comentario. Hai cousas das que un non se debería rir se non quere ser un descastado.

arume dos piñeiros dijo...

El Athletic Club de Bilbao ha guardado, por primera vez en su historia, un minuto de silencio por el asesinato del ex edil del PSE-EE de Mondragón Isaías Carrasco, perpetrado por ETA el viernes en la localidad guipuzcoana, antes del inicio del partido que esta tarde enfrenta a los 'leones' con el Real Valladolid.

Los jugadores de ambos equipos se situaron en el círculo central abrazados para guardar el silencio oportuno. Sin embargo, durante ese tramo de tiempo se profirieron algunos gritos de protesta.

Hasta ahora, el estadio de San Mamés sólo ha rendido homenaje con su silencio a Javier Uria, presidente de la entidad fallecido en 2003 durante su gestión, y al mítico delantero rojiblanco Telmo Zarra, muerto en 2006, pero nunca había guardado un minuto de silencio por víctimas de ETA.

arume dos piñeiros dijo...

COmentario de Xabier:
"aún entendiendo que son momentos duros y que esta muerte moralmente a echo mucho daño al pais vasco no estoy de acuerdo en guardar un minuto de silencio. Va a crear mas problemas que otra cosa, sino al tiempo. ¿Que pasará cuando muera algun fam,iliar de algun preso en la carretera, o el dia que muera alguno a manos de la policia durante los dias de incomunicación? no quiero ponerlos al mismo nivel pero ambos casos serian merecedores de guardar un minuto de silencio. El que no lo quiera entender no lo entenderá pero el tiempo me da´ra la razon. AUPA ATHLETIC

marcos valcarcel dijo...

O último Anónimo (será sempre o mesmo??) segue en plan faltón: agora contra o amigo Xoán da Coba, que ten moita máis cabeza que vostede e votará libremente o que lle apeteza. Só faltaría que lle tivésemos que dar contas do noso voto !!!

Anónimo dijo...

Arume, o Proxecto de Novo Estatuto para Euskadi que presentou o presidente da CAV no parlamento español foi rexeitado. Esa vía parece pechada e ademais enterrada despois das declaracións de Zapatero e Rajoy. O Proxecto non era para un referendum de autodeterminación, era un "pacto político para a convivencia, un novo modo de relación co Estado Español, baseado na libre asociación e compatíbel coas posibilidades de desenvolvemento dun Estado composto, plurinacional e asimétrico." Nos Estatutos había competencias para convocar referendos, que podería incluir a consulta de autodeterminación.
O referendum de autoderminación de celebrarse con garantías democráticas, debe respectar a concorrencia de todas as opcións, desde a asimilación ao Estado Español até a independencia.
As porcentaxes son debatibeis, e cada opción fixará a súa. Un partido pode estimar que sen o 60, 70, ou 80 % de respaldo non cómpre facer o cambio, pero iso é algo particular desa formación política, porque aténdose ao proceso de decisión de maiorias, sobra con sobrepasar o 50%.
Por que os partidarios do cambio teñen que cesar nos seus desexos se teñen maioría, por pequena que sexa?, por que os partidarios de non cambiar teñen que saír gañando se quedaron en minoría, por escasa que sexa?.
Habería empate, e mellor que xogalo aos dados é contar os votos decisivos, por escasos que sexan.
Pero isto, por suposto, poderíase consensuar.
O exercizo do dereito de autodeterminación hoxe, no Estado Español, non se pode exercer, esa é a realidade.
Con isto non quero dicir que por tanto está lexitimado, o uso da violencia, hai outras formas, como a desobediencia civil e outros medios de presión.
A expresión violenta do conflito basco persiste desde fai demasiado tempo, provocando sufrimento en ambos bandos, creo que se houbese medios para que unha das partes puidese acadar os seus obxectivos políticos legalmente, a violencia perdería o seu sentido político. Cómpre desenquistar o conflito, abrilo a comportamentos democráticos, e cegar todas as saídas non me parece o camiño, por máis histéricas que sexan as condeas.
Señor Marcos, non me parece para tanto a alusión que fixo un Anónimo aos campos de concentración, a min paréceme un exercicio de ironía. Que quere interrogar polas razóns deses comportamentos, é que non son humanos?, son distintos? distintos a nós?, e que imos caír na distinción de bós e malos?

Ao apicultor xa lle respostei máis arriba, dicíndolle algo así como que baixe os fumes, que eu respondo se quero e como quero, o mesmo que el pregunta o que quere e como quere.

Tamén me pareceu horripilante a portada de "EL Mundo". Tamén zapatero chamando a botar sabendo que lle favorece. Hai utilización da morte por todas partes, por todas, excepto pola traxedia que lamentabelmente sofre unha familia.
Estou convencido de que a postura ética é apostar pola paz, sen hipocresías, recoñecendo con obxectividade o problema, aceptando observadores internacionais e dando pasos para o recoñecemento da parte de racionalidade polas dúas partes, so así poderemos comezar a abordar o problema con razonabilidade. O resto é puro e duro ideoloxismo, exaltación dos instintos primitivos das hordas, instrumentalización do conflito e do conseguinte sufrimento.

Anónimo dijo...

O anterior son eu, Heri.

Anónimo dijo...

Señores, non sei o sentido do humor que tiñan antes, pero o que aquí reflexan é a súa ausencia. Tomar como insulto a interrogante dirixida a Da Cova, só pode ser paranoia ou eso, falta de humor.
Señor Apicultor abra vostede a xanela do seu cuarto, deixe entrar a primavera e alégrese esa expresión, que semella tela cruzada.
E non sei se alguén se considerá insultado aquí?

apicultor dijo...

Señor Heri (ou será Herri?), que vostede non se aveña a respostar é unha mostra fehaciente non só da súa negativa ao diálogo, senón tamén unha clara confesión da súa derrota intelectual.

Algo polo demais ben comprobable no caótico e confuso monólogo autista. Pura indixencia do que non sabe do que está a falar. Frivolidade total.

Reláxese, infórmese, articule mellor as súas ideas, e cando estea en disposición, expóñaas.

Anónimo dijo...

Señor Apicultor, meu nome é Heri, diminutivo de Heriberto, non Herriberto, en cuestións mundanas so acredito na fe mediante un notario, e non respostarlle a vostede é simplemente pasar de vostede.

Anónimo dijo...

O anterior son eu Heri.

XDc dijo...

Pois supón vostede bastante mal, sr. Anónimo. En todo sería o meu problema se me dera a real gana de votar ao PP, como xa fixen algunha vez, por certo.

XDC dijo...

E, no caso do Senado, déime o gran gustazo de poñer cruces en máis de un partido.

Anónimo dijo...

Pois supuxen mal, señor Da cova.
Este señor Apicultor si que debe de vivir nun mundo autista, elavora unhas preguntas e se non se lle responde, dictamina, e se se lle respondera supoño que avalaría unha nota. Sería mellor que deixase esas prácticas para os seus alumnos se é profesor, ou para os seus subordinados se ten un cargo directivo, ou que lle aplique o esquema do seu mundo autista a quen poida, pero creo que este non é o espacio axeitado, que se equivoca, pero xa se sabe que os autistas non se dan conta.

XDC dijo...

Ä ver se o entende, sr. Anónimo. Os asesinatos son feitos concretos, no espacio e no tempo, realizados por particulares e sufridos por particulares. Non valen como representación de ningúnha realidade "social". Xa sabemos que, na mente do asesino psicópata, él cree representar a un pobo "oprimido" e tamén ve á víctima como representante dun pobo "opresor". O asesino arrógase o dereito de definirse a sí mesmo e ao outro como símbolos cun senso que ninguén máis acepta. Na súa mente alucinada, o pobo a qué el cree representar vence simbólicamente ao pobo opresor. Pero non é máis que un home que mata a outro. Tamén un psicópata sexual, cando mata a unha muller, cree vengarse do "sexo femenino" en xeral, de todalas mulleres do mundo representadas por aquela. Igual se considera a sí mesmo representante da poboación masculina humillada. Imaxine que un colectivo feminista se dedicase a matar de vez en cando a un home concreto, como forma de loita contra o machismo. Pareceríalle a vostede que un problema social se ataca con esa acción particular, e que a sociedade tería que "negiciar"?.

apicultor dijo...

Señor Heri(berto), é vostede a monda lironda.

Onte saiu coa defensa da "solución política que propón a esquerda abertzale", e agora vén coa defensa do "Proxecto de Novo Estatuto para Euskadi" de Ibarretxe.

Mire, sabe unha cousa? Non lle son o mesmo. Se quere deletréollo.

Sabe cal é apostura da "esquerda abetrzale" sobre o Plan Ibarretxe?

Vostede, no seu caos absoluto, non ten nin idea do que está a falar. Por iso hoxe di unha cousa e mañá outra. Tanto lle ten: o caso é desbardallar.

En fin, o dito: reláxese, infórmese, aclárese, articule mellor as súas ideas, e cando estea en disposición, expóñaas.

Heri dijo...

Señor Da Cova, aplíquelle ese esquema tamén aos soldados e entraremos nunha interesante disquisición, animoo.
Señor Apicultor, de onde tira vostede que eu aposto polo Plan Ibaretxe?. fago uns simples apuntamentos para perfilar a intervención de Arume, tento clarificar que non é un referendum de autodeterminación.

Anónimo dijo...

Proposta da Esquerda Abertzale

1.- Al hilo de lo ya manifestado en anteriores comparecencias, la persistencia de una estrategia de acoso judicial y policial contra la Izquierda Abertzale, así como la falta de compromisos claros por parte de algunos agentes políticos de nuestro país para alcanzar una aproximación suficiente sobre los contenidos políticos a recoger en la agenda del diálogo multilateral, siguen siendo a día de hoy los factores principales que generan la actual situación de bloqueo por la que atraviesa el proceso.

2.- Independientemente de los obstáculos evidentes que existen para la puesta en marcha de un proceso de diálogo político multilateral, la Izquierda Abertzale quiere manifestar una vez más, que por encima de los mismos se debe acreditar la suficiente voluntad y la necesaria ambición histórica para sentarse a dialogar y alcanzar un acuerdo político resolutivo que dé paso a un nuevo escenario en Euskal Herria.

Sólo desde el diálogo y el acuerdo sobre el recorrido y contenidos del proceso de negociación es posible superar todas las dificultades en el desarrollo del proceso democrático.

3.- El objetivo del proceso de diálogo político que se plantea, debe de manera serena y profunda abordar sin más dilaciones un debate positivo y constructivo en torno a las dos grandes cuestiones que han alimentado y alimentan permanentemente el conflicto político: el derecho a decidir del Pueblo Vasco y la articulación territorial del mismo.

Es por ello, al objeto de plantear una dinámica honesta y lo más transparente posible, que ésta Comisión Negociadora quiere transmitir al conjunto de la opinión pública tanto de Euskal Herria como del Estado español cuales son sus posiciones y propuestas para resolver los dos grandes nudos que alimentan el conflicto político de manera permanente.

3.1.- En cuanto al debate sobre la vertebración territorial, la historia demuestra que cada vez que se ha abierto un nuevo ciclo político o una oportunidad para el cambio, la cuestión territorial ha estado encima de la mesa de debate y negociación. Así lo atestiguan, sólo por citar los hechos más relevantes de las últimas décadas: la redacción del Estatuto del año 1931, el debate dado en la fase denominada "transición democrática" a finales de la década de los 70, el proceso de negociación política de Argel o el proceso de Lizarra-Garazi. Pero cada vez que se ha abierto el debate, cada vez que se ha vislumbrado la posibilidad de resolverlo desde la decisión democrática de la ciudadanía, la partición territorial ha sido impuesta mediante mecanismos de coacción y violencia.

3.2.- En cuanto al derecho a decidir del Pueblo Vasco, es indudable que refleja hoy el sentir ampliamente mayoritario de nuestra sociedad. Poder decidir sin más límite que el propio de la voluntad popular es un ejercicio de naturaleza democrática. Es, además, la única posibilidad de construir unas reglas de juego con las que toda la ciudadanía esté en igualdad de condiciones. Construir unas reglas de juego que permitan la materialización de todos los proyectos políticos, significa ensanchar los límites de la democracia y la libertad.

4.- Asimismo, esta Comisión Negociadora quiere dar a conocer las posiciones que la Izquierda Abertzale considera como suficientes para resolver estos dos grandes nudos, superando así el conflicto político en el Estado español.

Desde nuestro punto de vista, el diálogo político multilateral y resolutivo debe alcanzar:

- Un Acuerdo Político que partiendo de la actual realidad política e institucional (que no es consecuencia de la voluntad democrática de la ciudadanía), dé lugar a un nuevo marco político (en las condiciones y plazos que acordemos) para los territorios de Araba, Bizkaia, Gipuzkoa y Nafarroa Garaia.

Este marco político:

- Se constituiría en términos jurídicos como Autonomía Política.

- Depositaría en la ciudadanía de los cuatro territorios la capacidad de decidir libremente su futuro político e institucional, quedando así garantizado que todos los proyectos políticos (incluido el independentista), puedan ser no sólo defendidos sino materializados, si ese es el deseo mayoritario de la ciudadanía expresado en términos pacíficos y democráticos.

La elaboración y concreción de este marco político se plantearía y realizaría siguiendo estos criterios:

- Rechazando los viejos esquemas anexionistas, integracionistas o particionistas, y planteando la relación de los territorios vasco-navarros en términos de respeto y suma de voluntades democráticas.

- Necesitando obligatoriamente para su entrada en vigor de la aprobación mayoritaria de la ciudadanía tanto de la Comunidad Autónoma Vasca como de la Comunidad Foral de Navarra.

Reiteramos nuestro llamamiento al conjunto de fuerzas políticas en Euskal Herria para habilitar con urgencia y sin más dilaciones una dinámica de conversaciones políticas sin exclusiones, que sobre bases sólidas garantice la puesta en marcha del proceso de soluciones democráticas para Euskal Herria.

apicultor dijo...

Non se aclara, Heri(berto). Cando se aclare, díganolo. Mentres tanto, procure non dar demasiado o coñazo.

Heri dijo...

Non me aclaro porque vostede di que non me aclaro, deixese de paiasadas, e o dito, osixénese, aí ten a proposta da Esquerda Abertzale, se quere debater adienate e se non deixe de babecadas.

medela dijo...

Boa noite, don Heri.

Anónimo dijo...

Boa noite Medela, anda vostede moi lonxe da terra polo que parece, ou moi cerca?

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Ola, don Anónimo, espectral e querido contertulio.

Preto??
Lonxe??

Todo é asegún, como dicía don Vicente Risco.

Saúdos, señor.

Anónimo dijo...

Eu non creo que todo sexa Asegún, lamentabelmente, algunhas cousas, non tantas, as cousas que mais nos importan non son asegún.

apicultor dijo...

Repítollo: reláxese, infórmese, aclárese, articule mellor as súas ideas, e cando estea en disposición, expóñaas.

Ah, e ademais tamén ten que aprender a non cometer tantas faltas de ortografía (ten catro na última mensaxe), que a nosa lingua é fermosa e vostede estrágaa inmisericordemente. A este paso non vai aprobar nin 4º da ESO.

apicultor dijo...

Ademais de ortografía, tamén acentuación e puntuación. Pero ánimo, que vostede pode.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Heri-Anónimo: Tanto o que vostede afirma sobre o Plan Ibarretxe como as aspiracións da esquerda abertzale é total e absolutamente verdade. Bate tudo no certo, como se di en Galiza Sur.
Son verdades incuestionábeis, absolutas e axiomáticas, señor. E xa me gustaría que algún día o meu país estivese en disposición de poder presentar algunha cousa análoga ao proxecto do PNV, entidade coa que simpatizo.

E comprendo perfectamente o que Vde. sostén, porque ser nacionalista en Lobeira, porque manter pública e notoriamente unha postura política contraria á corporación de goberno no concello, equivale á mutilación, a exclusión social. Crea Vde. que entendo perfectamente a súa postura. E tamén escoito por veces, a Jiménez Losantos e leo "La Razón".

Y sé como se las gastarían, si pudiesen actuar tal y como piensan.

Mais, aínda que todo iso que vostede e/ou un servidor puidermos chegar a manter, aínda que todo iso for certo, (que o é), aínda que TODO for verdade, non implica necesariamente que iso teña que ser necesariamente, que, haxa de ser, que sexa TODA a verdade, unha verdade que condicione a(s) verdade(s), a complexa realidade social de todos e cada un dos corpos sociais, dos territorios e das persoas.

Podo dicir un palabrón??

A vida dunha persoa vale máis que toda a merda da política xunta.

Grazas, señor; saúdos respectuosos.

Anónimo espectral dijo...

Pois claro que si Medela, o dereito a vida é o primeiro dereito. Cando a violencia irrumpe na vida social esta entra nun estado de excepción que fai moi dificil ou imposibel a política. A violencia só está xustificada cando é utilizada como "lexítima defensa".
Por esto o ético é a aposta por sair das situacións de violencia. Hai diferentes propostas de solución, algunhas complementarias, outras contradictorias e algunhas excluientes.
No estado español teñense posto varias sobre a mesa, que fracasaron.
Eu coincido con aquelas propostas que apuntan a unha negociación política para resolver o conflicto.
Pero no contexto estatal actual esta proposta pouco menos é que criminalizada, e hai tal presión embrutecedora que chegan a dividir a xente entre a xente de ben, e a de mal, na de mal, estaríamos os que defendemos esa opción, e xa se sabe que sinalado o mal, só é cuestión de excitar os instintos mais baixos.
Ogallá non haxa mais mortes por ningún bando, nin mais tortura, nin se conculquen os dereitos individuais nin colectivos, pero témome que o coflicto vai perdurar. Eu desexo o final do conflicto e poño o grao de area alí onde poida, ainda que dificulte o funcionamento dalgúns engranaxes.
Boas noites Medela

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Oxalá tivésemos a chave da solución.

Boa noite, Anónimo Espectral.

Anónimo dijo...

Apicultor, conta vostede coa parcialidade censuradora do Administrador que suprimiu un comentario no que eu calificaba a súa situación mental de paranóica, pareceríme ben se obrase cun mínimo de ecuanimidade e censurara aquelas intervencións do apicultor nas que claramente sobrepasa ese límite que marca o administrador.

XDC dijo...

As guerras son fenómenos "sociáis", loitas de masas. Os individuos deixan de ser considerados tales pra entrar no que os expertos chaman o "estado axéntico". Os soldados sí que van afectados do valor simbólico(aceptado, como corresponde aos símbolos) que os considera representativos dunha gran masa último(acentuado por uniformes, rituáis,etc.). Tan abismal é a diferencia, que mesmo en pleno frente, cando se teñen distinguido casos de mero "asesinato" dun soldado enemigo , e as autoridades militares teñen tomado as medidas oportunas. Desde logo que este último tipo de asesinatos queda absolutamente impune na inmensa maioría dos casos por motivos obvios. Tamén por eso teñen outra consideración a morte de civís. E tamén por eso, no noso país, a xente tuvo moi clara a diferencia entre os "paseados" asesinados e os mortos no frente. Por máis que os seus verdugos quixeran considerar o feito un "acto de guerra na retaguardia". Os mortos ,coma este último, son totalmente equivalentes aos "paseados". E os seus asesinos son eso,asesinos, e non "soldados", coma gustan verse a sí mesmos.

apicultor dijo...

Vaia chorar o seu ... polas esquinas, Anónimo.

Verbo da "gran preocupación" de Heri(berto)/Anónimo espectral, tan só unha opinión: non llo creo, o seu é toda unha impostura. O "conflito" tráelle sen coidado e non ten grao de area que poñer en ningures, e menos en ningunha "engranaxe": non sexa fátuo.

Anónimo dijo...

Dígollo seriamente Apicultor, e sen animo ningún de insulto (para o censurador), vostede desvaría.
Polo seu ben esquezase de min,varíe e tomea con outro, eu obviareino

apicultor dijo...

Coido que vai quedar libre o posto de Ángel Acebes. Así que anímese, home. Total a vostede que máis lle dá, e aos demais faríanos un favor.

:-)

Anónimo dijo...

Vexo que sigue coas súas babecadas

apicultor dijo...

É que, sentíndoo moito, non pode ser tomado en serio.

Anónimo dijo...

pois vostede si, a súa paranoia é preocupante, ainda que non se decate.

apicultor dijo...

Ala, veña, déixeo, non sexa tan rancoroso.

Anónimo dijo...

eu xa o deixei pero infórmolle, porque lle interesa, que no partido de Rosa Díez hai postos con futuro para persoas do seu perfil.
E a outra cousa que xa está ben
Abur.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Apicultor: Vostede non conta nada do episodio en Ravenna, 1974.

É básico e fundamental para a sobrevivencia do blog.

Grazas, amigo.

apicultor dijo...

Tomarei nota da súa suxestión, Anónimo (ou quen sexa), do mesmo xeito que vostede tomou nota da miña. E felicítoo por poñer o til nesta ocasión. Ve como vai aprendendo a pouco que se esforce?

Medela, outro día.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Veña, Apicultor, non o tome por mal. E que botamos en falta a súa xenial 'chispa'. O aire do blog está moi enrarecido e temos gana de rir. O mesmo para o amigo Arume.

Saúdos, señores.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Por que non tomamos unhas cervexas e rimos e escoitamos rock and roll e nos olvidamos deste 'rollo' electoral??

Anímense.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Bótase de menos o Apicultor, Arume, Da Coba, Xaime, Swann, Jimi de Rairo, e demais cabaleiros da Santa Compaña.

Don Heri, Vde. apúntase á festa???

Ímoslle a escote. E pórtese ben, jeje.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Señorita Doniña: Diga algunha cousiña, por favor.

Leituga 1 dijo...

A min o que máis noxo me dá da "esquerda abertzale" -fascismo puro e duro- é o tono santurrón, curita, hipócrita, roucovareliano e neo-requeté que lle meten aos seus discursinños post-mortem: "cómo lo lamentamos" (pero non o condenamos), "pudo haberse evitado" (pero non fixemos nin dixemos nada para evitalo), "la represión policial no es la solución al conflicto" (¡ríndanse!).

Non me estraña que un anticlerical como Apicultor se mosquee con tanto monaguillo anónimo.

medela dijo...

Don Leituga: Apúntase Vde. á auto-homenaxe á Solaina no monte do Viso (romaxe paranoico-crítica)???


Espero que si.

medela dijo...

O Monte Faro morreu...

Viva o monte do Viso!!!

Anónimo dijo...

Quen dera partidos anticlericais de verdade para modernizar o Estado. Desgraciadamente o Psoe, que podería cumplir esa misión pendente pero pésanlle demasiado os intereses e perde definición nunha ambiguedade na que a Iglesia acaba dándolle a absolución, como a fillos pródigos que van de progres pero que lle beixan o anel ao seu vispo.
Santurrón, curita hipócrita, neofascista e inquisidor español semellaba Rubalcaba dando explicacións sobre as torturas a dous detidos non hai moito.
A pesar das declaracións que se escoitan de vez en cando, penso que o Psoe, vai retomar a negociación con ETA, e que nesta lexislatura o conflicto do Pais Vasco encontrara a súa forma de desactivación da violencia definitivamente, sen gañadores nin perdedores, senon cun bo acordo, resultado da negociación.
Medela tomemos unhas cañas cando queira.

Xaime dijo...

Don Júlio, eu ándolle por aquí o qué pasa que este fío é irrespirable para mín e prefírolle tomar un café bombón diante do meu despacho, nunha desapacible tarde do Lugo invernal-cambio-climático-primaveral.
A súa saude e a de todos.

Jim Morrison dijo...

O tono santurrón da esquerda nazi-aberzale tal vez lle veña das súas orixes curís. Os camiños do señor son infinitos.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Xaime: Que alegría! E que envexa, tomar un café quentiño a ollar para as bonitas luguesas. Tamén non estaría mal mandar uns mencías ao pé da catedral...

En Karakalpakstan o sol abrasa e o ar queima.

Domingo á tarde, o seu paisano, o bravo terrachairego Modesto Domínguez del Río (neto de gaiteiro) deunos un recital de gaita no Ex-Yacht Club de Moinaq. Choramos todos. Era de ver Ryma Nursultán a bailar a muiñeira ao xeito tártaro.

Un abrazo, señor. Se vai por Xustás, cumprimente, da parte do Modesto, o Iago de Escanabada e o Pedrito de Reximil.

Xaime dijo...

O mércores que hai feira en Castro, achegareime para cumprimentar os amigos de Modesto. Se veñen conmigo come-lo polbo, xa colgarei a foto.
No tocante o mencía, canto máis lonxe da Catedral millor, ou se non pergúntelle ó Da Coba e ó Saavedra.
Cuidese, Médela, cuidese, que cos gustos de música que vostede e algún blogueiro de esta casa teñen non creo que duren moito

Ortógrafo dijo...

Vispo con V: o "abertzale" ignorante ataca de novo. ¡Que pouca vergoña!

medela dijo...

Gustos musicais???

Críptica linguaxe...

Saúdos

marcell swann dijo...

Sr Hoja de los Pinares: ¿Que no ha visto el artículo publicado hoy en EL Periódico sobre los italianos? Se intitula "Italia ¿país de genios o de deprimidos?"

http://www.elperiodico.com/default.asp?idpublicacio_PK=46&idioma=CAS&idnoticia_PK=490414&idseccio_PK=1007

Cumplimientos
Marcelo Swanno

apicultor dijo...

Algún, señor Ortógrafo, di Bispo con V porque é moi "avispado".

;) ;) ;) ;)

arume dos piñeiros dijo...

Medela: imos ao serio. Hai chikichiki en Nukus? Que chichilicuatre presenta a honorable república de Karakalpakistán para a Eurasiavisión?
El breikidance, el crusaito, el maiquelyacson, el robocop. Velaí os catro xinetes da apocalipse.

arume dos piñeiros dijo...

Amico Marcello: este artigo é un clásico do xornalismo italiano desde hai varios anos. Andan preocupados, en efecto, pola deriva do país nese aspecto sicosocial do italiano medio. Eu tristeza non lles vexo en xeral, pero si unha resignación e un escepticismo case cáustico que resulta por veces tráxico se non fora porque un espresso en sant'Eustachio a iso das sete da tarde cando o solpor de Roma ilumina á cúpula do Panteón redime todo. É a vantaxe de ter o máis fermoso país do mundo.

XDC dijo...

Xa sei cal é a cafatería de fronte ao buró do Xaime. Mesmo acredito que leva o nome da rúa. Imaxino que o noso amigo toma o seu pequeno almoso na esplanada, se está sol.

Anónimo dijo...

fai que non se equivoca para disimular que se corrixe, adiántase a si mesmo como un paranoico crónico. Señores do blog, amigos seus, moito conto pero hai alguén que precisa axuda, o Apicultor.

XDC dijo...

Cando a persecución é real, non é paranoia, Anónimo. E a mín paréceme que vostede persigue a Apicultor. Claro que poden ser ilusiós miñas, pero non sei que nome pode ter esa dolencia psíquica, a de imaxinar que persiguen a outro. Manía persecutoria transitiva?. Acabo de inventar unha enfermedade!! Son un xenio!!!.

arume dos piñeiros dijo...

Tarde piou, da Coba. Eso xa o dixen eu antes: vostede é un xenio.

apicultor dijo...

Saínos un friqui abertzale, amigos. Temos que estar ben contentos. Porque hoxe, se non tes un friqui na túa vida, es un ninguén. Seguro que é parente do Chiquilicuatre!

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Heri (Anónimo espectral): Non quedamos en que vostede se ía comportar ben na romaxe paranoico-crítica solaineira do Viso???


Saúdos, caro.

Anónimo dijo...

Cubreno coa súa amizade, fan ben, e situanme a min no lugar da desaparición, ao fin como son espectral estaba no guión.

XDC dijo...

Poña un "friki" (vanguardista) na súa vida.
Todolos días un pouco máis friki, polo menos.
Friki friki friki friki friki cadamuchiii friki friki fri ki friiiiii...
All you "freak" is love...
Frikotosa de la señorita Pepis...
Somos los helados "Friki", los mas "divertiti" de lo que hay aquí.
I want to break "freak" of your lies, you´re so self-satisfied and I need you...(Ejem).
Born "Friki". A historia de Elsa, a leona.
Picaba as patacas prá sartén dun xeito moi estrano, e chamáballe "patacas frikis".

Xoan da Coba dijo...

Parece ser que se comporta vostede como un Troll. E, como ao parecer comete faltas, vóulle poñer de nome: "Troll ágrafo". Qué lle parece, Anónimo?.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Arume: Vaia de vagar, querido amigo. En Nukus, na casa de Kyra Argounova houbo un beixo. Un bico docemente traizoeiro. Un beixo que me deixou cóxegas nos labios, o corazón a 180 latexos por minuto, a cara a arder e que non provocou reacción ningunha, nin unha triste e ritual, alén de digna labazada.

Tal vez un estremecemento da medalla da Virxe das Espigas...

Fuxín despois do magno acontecemento. Aínda ben que encontrei a Modesto na rúa; 'casualmente' ía cara ao Mcdonalds.
-E logo para onde é que vas, Medela??
-Para vello, Modesto...
-jajajajaja
-jajajajaja
-'Tas`pálido... E logo viches a Santa Compaña???
-Peor, rapaz, moito peor. Vin a deusa Kailleac dos antigos galaicos, Isis, Nefertiti, a Venus de Willendörf, a tataravoa da miña avoa, a Virxe do Viso, a liberdade a guiar o pobo, a nai de Demian, a Lou von Salomé, as mouras das mámoas do Laboreiro, a dama de Elx, as marzas, as maias, a Venus de Botticelli, a señora Arnolfini, Anita Pallenberg, Gaia, Artemisa, Diana, Perséfone, Circe, Frida Kahlo...
-Para o carro, Medela, que pareces o mozo português da supervisora.
-E logo a supervisora ten mozo??
-Boeno, mozo ou non mozo, vímola o outro día na disco, na Cheyenne, cun de Viseu, non sei se traballará tamén na empresa, non che sei.
-Ah
-Pois
-E logo
-Logo, nada
-Boeno
-Ata logo
-Ata logo

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Caro Espectro: Eu, de neno, tiña terror nocturno, extraordinariamente acentuado. Con forte tratamento médico e todo. Os espectros son como a familia que nunca tiven, pois crieime sozinho coa avoa Concha; por iso 'preciso', non sei vivir, e estimo os espectros.

Cada sociedade ten os seus espectros enxebres. Estados Unidos ten a Lee Oswald; o Reino de España, José Antonio Primo de Rivera e Sandra Mozarowski.

As uvas da solaina tamén ten os seus, caro amigo.

E dito todo isto co máximo respecto para a súa persoa, señor.

Cumprimentos fantasmáticos.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

E certo. O Apicultor precisa axuda, porque é demasiado intelixente para andar por estes pagos. E lamento inmenso non o dar seguido, por veces. Ainda que ás veces é preferiblemente ser "normalito".

Señorita Doniña: Onde é que anda vostede, bonita???


Ufffffffffffffffffff Parece que a bebedeira política se esvaece; agora estou de resaca.

Kyra estará a durmir, ben seguro que cun camisón de terlenka. Só me separa dela unha porta de cor verde quirófano. E un silencio que non deixa adormecer a un, un silencio expectante, pesado, sen un mal terror nocturno que acompañe a un.

Anónimo dijo...

Medela, hoxe comín carne política ao espectro.

Anónimo dijo...

Frívolo neno de papá abertzale, vai traballar para gañarte o sustento.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Sandra Mozarowski. Por favor, Medela, Sandra, Ornella, os espectros do adolescente hormonao en exceso que aínda perviven na memoria.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Vou durmir; isto está cheo de doutores espectros, espectros de grao medio, técnicos especialistas en espectrometria aplicada, espectros axudantes, opositores a espectros, espectros sustitutos, espectros non numerarios, espectros persoal laboral, espectros funcionarios de carreira nivel 22, espectros estatutarios, espectros de libre designación, espectros que se fan pasar por outros espectros... Moito ruído de cadeas a renxer.

Bona nit a tothom.
Fins demà.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Homeclaro, Arume, a vostede non lle gustaba ningunha destas. Ben seguro que non. Qué va!!!

Como entrou no Olimpo dos playboys cando lle bailou a Laurinha Antonelli en Ravenna, claro, todos os demais quedamos como persoal laboral fixo especialidade en adolescencia sobrehormonada e acneica.

Homeclaro...


jajajajajajajajajajajajajajaja

(Vexo que o amigo Arume regresa ao campo magnético da 'chispa' xenial.

Anónimo dijo...

E todos convocados polo anónimo espectral acudiron na súa axuda.
Louvado sexa o señor.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

jajajajajajaja

Faltaba un espectro, este último.

Anónimo "Louvado sexa El Señor" is God.

Anónimo dijo...

Medela is ga ga.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Vostede non é un espectro: é un sonámbulo. Hai quince minutos dixo que ía para cama e agora anda rebulindo pola rede coma o trasgu de Lobeira.

ms dijo...

Medela: soñeino ou "mireino" a vosté est'outro día nunha foto pendurada en Flikr xunta unha muchacha que servía cafeses?

Xoan da Coba dijo...

Polos montes de Lobeira, rebule nas noites de inverno o "trasgus lupus espectral", variedade lobuna do castro laboreiro , especie de "sabueso dos Baskerville", có fuciño fosforescente de fozar en agachados osarios clandestinos da Raia. Nas noites de luar , unha misteriosa silueta, embozada nunha capa,camiña ao seu encontro, pra acariñalo e darlle de comer. O "trasgus lupus espectral" déitase aos seus pés, ladricando sumiso, coas orellas gachas e o rabo entre as pernas. A estrana silueta é en realidade a dun paisano sonámbulo das Quintas, que actúa de xeito totalmente inconscente. Niguén imaxinaría, véndoo desenrolar polo día o seu traballo de aplicado funcionario do Estado, que polas noites oulea cós lobos, no punto máis alto da Serra, desde onde logra verse o lonxano mar, reflectindo a lúz da lúa.

Xoan da Coba dijo...

O "trasgus lupus espectral" oulea por terras de Lobeira desde a morte, dous mil, anos atrás, do que fora seu primeiro amo. Chegaban,nunha noite de luar, desde lonxe, sons de ferramentas estridentes e berros nunha língua estrana. O trasgus ouleóu canto pudo, correndo entre os chozos circulares nos que vivía a xente do seu amo. Espertaron todos a tempo. Pero a batalla foi desigual, e o río rematóu por tinguirse da sangue daqueles homes, que brotaba nas feridas mortáis abertas por armas dun metal descoñecido pra eles. O trasgus morreu aos pes do seu amo castrexo. A súa ialma canina tornóuse en espectro. A ialma do amo dirixe, desde fai séculos, o sono do home máis forte de Lobeira en cada época, convertíndoo no sonámbulo que camiña ao encontro do trasgus, rememorando, por toda a eternidade, aquela noite de loita no Monte Medela.

Xaime dijo...

Deixe de fumar porros, Da Coba, xa lle ten dito a súa dona que a súa edá xa non está para esas cousas.

Anónimo espectral dende o ceo dijo...

Sigue necesitando axuda.

Xoan da Coba dijo...

O meu problema non lle son os porros, mio caro amico Xaime.

Chaméi a un afamado bruxo das terras da Limia pra que me curara. Sentóuse frente a mín, e, tras facer unhos acenos moi estranos, berróu: "Espíritu maligno que alteras a paz de esprito de este home, sale de onde estés, e amósate!". Naquelo, escomenzaron a saltar os tapós de todalas botellas de viño, tinto e blanco, que había na bodega, facendo un barullo de carrallo.

Anónimo dijo...

Lembro deixar na terra duas cousas pendentes e que como faltan só dous comentarios para o número 200, aporto a miña progresión a ise obxectivo.
O fio, as veces con tensión e acedume paréceme que foi fructífero, eu teño a esperanza que o esforzo de ir a contracorrente non sexa en vano, agardo ter deixado algunha dúbida na que reflexionar sobre o conflicto vasco nos discurso un tanto endurecidos e excesivamente ideoloxizados que foron saindo, esto por suposto, non se solivianten, dende a miña interpretación. O clima creado levou ao administrador incluso a censura dalgún comentario, non digo que non fose conveniente en algunha ocacións a chamada a moderación, pero o xeito de aplicar tanto as chamadas como a efectiva censura foi parcial.
Paso as dúas cousas pendentes:
1) Señor Arume, son eu agora, quen lle dí que non le, ou non sabe responder. Pediume unha saida, enuncieina, respostame vostede que esa saida a vostede parécelle ben, que xa o Plan Ibarretxe o contempla, contesteille que o plan Ibarretxe esta rexeitado polo parlmento español, e que non hai hoxe fomas legais para exercer o dereito de autodeterminación.
Da cova moi interesante o seu Post sobre a guerra, ese estado anxético, paréceme aplicabel nunha situación na que o soldado vese nun espacio no que ten que matar para que non o matén, fora desa situación por mais apelación a masificación que se poida facer, o individuo é a última realidade apelabel e por tanto presuponselle conciencia e asentimento nas súas decisións. Casos como os bombardeos, a activación de misís que estouran a centos e a miles de kilometros, lembre aquela foto daquela piloto na primeira guerra de Irak, tomando o sol entre sesión e sesión de bombardeo, as bombas de Nagasaky e Hirosima. Son da opinón de que salvo nese casos nos que o soldado se ve compelido a disparar para salvar a súa vida, en todos os demais hai responsabilidade moral.

Anonimo Espectral dende o Ceo dijo...

firmo o comentario anterior, e 200

«El más antiguo ‹Más antiguo   1 – 200 de 242   Más reciente› El más reciente»