31 mar 2008




Noticia de dúas mulleres (Fotos LVG)
Parabéns a dúas mulleres. Unha, Margarita Ledo, pola súa entrada como numeraria na Real Academia Galega, representando dalgún xeito ó sector audiovisual do país.
A outra, Belén Regueira, porque estrea programa con nenos na TVG. E é unha moza espilida, simpática e intelixente, que seguro ten unha longa carreira por diante no mundo da comunicación:
Fun unha nena bastante obediente». Desde os tempos de «Chambo» pasaron máis de dez anos; agora tócalle lidar cos pequerrechos galegos que están cheos ata arriba de sentido común.

25 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu prefería que fose elixido vostede, Valcárcel. Pero, xa se sabe, agora hai que cumprir coas cuotas...

Silvio Falcón dijo...

Marcos, unha aperta dende Barcelona, aínda que o tempo e mailo lugar non sexan os mellores pra saludalos amigos.

Unha aperta!

Anónimo dijo...

Congratúlome, con énfase, polas dúas: no primeiro caso, polo merecemento e certo aspecto biográfico compartido; no segundo, porque xa desde Chambo e recentemente por Extrarradio (isto dos nenos non o sabía) paréceme unha das figuras máis talentosas e interesantes da mocidade mediática.

Ao Marcos xa lle tocará saltar ao asento de número. Xa vai estando ben colocado, ¿non si?

Anónimo dijo...

Eu pensei que Apicultor referiase a Valcárcel para o programa de nenos/as da TVG. ;)

Anónimo dijo...

No do programa para nenos non hai dúbida de que o faría moito mellor Belén Regueira. Mais para cumprir un bo papel na RAG téñoo clarísimo.

Anónimo dijo...

Vinlle a pelicula sobre Lister e quedei horrorizado do mala que é, pero o peor foi escoitar os aplausos, todo o mundo facendo como si...e así vai a cultura do pais.
Lean vostedes a súa obra literaria e quedarán estupefactos coma min. A deficiencia aparece con toda a súa evidencia.
Creo que é un igreso non merecido pola laboura intelectual, senón pola relacional, as amistades, os grupellos de influencia e todas isas cousas, así que non aplaudo, recibo a nova entre o disgusto e a indiferencia. Unha cacicada máis, para a nosa cultura que a este ritmo vai se deles, dos cucos e listillos que nada aportan e que todo o devoran.

Anónimo dijo...

peixiño, ignorante.

Anónimo dijo...

Boto en falta a opinión de Jimy de Rairo ;)

Anónimo dijo...

Coincido totalmente na apreciación de Belén Regueira. Penso que é do mellor que ten dado a nosa televisión nos últimos anos, moi lonxe dos excesos egocéntricos da maioría dos protagonistas da caixa tonta.

Anónimo dijo...

Quen é Jimmy de Rairo?

Anónimo dijo...

Quizá non fose mala cousa intercambiar algunha opinión sobre a función e desexable carácter para a Real Academia Galega. Como contribución para tal e hipotético debate, direi que non debe ser único criterio o da excelencia literaria. Obvio é que nunca foi; por ende, é ben que alí senten xentes que poidan achegar cousa valiosa ao Colligit, expurgat, innovat o idioma.

No seu día, avaliei positivamente a entrada de Díaz-Fierros; hoxe fago outro tanto con Margarita Ledo. Supoño que me entenden.

Anónimo dijo...

Nin recollen, nin expurgan nin innovan. Que funcións teñen os académicos galegos? U-la gramática? U-lo dicionario? Estano a facer eles?

Anónimo dijo...

Para entrar na RAG, non é necesario nin excelencia literaria nin luinguística pero si interpretativa. A RAG existe na actualidade para que os académicos se den o gustazo de ter un mausoleo en vida porque en moitos casos non o terán de mortos.
Pero hai que dicir que moi ben porque senón acusan de envidia e todo solucionado, amais case todos os paises teñen a súa academía, non imos nos ( é dicir eles) a ser menos e adocecer de figuróns.
Como sinal de respeto propoño que se fagan pins coa cachucha do seu presidente e se reparta nos colexios, que se impriman babeiros coa súa imaxe para as Gelescolas, que se dibuxe no tanga de Iolanda Castaño, que se tatue na frente dos membros da AELG, se estampe no globo de Betazos e se queime o 24 de Xullo na fachada do obradoiro entre o xubilo dos presentes.
Así revivirá a cultura galega tan oficializada, comenencializada, academizada, institucionalizada e amortaxada.
Noraboa a Margarida por ingresar numerariamente tan leda no panteón dos mortos vivintes, entre eses craneos privilexiados en cuio interior só hai o aire dun flato.

Anónimo dijo...

Lírico e mesmo épico (un pouco no estilo The quiet man. Agora, ¿faríaseme o servizo dun pouco discurso construtivo? Quero dicir, modelo e proposta, logo da deconstrución. Porque da palabra interpretativa (que prometía) para aquí, fiquei sen opción.

Anónimo dijo...

Por certo: substitúase, como mínimo, *amortaxada e *cuio polas palabras galegas correspondentes; igual é cousa do apuro, que tamén acaba comigo en materia de vírgulas, parénteses e, ás veces, mesmo ortografía. Pero cómpre coidar algo máis, xa que de academia (ou academía) falamos.

Anónimo dijo...

Sería conveniente saber o seu orzamento, os proxectos, os seus obxectivos, a financiación que recada, os funcionarios (lingüistas ou filólogos en nómina) que ten... AMigo Saavedra: podería vostede proporcionar estes datos?

Anónimo dijo...

Xustamente, a idea da infraestrutura dispoñible tamén me arrevoaba a min. A partir do pouco que sei, entendo que á Real Academia Galega lle falta case de todo. Iso non quitará, xaora, que se lle pida case de todo.

Foi unha institución moi petrificada, característica procedente do corpo numerario e correspondente e perfil consolidado nos forrenta anos. Fernández del Riego iniciou unha renovación, como mínimo, ideolóxica; canto a competencia, atopará no elenco xente ben coñecida. Do demais, o amo desta casa seguramente posuirá outro pormenor.

Marcos Valcárcel López dijo...

Dos datos que están a barallar agora, de carácter económico ou infraestructural, eu nada lles podo dicir. Alí hai un persoal traballando de forma constante que, a min, sempre me atenderon con cortesía e amabilidade. E esa é a impresión da maioría das persoas que aló se dirixen a calquera consulta.
O cambio de tono da RAG dende a presidencia Del Riego é máis que obvio; pensen nos nomes que entraron nos últimos anos: Ferrín, Alonso, Darío Xoán Cabana, Axeitos, moitos deles estaban entre os contestarios históricos da Academia.
Por outra banda, quizais á Academia, no plano académico (e perdón pola redundancia), quizais digo, se lle estea a pedir ás veces demasiado: moitas das funcións que se lle demandan xa son asumidas polas Universidades, ILG e outras institucións.

Anónimo dijo...

Establecer as normas referidas ao uso correcto da lingua galega, conforme o disposto na Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Normalización Lingüística, do Parlamento de Galicia, nomeadamente:

- A elaboración da norma gramatical, ortográfica e fónica.
- O inventario do léxico e a proposta dun dicionario de uso.
- A modernización e actualización do léxico.


Estudar e propor a restauración da onomástica galega.


Velar polos dereitos do idioma galego.


Defender e promover o idioma galego.


Asesorar os poderes públicos e institucións sobre temas relacionados co uso correcto da lingua e coa súa promoción social.


Estudar e dar a coñecer o patrimonio literario e documental da institución.


Decidir a personalidade literaria á que cada ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Estes son os obxectivos. É evidente que, tras botarlle unha visual á súa páxina web, o ILG e o Departamento de Galego de Santiago participan de forma moi directa na persecución de tales obxectivos, coa axuda na dixitalización de textos (aínda incipiente, polo que puiden ver) da Consellería de Industria (sic) ou nalgún caso que agora non lembro da Fundación Barrié de la Maza. O que fai pensar que non hai na Academia unha infraestructura específica para conseguir uns proxectos definidos de elaboración de diccionario de uso ou de onomástica galega.
Sería interesante saber de onde lle veñen os cartos á Academia por ver se é posible constituir un fondo permanente para que non sexa sempre dependente dos convenios ou das boas vontades das institucións.

Anónimo dijo...

Os académicos flotan nun olimpo cutre.
Ferrín sacrificoulle o seu rabo rebelde
Darío cre nesas cousas tontas e énchese de solemnidade nas cerimonias.
Os que entraron para renovala cubreos o pó.
A maioría dormita.
Os que os tiñan perderon os soños.
Pero todos trasmiten telepáticamente a mesma mensaxe:
son académico, son académico, son academico...
Margarida, xa non me molas!
Ainda estás a tempo, renega, nega, dí que non.

Anónimo dijo...

A falta, crónica, de orzamento e estrutura é a clave: non é dado solicitar da RAG que sexa a RAE a escala demográfica. Iso, xunto coa obsolescencia parafranquista da Academia, foi probablemente factor fundamental motivador do ILG no seu inicio; tamén de que os departamentos universitarios de Galego se ocupasen de certas actividades se cadra académicas.

Arestora, o asunto poderíase reconducir se interesase, que probablemente si. Seguramente se deberían reformular (buscando fórmula integradora ou coordinadora) RAG, ILG e, polo menos, CIRP; as canles co departamento de Galego compostelán posiblemente serían doados arestora, dada a concreta composición numeraria da Academia.

Fai falta vontade, entre outras cousas, antiminifundista; e, eminentemente, orzamento. Como proxecto estratéxico, habería vontade dotacional na gobernación galega?

Anónimo dijo...

Pois eu penso que hai que deixar que os membros e as membras da RAG sexan felices coas súas cousiñas e non cangar sobre as súas costas os remedios aos males do País.

XD

Anónimo dijo...

Un exemplo de "cousiñas" sería a publicación da carta de Blanco Torres aludida noutra entrada.

Está moi ben que un académico da RAG como Alonso Montero faga unha achega dese calibre. Moi ben: a min fíxome botar uns sorrisos, o que non é pouca cousa, coido.

XD XD XD

Anónimo dijo...

Boísima, por certo, a pregunta dun dos nenos do novo programa de Belén Regueiro:

-Está moi ben iso de preguntarlle ao conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal: «¿Vostede sabe muxir unha vaca?». Os xornalistas non lle atacamos así...

Quixera saber que lle constestou.

XD

Anónimo dijo...

Parabéns a Belén Regueira por esa nova encarga. Eu tamén a considero unha das periodistas e comunicadoras novas con maior gracia e intelixencia.