15 mar. 2008

Sexo e política.
Pan por Pan sábado 15 marzo. Imaxe: cerámica precolombina.
É unha combinación explosiva e enche estes días os xornais. O gobernador de Nova York, Eliot Spitzer, tivo que dimitir do seu cargo ó demostrarse que gastara 52.000 euros en prostitutas durante seis anos. E sempre hai quen gañe: en Palma de Mallorca, un antigo edil do PP pagou servizos en prostíbulos por un total de 50.000 euros durante dous anos. Non só gastou moito máis, senón que ademais cargaba os gastos a unha Visa municipal autorizada (non me consta o mesmo no caso de Nova York). Este segundo peixe, Rodrigo de Santos, foi un dos homes claves de Jaume Matas, polémico presidente balear, en temas de urbanismo. É tamén un activo militante de movementos católicos conservadores, deses que poñen o berro no ceo por temas morais de cintura para abaixo. Ó delito de corrupción de bens públicos hai que engadirlle, pois, o de cinismo. Con maiúsculas.

8 comentarios:

RICARDO REIS dijo...

Faltou-lhe engadir que o de Palma tem cinco filhos e ia gastar os cartos públicos em prostituçao gay, não e iso o mal, se não fosse que se negara a casar parelhas homosexuais. Só uma refleçao que bem que isto não fosse tirado na campanha eleitoral, melhor assim, devolveu os cartos e xa a coisa é da intimidade da pessoa, não se deve mter a mau na ferida, ainda que se calhar haveria que recordar-lhe a este homem que fazia muita publicidade da sua militancia católica, que tudo se perdoa mas a sua devocão a uma virgem lá en Mallorca, o seu protagonismo na visita do Papa a Valencia, a suas mostras externas coa jerarquía de igresia, e o que depois dos cartos o que ficou pior na sua imagem , ego te absolvo in nomine patris e fillio et spirito sancto.E agora lera as confesions de San Agutín, quia feciste me et meu cor est inquietum donec requiscat in te, e voltará à cova da sua igresa hipócrita e pecadora já que fora dela não saberá viver. quen não tem que voltar pois está mergulhado e orgulhoso nela e o magistrado , sim saiu na campanha , da sentenza do Tribunal de Xustiza de Andalucia sobor da Educacão para a cidadanía... Que coisas verdade, que pontualidade ainda que juridicamente não vai ter futuro.

Tenho o honra de escomenzar o comentario, devo ser blogueiro de garda, pois tal como reparei en comentarios de hoje esta gente tem fugido mesmo da cidade.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Caro Reis: Eu estou também a fazer banca.
Com os meus cumprimentos.

Leituga 1 dijo...

O de Nova York pagaba cos seus cartos. Non lle vexo ningún problema, pero eu non son americano.
O do de Palma é de libro. Ou de libelo anticatólico. Neste caso a natureza imita á arte.

apicultor dijo...

O ghichiño este de Palma é, en efecto, de manual. De manual do perfecto hipócrita católico e corrupto.

Eu son moi tolerante e comprensivo cos vicios alleos -e non digamos xa cos propios-, pero, se lles hei de ser franco (con perdón), alégrome que saise unha foto del na prensa, para maior escarnio.

E é que neste individuo concorren varios elementos que o convirten nun auténtico indesexable: unha militancia ultracatólica, sectaria e intolerante; unha corrupción nacida da concepción de que administración "é nosa e fago o que me saia do nabo (nunca mellor dito) cos fondos públicos"; unha hipocresía atroz elevada ao cubo.

Así que, por min, que lle dean ben dado!

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Aleluia!!!!!!!!!
Regresaron os cofrades...

apicultor dijo...

Pois si, sans e salvos de volta, amigo Medela.

Por certo, non sei se leu a miña explicación sobre o affaire Antonelli, no que estaba tan interesado, que eu lle deixara antes de me ir.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Lin, home, lin. Pode estar certo diso. E lembro o filme que estaba a gravar a súa ex-moza. Ouviu, o iate non sería a gamela aquela do profesor, non me lembro como era que se chamaba, Alonso Romero, creo, que despois sería transformada no Breogán IV para ir ata Irlanda???

Tal vez o amor da eslovena transformou a gamela "La Pastorina" na mansión flotante de Onassis "Christina".

Que sorte, Apicultor. A conquista da Antonelli é a cruz de ferro con espadas, diamantes e follas de carballo para o seu expediente amoroso.

Apicultor: Dígolle off the record que me alegro moitísimo que regresasen vostedes.

En Karakalpakstan non foron ferias, como é evidente.-

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Cando sexan ferias en Karakalpakstan, avise. Teño un par de fichas para coches de choque do ano pasado sen gastar.