2 mar 2008













Traballo para os grafólogos (5)
ou como Rajoy lle copiou o seu eslogan a Méndez Ferrín


Tres novas entregas da colección de libros con dedicatorias. O de Ferrín ("A Marcos Valcárcel, historiador con corazón e cabeza") ten a súa gracia nestes días, non?
O de Neira Vilas asinoumo cando lle presentei ese libro na Feira do Libro do Carballiño do 95. O de Camilo Franco, que se presentara na sala de Caritel de Ourense, ten a súa ironía: andaba eu daquela en La Región coa serie "Ourense: universo literario", de case cen entregas.

Amigo Xoán da Coba, agardamos o seu veredicto como grafólogo.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Mañá faréi o meu análise grafolóxico.

Veño de chegar coa dona de Portugal e da Festa da Arribada de Baiona (o previsto viaxe a León foi postposto). Nun dos "chiringuitos medieváis" vendíanse libros usados,ao peso. Non sei se vostedes xa o viron nalgún sitio, pero pra mín foi a primeira vez. A seis euros o quilo, por certo!.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Seis euros o quilo! Pero contando coas portadas, lombos e gardas? Sacáronlle os proemios, os índices e as notas a pe de páxina? Pesáronos coas marxes e as sangrías de primeira liña? Un roubo, xa lle digo, un roubo manifesto.

Anónimo dijo...

Carallo, eu onte metínme no atasco da entrada de Baiona, dei volta e fun a Monzón. Non había feira medieval,pero si "natas" cun galao.

Anónimo dijo...

O de historiador con cabeza podo entendelo, pero o de corazón... qué raios querera dicir Ferrín con "corazón".

Anónimo dijo...

Cumpreanos feliz, amigo Valcárcel.

R.R. dijo...

Eu o dos libros ó peso vino na porta do Carrefur hai un par de veráns e fíxenme coas obras completas de Faemino e Cansado (non é broma) en líbro e VHS por seis euros.

Anónimo dijo...

Ferrín, dame a impresión que escribíu ese texto estando de pé, polo aspecto de certos trazos. (Outra posibilidade sería que fose escribindo no tren, ou que estivese enfermo).

Parece ser aberto e moi bó comunicador, pero nunca dí todo o que sabe. Con tendencia a agochar os seus sentimentos. De pensamento rápido, pode impacientarse cós demáis. Certos problemas pra integrarse có entorno. Amor polo risco "calculado". Nostalxia do pasado (cantos de vostedes firman no lado esquerdo?). Reflexivo nas decisiós e bó administrador de reservas.

Anónimo dijo...

A de Camilo Franco, moi parecida á miña en moitísimos detalles. Seríalle moi fácil falsificarme a letra ou a firma (ou eu a el). Polo tanto: Alto, guapo, ben parecido, intelixente, amable, sano, rico, viril....ejem.

Agora en serio:

Dalle senso artístico á realidade (fíxense nos "u".Letra que non aparecéu no texto de Ferrín, por certo). Intelixente. Gusto pola elegancia. Máis de ación que de proiectos. Capacidade de visión sintética. En determinados momentos, moi contados, pode ter moi "mala ostia".

Anónimo dijo...

Neira Vilas, persoalidade complexa. Parece como se tivera loitado coa vida en tódolos seus frentes. Tuvo que superar moitos problemas de todo tipo: familiares,sociales,amorosos,laborales,económicos. Pero xa saben: o que non te mata, faite máis forte. De todolos xeitos, non remata de autoafirmarse. Considera que a vida non foi xusta con él, empezando posiblemente pola súa propia familia. O seu mecanismo de defensa é o egoísmo, que considera totalmente xustificado. Só rinde contas ante sí mesmo. Sempre o xuiz máis esixente, por certo.