Mostrando entradas con la etiqueta grafoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta grafoloxía. Mostrar todas las entradas

2 mar 2008













Traballo para os grafólogos (5)
ou como Rajoy lle copiou o seu eslogan a Méndez Ferrín


Tres novas entregas da colección de libros con dedicatorias. O de Ferrín ("A Marcos Valcárcel, historiador con corazón e cabeza") ten a súa gracia nestes días, non?
O de Neira Vilas asinoumo cando lle presentei ese libro na Feira do Libro do Carballiño do 95. O de Camilo Franco, que se presentara na sala de Caritel de Ourense, ten a súa ironía: andaba eu daquela en La Región coa serie "Ourense: universo literario", de case cen entregas.

Amigo Xoán da Coba, agardamos o seu veredicto como grafólogo.

1 mar 2008





Premio Vicente Risco de Creación Literaria 2007

Presentouse hoxe en Auria, nun acto que contou co autor e coa presenza de Camiño Noia e Olegario Sotelo Blanco (editor).

Aproveitei para felicitar ó amigo Xosé Vázquez Pintor por este premio, polo premio da AELG e por outros recoñecementos: en Cuba presentouse unha escolma da súa poesía realizada por unha autora cubana.
Polo que se dixo na presentación da novela, creo que paga a pena lela. Velaí o texto (só o inicio) da lapela:
Cunha estrutura encabezada por poemas de Safo de Lesbos, a protagonista vai esmiuzando, nun xogo de intertextualidades, o que é a súa vida, marcada por un pasado de relacións imposibles de esquecer, dende a primeira infancia ata o momento presente. Vázquez Pintor, cunha linguaxe luminos e unha poeticidade de imaxes que esixen do lector unha participación activa, explora algunha das vetas máis escuras do ser humano, a soidade, os grandes traumas, a dor estado lacerante, para deixar constancia da catástrofe emocional que supón enfrontarse a vivencias límite.

30 ene 2008


Promesa cumprida
Atendendo a suxerencia dalgún contertulio, Rivas quixo deixar unha
dedicatoria para esta casa que tan ben coñece. Velaí:
Ás Uvas da Solaina e a Marcos, que mantén a horta de Itaca, meu amigo. Manuel O' Rivas. Ourense 29-I-08.
Como esta, O´Rivas debeu asinar unhas 30 ou 40 novelas nesa noite. Estivo asinando, sen repouso, entre as 10,05 e as 11 h., que baixamos cear. Todas a pluma (manexa xa con máxima destreza esa técnica) e co mesmo agarimo, sempre con algún debuxiño, e falando de vagar cos mozos ou persoas que se lle achegaban. Así se traballa esa empatía que xa se comentou aquí.
(Por certo, amigo Xoán da Coba, agardamos o seu diagnóstico grafolóxico).
P.S.: houbo referencias a Itaca e a Ulises na súa conferencia, como poderán comprobar na versión gravada.

9 nov 2007
















Traballo para grafólogos (2): algúns exemplos máis
Algúns exemplos máis de dedicatorias. As de Rosa Regás (Luna Lunera) e Manuel Vicent (Cuerpos sucesivos), cando presentaron estas novelas no Liceo ourensán. A de Filgueira Valverde, no seu VI-Adral, 1990, o certo é que xa non son capaz hoxe de descifrala. A de Manuel Guede Oliva, datada en Serenou (o seu Ourense literario), é da novela Vísperas de Claudia, finalista do Premio Xerais 1987 e a magnífica capa da portada que tamén reproduzo é de Xosé Díaz.

8 nov 2007





























Traballo para os grafólogos (1), se se animan...

Velaí algunhas dedicatorias, nos seus libros (moitas delas con motivo da súa presentación en Ourense), de autores como Carlos Casares, Manuel Rivas, Antón Tovar, Bieito Iglesias ou Manuel María.
Algúns datos máis: a de Bieito Iglesias está na súa única novela en castelán, Bajo las más bellas estrellas (Algaida, 1999, III Premio de novela Ciudad de Salamanca).
De Antón Tovar teño varias, pero puxen esta porque asinouma só uns meses antes de morrer: a man xa non conduce o pulso como debera, é obvio. É simpática ademais a confusión: puxo Marcos Casares, porque ese día eu agasalleino cun libro de Carlos Casares (nas outras dedicatorias súas está ben o nome).
A de Manuel María está no seu libro 99 Poemas de Manuel María, Ed. Razao, Porto, 1972: foi un dos primeiros libros en galego que lin na miña vida. O orixinal da casa tíñao o meu pai, supoño que dedicado a el; eu merquei este logo nunha libraría de vello e leveillo ó Manuel, porque para min tiña un gran valor emotivo.
A de Rivas está en Que me queres amor?. Despois destas datas, Rivas pasou a asinar, polo xeral, con dedicatorias moi traballadas, con debuxos que enchen toda a páxina.
O de Casares foi asinado cando presentou esta novela en Ourense, no Liceo, actos nos que eu participaba, xunto con Basilio Losada e o autor (foi o 20 de xuño de 1996 e gardo como lembranza unha tarxeta-chuleta co esquema das cousas que alí dixen).
Se queren, que traballen agora os grafólogos.