12 abr 2008


Acúfenos.
Pan por Pan sábado 12 abril
Isto que me sucede de cando en vez tamén lles terá pasado a vostedes: vou polo corredor dalgún edificio oficial ou mesmo pola rúa e escoito unha música; miro aquí e alá e non hai fío musical. Ata que me decato de que pasa un mozo perto de min, conectado a un deses aparatiños de música portátiles e decátome de onde ven o ritmo misterioso: do aparato do rapaz, escoitando tecno ou rap, en teoría para si mesmo. A que altura debe ir esa música para que sexa escoitada tamén dende fóra? Leo nun xornal que o uso destes aparellos está a facer aumentar os acúfenos en moitas persoas: ruídos fantasma que non teñen cura, como tintineos do cerebro ou ruídos neuronais. Algunhas persoas escoitan asubíos tan intensos e persistentes que case non poden durmir: unha sensación realmente horripilante. En fin, aviso para ós mozos que algún día deixarán de selo: por favor, baixen o volume.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Buf, son malísimos prá audición os auriculares. Sobre todo os que non cubren o pabellón e se introducen no oído. Nos somos conscentes dos decibelios aparentes, ou sexa reáis,que percibe o tímpano .Un pasaporte á sordeira, sobre todo de certas frecuencias. Fáganme caso: usen sempre os que cubren a orella, anque ás veces un parezca un mono con eles.

Anónimo dijo...

Direiche que en educación musical está cobrando forza a introdución dun novo cocepto: o de "ecoloxía sonora" a partires dos traballos do pedagogo musical canadense Murray Schafer.
Conceptos como polución sonora, contaminación sonora ou paisaxe sonora forman parte xa dos contidos da educación musical (ou, no seu caso, deberían formar parte).
Xabimusic.

Anónimo dijo...

Completamente de acordo, Xabimusic.
A mín particularmente moléstame moitísimo o fío musical, a todas horas i en todas partes. Moléstame, en dous aspectos: 1)físicamente, porque me impide concentrarme 2)intelectualmente polo que supón de trivialización da música. Tamén me molesta porque me gusta escoller a música que quero oir, e cando a quero oir.E os fíos musicáis de supermercados ,etc, non che dan opción.

Anónimo dijo...

Eso, xa sin contar o que me molestan os desafines de "triunfitos" e cousas así. Algún mete medo. Hai que ter valor. Xa coñece a definición de segunda menor: dous "triunfitos" cantando a unísono.XDDDD.

Anónimo dijo...

Eu cada día valoro máis o silenzo, a palabra xusta, o saber escoitar, ...

Anónimo dijo...

Falando de música, e habida conta da cantidade de siareiros e admiradores que ten a musa deste blog (á que o señor Marcos hai tempo que ten un pouco marxinada), colgo aquí esta noticia que de seguro ha facer a delicia de todos eles:

El próximo 20 de mayo Rhino publica "Anywhere I Lay My Head", el primer disco de la actriz estadounidense Scarlett Johansson

No es la primera vez que la escuchamos cantar, pero sí la primera que se atreve con un álbum entero. La joven de 1,63 metros de estatura y labios carnosos ya nos deleitó con su voz cantando el tema 'Brass In Pocket' de The Pretenders en la película de Sofia Coppola "Lost in Translation".

Ahora Scarlett Johansson presenta "Anywhere I Lay My Head", un álbum de debut que fue grabado durante cinco semanas el pasado verano en los estudios Dockside de Louisiana. La producción ha corrido a cargo de David Sitek (TV On The Radio), cuya labor representa un papel fundamental en el sonido del álbum.

Además, "Anywhere I Lay My Head" cuenta con David Bowie como invitado de lujo, que colabora haciendo coros en dos canciones. El repertorio del disco está compuesto por 10 versiones de canciones de Tom Waits, gran parte de ellas compuestas en colaboración con la mujer de éste, Kathleen Brennan, y una canción escrita por David Sitek y Scarlett Johansson.

Algunas versiones de Tom Waits, que dio su visto bueno al resultado final del disco, son irreconocibles y otras fieles al original.

Por su parte, David Sitek ha comparado la voz de Scarlett Johnasson con la de artistas tan conocidas como Debbie Harry o Liz Fraser de Cocteau Twins y This Mortal Coil.

"Anywhere I Lay My Head" es un disco sorprendente, un álbum que dará mucho que hablar en los próximos meses. Como anticipo, el 29 de abril se pone a la venta en las tiendas digitales 'Falling Down', el primer single del disco.

Anónimo dijo...

Dos auriculares:
Hai tres anos houbo unha campaña no metro de londres pedíndolle aos rapaces que baixasen o volume para non lle dar o coñazo aos que ían ao lado. Debo ter unha foto por algún sitio.

Anónimo dijo...

Súmome ao reproche do Apicultor sobre a escasa presencia da nosa musa entre as ilustracións deste blog. Eu creo que calquera ocasión (mesmo falar da política de vivenda) é propicia. Anímese, don Marcos.

Anónimo dijo...

Vaia!:
"...Pete Townshend, miembro de los míticos The Who, también ha advertido del peligro para el oído de los reproductores de mp3 y iPod y aconsejó a los jóvenes no abusar de estos pequeños reproductores de música a alto volumen. «Sin querer he ayudado a inventar y desarrollar un tipo de música que causa sordera a sus principales impulsores», declaró el músico de 60 años en su sitio de Internet. Confesó, además, que se ha visto obligado a suspender sesiones de grabación por problemas de audición causados por los sonidos emitidos por los auriculares. Otros cantantes han sufrido también sorderas parciales, como el inglés Phil Collins, quien perdió un 60 por ciento de la audición, o la rapera estadounidense Foxy Brown, quien se someterá a una operación tras haberse quedado casi totalmente sorda."
Está eiquí:PREMER.

Anónimo dijo...

O problema de Pete Townsend vén do programa de Ed Sullivan, EEUU 1966, cando Keith Moon fixo estoupar con pólvora a súa batería, despois do grupo esnaquizar totalmente o escenario.

Saúdos, Da Coba, ben coñezo o bar Frayma de Lobios, a Paco e señora, e o computador aquel do recanto, de inserir moedas.

Cumprimentos.-