27 abr. 2008

Cen Anos de Historia Cultural: 2000 (segunda entrega)
Galaxia, Couto Mixto, Golfiño.

Na imaxe, Mercedes Peón, Pura Vázquez, Manuel Luís Acuña.

O artigo completo.



21 comentarios:

Anónimo dijo...

Por non saber onde poñelo, pégoo aquí.
Abstéñanse esperantistas e pilinguis.

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=293696

Profesor de latín e grego no Ensino Secundario en Vigo.
Xiao Roel: "Todas as investigacións apuntan á celticidade primitiva de Galiza"
“Estes ignorantes alporizados de Galicia Bilingüe son a punta de lanza do globalismo neo-liberal”
POR MANUEL VIDAL VILLAVERDE

Xiao Roel (Vigo, 1954) é profesor de latín e grego no Ensino Secundario en Vigo. Foi membro do grupo fundador da revista Dorna e colaborador ocasional na imprensa. Secretario da Organización Rexional Galaica da Confederación Nacional do Traballo. Poeta (case) inédito, agás eventuais publicacións en revistas literarias e culturais. Hai na súa gaveta dous libros de versos: Ortegal e Culinaria de amor salgado. Tradutor desde as linguas clásicas, o francés, o italiano, o catalán e o grego moderno. No prelo xa están O cimeterio mareiro, de Paul Valery; e O monograma, de Odiseas Elitis, publicados xa en Bivir. Hai pouco saiu de seu n"A Trabe de Ouro, O Tordo, de Giorgos Serefis. Traballa arreo en distintas traducións: Safo de Lesbos, Anacreonte, Corpus Hermeticum, Senghor, Kavafis. Como el mesmo di de si, é discípulo do saudoso profesor Díaz y Díaz (in praesentia), e de Agustín García Calvo (in absentia).


Xiao, en primeiro lugar, ti cres que un anarquista pode autoproclamarse, sen máis, nacionalista e independentista galego?

Lembrarás, Manuel, que eu non me declaro nin me declarei nunca nacionalista. Para min as ideoloxías nacionalistas son un tírate ti para poñerme eu. Unha especie de xogo de envite continuo con dous polos de afirmación que arreo están a contrapoñerse, e desta dialéctica pretenden tirar avantaxes para cadanseu peto. A miña ideoloxía anarquista levoume a ter moi pouca conta das cuestións esas das fronteiras e dos estados. Só nos derradeiros anos vin a pensar que vivir no Reino de España traíame máis desavantaxes e inquedanzas que a posibilidade de vivir noutra sociedade, a miña, a da cultura de meu, pequena e menos rica, pero na que a miña forma de falar, é dicir de ser, estea fóra de ataques continuos e ensañados. Se non nos queren, para que seguirmos aí?



En que lugar do teu corazón, razón e talento, habita a inconfundibilidade da Nación galega?

Nación, como di o seu nome, é o lugar no que nacemos, coa súa conformación xeolóxica e mariña, cos seus montes e vales, coas súas chairas e fragas, co seu clima e o seu ar. Pero tamén é a liña incesante que vén de aló das xeracións e vai para onde serán os que non naceron. E tamén a lingua de nós, a que nos permite constituírmos en pobo, en cultura, en comunicación. Iso é para min, internacionalista, o que é unha nación: aquilo de meu, de nós que eu podo achegar a todos os pobos do mundo, como a min eles me achegan de seu. Non se pode ser internacionalista e non ter nación. Sería unha contradictio in terminis.



Cando falamos da historia da lingua (a nosa, sen dúbidas), ao teu ver, cal é a súa evolución, perigos, encrucilladas e outros posíbeis atrancos que tes observado e denunciado?

Nisto da historia da lingua habería moito que fiar. A min existen varias cuestións que me preocupan desde hai tempo. A primeira é a da orixe do portugués. Como é posíbel que exista un portugués medieval, cando os textos amosan unha soa lingua, a da Gallaecia que só se pode chamar galego, pois nin existía aínda Portugal antes do século XII? Este dislate do galego-portugués, e aínda portugués medieval, vén da febleza dos nosos estudos filolóxicos antes dos oitenta do século XX, mentres a filoloxía portuguesa desde Vasconcelos e Carolina Michaëlis tiña unha forte presenza dentro do mundo da filoloxía románica. Tamén poderiamos falar da situación do eo-naviego e da fala eAtremeña que, para min sen dúbida ningunha, son galego, malia o que diga a Academia Asturiana, a filoloxía portuguesa ou a española. Só hai que poñer a orella para sentir a entoación e a música do galego, á parte de consideracións filolóxicas evidentes.



E a propósito da chamada "Teoría da continuidade Paleolítica", na que ti estás a traballar con outros destacados filólogos e lingüistas, pregunto para entendérmonos, en que se constitúe e mesmo consiste esta hipótese, se me permites a expresión?

Como xa expliquei noutros lugares, cando hai dous anos Gonzalo Navaza me daba a primeira noticia sobre a TCP e me puxen sobre os textos que achei na páxina web www.continuitas.com, o primeiro que sentín foi unha certa estrañeza e rexeitamento, pois parecía ir en contra de todo o que eu estudara sobre o indoeuropeo. Pero cando levaba varias horas entusiasmado lendo sen parar eses textos, decateime de que o que estaban a dicir os autores daba resposta a moitas dúbidas que acumulara eu desde as miñas épocas da universidade e, aínda máis, que no fundamental a nova teoría respectaba os indudábeis logros da indoeuropeística. O único que cambiaba era o punto de vista temporal e xeográfico, ademais do vector de expansión. No tempo baixábase agora até o -40.000 (antes como moito chegabamos ao -8.000, na máis atrevida das formulacións), xeograficamente falando as estepas da Ucraína eran substituídas por África e o modelo invasionista por un modelo de expansión gradual por unha terra baleira a medida que se retiraban os xeos. Todo isto viña a coincidir co que estaban xa a ver os arqueólogos e seguía a pauta da continuidade que xa marcaran anos antes os húngaros para o tronco ugro-finés. Nesta teoría Galiza pasa de ser un dos últimos territorios europeos aos que "chegaban os celtas" para sermos primitivo soar europeo dos pobos de linguas célticas. O conxunto de investigacións filolóxicas, antropolóxicas e culturais, arqueolóxicas e xenéticas veñen todas apuntando nesta mesma dirección, cara a unha celticidade primitiva de Galiza. Aínda hai moito para investigar (a teoría vén actuando como tal só desde o ano 1999) e para deixar que os datos repousen e se dea o debate necesario que, pola inercia académica e o medo ao novo, o mundo universitario está moitas veces eludindo.



Cambiamos o terzo, Xiao?

Mentres non sexa para o de varas, todo vai ben.



Con respecto ao idioma cal é a túa opinión a propósito desa falacia (para min e para tantos) do chamado "bilingüísmo harmónico", e mesmo non cres que se consumatum est esta ignoracia, a gravidade no galego sería mortal?

O chamado bilingüismo harmónico non pasa de ser un semilingüismo no que non se domina ben ningunha das linguas e, xa que logo, ningunha das linguas de fóra que se queiran aprender. O que hai en Galiza é unha situación de diglosia entre dúas linguas en contacto, a propria minorizada e cunha canga de desprestixio secular, a oficial do Estado prestixiada como unha das linguas de cultura máis importantes do mundo, que goza dunha saúde estupenda, mentres a nosa, o galego, está a ver como se interrompe a comunicación xeracional pola primeira vez na súa historia. A perda dunha lingua é como a perda dunha paisaxe, da pureza das augas, da diversidade da fauna, da existencia dun pobo. Con cada lingua que morre, morre unha maneira diferente de ver o mundo. Nesta época na que unha globalización apregoada polos medios de masas e a maior gloria do Capital, o diferente, o pequeno, é o último refuxio para resistirmos esta vaga de uniformización capante. Segundo eu o vexo, a pluralidade e o seu respecto fainos a todos máis libres e máis ricos (espiritualmente falando, claro está). Estes ignorantes alporizados de Galicia Bilingüe son a punta de lanza deste globalismo neoliberal pero no noso caso mesturado dun fume xenófobo españoleiro de arraigada caste na España. Iso sen esquecer o seu punto facha e con evidentes doses de paranoia (deberían psicoanalizarse). Pero, aínda que lles outorguen nos medios de sempre moita cancha, non deixan de ser un fato reducido (aínda que moi ruidoso, e con cartos para as súas montaxes que eu non sei de onde vén) lonxe do conxunto social galego que non é nada dado a aventuras extremistas (no mal sentido da palabra). Como dixo Castelao, aos parvos mellor nin arrimárselles, non sexa que vaias acabar ti tamén parvo.



En relación coa poesía, como a entendes, como a ves e interpretas ti, no só como autor, senón que tamén como poeta que es, aínda que tantas veces te teñas negado a publicar. Cal é logo, o estado da cuestión hoxe en día?

A poesía vai comigo desde neno. Sempre gostei de recitar poemas engaiolado pola música das palabras. De adolescente comecei a escribir versos (como todos, supoño) e dende entón é a miña forma de expresión artística. O ritmo da poesía, a súa música é para min o berce do meu benestar. Pero como ben dis, son un poeta inédito (agás puntuais aparicións en revistas literarias), pero non descoñecido xa que asisto a recitais e non me nego a que me lean. Pero o asunto editorial é para min algo que mete medo con demasiados requilorios e cerimonias. Non rexeito a edición, pero eu non vallo para moverme neses mundos.



O nacionalismo con representación parlamentar, tanto en Madrid como no Pazo do Hórreo, é un barco á (ou) en certa deriva que abandonou ou está comezando a abandonar o alicerce esquerdista con que en certa maneira (sen solercias) foi constituído?

O BNG é un partido (ou algo semellante) nacionalista de esquerdas (entendidas nun senso moi amplo) pero non independentista. Ademais o seu esquerdismo é moi difuso (como difusa é a composición do Bloque), case de tipo reformista. Como antes che dixen, os partidos nacionalistas que xogan no palenque do Estado Español parécenme unha especie de poxadores, ao mesmo nivel que o centralismo español. Nese xogo é no que quere entrar o BNG, e aí poden facelo ben. Pero se falamos en Nación soberana e en esquerdas, propriamente falando, o Bloque está moi lonxe.



Algúns honrados políticos, certos, intelixentes e mesmo con talento din que a Galicia ou Galiza, como ti queiras, non lle viría mal ter un partido nacionalista de dereitas. Cal é a túa consideración, a túa opinión con respecto a esoutras manifestacións?

Saberán os de dereitas. Mentres non sexan da mitra de Rouco ou das bandeiras imperiais? (ou violetas?).



Xiao, profesor e colega Xiao Roel: eu, fóra das actitudes vivenciais (e certamente poéticas), non vexo en ti un anarquista no sentido e interpretación da pura palabra; porén non entendo alá moi ben (ou é que todo evolucionou) nun senso distinto a Marx, Engels, Hegel ou o propio Bakunin, Moro, Milton e outros "utopistas" tocados polo mesianismo inútil dos credos (cales queira que sexan)?

Concordamos en que o fin último de marxistas e anarquistas é un home e unhas sociedades libres sen Capital e sen Estado. A diferenza está no xeito de achegármonos aló. O marxismo tentou, e tenta, a vía da política, con ou sen colaboración co estado burgués (e ás veces ditatorial). Pero mesmo os anarquistas ás veces temos que baixar ao campo político (lembra Barcelona no 36). Eu cos amigos marxistas teño un lugar de encontro no antifascismo e na antiglobalización. Aí temos cancha toda a esquerda para atoparnos e traballar xuntos a prol da felicidade humana.



Significantes e significados... Cal é a razón de ser uns vocábulos "certos" e o sentido dos outros?

Non sei moi ben por onde queres ir, Manuel. As palabras son a realidade e o sentimento feito ar, música, modulación. Pero este xogo de abstracción non é inamovíbel. As palabras viaxan con nós toda a vida e nútrense dos nosos feitos, vivencias, sentimentos, cárganse semanticamente e en parte sonlles transmitidas aos outros nun xogo de intercambio constante, van cambiando, unhas si outras non, segundo cambiamos os homes que as modulamos e as cargamos de significados.



Semiótica, semioloxía, sociolingüista, autoodio e outras palabras substantivadas ou adxectivadas... poden todas elas derivar na certeza ou incerteza da diglosia?

As palabras como che dicía van con nós, pero nós somos en sociedade. Non existe o home só, o solipsista perfecto. A diglosia é o peor acto de masoquismo dun home que nega unha parte de si, que trata unhas palabras como cinsentas e outras como princesas. É como eses enfermos mentais empeñados en autolesionarse.



Dignidade e independencia; a min Xiao Roel, gustaríame que ti, e non polo curto, pero tampouco excesivamente longo fixeses unha aproximación a estas dúas palabras, ou se queres dous sentimentos; paréceche?

Pois vou ser curto, Vidal, a dignitas é ese estado do home que se acepta a si mesmo, que vive orgulloso da súa escala de valores e en comunicación respectuosa e nutricia cos seus semellantes nunha sociedade de todos e con todos. E o maior acto de dignidade é para min a independencia, buscar ser o que somos sen disfraces nin caretas.



Retornemos ao nacionalismo, Xiao: que ves ti mal ou ben na "normativa de concordia". E outra: pode alguén que se autoproclame nacionalista, argüír que non é independentista e polo tanto separatista?

A segunda pregunta vai xa contestada. Pero sobre a normativa de concordia teño que dicir que vai no bo camiño de converxer co portugués. Aínda quedan banzos nesta escada, pero cómpre percorrelos a modo, porque o primeiro é salvar a lingua (é dicir, nós) desta desfeita que vén acelerando desde hai 50 anos sen parar.



Ti cres que un Estado federal español resolvería os problemas de Galicia?

É posíbel. Depende do acto fundacional do novo ente social. Só en plano de igualdade de pobos e nacións, podería darse un estado federal a gusto de todos. Véxoo moi difícil.



E un federalismo ibérico como dixo para non sei que o "afectado Nobel" José Saramago?

Como sabes eu son un iberista convencido (na mellor tradición do anarquismo ibérico). O iberismo para min só é posíbel desde a igualdade previa de todas as nacións e pobos de Iberia. Por tanto, sería requisito previó á federación a independencia de todas as partes. Un soño utópico que teriamos que soñar todos.



Outro cambio, Xiao. Sei que estás a traballar na tradución (non sei se completa) de Marcel Proust... Para cando ha ser en nós-outros o privelixio de lelo no noso idioma?

Traducir Proust é para min un pracer, case que como un vicio secreto. Publicalo ou non, xa o veremos, agora estou na fase de gozar co acto da tradución e os apaixonantes problemas que presenta.



Pregunta ontolóxica: ti cres nalgo?

A única crenza movida por fe que teño é que o Celta gañará un día a Copa de Europa. Para o demais son ateo recalcitrante, tanto nas cousas de deus como nas cousas do mundo.



Fai unha análise da literatura galega actual, sen medos nin distanciamentos. Podes, queres?

O sistema literario galego goza ­dunha saúde envexábel. Eu só leo poesía, como ben sabes, e aí podo dicir que estamos nunha idade de ouro. Graña, Ferrín, Vilanova, López Casanova, Bodaño, Pexegueiro, María Xosé Queizán, Luz Pozo, Darío Xohán, Tosar, Forcadela, Angueira. Só por falar dos que máis frecuento. Encheríamos esta resposta cun bo feixe de nomes, todos dun alto nivel.

XDC dijo...

Unha pregunta pra Xose Miranda, por si lee este blog, e si quere darlle resposta.
No seu libro "Ariadna" chamóulle "Musmususmu" a un gato cibernético. Púxolle ese nome por casualidade?. Non sei se o sabe, pero na lingua wolof, de Senegal, "muus" significa, precisamente, gato. E a expresión "Muus mu..." significa " O gato que...Se fora "Muus mu suñu" significaría "o gato que é noso".
É unha coincidencia "jungiana", ou vostede sabíao, á hora de poñerlle o nome ao gato?.
PREMER.

XDC dijo...

Vaia. Vexo na ligazón que en uzbek dise "muxuk".Hum.

XDC dijo...

I en asturiano "músaru". Joer.

XDC dijo...

E grico salentino?

XDC dijo...

Baax na, samay xarit yi bu baax. Geemantu naa. Damay bëgga nelaw. Ba suba ak jamm.Fannaaleen bu baax-a-baax.

Boeno, meus bós amigos.Dame o sono.Vou dormir.Ata mañán .Pasade boa noite.

xosé da casanova dijo...

Verá, XdC, déixame vostede abraiado (aínda que sospeito que vostede mesmo o está). En puridade, o nome do personaxe musmususmu non é meu: roubeillo ao Paco Martín. Claro que nel era o nome dun rato, que se explica (?) pola repetición de mus. Se o gato caza ratos, podemos con facilidade aplicarlle a un o nome do outro. Así pensei. O meu gato é mecánico, pero murador. (Un gato murador é o que caza ratos, non o que anda polos muros). Noutras palabras, os nomes do rato e do gato semellan emparentados ou cando menos similares. Non me dirá vostede que muus (gato) e muxuk, músaro, mixino, michino, etc, non se semellan a mus, maus, mouse. E non me dirá que o que fan os gatos, miañar, maullar, facer miau, non se parece ao nome dos ratos. Do mesmo xeito que o que fan os cans (guau, antes sería uau), será onomatopeico, pero seméllase ben aos nomes do lobo -wolf, ulf- e do raposo -vulpes (que soaría uulpes), golpe. Pero o raro é que os nomes europeos do gato son, en verdade, derivados do nome do can (catus: canciño)e os nomes latinos do rato parece que proceden máis ben da rata, porque en latín orixinalmente o gato era felix e o rato mus. Pois vexa se se asemellan (rato, gato). Teño moito que pensar a raíz da súa pregunta e penso seguir o fío deste novelo (ou novela) nun artigo na miña avelladamanta.
E il será unha confirmación da existencia dunha superfamilia "nostrática"?Quédolle agradecido.

XDC dijo...

No caso dos cas, vostede sabe que a onomatopeia pra os ingleses é "wóf",e non "guau". Os cas ingleses ladran "wof,wof" e non "guau,guau". XDD.
E o tema si que da pra pensar, sí, por todas as relaciós "onomatopéyico-sinestésicas" que poden intuirse.
Saúdos. Ou cumprimentos, como di o Medela.

XDC dijo...

En zooloxía existe precisamente a familia "muridae", dos múridos.
Deus saberá cantos animáis collerían o seu nome pola súa relazón con outros, ou meso con plantas. O gato debéu ser "rateiro", e recibíu o nome por esa utilidade. Entre as águias están a "culebreira" e a "rateira", tamén. Tamén moitas árbores deberon recibir nome relacionándose con animáis, en todalas línguas do mundo. Buf. Grazas pola fecunda idea que me deu, XDC (Xosé Da Casanova).

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

O morcego tamén é o rato cego. En español pódese dicir murciégalo e murciélago.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Da Coba, unha preguntiña. Que paxaro virá sendo este que retratei na parte de Lobios???

Grazas.-

PAXARO DO LIMIA

Júlio Medela de Lobeira dijo...

DA COBA... DE DONDE VIMOS. PARA ONDE IMOS. E O MÁIS IMPORTANTE: DE QUEN VIMOS SENDO???

Júlio Medela de Lobeira dijo...

DACOBA,ESTE CÍBER É O MEU NEXO CO MUNDO

Júlio Medela de Lobeira dijo...

DA COBA, AQUÍ VIVO EU


DA COBA, ESTE É O MEU CUARTO

XDC dijo...

O paxaro ese éralle ben raro nos ríos hasta fai unhos cantos anos, "drug moi" Medela. Foron subindo desde o mar a medida que os nosos riós se encheron de lixo orgánico.A ponte paréceme que é a que está ao lado do cruce de Lobios. Non debe ser a que vai prá Illa, máis arriba.Non coñezo a orografía da Baixa . Éme difícil saber se está mirando pra Portugal ou pra España, anque me parece máis o primeiro.Non coñezo esa orografía coma vostede. O paxaro estará reflexionando sobre o seu futuro como logotipo dun determinado partido político. Tamén pode ser que se chame "Jonhatan Livignston" (Die Möwe Johnatan"),e que esté a punto de desaparecer pra aparecer noutro sitio,porque "A perfeita velocidade non é voar a mil quilómetros á hora, nin a un millón,nin á velocidade da luz.A perfeita velocidade é ESTAR ALÍ".
Seguro que lembra que, cando os secuestradores de Patricia Hearst mandarón unha gravación coas súas esixencias, a policía identificóu os característicos reclamos deses paxaros como fondo, e pudo facerse idea de onde podían estar escondidos.
E agora, dedícolle esta:PREMER.

XDC dijo...

Tamén está moi ben a foto do "xardín dos sendeiros que se bifurcan". E a do salón recreativo "Texas", na Bedoia, onde tantos rapaces "copan" ás clases, fuman e xogan ás máquinas. E a do paralelepípedo onde vive, monumento a Descartes . Seguro que vostede vive no (x=1,y=4,z=5) que da prá parte do sol. E o televexo do seu cuarto debe ser de cartón,pra dornar, que agora xa só fan televisiós que non se apagan nunca,están sempre encendidas, coma os reloxes.

xosé da casanova dijo...

Non sei se se fixou, da Coba, en que o Ratonero (Buteo)chámase en galego Miñato, e miñato parece que, en realidade, é o mesmo: miñato, gato, que miaña (ou que caza ratos). Ademáis, a Gatafornela (Circus) debe levar ese nome por algo. Arume: nalgúns lugares de Galicia, o morcego é aínda muricego. En catalán, rat-penat; en vasco saguzar, sendo sagu o nome do rato,en alemán fledermaus. A musaraña (musgaño, murgaño, furaño,furafollas) é ao tempo rato e araña, ou teipa e araña (italiano, toporagno); alemán: pitzmaus. En fin, uns animais levan o nome doutros: Do merlo, a merluza; do corvo, a corvina, etc. É moi curioso o caso dos caimáns. Herodoto (Historia) aclara que crocodilo era o nome grego dos lagartos. Cando os gregos coñeceron Exipto, extenderon o nome a ese réptil xigantesco que atoparon no Nilo (e no Sahara). Ou sexa, o lagarto deulle nome ao crocodilo. Cando os españois chegaron a América, atoparon crocodilos. Nunca os viran. Como lles chamaron?: Lagartos. Aínda así lles chaman os latinos norteamericanos (nos debuxos animados dobrados en México vía eu as fazañas do "lagarto Juancho"). Cando chegaron os ingleses chamáronlles co nome español, mal pronunciado: un lagarto! A ligator! Aligator.

xosé da casanova dijo...

Sendo eu neno, un veciño da miña idade, o Juanito, apareceu a xogar cunha figuriña de plástico dun crocodilo. Díxenlle: préstame o crocodilo! El dixo: non é un crocodilo, é un águila-Tor.
Eu: home, é un crocodilo, ou será un caimán (teríamos sete anos). E o Juanito: é un águila-Tor, que mo dixo meu pai.
Tardei anos en descubrir o misterio: era un aligátor.

XDC dijo...

Moi interesante.Aiquí van enlaces dalgunhas páxinas polas que estuven indagando agora mesmo:

PREMER.
PREMER.
PREMER.
PREMER.
PREMER.
PREMER.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Grazas, Da Coba, polos fascinantes enlaces sobre etimoloxías.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Da Coba, o paxariño do Val do Limia está pousado na varanda da ponte da Illa. Olla cara a Portugal.
Patty Hearst non ollaba para ningures. Estaba a posar para a foto.
Cumprimentos.-