27 abr. 2008

Sextinario.
Pan por Pan domingo 27 abril

Marica Campo é profesora de Lingua Galega en Guitiriz e tamén autora de libros de poesía, narrativa e teatro. Vén de publicar, na colección Edoy Leliadoura, o seu último poemario: “Sextinario: trinta e seis + tres”. Isto é, 39 sextinas, poemas de seis estrofas de seis decasílabos rematadas en tres novos versos. Poesía auténtica, nacida das raíces e do corazón, con múltiples rexistros. Velaí unha breve mostra:
“Apunta estas palabras: Cando a morte
me leve á outra beira, escribe viño,
non me metas paraugas, quero chuvia
que me molle o cabelo e chegue á boca.
Non me poñades flores, só unha hedra
das que abrazan as árbores do bosque.

Escribe esta palabra, escribe bosque
fraga anterior aos deuses onde a morte
lle dá aos carballos secos vida en hedra,
como copa ateigada dun bo viño.
Embebédame así, éncheme a boca,
e escoita como canto baixo a chuvia”.

104 comentarios:

apicultor dijo...

Extraordinaria e orixinal obra poética que xa lin hai uns meses, dunha escritora profunda que non se presta á típica "feira de vaidades" tan de moda polos nosos pagos.

Anónimo dijo...

Concordo con apicultor. Libro de poemas extraordinario e enormemente traballado no que atinxe á versificación estrófica. Parabéns a Marica e a Sotelo Blanco (moi especialmente ao director da colección de poesía Edoy Leliadoura, Xesús González Gómez, por atinar, unha vez máis, cun libro polo que apostou decididamente).
Modesto Fraga

apicultor dijo...

Alégrame coincidir con vostede, amigo poeta Modesto Fraga, porque de poesía entende moito máis ca min (e de seguro que terá lido tamén moito máis ca min).

Vostede o dixo con absoluta precisión: a obra de Marica Campo é un "Libro de poemas extraordinario e enormemente traballado...".

Anónimo dijo...

de verdade que ninguén pensa que ese Sextinario é un libro atrasado, no que ecoa o peor do convencionalmente denominado realismo e un formalismo certamente gratuíto, non meditado alén do mero exercicio de ximnasia?

o máis triste é que o premio o outorgaron por votación os escritores socios da AELG, escritores todos, que demostran a súa ineficiencia na lectura de poesía.

de narrativa, nada a dicir: Murado resultar escolla máis acaída ca do premio da Crítica, sen dúbida.

arume dos piñeiros dijo...

Ese poema é unha anacreóntica. Vou mirar máis ese libro, pero o de Helena de Carlos era para mín moi bó, como o de Oriana Méndez ou o de Anxo Angueira. Haiche moi bós poetas por estas terras. Doutra cousa eu si que non sei. Desta tampouco. Falo como amador.
Todo esto despois da derrota.

Beria en Siberia dijo...

Aos que sexan uns envexosos como ese anónimo heinos envíar de verdá a un gulag para que aprendan métrica da boa.

Anónimo dijo...

Si que ten dous ou tres poemas realistas (non máis), así que o anónimo anterior non leu o libro enteiro. O poeta (neste caso a poeta) tamén é un cidadán e fai denuncias.

Anónimo dijo...

o "peor do convencionalmente denominado realismo" non ten nada que ver co tema que trata un poema

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Dixen Ancreóntica, pero ecos de Safo e de Alceo tamén poden verse:
ALCEO (Según traducción de Carlos García Gual).

Bebe y emborráchate, Melanipo, conmigo ¿Qué piensas?
¿Que vas a vadear de nuevo el vorticoso Aqueronte
una vez ya cruzado y que de nuevo del sol la luz clara
vas a ver? Vamos no te empeñes en tamañas porfías (...)
Mientras jóvenes seamos, más que nunca, ahora importa
gozar de todo aquello que un dios pueda ofrecernos.

apicultor dijo...

Estararía ben que se debatira en serio a orientación poética desta ou doutra obra de calquera poeta do país. Todos aprenderiamos algo.

Pero debatir en serio quere dicir achegar honestamente algún tipo de argumentos, todo o subxectivos e discutibles que se queira, pero argumentos e non simples afirmacións lapidarias e impugnacións á totalidade.

O Anónimo "crítico" (sic.) semella autoerixirse en "conciencia poética fidedigna" por riba das dúcias e dúcias de escritores (moitos deles poetas con recoñecida e dilatada traxectoria) que co seu voto outorgaron libremente o premio á obra en cuestión. Deixando aparte da vaidade que iso representa (afirmando nada menos que "demostran a súa ineficiencia na lectura de poesía": curioso concepto este de ineficiencia!)), non habería nada que obxectar a tal postura. Si, en troques, que sexa confuso e inconcreto: por exemplo, se di que "o `peor do convencionalmente denominado realismo´ non ten nada que ver co tema que trata un poema", debería explicar qué quere dicir exactamente con iso, e a ser posible demostralo dalgún xeito.

Desde logo que xa aburren por reiterativas e previsibles reaccións (sempre desde o anonimato da rede) que -salvo mostra en contrario- semella que teñen máis que ver coa envexa ca con outra cousa. E despois queixámonos de que non haxa crítica literaria seria se nós non somos serios!

Anónimo dijo...

Desculpe, don apicultor, nada máis lonxe da miña atención que amolalo, nin a vostede nin ao seu prezado Sextinario. E sinto non estar á altura do debate neste blog nin en ningún outro. Que nada perturbe a paz, sobre todo, e por suposto esquezan opinións que non lles dean a razón.

"libro extremedamente traballado, extraordinaria e orixinal", así dá gusto

Continúen, continúen. Adeus.

apicultor dijo...

Non, ho, a min non me amola. E desde logo que eu neste asunto da poesía non me presento como gran coñecedor nin como experto infalible. Líbreme deus de tamaña impostura. Tan só como un simple, o máis simple (e, se quere, torpe) dos lectores. E non pretendo nin podo ofrecer outra cousa.

Por iso me gustaría aprender de quen sabe, ler opinións fundamentadas. Noutro fío acaba de escribir Xosé Miranda, por exemplo, que é -penso desde a miña pouquidade nestes asuntos- un bo poeta, ademais dun bo novelista. A opinión del, sempre ponderada e clarificadora, sería de gran utilidade. Como tamén a de Román Raña -poeta tamén de constratada calidade-, a quen lle lin un amplo comentario moi positivo sobre esta obra en cuestión que vostede deosta confusamente en poucas liñas.

A súa seguramente tamén sexa unha opinión clarificadora, Anónimo, pero comprenda que empezou con mal pé porque usou un rexistro impugnador demasiado visto por estes pagos. Pero por min pode perturbar toda a paz que queira.

Mais eu tamén penso -dende a miña ineficiencia (sic.)- que falar de poesía ten moi pouco que ver con dar ou quitar a razón.

Anónimo dijo...

Lin algún outro poema de Marica Campo e coincido dende o meu limitado coñecimento da poetisa co que di o anónimo anterior. Ronroneo que se sabe onde comeza e cara onde vai, final agardado e durante, imaxes de artificio que xa non poden dicir nada, porque infomativamente resultan demasiado redundantes, expresivamente demasiado afectadas. Encontro mais intensa a obra de Helena de Carlos a pesar de que so denota onde comenzaría a poesía se se atrevese e puidese seguir . Pero son estas opinións dun lector ocasional de poesia que non quere condear a ningúen e menos a ningún poeta, excepto a aqueles que en vez de versos escriben rípios para mostrar a fermosura da súa alma.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Creo que merece desde xa unha reseña a obra de Marica Campo. Pero demorada. Propoño estes items.
O. Paratextos. Dedicatorias. Homenaxes. Outros versos empregados.
1. Número de poemas. Títulos dos poemas. Epígrafes.
2. Estructura do poemario.
3. Temas principais. Motivos secundarios.
4. Especiais recursos retóricos (ou formais ou estilísticos, como queiran).
5. Intertextualidade. Influencias, tradicións (métricas, se tivera interese).
6. Voces do discurso poético.
7. Concordancias con outras obras súas.
8. Relacións cos outros membros de xeración, movemento, promoción (se houber).
9. Reseñas xa habidas. Recepción da súa obra. Ubicación sociolóxica e canónica da súa poesía.
10. Caixón de xastre para o que fora mester.
A partir de aquí falamos.

apicultor dijo...

É imposible gustar a todo o mundo.

Tranquilidade dijo...

Paréceme que Apicultor meteu o zoco. Non me parece tan tremendo que se faga unha crítica literaria negativa. Por outra parte, creo que as opinións de Apicultor están tan fundamentadas ou tan pouco fundamentadas como as do crítico de Marica Campo. Xa que logo, Apicultor, non se alporice porque lle leven a contraria. Ademais, Román Raña non é unha referencia da crítica en Galicia. Todo o mundo sabe que as súas reseñas son sempre xabonosas. Tranquilidade, Api, e que sigan opinando.

Anónimo dijo...

Pero o gusto compromete e implica, diciao hai xa ben anos Bourdieu. Por exemplo sabemos agora do gusto literario do Apicultor.

apicultor dijo...

Xa empezamos a meter cizaña, señor tranquilidade. Eu nunca dixen que non se sega opinando, home, nin tampouco que fose tremendo nada, nin tampouco me alporicei, nin...

En fin, que paso.

Anónimo dijo...

E vostede que mete?, "rositas"?

Beria en Siberia dijo...

A estes anónimos derrotistas duplicantes cizañentos ponzoñosos lixadores-de-blogs-alleos vounos prender por salva-sea-la-parte e levalos unha tempada de verdá a picar xeo a -40ºC nun gulag siberiano pra que aprendan a comportarse como cabaleiros con honor e responsabilidade.

Anónimo dijo...

Beria, descansa un pouco, non lle des tanto ao vicio, quítate o coiro, xa sabemos que che vai o sado.

Anónimo dijo...

Lean se teñen ganas e atoparán moitas respostas a esta polémica:
http://hera.ugr.es/tesisugr/16151446.pdf

Anónimo dijo...

¿Canonízase desde abaixo ou desde arriba? Se é desde arriba este libro xa hai que tiralo á papeleira porque así o di o anónimo. Se é desde abaixo, canonizado queda polos lectores, supoño que conspicuos que son os escritores. E polos de a pé coma min. Cando fun mercar o libro ó cabo dun mes de que se editara, tiven que agardar aínda outro mes porque estaba esgotado. ¿O peor do realismo? ¿Agora o peor do realismo chámase metaliteratura, historia nosa, existencialismo ou mesmo sátira? Todo eso atopei eu no libro. ¿"Ronroneos"? Si, como os "suspirillos" que Emilia Pardo Bazán lle atribuía a Rosalía. Non as comparo a elas, comparo a mala idea do anónimo. Un libro como o sextinario non se pode despachar con catro descualificacións.
M.L.F.

Anónimo dijo...

Tampouco coa apelacións ao hipotético exito de ventas, Ruiz Zafón sería xa un clasico, nin con catro referencias exclamativas superficiais("extraordinario!").
E non se queixe que este blog e xabonoso de mais, empalagoso cos que participan da ceremonia de se lamber, repeiteados, e repipis.
Para min que os argumentos mellores, sen ser satisfactorios son os que desfavorecen a autora e aos seus devotos que evidentemente teñen una formación moi limitada.
É unha opiniòn, e agardo que por expresala non me lapiden.

Anónimo dijo...

Lapidar? Quen lapida? Non se faga ridiculamente o mártir. O único que lapida é vostede: xabronoso, empalagoso, lamber, repeiteados, repipis, formación moi limitada, ..., son palabras e expresións súas claramente descualificadoras, a falta de argumentos críbles. Quen é aquí o que ten unha formación moi limitada agás en insultos? Pois vostede, meu señor, vostede mesmo.

Anónimo dijo...

Ademais, nin escribir sabe cun mínimo de correción.

Anónimo dijo...

Ademais, nin escribir sabe cun mínimo de corrección.

apicultor dijo...

Resulta imposible falar cun mínimo de seriedade e intercambiar puntos de vista -por moi contrarios que sexan- sen que veña o boicoteador de sempre a insultar e a facerse pasar por perseguido.

En fin, máis do mesmo. Eu paso porque é unha perda de tempo dicir algo nestas condicións.

Anónimo dijo...

Xa empezan, non se lle pode contradicir. Ten un a impresión de invadir o mellor dos mundos posibles, onde todo o que queren estes señores é maravilloso por tocalo coa variña máxica da súa palabra. Aos que non participan desta mediocre visión das cousas tratanos a bandazos esixíndolle o que eles non cumpren.
Piden corrección e non se miran eles.

"Explendido, fenomenal, non se podía dicir mellor, completamente dacordo", xabón, pompas, funebres para a intelixencia, a sensibilidade e a imaxinación. Monumental engreimento provincián.
Que pasen un divertido fin de semán a

Engreido provinciano empregado de pompas fúnebres para a intelixencia dijo...

Si, home, si, tes razón, toda a razón, faltaría máis. Ala, veña, vai tomar unhas cañas e a facer amigos, que boa falta che debe facer.

Anónimo dijo...

Pois ti parece que non encontras moitos, por eso estás por aquí, agora que quen sabe, no mellor dos mundos posibeis non se debe precisar deles.

Anónimo dijo...

Anda que poñer "expléndido" con x xa fala da súa cultura.
M.L.F.

Anónimo dijo...

Pois eu teño a impresión de que si lapidan.

Anónimo dijo...

"Anda que poñer "explendido" con x xa fala da súa cultura"

Un consistente argumento!

Eibisí dijo...

Amigo MLF, non lle diga iso, ho, non ve que é un poeta, e por iso di "un consistente argumento". Élle un creador da linguaxe este Anómino, si, ho, un novo Joyce, por iso retorce a linguaxe. Decátese de que puxo "expléndido" en plan experimental (tamén podía valer espléndido en plan "esperimental"). Todas as súas faltas son experimentais ou esperimentais, tanto dá. Non comprende que está perante un xenio incomprendido, un innovador, un caso único que vai revitalizar a nosa literatura a punto de morrer? Por fin temos un salvador das nosas letras (cando menos do x ou do s).

Engreido provinciano empregado de pompas fúnebres para a intelixencia dijo...

Agora o entendo todo: pon expléndido porque é expecial.

HA HA HA HA HA HA HA

Perdón polas risas, pero non o podo eevitar.

Anónimo dijo...

eibisi, non vou revitalizar ningunha literatura porque non me adico a ela. As faltas de ortografía non son experimentais, son eso, faltas de ortografía. E sigo mantendo o que antes dixen:

Consistente argumento!
digno dunha "persoa" coa alma encrequeñada e o espiritu anoado as súas intencións mesquiñas.
Vaiase a paseo!

Anónimo dijo...

¿Pero vostede non ve que se retrata
de corpo enteiro, Señor Anónimo? Supoñer intencións mesquiñas en quen defende un libro porque coida honradamente que é bo. Dicer que está de acordo con todos os que atacan a autora (non di a obra, senón a autora), etc. etc. Mesquindade a súa. ¿Que lle fixo esa señora? Se nolo conta se cadra podemos entender o que lle pasa.
M.L.F.

un dijo...

deus nos valla dalgúns poetas; son peores que os políticos. dígoo por este riff-raff. é coma os nenos que xogaban a "a ver quen a ten máis grande..."

Anónimo dijo...

E que esta señora ten que facerme algo para que o poema me pareza malo?
Esto retrátao a vostede, retrata en tres dimensións a súa idea da literatura e da crítica literaria. Quen ataca?, e moito menos a autora?. Estou dacordo coas críticas aquí vertidas, e non advertín ataques, nin ambiente bélico, eso si, mesquidande pola súa parte si que notei, e así o denotei.
E que lle fixo a vostede esa señora para que se derreta tanto por ela, se no lo conta se cadra podemos entender o que lle pasa...
JI JI JI JI JI
perdón pola risiña pero foime imposible de evitar.
Engado ao de mesquiño, grotesco.

Anónimo dijo...

Eu tamén vexo que disfrutades lapidando e machacando aos Anónimos que teñen a delicadeza (e o valor) de vir por aquí a aportar os seus puntos de vista discrepantes dos vosos en moitos casos e precisamente por iso enriquecedores do debate.

:-) dijo...

Chegou a vaca e dixo muuuuuuuú.

:-) :-) :-) :-)

Anónimo dijo...

Identificase unha especial liorta que xurde en calquera momento, protagonízanna un anónimo e nick que muta, eibisí...
A min este último paréceme o cabaleiro vestido de escuro deste clip do que tomei nota cando algúen o colgou nun fio de hai tempo.

liorta nas uvas da solaina

Anónimo dijo...

Eu dedícome a revitalizar anónimos discrepantes con debates de beisbol.

Engreido provinciano empregado de pompas fúnebres para a intelixencia dijo...

Tranquilícese o señor que denota, o curmán que connota e o fillo que dá a nota. Un e trino. Non se preocupen por nós os, pronvincianos engreidos.

Anónimo dijo...

Como veña a Marica por aquí e lea as últimas intervencións, seguro que pensa: Moito ten cambiado a crítica literaria no noso país. Que cousas mais raras dicen estes señores dos poemas do meu libro.

Anónimo dijo...

Tranquilízese vostede que se lle atragantou a nota, eu estou sereno, e sen preocuparme por vostedes que viven no mellor dos mundos posibeis.

Con sorte desdobrarase alquén e aparecerá o sado-paiaso de Siberia.

Anónimo dijo...

Eu son un dos millores críticos literarios do país e non fago deso un acto de presunción intelectual.

Trindade dijo...

Señor anónimo anterior, sabemos algo de lóxica e por tanto coñecemos o resultado da súa aserveración.
Deixo se ser anónimo e
Bautizome como Trindade.

Trindade dijo...

Aclaración.
Os meus respetos a Marica Campo. Como dixen ao principio,a miña opiníón refirese a uns poucos poemas, pode que incluso non moi representativos da súa obra. Amais reitero que son un lector ocasional de poesía.

Anónimo dijo...

"Para min que os argumentos mellores, sen ser satisfactorios son os que desfavorecen a autora e aos seus devotos que evidentemente teñen una formación moi limitada".
Cita textual de Anónimo. E chámame mesquiño. E, por riba, a súa crítica basease nun fragmento dun dos poemas. Todo moi "científico".
¿Que que me fixo a min Marica Campo para que "me derreta por ela"? Eu non me derreto por ela nin por ninguén. Simplemente me gusta como escribe.Unhas cousas máis que outras.E aquí acaban as miñas intervencións. Non lle neguei nin lle nego o dereito a opinar, pero argumente con base.

MG dijo...

Pois comence con base voçe, e non pedindo base e escurrindose con adxetivacións vanas.
Unha vez mais retrátase, neste caso retrata a súa desorientación:
"Todo moi científico", señor recapacite e fágase a idea do medio no que se desenvolve esta polémica, non é un laboratorio, nin unha clase doctoral, tampouco unha clase, tampouco unha crítica académica, nin na prensa, nin unha reseña, esto é un blog, señor.

"E que me fixo amin...."
Non se entera este home, ese recurso tomeino de vostede para que se decatara da súa propria tonteria, e vexo que nada, que sigue igual, moito conto, moita parafernalia pero demostra vostede ser bastante cortiño.
E deixeo, e o mellor que pode facer, o seu rídiculo agrándase a medidad que aparece.

apicultor dijo...

Aquí alguén meteu profundamente o zoco. E ese foi vostede, señor MG. Mellor lle sería recoñecelo honestamente e con humildade, e pedir as conseguintes desculpas. Aínda que só sexa por aquilo de "non lle fagas aos demais o que non che gustaría que che fixesen a ti".

MG dijo...

Non faga o paiaso Apicultor, Sempre coa sua rutinaria retórica insubfribel por aburrida. Eu non teño ningunha conseguinte disculpa que pedir por verter unhas opinións sobre uns poemas, no contexto en que se deron, se o tivese fariao.
O zoco meteuno vostede, como lle di ao principio do fio un anónimo que non son eu, ou xa comeza a darlle a paranoia?
Estas saídas de ton pretendendo sair indemne delatanno ante persoas intelixentes, perde o tempo, fágalle guiños aos seus amigos, a ver se acuden na súa axuda.
Humildemente seu
MG.

apicultor dijo...

O que é insufrible é a súa prosa obstusa, que agrede á vista de calquera persoa intelixente e sensible cando ve como maltrata sistematicamente a nosa lingua con tantas faltas de ortografía e grallas de diverso tipo, que implicarían un suspenso nun alumno de 4º da ESO. Recoméndolle que se tome un descanso e, por unha vez na súa vida, se poña a aprender sintaxe, redacción, ortografía e puntuación.

E non tome por parvo a quen lea toda esta polémica barata iniciada por vostede desde o anonimato duplicado ou triplicado (a súa falta de estilo é ben recoñecible).

Á vista está que as únicas saidas de ton foron e son ás súas. Daquela, o único que se delata é vostede, meu señor.

Póñase como se poña, por moito que se enrabeche e que insulte, isto élle así e non lle hai volta de folla. Faga un esforzo e deixe de comportarse como un necio.

MG dijo...

Repítese Apicultor,quedouse sen argumentos, pero pode seguir fantaseando ante o seu pretendido público que o aplaude e lle dá absolutamente toda razón.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

O sr. Apicultor, alén de que estea nas miñas antípodas ideolóxicas,

É GOD.

E apláudoo e doulle absolutamente a razón.-

Júlio Medela de Lobeira dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Eu a razón non lla dou absolutamente a ninguén, nin a min, se así o fixera non podería pensar. Pero son da opinión de que Mg estivo moi acertado nas súas opinions.

Anónimo dijo...

Opinións de Mg non hai, diga descalificacións que non xustifica.

apicultor dijo...

Se hai por aquí un Mister Fantasías e un Don Imposturas ese é vostede, señor MG.

E fíxese nunha cousa: non lle é nada bo deixarse levar por esa tendencia súa á dupla personalidade. Cun nick vello repartindo parabéns e de bo rollito, e como anónimo ou agora con nick novo dando solta aos seus máis baixos instintos. Excuso lembrarlle cal foi o destino de Jeckill e Hyde.

Recapacite e deixe de comportarse como un necio. Que despois lle vai ser imposible saír do pozo no que vostede só se está metendo.

MG dijo...

Api, faga o favor e pídalle a Marcos Valcárcel que endureza a entrada ao blog e así terá solucionado o problema, até pode conseguir que esixa DNI. Que é eso de entrar sin mais nos foros,, por favor! o nunca visto en toda a internet, meu deus, que escándalo, como se vostede non o fixera, como para botar a primeira pedra, vamos home esperte, esto é un blog, un blog, un blog é un blog, é un blog, decátese dunha maldita vez, non é o seu condado onde vostede fantasea ser o señor que impón a súa lei. Ao mellor tamén tenta convencelo de que aplique, para acceder o blog, un mínimo de erros ortográficos e de sintaxe ortodoxa, non faltaría máis, atentar impúnemente contra os bos costumes e o bo dicir...que se encha isto de cafres.... E de paso, pídalle tamén dereito de pernada argumental, vamos que cando o argumento sexa mellor que o seu, que poida replicar impúnemente con insultos, e que os conxurados acudan a valerlle e a afirmar a súa irradiante dialéctica absoluta.
Non me faga rir máis por hoxe, Api, deixe un pouco para outro día.
Polo burato que me estou metendo non se preocupe, meu, teño saído doutros ben piores, neste polo menos teño o bo humor que vostede me procura, iso si é que segue regalándome coa súa compaña, que igual até se enfada, rompe o xogo internético e me denuncia ante o comisario xeral.
Por certo tamén repite os insultos, está vostede esgotado!
non pode mais!
é de sabios retirarse a tempo, non sexa imprudente, lea mellor poesía e durma un pouco mais. Eu voulle facer caso e póñome a reler un pequeno ensaio sobre o profundo dilema moral en Dr. Jeckil e M. Hyde, de Günther Patzig. E non me toma nada a mal.

apicultor dijo...

Ha, ha, ha. É vostede moi gracioso aínda que non o pretenda.

Desde logo que o de "sintaxe ortodoxa" é unha das mellores brincadeiras que teño lido nos últimos anos.

Vale, e moito, para o humor. Coido que en "El Club de la Comedia" están agardando pola súa sintaxe heterodoxa.

Xenial, realmente xenial. Os meus parabéns.

Anónimo dijo...

MG, o papicultor, por moito que o queira disimular facéndose o ogro da solaina, no fondo é un tipo tenro e sentimental. Encantaríalle quedar con vostede para tomar uns "chatos" e falar do humano, demasiado humano, mais que do divino. Pódeme crer, MG. Se non llo propón, é porque ten que manter o seu papel de soberbio, non apto para misturarse con calquera que non estexa á sua altura intelectual. Non é tan fero como se pinta.

MG dijo...

Así me gusta Api, con bo humor. Pareceume xenial a súa idea de acudir ao club da comedia, chamei e que sorpresa, estaban a seguir este fio, o mundo internético é apabullante. Comuniqueilles amiña intención, pareceules moi ben pero puxeron dúas condicións. A primeira que ten que ser con vostede Api. e asegunda que temos que levar o apoio do blog.

Anónimo anterior, por min que non agarden eses chatos para vostede e Api e esa coca- cola para min.

apicultor dijo...

En efecto, caloume á primeira: eu son "un tipo tenro e sentimental". E de soberbio moi pouco, moi pouquiño, case nada, incluso nadiña se me apuran.

apicultor dijo...

Home, non estaría nada mal acodir a "El Club de la Comedia". Poderiamos sacar uns euriños pola actuación, que nunca veñen mal cando está a piques de caer enriba a piqueta da omnisciente Facenda. E, se cadra, até gorroneamos as copas e incluso algo máis.

Francisco de Quemedo dijo...

Erase un home a un blog pegado
érase sapiencia super entretida
érase unha personalidade divertida
érase un home sempre anoxado.

Erase un apicultor ben deslinguado
érase unha alquitara pensativa
érase unha persoa moi altiva
sempre na súa casa moi pechado.

Erase un espolón dunha galera
érase unha pirámide de Exipto
todos os saberes xuntos era.

Erase apicultorcísimo infinito
grande arrogancia,arrogancia fera
lido noutros blogs , sería delito.

Anónimo dijo...

Comorrrrrrr????? :-)

Anónimo dijo...

Corrrmiendo !!!!!

Beria en Siberia dijo...

De verdá que vou levar a todos, a todos sen excepción, a traballar duro a un campo de reeducación a -40ºC en Siberia. A ver se escriben alí sextinas, septinas, octinas e noninas. Veña, arreando.

Anónimo dijo...

Era...era...

Anónimo dijo...

Agradecidos deberiamos estar os galegos a Mg que veu de lonxe a ensinarnos o que é poesía, cousa que non sabemos. Somos tan desagradecidos que non valoramos a que el fai como merece e, por riba, premiamos cousas trasnoitadas como sextinas, sonetos e cousas así. Uns mesquiños, somos uns mesquiños. Leamos os seus poemas onde nos advirte do atrasados, escuros, etc.etc., ademais de mesquiños novamente, que somos. Se está aquí, se segue aquí, é polas mulleres de ollos escuros.

Anónimo dijo...

Amén.

Mg dijo...

Ante a túa face serodia,

de camiño entre
noites que a min tamén me transfiguran,/
veu a determe algo
que xa estivo unha vez con nós,in-
tacto de pensamentos.


Terse a sombra
do estigma no ar.
Terse, por ninguén nin por nada.
Incógnito,
por ti
só.
Con todo o que dentro cabe,
tamén sen
lunguaxe.

Oca estancia da vida. No gardavento
florece
o pulmón vacio
ao soplo. Unha presada
de graos de soño
aventa da verdadeira-
mente tatexa boca
cara as pláticas
de neve.

Debaixo da pel das miñas mans cosido:/
teu nome
coas mans consolado.
Cando fio o emburullo do ar,
noso alimento,
fermentao o
fulgor das letras saído
do poro aberto
en desvario.

Anónimo dijo...

Medrou moito como poeta. Alégrome. Tenme ecos de Yeats.

Anónimo dijo...

A min o que máis me gustou foi o uso polimésimo e misterioso da palabra "fermentao".

Anónimo dijo...

Non é galego nin español, así que bastante ben o fai. É o redentor da nosa poesía e os redentores sempre saen crucificados, compréndano.

Anónimo dijo...

Atopoos moi bos, en que libro están para ler mais.

Crítico rendido aos pés dijo...

Bo non, boísimo.

Un arrecendo mistérico que procura no insondábel a cerna da entidade manifesta próxima ás entrañas que asolagan o home que pregunta razóns e obten silenzos de noites de insomnio cando nas sabas frías se decata de que algo está presente no aire como círculos concéntricos de pura nada e o desespero se convirte na pel aceda que arrodea o insondábel como a neve que derrite os miolos e a conversa non é máis ca un marmurio imperceptíbel para os sentidos embotados pola linguaxe que agroma aos poucos tatexantemente porque a morte cruza as tempas cando vén supetamente de incógnito a recoller a súa colleita inútil e embarazosa.

Unha pasada! (e moi ben traducida do castelán ao galegpañol)

Critico veleidoso dijo...

O Crítico Rendido, anda desnortado, non sei ao que se rinde, porque queda manifesto que non leu, ou se leu non entrou nos poemas. Aplica unha interpretación sen terse detido no obxecto a interpretar e proxecta un ideoloxema pseudoexistencial pret-a-porter, que defineo o seu pensamento mediocre e hortera.
Este é o tipo de actitude que fai tanto dado, sen enterarse, nin entender, nin estar capacidade, hai xentiña que se pon a emitir xuizos de valor, como neste caso, loubando o que non entenden. Se a obra non ten calidade, cométese fraude porque se lle eleva a onde non merece, e se é boa pasará desapercibida, porque estas opiniñóns mais que desvelar ocultan, e terxiversan, amais, de que o opiniador non ten credibilidade, e ninguén se fía del, pola súa cegueira, porque sirbe a intereses que nada teñen que ver coas obras, e porque só tende alimentar a súa vaidade, e as súas baixas pasións.
É preferibel unha crítica que descalifique unha excelente obra, porque no traxecto desvela, a pesares das intencións do crítico, a valia da obra, que unha obra eloxiosa feita para cubrir o expediente peloteril, como a do Crítico Rendido.
A min os poemas parecenme excepcionais, pero tería que porme seriamente a xustificar esta afirmación, e hoxe é Domingo, pero recomendo vivamente a lectura deles

Anónimo dijo...

O do galegpañol, pasa porque é o galego do futuro, pero ten graias e iso invalidaos como poemas.

Anónimo dijo...

Crítico veleidoso, ou sexa Mg, ¿onde podemos atopar os poemas cuxa lectura tan vivamente recomenda? Please, títulos.

Mg dijo...

Polo momento só aquí, de primicia.
E Mg, é só Mg, só eu son Mg, e so respondo por Mg.

Anónimo dijo...

É fácil de identificar pola ortografía: marca da casa.

Anónimo dijo...

E vostede por capitanear a patrulla ortográfica policial, creada dende altas instancias para perseguir ao famoso "sospeitoso".

Anónimo dijo...

¿E quen veño sendo?

Anónimo dijo...

O bloggeiro solitario
a unha eterna envexa pegado.

Constatación dijo...

Non se pode envexar o que non existe.

Anónimo dijo...

"Quod natura non dat, Salamantica non prestat", nin Tréveris ou Compostela.

Anónimo dijo...

Por favor, non me obriguedes a deixarvos a todos en ridículo. Eu son o poeta chamado a revolucionar a nosa poesía, a liberala da charca putrefacta na que se afoga sen remedio. Inspirarme non me costa nada, porque vivo na inspiración constante, e se queredes a proba aquí tendes o fruto/verso deste preciso instante de inspiración:

"as covas dos ollos daquela serpe inhumana desprendían un fedor de odio que fulminaba..."

A ver quen o supera este destello de inspiración xenial. Quero velo eu.

apicultor dijo...

Pódolle asegurar, señor MG, que non lle son eu quen o interroga nin quen lle pon tan atinados latinajos. Pero eu si sei quen é, e mándolle un afectuoso saúdo.

Non sei se se decata, pero estase convertindo nunha atracción de feira, señor MG. Pero por min pode seguir nesa tónica se esa é a súa verdadeira vocación. O caso é encontrar un lugar no mundo.

Saúdos.

Anónimo dijo...

http://www.youtube.com/watch?v=CuJDPG9zR8M

Mg dijo...

Por favor Api, non me decepcione, faga o favor home,desperte, a que ven andar con esa inquina inquisitorial. Podo asegurarlle que eu non o pequei a nada, non se estera, que feira ni que feirantes, estamos no club, da comedia, acabamos de comezar e xa perdeu os papeles, ande faga un esforzo, a ver se vou ter que escribirlle tamén o guión.
Se quere traiga mais amigos, por mi encantado, pero dígalle a ese que non se perfume nin acicale tanto, que parece a señorita Pompis, e non da o perfil.
Veña animese e siga, polo menos hoxe, que maña hai outras cousas pendentes.
Animo.

apicultor dijo...

Que non lle son eu. Fágame caso.

marcos valcarcel dijo...

Preciosa a película arxentina que ligou un anónimo: "Un lugar en el mundo", 1992, de A. Araistarain. E o mesmo "Martin Hache", 1997, do mesmo director.
Por certo, ben fermosa e seductora CECILIA ROTH nesta e noutras películas:

http://es.youtube.com/watch?v=yTC0aY2G7lM&feature=related

marcos valcarcel dijo...

CECILIA ROTH na súa faceta máis comprometida: Homenaxe ás Nais da Praza de Mayo.
Recitando "MI Buenos Aires querido" de Juan Gelman:

http://es.youtube.com/watch?v=SSm2h-tFTVI&feature=related

Mg dijo...

Eu tampouco son eu e os poemas tampouco son meus, senón doutro, outro, outro.....outro.....
Gustei tamén da película, é curioso se no mundo non te vas a quedar, para que ter un lugar mais alá dun refuxio para que amoblalo como se foses a vivir enternamente, dicia Zen Hachoau, non é unha perda de tempo caer nos vicios das sedentarias e turisticas clases medias?. Inacción, chupar pantalla, engordar os gluteos, ximnasio mortificador, tedio abundante, demasiado bla bla bla, narcisismo axfisiante...non sería mellor facerse humorista, coller a guitarra e irse polo mundo, vivir como un can cínico, porse fora, dialóxicamente fora e deixarse de tanta simulación?

Anónimo dijo...

Podía comezar vostede predicando co exemplo, MG. E, permítame, ¿quen é esa Zen Hachoau? ¿A muller de Mao?

Anónimo dijo...

Pero e que eu non pertezo as clases medias.
Zen Hachoau, representante do pensamento Min pse lin, tivo moita influencia en toda a Nova Ola.

Anónimo dijo...

E qué é o pensamento Min Pse Lin, unha secta maoista? A Nova Ola é a Xeración de Ferrín?

Anónimo dijo...

Se ten inteterés, ten un libro na editorial Kairós.

Anónimo dijo...

¿MG é Paul Celan ou plaxia?

Ku-Lio-So dijo...

Pero ¿qué é o "pensamento Min Pse Lin",? ¿son eses coreáns marxistas-leninistas liña Kun Fu que teñen un intercambio anual coa Aula Castelao de Filosofía?