27 abr. 2008

Carballiño’s octopus festival, de Afonso Vázquez-Monxardín (La Región 26 abril)

Non me fagan demasiado caso que incluso admito ’pulpo’ como animal de compañía. Xa me dirán se non se fan máis amigos, por exemplo, un 7 ou 17 no Campo da Feira ao redor dun par de pratos de madeira con tres racións cada un, que levando pola rúa, atado, un bulldog ou un doberman. ¿Cal é logo mellor compañía? Pois así é a cousa.
(artigo completo)

14 comentarios:

XDC dijo...

Na miña aldea chamábase "polvo" ás cinsas resultantes de cociñar con leña. Botábanse como abono nas hortas. Tamén se chamaba "polvo" ás partículas de palla trillada que era expulsadas por un lateral da máquina de mallar, e que facían un montículo ao seu carón. Tamén se recollía como abono. Á suciedade acumulada no chan chamáballe "broza".

Jacques Delapierre dijo...

Deixelle de lerias, XDC, polvo é o que é, e polbo o de Rábade, Castro, ou o da Morena do Carballiño.
Sendo un pouquiño máis conciso, e por ir centrándonos o polbo aduvíase con aceite e pemento, e o polvo con lubricación e certa picardía.
Por certo poderíame dicir como se dí en alemán, "estou esperándote dende hai anos na Mesquita, para amosarche o meu amor". E que hai alguén que me manda mensaxes amorosos co Javier Krahe de mensaxeiro".

XDC dijo...

Ich warte dich, seit lange Jahre,in das "Mesquita", um dir mein liebe schauen. (Ij varte dij, sait langue yare, in das mesquita, um día main libe shauen).
Non sei se estará sintácticamente perfecto, pero acredito que o entenderán.

XDC dijo...

Quizáis "Ich warte AUF dich..". O das proposiciós é pra volverse tolo.

XDC dijo...

Polo que teño entendido, chamábanlle "polbo" na zona da costa. Pois logo: "polbo" pra o animal, prá especie zoolóxica,e "pulpo" pra o plato gastronómico. Non teñen por qué coincidir. As propias patacas cambian de nome e chámanse "cachelos" cando van cociñadas có pulpo. Hai máis exemplos de especies zoolóxicas e botánicas que cambian de nome cando están no plato.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Creo que no interior se chama 'pulpo' porque o produto leva sendo coñecido apenas 150 anos.

Na costa conserva a etimoloxía latina ('polipus') por ser artigo habitual e coñecido desde hai milleiros de anos.

Creo que pasou o mesmo coa vasoira de xestas e a 'escoba' Vileda.

Ou a parella de bois e a 'parexa' da Benemérita.



Da Coba, encontreino de menos.

Saúdos.-

XDC dijo...

Na aldea chamábase "vasoira" a unha "escoba" de xestas, pra barrer o patio e as airas,por fora da casa.
O sábado no o vin por Allariz, Medela. Eu estaba vendo os "contacontos" no Roi Xordo, á noite.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Sábado, comín en Sarreaus da Limia (leitón) e despois, excursión á sinfonía paisaxística do San Mamede.

Comentaron que a contacontos non foi grande cousa.

Saúdos.-

Júlio Medela de Lobeira dijo...

LEITÓN LIMIAO

XDC dijo...

Cómo se puxo o Raúl do Banco Pastor, có Leitao...

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Da Coba: Existe alguén a quen Vde. NON coñeza??

jeje

Etxe dijo...

Na costa non conserva habitualmente a etimoloxía latina. Só a lancha polbeira... Creo.

apicultor dijo...

Unha lamcha polveira debe ser un pouco incómoda, non?

apicultor dijo...

... lancha...