15 abr. 2008

en poleiro alleo: o papel da Historia de Galicia na sociedade de hoxe

Para que serve a Historia de Galicia?, de X.M. Sarille (ECG 16 abril)
Tamén hoxe se trata de que o intelectual teña asegurado o pan, aínda que os seus pensamentos ataquen outros intereses, porque se depende das esmolas do poder nunca poderá dicir ou escribir o que pensa, e entón as mentalidades non se transforman, as persoas non avanzan, a liberdade non se amplifica e son as sombras e as supersticións as que vencen.
Na sociedade galega hai miles de persoas, profesores sobre todo, que lograron iso. Mais ao cabo non se expresan libremente porque aspiran ás prebendas do poder, en forma de cargos e privilexios. É tremenda a pobreza da crítica, a escaseza de teorías novas e a lexión dos que sempre din amén ao goberno da Xunta, ou ao partido, que cando lle toca reparte.

5 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Nese mesmo poema que encabeza o libro de Bermejo di esto sobre as mulleres doutrora, compañeiras do guerreiro e non damas de corte:

Hilaba la mujer para su esposo
la mortaja, primero que el vestido;
menos le vio galán que peligroso.

Acompañaba el lado del marido
más veces en la hueste que en la cama;
sano le aventuró, vengóle herido.

Todas matronas, y ninguna dama:
que nombres del halago cortesano
no admitió lo severo de su fama.

E sobre as novidades en materia gastronómica, apuntaba:

No había venido al gusto lisonjera
la pimienta arrugada, ni del clavo
la adulación fragrante forastera.

Carnero y vaca fue principio y cabo,
Y con rojos pimientos, y ajos duros,
tan bien como el señor, comió el esclavo.

Anónimo dijo...

Sinceramente, o libro de Bermejo, así como varias das entrevistas e as diversas partes daquel libro que tamén saíron como libriños en castelán en Akal, me parecen un totum revolutum con moito de teima e pouco tema. Xeneralizacións abusivas, persecución de pantasmas noutros casos, xunto con afirmacións que comparten moitos, pero pouco pensamento orixinal. Confirma o que algúns levamos pensando dese autor dende hai moito tempo, con variábeis. Talvez as súas ideas sobre epistemoloxía da Historia son interesantes nalgúns pontos, malia expórense cun ponto de pedantería pouco aturábel; pero cando o sr. historiador da Idade Antiga se pón a divagar sobre temas que descoñece ou dos que só ten unha idea superficial, as súas opinións son de tertuliano de radio adubadas dalgún detalle erudito. E, iso si, convencendo a todo o mundo (ou tentando convencelo) de que só el é o historiador puro, pois semella que todos os demais están vendidos a non se sabe que causas espurias. En fin, predicar o xa sabido no deserto é algo do que gostaban moito certos eremitas...

apicultor dijo...

Eu, de Bermejo, hai moito tempo que non lle leo nada dos seus traballos de epistemoloxía histórica porque a sensación que tiven do que lle lin é semellante á que expresa o Anónimo: totum revolutum.

Quizais ultimamente ganou en precisión, sistematicidade e orixinalidade, que non o sei, pero prefiro ir máis seguro a outros autores de primeira división verbo destes temas, a maioría anglosaxóns. Qué lle imos facer!

Jim Morrison dijo...

Non lin ese libro pero línlle outros, probablemente máis abstrusos. O problema de Bermejo, ademais do seu pésimo estilo literario, é o do que poderíamos chamar o seu "nihilismo epistemolóxico". Se todo é engano, "construcción social" ou "vontade de poder", ¿onde se sitúa o seu propio discurso?

trebi dijo...

A min, que o lín entre o 2o a 22 de Xaneiro, gustoume, pos que non somos expertos, penso que é unha lectura de proveito.
Trebi