15 abr. 2008


en poleiro alleo: da salvagarda do patrimonio, da custodia do galeguismo
Imaxe: cemiterio de Montparnasse, tumba de Man Ray e da súa esposa Juliet. Alí está tamén o fundador da Citroen, segundo conta AVM.

24 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Eu creo que Jim Morrison está en Pere Lachaise. Pero quizáis o homónimo poida aclaralo.

Jim Morrison dijo...

O homónimo non sabe moi ben onde está el mesmo, pero cre que, en efecto, Jim Morrison descansa en Pere Lachaise.

Etxer dijo...

Si, Jim Morrison está enterrado no cemiterio de Pere Lachaise, o outro dos históricos.
http://www.pere-lachaise.com/
Visita virtual preciosa.

marcos valcarcel dijo...

Pois logo está mal a Wikipedia, de onde saquei ese dato, como comprobarán na ligazón. Corrixirei logo e borro esa ligazón, que ten erros.

marcos valcarcel dijo...

E ninguén entra a debate no tema que suxire A. Piñeiro: as variantes galeguismo/nacionalismo, con toda a súa complexidade semántica...?

apicultor dijo...

En efecto, Jim Morrison está no cimiterio de Pere Lachaise.

Jim Morrison dijo...

Galeguismo e nacionalismo son constructos abstractos. O paisán non é, naturalmente, galeguista, moito menos nacionalista. Só un urbanita, polo menos de formación, pode ser seguidor dunha "comunidade imaxinada", sexa "A nosa terra" ou a "nación de Breogán".

apicultor dijo...

Coido que, mañá pola mañá, o Monxardín ha ter á porta da súa casa un flamante último modelo dun Citröen de gama alta, agasallo da empresa. Que menos!

apicultor dijo...

Concordo con Morrison.

Non hai natureza primixenia no feito de ser galeguista (e, en xeral, de calquera -ista ou -ismo).

O Sentimento da Terra ou a Vivencia da Paisaxe, por exemplo, non xurden da simple natureza humana e do contacto cunha realidade física, senón que son construtos intelectuais feitos a partir dunha base étnica ou xeográfica máis ou menos real, pero sempre mediante un proceso de elaboración discursiva creadora de sentido. De aí o papel chave xogado polos intelectuais neste proceso.

XDC dijo...

Boeno, xa saben da correspondente lenda urbana segundo a cal o Jim Morrison (chamado así polos morros?) non morréu, senón que simulóu a súa propia morte pra evitar os múltiples problemas có Estado americano. O típico que se di tamén de tantos outros.

arume dos piñeiros dijo...

O galeguismo como sentimento antropolóxico pode considerarse o resultado dunha construcción intelectual. Un constrúe intelectualmente o seu galeguismo para que funcione como sentimento antropolóxico. Esa é a vantaxe do pensamento e da razón: que podes transformar as ideas en fenómenos involuntarios.

XDC dijo...

Venme de impresionar o texto do panteón da foto: "Together again=Xuntos de novo". Nos noso cemiterios non adoitan a verse cousas así...
Por certo...cal era o famoso escritor enterrado a carón do im Morrison. Non lembro agora.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Da Coba, observe este novidoso escudo na bandeira do país.

Palco da orquestra (ou banda) en Rubiás, Bande, Val do Limia.

E sen ánimo de ser irreverente.

DENANTES MORTOS QUE ESCRAVOS

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Da Coba, supoño que xa a coñecerá, mais hoxe, que parecemos a santa compaña, vennos acaída esta páxina

EPITAFIOS VARIADOS DE AYER Y HOY

Anónimo dijo...

O papel dos intelectuais no nacionalismo e no galeguismo, foi importante, foi, foi, foi.

apicultor dijo...

Pero é que hoxe estamos noutro estadío e o papel máis importante correspóndelle aos políticos (para ben e para mal).

voce na néboa dijo...

Falando da "salvagarda do patrimonio, da custodia do galeguismo", plantexo esta pregunta que fai un blogueiro

QUEN SABELL ONDE?
http://www.agal-gz.org/blogues/index.php/suso/2008/04/15/um_in_certo_domingo_de_abril_de_1956

a propósito dos manuscritos e inéditos de Manoel Antonio.

Non sei por que pero, lendo esta noticia do "secuestro" de Manuel Antonio, veume a memoria un artigo do xénero detectivesco-literario do profesor Manuel Ferreiro no que conta as peripecias que o levaron a descubir, a pesar da contumacia dos cancerberos daquela RAG dos anos 70, as fichas do orixinal de Os Éoas de Pondal. Lectura que lles recomendo encarecidamente [Grial 170, 2006)]

[Por certo, e falando de Domingo(s), a ver se van sacando as teas de araña e remendan as paredes do Panteón de Ilustres Galegos]

voce na néboa dijo...

dos anos 80, quixen dicir.

Veloso dijo...

En Montparnasse, segundo puiden comprobar con emoción, repousan Julio Cortázar, César Vallejo, Simone de Beauvoir, Jean Paul Sartre, Baudelaire, Ionesco... É un lugar estrañamente marabilloso.

AVMF dijo...

Xa é mañá pola tarde.
Sen noticias do Citroën do que falaba o Apicultor.
Aínda así, non son capaz de entender a historia recente de Vigo sen Citroën. Nin Camilo Nogueira, nin Casal, nin Paco Lores, nin Galicia Obreira, nin a primeira confluencia obreiros economistas, nin as loitas do 72, nin o triunfo do sindicalismo reformista, nin a teorización do suevos do proletariado simbiotico, nin moita outra cousa.
Mañá volvo mirar. Cando apareza, lévoo a dar unha volta, Sr. Apicultor.

apicultor dijo...

Estes da Citröen son uns cutres. Que máis lle daría a eles un coche máis ou menos, arriba ou abaixo, eh?

Dimitrov dijo...

Camilo Nogueira, Casal e Lores eran bós rapaces, pero a historia recente de Vigo entenderíase perfecyamente sen eles. Non así sen Xaniño, Bacariza, Vavá, os merrellos, Isidro e outros moitos militantes anónimos do PC e de CCOO que levaron o peso da esistencia e da represión nás décadas dos 60 e 70.

AVMF dijo...

Posiblemente, Sr. Dimitrov.
Cos por min citados -os que me catrou coñecer por mor da cousa política nos 77-80, con citados por vostede e con outros, seguramente se facía a boa historia do Vigo Obreiro daquela.

AVMF dijo...

Efectivametne, Apicultor.
Sobre todo facendo 2.2oo ao día...
Non se lle ía notar nadiña.
En fin, outra vez será.