29 abr. 2008


en poleiro alleo

Os 32 camiños da sabedoría, de Afonso V. Monxardín (Galicia Hoxe, 29-4-08)

Crucifixos nos hospitais públicos, de X. M. Sarille (ECG 29-4-08)

A City, de Miguel Anxo Murado (LVG, 29-4-08): de avogados e piratas.

8 comentarios:

apicultor dijo...

Plenamente de acordo con Sarille.

Que ben escribe Miguel Anxo Murado!: un artigo formalmente impecable. E ademais ten razón.

O de Monxardín aínda non o lin.

Carlos dijo...

Precioso artigo do Monxardín. Precioso.

XDC dijo...

Dí o Sarille que, de estaren sanos eses enfermos (?), farían a reclamazón correspondente. Pero si non estuveran malos, non estarían alí pra facela. A cuestión é que, ao estar enfermo, que é cando estás alí, non ves as cousas igual que ao estar san, que non estás alí. Mesmo hai remedios que che fan mal si estás san. Estoume facendo un lío....

XDC dijo...

Miren qué crucifixo moderno:PREMER. De telo sabido Pérez Reverte en "A pelica do tambor", cambearía algún aspecto da novela.XD.

Anónimo dijo...

Excelente o artigo de Miguel Anxo Murado. Cito: "E é que, como dicía Ambrose Bierce xa no século XIX, a piratería non é máis que a economía tal e como Deus a trouxo ao mundo."

apicultor dijo...

Totalmente de acordo co anónimo precedente. O artigo, rematado con elegante finta-cita, amosa un extraordinario dominio da escrita que só se pode deber a unha intelixencia excepcionalmente desperta.

Un artigo "profundamente lixeiro": iso non está ao alcance de calquera. Unha cousa é saber xuntar unha palabra tras outra e outra moi diferente o pleno dominio da escrita.

falto de vitaminas dijo...

Ten un pequeno risco escribir tan ben e amosar tan acaídamente a túa cultura nos artigos: que haxa moitos lectores que non te comprendan. Iso non lle pasaba a Casares: até o meu pai o entendía.

Ollo. Non estou dicindo que un sexa mellor ao outro.

falto de vitaminas dijo...

Ambrose Bierce foi, por certo, un pirata de secano. Cando oiu falar do levantamento de Pancho Villa en México decidiu unirse ao seu exército, malia que era xa un home que pasaba dos setenta anos. E aquí vén o misterio: despois dun certo tempo en Chihuahua perdeuse o seu rastro. Non se volveu saber nada del. Como lle comentara a un amigo antes de desaparecer, "ser un gringo en México é eutanasia pura"