29 abr. 2008

Millán Picouto: poesía, teatro, a Auriense

entrevista co poeta e dramaturgo Millán Picouto (LVG-Ourense 29-4-08)

18 comentarios:

apicultor dijo...

Desde logo que a dramatúrxia de Picouto é ben ambiciosa (no mellor sentido do termo), entre outras cualidades que non podo ponderar porque, ai!, non son gran lector de obras dramáticas.

Reitero os meus parabéns.

Beria en Siberia dijo...

De verdá que han pasar un bo inverno nun gulag todos os do CDG se non representan as obras do tovarich Picouto.

XDC dijo...

Vou abrir o blog "As Uvas do Gulag" antes de que se me adianten, que igual ten éxito.

galicianosolecer dijo...

Parabén a Picouto.
http://es.youtube.com/watch?v=7iArJm9gBvg

Jimy de Rairo dijo...

De Picouto gardo imaxes, vivas, tempo...tempo.Saíndo da Auriense, subído a unha pequena árbore que había enfrente, el que é bastante longuerán, alguén dicía tras de min que non había incongruencia algunha, porque era poeta.
Lín moitas veces un poema seu escrito no Tucho... "terra sempiterna". Presentabase poeta elevado, aedo, vate, autor dun himno nacional popular. Merquei os seus primeiros libros, pero daquelas andaba eu por outros territorios , e por mais que o intentaba non conseguía interesarme, perdíame na arcadia e en personaxes que declamaban para min dende unha altura demasiado elevada. Pasados os anos...tantos, teñome atopado cos seus libros ao cambiar os estantes, soa distinto, advirto que o impulso creativo non me resulta xa tan estrano, teño lido pequenos fragmentos da súa obra mais recente na libraría e interesoume . Curiosamente estou a ler "Os últimos días da humanidade" de karl kraus, unha obra tamén irrepresentabel. Sempre tiven a idea de que Picouto tiña unha idea moi elevada da súa actividade creativa, uha idea a que se mantivo, polo que del coñezo, fiel. Tempo é de que os poetas vaian sendo recoñecidos na súa propia terra, entre os seus coetanos.

Aclaración necesaria dijo...

Díganos, señor don Jimy, foi o Picouto quen lle deu "vivas" a vostede ou foi vostede quen llas deu ao Picouto?

Anónimo dijo...

A propósito, lin eu uns poemas de Jimy de Rairo que denotan unha falta de substancia, unha comodidade insulsa na que está ausente o máis mínimo sentido do inefable, do inexplorado.

Perdoavidas dijo...

Que va, non ten razón, son extraordinarios, unha voz lírica nova e fresca.

Trindade dijo...

Vexo néboas de reververacións poéticas na súa poesía, absoleta e un pouco decimonomica de factura, mais promete camiños se depura o logos.

Mg dijo...

Acabo de me bautizar e xa me rouban o nome, hainos ben envidiosos.
Terei que cambiar
chamareime Mg

Anónimo dijo...

¿Mg? ¿Mui gracioso? ¿Non será dos que viven no mellor dos mundos posíbeis?

Anónimo dijo...

Marcialg, o que escribía en Arroutadas?

Crítica reputada dijo...

Eu opino que a poesía de Jimy de Rairo é verdadeiramente excelente, e que supón un sopro de aire fresco no panorama lírico do Sistema Literario Galego. Véxase se non a seguinte mostra:

Lorsque tu dormiras, ma belle ténébreuse,
Au fond d'un monument construit en marbre noir,
Et lorsque tu n'auras pour alcôve et manoir
Qu'un caveau pluvieux et qu'une fosse creuse ;

Quand la pierre, opprimant ta poitrine peureuse
Et tes flancs qu'assouplit un charmant nonchaloir,
Empêchera ton cœur de battre et de vouloir,
Et tes pieds de courir leur course aventureuse,

Le tombeau, confident de mon rêve infini
(Car le tombeau toujours comprendra le poète),
Durant ces grandes nuits d'où le somme est banni,

Te dira : " Que vous sert, courtisane imparfaite,
De n'avoir pas connu ce que pleurent les morts ? "
- Et le ver rongera ta peau comme un remords.

Mg dijo...

Non, non Moi Gracioso, tampouco Marcial g, senón Mg, de "quesitos" Mg, e vivo nun mundo case imposibel.
Canto interés! comezo a sentirme unha estrela!.

Anónimo dijo...

Eu nac�n para xenio po�tico, e de feito son un xenio po�tico, pero prefiro non dar a co�ecer os meus poemarios, que ultrapasan todo o que se ten escrito at� hoxe, para non ofender ao Jimy e a todos os que se maldedican a semellante mester reservado s� a uns poucos coma min e que falan alegremente e sin ning�n fundamento dunha idade de ouro da nosa poes�a. Como non quero deixar en mal lugar a ningu�n, sacrificareime e morrerei in�dito. F�goo pola POES�A con mai�sculas. A que tantos maltratan arreo coa sua insolvencia manifesta.

MG dijo...

Que ven xa temos un Maso!, Señor Anónimo Xénio Poético, teño que presentarlle a alguén que vai ser crucial na súa vida, trátase de Beria de Siberia, teño a seguridade de que se entenderán.

Anónimo dijo...

Amigo mg, que os mal chamados poetas recen para que Beria de Siberia, a quen vostede quere presentarme, non cometa o erro de pecharme nun Gulag, porque entón a sua medianía ficaría ao descuberto e os seus intereses poéticos seriamente danados e rebaixados de categoría. Pecharme a min nun Gulag suporía obrigarme a traballar na poesía doutra dimensión estética que levo dentro e ter que dala a coñecer para asombro de propios e estraños. Señor mg, se quere salvar a poesía de altura, presénteme ao seu amigo Beria e que actúe en consecuencia levándome a Siberia. A GRAN POESÍA XURDIDA DO FRÍO, anunciarían os xornais o nacimento dos meus poemarios fóra do común.

apicultor dijo...

Excelente resposta, poeta do frío, excelente resposta.