Traballo e diversión.
Pan por Pan venres 4 abril. (Imaxe: Paul Lafargue)
Seica onte ou antonte era o Día para celebrar o Día Internacional da Diversión no Traballo. O inventor do slogan merecería pasar á historia, vaia. Os da miña quinta fomos educados no espírito de “O traballo faivos libres” e cousas así: quizais por iso teñamos un xen ácrata que invoca o dereito á preguiza de Paul Lafargue. O certo é que é unha sorte ter traballo e unha lotería ter un traballo que a un lle guste cando menos un pouquichiño. Despois, pedir entusiasmo xa é máis difícil, sobre todo se un leva anos no asunto. Pero o da Diversión xa parece unha hipérbole e un exabrupto. O traballo pode ser unha dimensión máis da vida, digamos necesaria e soportable. Eu creo que a partir de aí calquera énfase pode achegarse á impostura ou á babecada. Se así fose, habería que aplaudir as xornadas laborais de catorce horas diarias ou máis. E iso non parece tan divertido, non?

4 comentarios:
Non é pouca casualidade: sen saber de tal efeméride, hai dúas semanas a miña columna en El Progreso contiña o texto que segue. Copio porque non se encontra na web do xornal.
DEREITO AO DESCANSO
Hai unha famosa obra cuxo título debeu producir algún escándalo no seu século XIX: O dereito á preguiza; tal desconforto, seguramente experimentado entre xente burguesa e a chamada “de orde”, non lle debeu ser desagradable ao autor, o revolucionario Paul Lafargue. Como for, tivo daquela bastante éxito, e algunha das súas ideas parece en liña con certas conquistas laborais posteriores: redución da xornada laboral, mellora das condicións de vida dos obreiros, tempo para o lecer e a formación.
Ha de haber cincuenta anos, xeneralizouse en Europa a idea de que os traballadores, ademais de traballar, debían ter tempo e ocasión para facer outras cousas. Xa de seu -e por sacra razón- non laborable o domingo, foi tamén quedando o sábado como xornada que moita xente dedica a si mesma, á familia, o coñecemento. A fin de semana, dure o que dure, é considerada como de descanso, e isto significa cousa diferente dependendo de carácter, aspiracións e escolla. Hai quen estuda, pasea, fai deporte ou pasa o tempo cos fillos; quen descansa cambiando de actividade e, ao mellor, acadando un complemento económico; algún outro non descansa máis ca seguindo no labor de todos os días: cada un ao seu, e paz en todas as casas.
De certo, Lugo cidade e provincia non levan sido territorio moi avanzado en materia de dereitos laborais: común é a historia do patrón que esixe máis horas das que figuran no convenio e, por ende, paga menos do que se indica no contrato; ou a do operario que realiza sen chistar calquera labor que lle sexa encomendado, cadre ou non dentro do horario regularmente estabecido. Así, cando hai algúns anos irrompeu esa nova filosofía -seica competitiva- de que había que traballar máis e estar sempre dispoñible, Lugo encontrouse bastante ben preparado para asumir o novo sistema. Nalgunha cousa habiamos de ir por diante.
Pero como a xente en xeral -efecto dos estudos, a democracia e a acción sindical- non é a do 1960, xorde ás veces algunha murmuración e mesmo negativa. Escribía, aí atrás, Ángel Vaqueiro que desde hai moito non se vía aquí unha mobilización coma a de INGEMARGA. Engado eu: é conflito que nos devolve a momentos clásicos do movemento obreiro, cando se reclamaba o dereito ao descanso. Non me caía xa ben esa empresa, sospeitosa de contaminación ambiental en Abadín; peor agora, que despide empregados por non querer traballar os sábados e xoga a vella carta de ameazar peche e procurar división. Para min, claro é quen leva máis razón.
Xosé M. González
Pra ilustrar a diferencia entre diversión e obligación, un velliño da aldea decía que o axuntamento carnal coa muller, que pasóu a ser "traballo" obrigatorio tralo matrimonio, era peor que arar.
Pero está claro qe a xente máis feliz nese aspecto é a que que fai do seu "hobby" o seu traballo. Eu coñezo a un.
invocar un "xen ácrata" para ilustrar a pertinencia do libro de lafargue débese ao refugallo upegá que lle queda a marquitos, evidentemente.
que brutiño es ás veces, macho...
Lembro a etimoloxía da palabra "traballo": de "tripalium", instrumento de tortura que utilizaban os románs. O traballo é unha maldición bíblica convertida en bendición polo productivismo social liberal e en lema polo nazismo. Eu, nese sentido, son marcusiano: o reino da libertade atópase extramuros do traballo, fóra da necesidade, no punto en que termina a reproducción da vida e comeza o luxurioso e o sobrante. Cousa distinta é ter unha vida chea de "actividade" ou percurar realizar o teu traballo da mellor maneira posible. Pero no fondo do meu corazón, suscribo integramente aquela frase de Hegel: "Traballa ti, que a min dáme a risa".
Publicar un comentario