25 abr 2008

Graciñas.
Graciñas a Xosé M. Piñeiro que recomenda, no seu artigo de hoxe en La Región, este blog e máis o do Francisco Castro.

Todos os días levo sorpresas das xentes que entran a visitarnos por esta casa, dos mundos sociais e culturais máis diversos. O mérito é tamén de todos/as vostedes, por suposto.

58 comentarios:

Anónimo dijo...

Conste, amigo Piñeiro, que eu -xunto a Leituga 1 e outros que agora non lembro- tamén "defendín" algunha vez aquí o carácter popular (e, por ende, necesario) dos seus programas e dos de Gayoso, e a profesionalidade de ambos. Aínda que non os siga cáseque nunca porque teño outras preferencias.

Anónimo dijo...

Un dos símbolos máis palpábeis dos aires de renovación que o goberno tripartito trouxo a aquilo que se chamaba Telegaita ou Telefraga foi a espectacular metamorfose e xeral desmadre que sufriu (no bo sentido) o sr Piñeiro nos novos programas de Teletouriño. Onde vai parar!

Anónimo dijo...

Quero dicir, e que non se me malinterprete, que os novos aires e o despiporre xeralizado sentáronlle moi ben. Quedou novo. Coma cando quitas un peso de riba dos ombreiros.

Anónimo dijo...

Muiñeiras de Sevilla
ANXEL VENCE, FV, 26 de abril, san Isidoro de Sevilla [Patrono dos/as Filólogos/as]
Aparentemente molesto por la celebración de la Feria de Abril en un lugar tan poco sevillano como Baiona, un grupo defensor de la cultura gallega ha decidido contraatacar este fin de semana con un batallón de gaitas, regueifeiros, poetas y otros representantes de la tradición autóctona. Los promotores de la fiesta alternativa no quieren que se interprete así, pero lo cierto es que -aun sin pretenderlo- acaban de abrir las hostilidades entre el flamenco y la muiñeira.
Por más que se haga en nombre del galleguismo, esto de pelearse hasta por el folclore no deja de resultar una tradición muy española que recuerda la época de los coros y danzas de la Sección Femenina: rama feminista de la Falange que tanto hizo por conservar los cancioneros, los bailes regionales y las labores del hogar. Aquello sí que unía a los hombres y a las tierras de España.
Ahora que vivimos depravados tiempos de libertinaje, los bailes que las misioneras falangistas cuidaban con tanto mimo empiezan a convertirse en inesperado motivo de trifulca entre unos y otros españoles. No hay más que ver el caso de Baiona, donde la celebración de una inocua Feria de Abril ha herido la susceptibilidad de algunas fuerzas vivas locales hasta el punto de desatar un conflicto entre la muiñeira y las sevillanas.
Mal lo llevan, en principio, los que contraprogramaron una fiesta autóctona para restarle audiencia -como si de un espacio de televisión se tratase- a la feria sevillana de Baiona. Y es que, contra lo que pudiera parecer, la afición al flamenco.

Anónimo dijo...

2ª Parte do artigo de Ánxel Vence.
la tonadilla y la música sureña en general viene ya de antiguo en Galicia.
Cosmopolitas como somos los gallegos a fuerza de emigrar, pocos se extrañarán de que las orquestas de este país ilustren las verbenas populares con músicas de casi cualquier parte del mundo: desde las guarachas de México al mambo afrocubano o el merecumbé de Colombia. Lo raro -o no- es que, junto a esos ritmos importados del otro lado del océano, muchos vecinos de este reino gaitero hayan desarrollado además un intenso gusto por la llamada música española que en realidad procede de Andalucía: una tierra a la que nadie emigra aquí desde los tiempos de la Reconquista.
Prueba de ello son las pertinaces apariciones de Manolo Escobar, Isabel Pantoja y su versión local, Ana Kiro, en la parrilla de la televisión gallega. Tanto da si en tiempos del conservador Don Manuel o en los actuales del gobierno progresista, la tele se limita a complacer los gustos de una parte no desdeñable de la población galaica a la que encandila este tipo de música.
Atento a estas preferencias melódicas de la ciudadanía, el Parlamento autónomo no dudó en inaugurar la legislatura con una interpretación del himno gallego a la guitarra y en clave de flamenco que -también entonces- suscitó no poca controversia.
Quiere decirse con todo esto que la música andaluza no es tan ajena a los gallegos como parece sugerir la reacción de una parte de los vecinos de Baiona frente (o acaso contra) la Feria de Abril organizada en su villa. Tampoco los andaluces lo son. Baste recordar que Baiona está hermanada con el pueblo onubense de Palos de la Frontera y el granadino de Santa Fe de la Vega, lugar este último donde todavía existe una "ermita de los gallegos" construida en 1498 por los naturales de Galicia que en aquella lejana época guerreaban contra el sarraceno en tierras andaluzas.
Muiñeiras y sevillanas pueden convivir en perfecta armonía. Lo ha demostrado el músico vigués Carlos Núñez al mezclar con toda naturalidad en su álbum "Los amores libres" la música celta, el flamenco y el fado con la ayuda de intérpretes andaluces, portugueses, catalanes, marroquíes, irlandeses e incluso gitanos de Rumania.
La obra de Núñez revela, por si hiciera falta, que el mundo es un pañuelo en el que hasta puede haber sitio para las muiñeiras sevillanas. A ver si nacen en Baiona.

Anónimo dijo...

O esperantismo strikes back, o condanado. Pero Ánxel non vencerá.

Anónimo dijo...

Lugo está xeminado (irmandado, se queren) con Dinan; oxalá isto me trouxese algún bo bagad (o de Kemper ou Kevrenn Saint-Marc, por exemplo) de vez en cando. En vez dos tonadilleros do Conde de Gondomar ou masivo espectáculo rociero Faralaes del Silleiro. Sorte que non é en agosto; e espero non molestar.

Anónimo dijo...

Da mesma maneira que en Baiona e O Carballiño se celebra a Feira de Abril, esperemos que na tele de Andalucía alternen actuacións 'rocieras' con folclore galego.
De non ser así, a relación entrambas as culturas sería (é) onerosa para a galega e lucrativa para a andaluza. Porque a galega non deixa de ser periférica, ocupando unha posición subalterna, e a andaluza é na práctica o folclore oficialista do Reino das Españas.
A xeminación entre Baiona e Palos é ilusoria. Sería máis efectiva a de Lobeira cunha vila coa que non se tivese punto ningún de contacto idiomático, político, cultural ou xeográfico. Sería enriquecedor para ambos os pobos.
Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

E na TVG, (Luar), infelizmente é habitual que despois de artistas de terceira categoría do chamado flamenco pop actúen grupos folclóricos, ou de folk rock galego da máxima calidade.
É dicir, despois de Agustín Pantoja, saen a escena os Berrogüetto.
E despois dunhas infumábeis e ordinarias garotas brasileiras, os para min marabillosos Castro Floxo de Mariló Senra.
E nós, os paisanos, co lamentable espectáculo de bater palmas 'a la andaluza' -patético- para acompañar o play back das Azúcar Moreno, que para as voladoras Chabaud están ben, mais non para un programa de entertainment que non necesariamente ten que reflectir a realidade cultural do reino, senón a DIFERENTE E PROPIA REALIDADE dunha nacionalidade histórica... Ou senón para qué queremos autonomía, consellería de cultura e tv con produción e programas propios??

Imaxina alguén a TV de Andalucía combinando Camarón de la Isla co grupo de gaitas Os Fachuquiños de Lobeira?? A que se ía armar...

Anónimo dijo...

No Bar Cambados de Cai hai troula todas as noites con música jonda de gaitas.

Anónimo dijo...

Hai dez anos, en excursión escolar, paramos en Nimes para xantar. Os catro profes, logo de pasar onda a Maison Carrée, enveredamos por unha ruíña -peonal, paréceme- e pregunteille a unha señora onde xantar (pas trop cher). Con grande amabilidade, indicou un establecemento que, desde fóra, aparentaba pulcro, caseiro e en rexistro entre a cociña burguesa e popular; saberán de que lles falo. Pero o aciago destino cruzouse a dez metros en forma de Patio Español ou non sei que historia semellante, onde por empeño dunha compañeira houbo que entrar e servirse de substancias -probablemente- en boa medida enlatadas e das que a selectiva lembranza gardou apenas saibo e resaibo entre o vinagre e o salobre.

Novo impulso analéptico: polos oitenta, en pleno felipismo triunfante (non o afirmo sen discusión como causa eficiente), houbo unha moda pasaxeira de sevillanas como colofón de urbana saída nocturna ("no todo van a ser gaitas", dicían; algún outro, daquela e despois, "odio el gallego, odio las gaiteiradas", non sei se en complemento ou paralelo). No ano do furacán Hortensia, houbera polo San Froilán unha instalación da Casa de Andalucía que tivera notable impacto; eu fora unha vez, tamén levantara os brazos na pista, pero non volvín: se lles bebín do fino (non me lembro), igual non era do mellor, e á fin e ao cabo nos supermercados mércase magnífico.

A que vén a batallita do lugués? Paréceme excelente noticia e situación que existan e prosperen os locais "étnicos", "provinciais", "rexionais" ou "nacionais" en allea terra estraña; sobre todo se hai bo condumio e boa música, pero non propoño en absoluto suprimir os mediocres. Ora que unha Feira de Abril onda a Festa da Arribada, se me desculpan, aparenta para min unha murga e non precisamente das magníficas e gaditanas.

Dío un que, no coche vello, sempre levaba cintas e discos do Carlos Cano; que teño que recuperalos. Por certo, Medela, chapeau nunha lectura rápida. Se alguén ten equipolente proba empírica, poderemos confrontar.

Anónimo dijo...

Lonxe de min calquera reivindicación de confronto etnicista, mesmo musical, culinario ou festeiro.

Ora ben, comparto empiricamente algo do que di Saavedra. En efecto, cadroume unha vez cear con algúns conspícuos socialistas dunha localidade galega. Xente amable e de boa mesa, non obstante saiu a relocir o entusiasmo indescriptible polas sevillanas dun deles, en si mesmo non reprobable (alá cada un co seu mal gusto), pero que combinou cun desprezo olímpico polos bailes e músicas autóctonas de aquí.

E até aí podiamos chegar. Eu, que non me caracterizo precisamente por ferventía folclórica de seu, vendo que un galego de pura cepa, como era malgré lui aquel socialista; eu, digo, impelido por un resorte atávico díxenlle un par de frescas, moi educadamente iso si, que o deixaron parado en seco e con cara de parvo.

Non utilicei os termos autoodio ou autocolonizado, pero como se os empregase. Porque eu comprendo que un poida ser socialista ou nacionalista ou do Atlético de Aviación, pero teño graves problemas á hora de tolerar o cretinismo de calquera caste.

Anónimo dijo...

Eu que non aprecio (vamos, inter nos, que me repatean en xeral) gaiteiradas e sevillanas, entendo que alguén poda familiarizarse con esas estridencias por mor dunha pulsión erótica: algún de vostedes, se Scarlett Johansson a emprende por bulerías, abofé que saen a palmear con faralaes e todo. E por suposto se lle dá por tocar pandeiros (un dicir, non se me poñan malos) á nosa musa, abofé que un servidor, enemigo de ortigueiras e intercélticos varios, como a gaita enteira con fol, roncón e farrapos con bandeira galega incluidos. Aí si que lles son étnico.

Anónimo dijo...

É que, Arume, haile cousas -as máis importantes- nas que lle somos decididamente apátridas, multiétnicos e internacionalistas.

Teña coidado co sol, que por moi nublado que estea este fai o seu efecto letal. Leve, pois, crema solar, non vaia ser que nos volva como un camarón (con perdón da citación étnico-musical).

Anónimo dijo...

Non, se no persoal toda a terra é dos homes. E sen que un deixe de estar no seu polímero, evidencia é o valor da turxencia.

Pero o Medela deixou ben á vista algunhas dificilmente refutables consideracións de inevitable valor colectivo, ergo, político. E o sr. Apicultor valiosa anécdota que ara polo mesmo rego. Remato: aínda me había estrañar, organizado por andaluces, un San Froilán de ocasión onda o Parque María Luísa; así e todo, se se empeñan...

Anónimo dijo...

O profesor González, como sempre, bate no certo. Tamén, evidentemente, os señores Apicultor e Arume. Grazas a todos, cabaleiros, por amosar o camiño aos que parecemos cabalos salvaxes en Niñodaguia.
Se chega a se montar un San Froilán (arquétipo de santo suevo-celto-galaico) no parque de María Luísa... Mi madriña.

La Macarena, si.
San Froilán, qué horror, un diosecillo pagano malamente cristinanizado. Uf, Maeloc.

Calquera cousa lles vale para deslexitimar as crenzas non oficialistas, as que non lles son acaídas.

Anónimo dijo...

Eu reclamo o dereito a que cada quen teña os gustos que máis lle presten. Aquí, alí e acolá.

Se un é siareiro de King Africa, reclamo o dereito a que poida selo. Se un é siareiro das sevillanas, igualmente. E se hai un grupo organizado de fanáticos das sevillanas e organizan unha festa, reclamo o dereito a que a fagan tranquilamente. E que se sume quen o desexe (eu, xaora, nin jarto de viño). Se hai un grupo de devotos da zanfoña e organizan un festival, reclamo o dereito a que o poidan facer. E que se sume quen lle pareza (eu, desde logo, tería que estar bastante jarto de viño).

Ora ben, o que me sabe mal é que haxa galegos que desprecen o "autóctono" para xustificar os seus gustos por King Africa ou polas sevillanas.

Unha cousa 1) é pasar olimpicamente ou o desinterese total polo "autóctono", 2) outra moi diferente é o desprezo militante cara o "autóctono". Finalmente, cabe outra posición: 3) o desprezo vai en múltiples direccións: King Africa, sevillanas e zanfoña. O primeiro e o tereciro son lexítimos, pero o segundo xa me parece deleznable e unha mostra de cretinismo.

Anónimo dijo...

E aínda máis, que un do Carballiño tome por autóctono o folclore andaluz. Deprimente.

Anónimo dijo...

Sr. Apicultor: Respectivamente ao que Vde. afirma textualmente e que aquí copio e colo:

"Non utilicei os termos autoodio ou autocolonizado, pero como se os empregase. Porque eu comprendo que un poida ser socialista ou nacionalista ou do Atlético de Aviación, pero teño graves problemas á hora de tolerar o cretinismo de calquera caste"


Compartillo plenamente o que Vde. afirma no seu parágrafo. E acrecentaría eu:
Non se pode considerar que dúas culturas ou dous idiomas estean en plano de igualdade para os comparar, para optar libremente por un deles, cando p. ex. un coruñés conspicuo falante de 'castellano'

SI

pode sobrevivir perfectamente co seu idioma, coa súa libre escolla en calquera das máis remotas e illadas aldeas de Galiza. No entanto, un cidadán da remota e indómita Lobeira

NON

podería sobrevivir coa súa linguaxe natal na Coruña, sen forte menoscabo da súa integridade psíquica e/ou posibilidades de promoción social, mesmo da simple comunicación fática.

É dicir: Non hai plena libertade de escolla.

BILINGÜÍSMO?? NON, GRAZAS.-


Saúdos, Apicultor.-

Anónimo dijo...

Hai que recoñecer que a cultura andaluza (mesmo nas súas variantes máis intragables como é o caso das sevillanas que nin siquera gustan aos sevillanos) vende mellor o producto. Desde antigo.
Tampouco esquezamos a posible influencia da notable emigración galega que poboou Sevilla na reconquista. A ver se atopamos que as sevillanas son "de noso" máis do que pensamos. ;)
O da festa trianeira na Milagrosa (por san froilán ou non) non hai máis que pedir. Eu aseguro éxito absoluto.

Anónimo dijo...

A liberdade de escolla, sexa no ámbito que sexa (laboral, lingüístico, persoal, amoroso, etc.), nunca é plenamente simétrica, amigo Medela. Está sempre condicionada por múltiples factores.

Daquela, hai condicionantes superables ou atenuables por consenso social e/ou normativa xurídica, e hai condicionantes que -póñase como se poña un- están aí e sempre o estarán dun ou doutro xeito, condicionando e limitando a elección social. Por exemplo, a procedencia social, a estrutura familiar, o contexto comunitario, ..., non son nunca iguais de partida para todos os individuos.

Ou sexa, que hai que capear o temporal como mellor se poida, amigo Medela. Non cre?

Anónimo dijo...

Algo lle axudaría (á tal cultura andaluza) a súa asunción e propagacíón como epítome do español, incluíndo a paraoficial valoración do acento andaluz como gracioso (con graza) en contraposición frecuente ao exceso velar dos cataláns, a confusión conxugatoria eúscara ou a nosa pailanidade cantarina. Espero non parecer vitimista.

O do posible substrato galego nas sevillanas (desde o Repartimento) xa me supera. Está de coña, Arume, ou ten un pálpito? E a xente, saír, claro que sae; se goza moito ou non, xa cambea.

Anónimo dijo...

Non hai dúbida de que os mellores guitarristas de flamenco están en Andalucia (con permiso dos cataláns andaluces e de Cuchús Pimentel, da Terra).

Anónimo dijo...

Plenamente de acordo con Vde.

E non pretendo ter razón, só constatar factos.

No que respecta aos condicionantes, sempre serán máis fáciles de superar... Ejem. por un de Cristosende que teña dous títulos universitarios, que gañe 3.000 euros no peor dos meses e que pasara os veráns da mocidade nunha vella e fidalga casa con escudo, escoitando Pink Floyd e a ollar para as señoritas que se están a bañar no Sil. Esa persoa, evidentemente, terá máis libertade para falar galego 'en los cantones de la coruña' que a moza de Lobeira que fai voltas polas casas á saída do taller clandestino de costura en Monte Alto. Esa rapaza non ten libertade ningunha de escolla. Claro é que ninguén lle prohibirá falar galego. Simplemente lle chamarán 'paleta'.
E ao de Cristosende, 'pijo nacionalista', que sempre é máis dixeríbel.
O que fale castrapo, chamaranlle polo nome. Home claro.

Desculpe a acritude, Apicultor, e que me puxo mal corpo o caso ese que aquí saíu, o da boutique de modas... Así non lle saímos de pobres.

Seu, Medela.-

Anónimo dijo...

Por suposto, Medela.

Pero tamén pode ocurrir que a esa moza do taller de costura o que menos lle preocupe sexa a súa liberdade lingüística e o que máis a súa supervivencia económica. Pode ocurrir.

Anónimo dijo...

Todo iso douno por descontado, pero funciona. Que é ao que estamos.
Sobre o posible subs/superestrato galaico, parpito, Saavedra, parpito marihmeño. E un par de rebujitoh pa moja la tarde. QUe anda enfebresía.

Anónimo dijo...

Saavedra, cólguelles o da feira de Abril do noso Circulo das Artes do pasado fin de semán, que segundo me dín, despois da de fin de ano e a festa que máis público concita, xa que hai que ir de andalú.

Anónimo dijo...

Canto a manzanilla, se é fina "La Gitana" ten aquel; se amontillada, ben que me gustaba a "San León". Olivas e améndoa torradiña, pois co material porcino mellor o fino de Jerez, opino. Aquí está enfriando, que vai chover; pero non lle torzo o bico, para nada, á súa dieta.

Aí teñen o do Xaime. Na Milagrosa, por certo, Arume, o que fai unha A.V. é o San Isidro, feira de produtos do campo ou algo así; debe estar para caer.

Anónimo dijo...

Por certo: non se me enfadaría, ou? Que me pareza inverosímil o do substrato non lle falta para nada ao respecto a vde. Nin ao bebercio sanluqueño, xaora.

Anónimo dijo...

E tamén puidera ocurrir, Medela, que esa moza de Lobeira, que fai voltas polas casas á saída do taller clandestino de costura en Monte Alto, traballara cando máis nova de chacha na vella e fidalga casa con escudo na que pasaba os veráns da mocidade ese “pijo nacionalista” de Cristosende que ten dous títulos universitarios.

E puidera ocurrir igualmente que rapaza tivera que se ir a Coruña a gañar a vida porque o que lle pagaban no pazo era unha miseria e, por riba, tiña que aturar o desprezo da dona da casa e que ese rapaz que logo faría dúas carreiras non lle dirixira nunca a palabra, e menos aínda que saise na súa defensa cando fora acusada de rachar unha sopeira de porcelana inglesa, xa que fora el quen a rompera.

Pasou o tempo e a rapaza xa é máis maior, e pode ocurrir que lle faga moita graza que o señorito se preocupe agora moito da súa liberdade de escolla lingüística, pero que lle importen tres carallos a súa liberdade de non ser explotada e o seu dereito a un traballo digno. E puidera ocurrir que o vexa con frecuencia nos xornais, pois o das dúas carreiras de Cristosende ten unha prometedora carreira como parlamentario autonómico nacionalista, a quen se lle parece normal que se aprobe un complemento salarial vitalicio, non en balde el se preocupa moito polos problemas de Galicia, empezando polo lingüístico…

Puidera ocurrir, Medela, puidera ocurrir…

Anónimo dijo...

Pardiez, Saavedra. Parece mentira. Se aínda compartimos troula na de Sierpes.
O que pasa é que abandonei o blog de don Marcos por uns minutos por dedicarlle algunhas frases a algo que teño entre mans para levar a Córdoba o día 8.
Creo que son as cruces de maio (unha desas imposicións católicas contra herexes) nos patios cordobeses. Segundo me contaron, o máis veciño (toma italianismo) ao paradiso. Xa lles direi: se podo, canto a Batallán.
Por certo, teño un amigo que se dedica á literatura clásica por aquelas terras e que vai ir ao congreso: a miña sorpresa foi descubrir noutra reunión que era ademáis acompañaor de guitarra de Paco de Lucía. Cando o vexa, xa lle preguntarei polo estrato ese. Super ou sub.

Anónimo dijo...

Ostras, Apicultor: tira vostede a dar.

Anónimo dijo...

Sr. Apicultor: Touché.

Un grande abrazo.

Seu, Medela

Anónimo dijo...

Puidera ser, tamén, que o "pijo nacionalista" considerase imposíbel a libertade económica desvinculade dos dereitos nacionais.
Apicultor, deixoume Vde. sen argumentos...

Anónimo dijo...

E digo, Apicultor, o 'pijo' de Cristosende non ten dereito a reivindicar???

Anónimo dijo...

Por que non chaman 'paleto' ao do pazo de Cristosende cando fala galego en los cantones de la coruña, e si llo chaman en Monte Alto á do taller de costura?

Anónimo dijo...

E por que a rapaza do taller continúa censada na aldea e vota PP, de maneira compulsiva e contumaz??

Defende así os seus dereitos laborais??

Áteme esa mosca polo rabo, Apicultor.

jeje

Anónimo dijo...

Todo o que faga a rapaza queda desvirtuado pola súa condición de 'paleta'.

Todo o que faga o rapaz queda desvirtuado pola súa condición de 'pijo'.

Qué facemos entón, Apicultor???

Anónimo dijo...

Pero, imos ver, o Crisosende ese está liado coa moza esa ou non? Aclaremos conceptos que os demáis perdémonos.

Anónimo dijo...

Home, Arume, hai que recoñecer que desde que anda pola Coruña perdeu bastante do aire celto-suevo de Cristosende. Mesmo estilizou a silueta; viste razoabelmente ben.
mmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm
Todo isto chéirame a can.

Anónimo dijo...

Esixo saber nome e tendencia do de Cristosende. Os da CIG, seguro que tamén.

Anónimo dijo...

Cristosende, xenitivo (possessor) do xermánico latinizado Crestesindus.
Era iso o que preguntaba, ou non, profesor??

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Sen tendencias non hai paraíso.

Anónimo dijo...

Non precisamente, dilecto Medela, a fórmula elíptica "do de" implicaba "do pijogaleguista de". Que, convenientemente identificado, vanlle dar para iso; e mailo outro.

Anónimo dijo...

A rapaza estivera de noviña, cando servía no pazo, medio namorada do estirado rapaz que andando o tempo se convertiría nun “pijo nacionalista” e en deputado. O que máis a seducía del era o xeito que tiña de falar castelán, con tempos compostos e acento vallisoletano.

Pero a súa ilusión adolescente viñérase abaixo cando aquel calara sobre a rotura da sopeira de porcelana inglesa. Nese momento notou o que era o estigma de clase: nada de protestar, de defender a súa inocencia, ela era a culpable porque “ni sabía hablar correctamente castellano”, sentenciara a vella lurpia, avoa do que, despois de estudar en Salamanca e facer un master en empresariais en Harvard, se convertiría nun pijo nacionalista.

Este, retornado a Galicia, comezou a falar, só cando era oportuno, un extraño idioma que só gardaba un lonxano parecido coa da moza de Lobeira. Dicía sistematicamente “porén” e “bairro” e “vareador”. O seu era unha neolingua de clase con acento de Valladolid: era incapaz de pronunciar o “n” velar e usaba a conxunción “i” no canto de “e”.

Os seus contactos universitarios levárono a restablecer relacións cun vello amigo, avogado, que agora militaba no nacionalismo a través dun grupiño de colegas que ían de centristas. Así que ao de Cristosende non lle foi difícil entrar no nacionalismo: Galiza, o único importante. Non tivo, pois, que renunciar as súas ideas liberais en economía: falaba de “liberdade económica” e facía fincapé na necesidade dunha clase empresarial autóctona para soerguer o País.

Namentres, a moza de Lobeira tivo que buscarse a vida fóra da súa localidade. Grazas a un cacique local do PP, coñecido de seu pai, logrou un traballo na Coruña, mal pagado, de moitas horas, mais, con todo, podía alugar un pequeno apartamento tirando a cutre e ser un pouquiño libre fóra dos dicires das veciñas. Fora este o único que lle botara unha man, quen intercedera por ela cando o asunto da sopeira esnaquizada, e por iso lle gardaba fidelidade política: continuaba censada na aldea e, en cada cita electoral, acudía puntualmente a votar PP.

Xaora, os seus dereitos laborais non estaban en absoluto defendidos. Primeiro, porque o seu era un traballo “solagado”, inexistente, sen Seguridade Social nin contrato fixo. Segundo, porque o empresario encaixaba como un exemplo modélico na teoría do empresariado autóctono polo que suspiraba o nacionalismo e co que o sindicalismo nacionalista facía a vista gorda. Cando escoitou nun debate televisivo ao pijo nacionalista de Cristosende defender, na súa condicición de deputado nacionalista, unha economía autocentrada e desenvolvida baseada nun empresariado autóctono con conciencia de País e mesmo citar polo seu nome ao empresario como modelo a imitar, non puido máis que sorrir para dentro e pensar: -Puta que vos pariu a todos. Saiulle nun galego enxebre, autenticamente auténtico.

[Mosca atada polo rabo, Medela]

Anónimo dijo...

Jooooooooooooooooooooder (com licença), qué bronca, Apicultor... Pensei que me tiña en maior aprecio.

Ben, chamo inmediatamente a Cristosende para lle comunicar ao 'pijo' nacionalista que a súa actitude kulak está definitivamente desenmascarada.

Así pois, se o tal pijo quere continuar a se dedicar á política... En que partido podía militar?? Tendo en conta que a ex-criada vota PP e son incompatíbeis???

Xa estou a ver o 'pijo' ex-nacionalistas a organizar a Feira de Abril desde o pelouro de cultura do Carballiño...

jeje


Mosca number two, amigo Apicultor.

Anónimo dijo...

Ben sabe que o aprezo, amigo Medela. Comprenda que o meu son licenzas narrativas e non outra cousa. Mais tentemos de atar polo rabo a mosca number two.

$$$$$$$$$$$$$$$$$

O pijo nacionalista de Cristosende, con dúas carreiras e master en Harvard, é unha mostra dun novo "estrato social" que agromou nos últimos dez-vinte anos ao abeiro do desenvolvemento institucional do autogoberno: o neonacionalista (támén coñecido como "pijo nacionalista" polo seu modus vivendi).

Altamente preparados -cando menos en comparación cos vedraños nacionalistas de "Galiza ceibe, poder popular" que non foron alén de atopar choio como liberados no sindicalismo obreiro ou labrego- e dispostos a ocupar un lugar sobranceiro na construción do País, os neonacionalistas posúen unha ideoloxía pret-à-porter, de tempada, dúctil, táctil, líquida, fluída, de clase media con posibles. Así mesmo, enfúndanse con pasmosa naturalidade nos traxes de la fría e as corbatas non lles causan molestías no pescozo.

Hainos que, levados pola precipitación de construír País, non dubidaron en quedar de simples “neogaleguistas” transversais. Uns fóronse ao PP, e os menos ao PSOE polo seu xacobinismo conxénito, como asesores ou altos cargos técnicos. Pero é tal a súa habelencia que puideron reciclarse sen demasiados problemas na nova administración bipartita, ora cos socialistas, ora cos nacionalistas.

Outros, agardaron pacientemente a súa vez, mesmo pegaron carteis e andiveron coa megafonía, e fixeron valer a súa valía nun nacionalismo orfo de cadros técnicos (e políticos) e necesitado urxentemente de encher o organigrama administrativo, desprazando a moitos veteráns, que podían exhibir medallas pero que non eran quen de descifrar unha estatística simple.

Os neonacionalistas e os neogaleguistas en xeral constitúen, con todo, un exemplo de país-moito-máis-desenvolvido-do-que-parecía e de “normalidade” democrática, entendida esta como recambio pacífico no poder de elites e como formación dunha caste política autónoma que se recoñece como tal e que, por iso, acorda emolumentos vitalicios para os políticos funcionarios, pois é característica común que a inmensa maioría deles sexan funcionarios.

No caso que nos ocupa, o noso home de Cristosende non terá demasiado inconveniente en “evoluír” segundo o marque a conxuntura política. Sendo como é o pragmatismo a súa verdadeira relixión, a súa vocación de servizo ao País pode levalo sen ningún problema a organizar a Feira de Abril desde o pelouro de cultura do Carballiño partindo da idea de España “nación de naciones”, á fin e á postre sempre estivo a prol da “primavera dos pobos”, ou se cadra tamén a participar nunha refundación galeguista e centrista do PPdeG: Barreiro Rivas é, a non dubidalo, o seu modelo de home, senón de Estado cando menos de Autonomía.

E a rapaza ex criada que agora traballa nun taller clandestino de costura en Monte Alto? Ben, pois ela, coitada, despois de moito aforrar mercará un apartamento, se ten sorte namorarase dun home decente e que a respecte, e traballará toda a súa vida cunha ilusión: que o seu fillo ou filla poida formar parte, algún día, dese novo "estrato social". Pois sabido é que as cousas non son eternas, que todo o sólido se evapora no aire e que hai que ir morrendo, amigos, que hai que ir morrendo e deixando paso ás novas xeracións sobradamente preparadas.

[Mosca number two atada polo rabo, Medela]

Anónimo dijo...

Amigo Apicultor:

Ríndome. Este último texto debía quedar non anais da historia do pensamento político galego.

Alén diso, non encontro mosca ningunha que atar. (Barreiro é God).

Voume dedicar, en exclusiva, a retellar a Kyra Prosokova. Cousa que ben vexo que nunca tiven que deixar de facer.

Calquera se mete con vostede.

Estudou nos xesuítas??

Un grande abrazo do seu amigo Medela.-

Anónimo dijo...

Ha, ha, ha, amigo Medela:

Se eu estudase nos xesuitas, non dubide do que sería: neonacionalista ou neogaleguista.

Pero vai ser que non.

Unha cordial aperta e que teña un bo descanso.

Anónimo dijo...

Aínda ben que non son máis que licenzas narrativas...

Carallo 'pro engazo!!!

Anónimo dijo...

Querido Apicultor, non se meta máis conmigo, pola nai que o pariu, acepto que son un neogaleguista deses, sí, con todos eses defectos que vostede tan atinadamente expón, pero de eso a que organize unha Feira de Abril, non, por eso non paso, por tanto prégolle que rectifique ou teremonos que ver no Xulgado de Violencia Doméstica.

Anónimo dijo...

Como di o amigo Xesús Cristosende Dios: pulpo ou polbo?

Anónimo dijo...

Delapierre: Sabe ben que o estimo, mais andan a dicir que Vde. é o organizador da Feira de Abril en Lugo.

E que Vde., Delapierre (aka Xaime) ten un caso amoroso discreto (mais non secreto) cunha elegante dama do clan Domecq.

E que quere xeminar Lugo con Triana.

E que nos círculos do cante *hondo sevillano é coñecido como "Er niño de Criztozende".

É todo isto certo, amigo Delapierre?

Foi o señor Apicultor o que nos abriu os ollos...

Anónimo dijo...

Certo

Anónimo dijo...

Insisto na esixencia de coñecer a verdadeira identidade do Cristosendes, aínda para colmo presunto favorecido pola CIG. Máis ca nada, para que non adquira definitivamente o aquel de humo, polvo, sombra y nada; algo así coma aquela clase media culta e galeguista seica prevista por Ramón Piñeiro, e da que nunca cheguei a coñecer un único expoñente.

Anónimo dijo...

Admirado profesor González: Krestesindus (Cristosende) era un escravo semi-liberto a quen foi concedida a explotación dunhas terras alá pola Revoyra Sacrata, por volta do século IX. Non sei se era culto (acho que non) ou galeguista (evidentemente galaico). A sua situación comparada cos foreiros dos cenobios e/ou mosteiros das beiras do Sil, era envexábel. Non fago idea do papel da CIG naquela altura.
Saúdos, profesor.

Anónimo dijo...

Agora xa entendín. Grazas, Medela, por esta pinga da súa -desafortunadamente- non moi prodigada erudición.

Anónimo dijo...

jajajajajaja
Señor profesor González: Admiro a súa fina retranca e a súa fina personalidade.

Na verdade, sabe Vde, dar e recibir, elegantemente, sen se danar e sen se magoar. É vostede a re-encarnación do que o país puido ser e non deu sido.

Cumprimentos.-

Seu, jajajjajaja, Medela de Lobeira.-