21 abr 2008


Menudo barullo...

Menudo fregado que se está montando no PP a nivel español. Entre os diferentes sectores están a dedicarse "xoias" semellantes ás que detinaban ata agora ós seus adversarios políticos ("enemigos", dirían eles).
Se a cousa segue así, vai haber lío e ben gordo no PP de aquí a xuño.
Iso tería incidencia evidente no PPdeG e deixaría a organización galega en mala disposición para as próximas autonómicas: se as perdesen os peperos galegos, de novo, sería a hecatombe para Rajoy que presume cando quere de galego. Se iso chega a suceder, non lles viría nada mal ós promotores dunha nova CG, como informa hoxe a Voz. Se son quen, engado eu, de facer unha campaña ben feita e de fasquía nidiamente galeguista.

46 comentarios:

Anónimo dijo...

Hai que aproveitar. Eleccións xa. Para que agardar?;)

Anónimo dijo...

Na CG debe andar o gran Xaime, entre outras cousas porque non se lle ve o pelo por eiquí.

Anónimo dijo...

Si que ando sí, pero agora chámome Jacques Delapierre por aquelo de Galicia trilingüe

Anónimo dijo...

Vaia, frère Jacques. Moi, je pensais que vous étiez en train de dormir, cela n´est pas la même chose que être endormi, vous le savez très bien. Ding,ding,dong.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

EU pensei que era vostede James Gives Pain, mais non. Xa vexo que anda co riquísimo champán de cava.

Anónimo dijo...

Don Xaime anda moi crítico coa Conselleira de Vivenda, a teor dun artigo seu en Xornal.com.

E logo, don Xaime, vén sendo certo iso de que non negociaron? Eu estou in albis.

Anónimo dijo...

Mon cherie Xan da Coba: Comme dit C.J.Cela, estou durmido que non durmindo, por que non é o mismo estar fodido que estar fodend....eso.

Arume poñamo en italiano, xa verá

Apicultor, a mostra de que non negociaron é que a FEGAMP anda revolta, e o PP, dixo que a ía derrogar, cando gañaran ou gañasen e non vexa os alcaldes das vilas pequenas que son as queixas que coñezo, e non esqueza que xa case estamos en ereccións.

Anónimo dijo...

Primeiro prost******* (poñan o que queiran) o nome e o conceto de "Partido galeguista", e agora, como se non lles chegase, van do bracete dos terras gaudas galegas ao asalto da marca "Coalición Galega". Como dicía o paisano, "xa non saben que inventar".

Anónimo dijo...

Artigo do Xaime premer.

Anónimo dijo...

E el non podería ser, don Xaime, digo eu a título de mera hipótese ou conxectura, que se cadra e por un remoto casual determinados alcaldes rurais e non tan rurais queiran ter as mans libres para facer e desfacer e que, por arte de birlibirloque, se lle enchan os petos a fuer de transaccionar cos beneméritos construtores?

Digo eu a título de mera hipótese ou conxectura, eh? Que tampouco son tan mal pensado.

Anónimo dijo...

Pode ser, APC, pero si fala con calquera constructor e incluso cos técnicos municipais, que se lles supón neutralidade, dinlle que o Habitat é unha normativa feita por catro iluminados e que nesta xeira de crise o que vai supor é moita máis desaparición de promotores pequenos e medianos e a invasión dos grandes consorcios e UTE´s que, lamentablemente, son quenes poden cumplir a norma.
De todos modos, eu neste tema recoñezo que son parte interesada por que teño moitos clientes afectados e sei dos seus problemas cotians o que no me impide expresarme tal e como o sinto.

Anónimo dijo...

Apoio crítico.

Segundo o meu entender, non se trata só de feísmo e ilegalidade, senón, primordialmente, de espazo vital, luz e dimensións adecuadas. Tales aspectos, xunto cunha adecuación de custo, deberían ser prioritarios con respecto aos hábitos empresariais e a conexión político-construtora.

Se non tivese vivenda, penso que me gustaría obter unha construída segundo os criterios da nova disposición. Ora que o rexeitamento radical de partes comparecentes era de libro; tan claro parece como que isto é auténtico cambio, dese que esperabamos e seica votamos no 2005.

Anónimo dijo...

Esta clase de Hecatombes (que creo que era matar cen bois, non sei se non terán nome propio, eses bois) nos partidos adoitan a finalizar có nacemento dun rato.

Anónimo dijo...

O dereito a dispoñer dunha vivenda digna é un deses dereitos que quedan moi bonitos nos papeis que terman con todo, como por exemplo na consitución española. Ollo: non estou falando de repartir pisos de forma gratuita para todos, senón de que houbese un control do mercado (horreur! socialismo!) que evitase:

- alugueres prohibitivos
- pisos con prezos moi por riba do IPC
- a acumulación de pisos por parte de persoas que non os alugan e que especulan con eles

As políticas de vivenda non existen porque non dan votos e implican intervención. O que dá votos son as medidas simpáticas, guais e tal. Quedas ben coa parroquia e non gastaches un peso.

Anónimo dijo...

Todo isto se cadra non o entende o que ten un soldo fixo e/ou a hipoteca boa de pagar e/ou un piso (ou varios) en propiedade, pero o que curra como un desgraciado nun choio volátil e que ten que apandar coas "soluciones habitacionales" que hai...

Anónimo dijo...

"Rajoy se arruga". Un exemplo do novo xornalismo. Por esta vía da metáfora agardamos días aínda máis gloriosos.

Anónimo dijo...

Aclaremos: A cita "Rajoy se arruga" é de "El País", "diario independiente de la mañana."

Anónimo dijo...

Boa aclaración porque parecía de EL MUNDO.
Pero precisemos tamén: EL PAÍS xa non é o "diario independiente de la mañana", senón "el periódico global en español".

Anónimo dijo...

Unha teoría "me cae bien", postmoderna e tal da política:

Mónica Naranjo: "A mí me gustan las personas. Si a mí, por ejemplo, me gusta Zapatero, me gusta porque es un buen tío."

Anónimo dijo...

No tema da vivenda, o quid da cuestión son os plans de urbanizaciós (mediatizados desde fora por intereses poderosos) e a súa relación có precio do chan. Pero qué lles vou decir que vostedes non saiban. Que de certos temas é mellor non falar, pra non rematar cadáver nun contedor de lixo.

Anónimo dijo...

Eu, desde logo, sería partidario de intervir no mercado da vivenda, canto a compravenda, aluguer e especulación; non perdo esperanza de que chegue a facerse dunha maneira medianamente eficaz. Pero non vexo en que pode ser contraditorio que, de momento, o goberno incida na calidade da construción, deseño e disposición dos habitáculos.

Que, por certo, é outra maneira de meterlle o dente a especulacións varias. Iso si, xa dixen que eu estou servido; supoño que así e todo podo opinar.

Anónimo dijo...

A especulación é consustancial con calquera sistema de mercado. O que queremos significar con iso é un abuso froito de lexislacións favorables, de fiscalidade sorrinte, de lixeiras desatencións (qué fino!) por parte da administración na aplicación de certas normativas, de informacións privilexiadas condenadas por la ética. E tutti quanti. Pero especular e capitalismo son inseparables.
Dito isto e manifestado o meu escepticismo sobre a erradicación de algo tan propio do mercado como a especulación, celebro a actuación do goberno (nomeadamente a conselleira Táboas) niste caso moi concreto.

[As argumentacións de don Xaime nalgún aspecto concreto tampouco non son rexeitables de plano]

Anónimo dijo...

Táboas di. Inclúe mención concreta dalgúns dos iluminados.

Anónimo dijo...

Consultados os iluminados foron moitos, pero aceptados os seus xuízos? Xa se cuidarán eles, cando cambien as tornas, de apuntar esta sutileza miña, non pequena.

Anónimo dijo...

E logo, sabe algo que eu non saiba?

Anónimo dijo...

Non ho: son conxecturas miñas, sobre o empirismo dos últimos anos (digamos trinta) de silencio arquitectil.
O que quero suliñar é que, chegado o caso e lembrada esta publicitada consulta por quen recupere a tixola edilicia, poderán argumentar que non foron atendidas as súas opinións. E aquí paz e despois gloria. Sobre todo esto último.

Anónimo dijo...

De momento, non aparenta que agora a tixola a manexen os do tixolo; non deixa de ser, en humilde opinión, positiva circunstancia e bo indicio. Canto aos ilustres: eles dirán, agora ou máis tarde; conxecturo eu, polo teor aparente do decreto, que algún rigor profesional debe de haber.

Anónimo dijo...

Era eu. Engado: o de iluminados, obviamente, non é unha picada para o Xaime, senón alusión aos seus presuntos informantes, igual faladores sen cancela.

Anónimo dijo...

Quixera manifestar que o artigo vai máis pola forma de pór en práctica a norma que polo fondo xa que, penso, a naide lle molesta nin debería molestar que as vivendas sexan máis grandes e cómodas.

Anónimo dijo...

O chan urbanizable debería ser mercado polo Estado a un precio xusto tasado pericialmente, como fan pra facer as estradas. Logo, parcelado e vendido ás constructoras mediante a concurrencia de plicas, ou mediante subasta.
É unha idea que pode ter moitas variantes.

Anónimo dijo...

D. Xoan, e vostede que ten moitas influencias no Estado non-o lo podían vender a nós todo, digo nós a vostede a súa dona e a mín. A miña jefa xa ten abondo onde serrar.
Podía ser o inicio dunha firme e profunda amizade.

Anónimo dijo...

É proveitosa, esquencía.

Anónimo dijo...

Eu atopo pouca diferencia entre que o Estado seu UN fulano ("O Estado son EU"), ou que sexan unha ou dúas dúcias de persoas, que se poden reunir en calquer momento pra cear e correrse unha xuerga. A "ratio", con respecto a cuarenta e pico millós de persoas é, na práctica, a mesma e sen representatividade estadística.
Dito esto, saiba Frère Jacques que non me levo mal có Estado. Se me molestara en pensar en él, levaríame mal, e viceversa. Eu non teño os "salvaconductos" pra esas parcelas. Pero, si os tuvera, daríallos a vostede e á sua muller pra que puderan pasar o resto dos seus días disfrutando dun bó retiro en Lisboa.

Anónimo dijo...

Tá ben.

Anónimo dijo...

Da Coba, se o Xaime lle despreza o choíño de Lisboa, gárdemo.

Anónimo dijo...

Quen nos verá, XM Glz, paseando ao sol da mañá polos xardíns próximos á torre de Belén, ou atravesando o Tejo "de cacilheiro", pra irnos bañar ao Guincho.

Anónimo dijo...

Os xardíns da Praça do Império, cos seus vellos bancos de pedra, malia a pouca sombra, sonme ben agradables; quizá pola lembranza das moi longas camiñadas vindo de onda o Terreiro do Paço (oficialmente, arestora, Praça do Comércio). E di que ao mellor podiamos amañar un sitiño por alí para uso propio? Subindo cara ao Palácio da Ajuda, se cadra?

Non sei se non confundirá a Praia do Guincho (en Cascais) coa Costa da Caparica. Pero déao por validado.

Anónimo dijo...

É verdade, a Caparica, sim.

Anónimo dijo...

É verdade, a Caparica, sim.

Anónimo dijo...

Medelaaaaaaaaaaa! Ei, Medelaaaaaaaa! Anda por aí?

Hoxe descubrín un dato, que é público e que supoño se pode dicir, sobre vostede: é vogal da Executiva do PNG-PG. Estou no certo? Ao mellor dentro de pouco vémolo de deputado! Daquela, acórdese de nosoutros, pobres mortais.

Anónimo dijo...

mmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm
como dicía Raffaella Carrà

Rumore rumore

Saudos, amigo.-

Anónimo dijo...

Vaia, vaia. Temos a un de centro-dereita entre nós. El haberá máis dun?

Anónimo dijo...

jajajajajajajaja
Bravo, Anónimo... Só un pequeno pormenor: Liberal.
Saúdos.

Anónimo dijo...

Para o sr. Anónimo detectador de infiltrados de centro-dereita:

Eu sonlle o mozo das pistolas, do lado da repoluda e patriótica Srta. que enarbola a sagrada bandeira da patria.

Foi en Paris, 1830, onde me afiliei.

Saúdos respectuosos e auténticamente liberais e patrióticos.

UN SERVIDOR É O MOZO {LIBERAL} DAS PISTOLAS

Anónimo dijo...

Ser liberal é unha carauta que encobre os propósitos contra-revolucionarios dos servos do capital contra da clase operaria e a ditadura do proletariado e a súa vangarda revolucionaria. Os gulag están cheos de sedicentes liberais. De verdá que lles adianto que aínda quedan prazas libres.

Anónimo dijo...

Glorioso camarada Beria:
Botei corenta e sete anos da miña vida consagrado ao estudo da personalidade de Stalin. E cheguei á conclusión de que o seu admirado amigo non naceu en Gori, preto da raia con Osetia do Sur, República de Xeorxia (Ex-URSS). Non.

Hoxe descubrín que viu a luz en Galiza, nas terras de Celanova, concello de Ramirás, concretamente nun lugarciño da freguesía de Santa María de Vilameá.

Amén.

XEORXIA??? NON; GALIZA