6 abr. 2008

Unha imaxe quizais pouco atinada (pero explicable) de Anxo Quintana

Se son certas as declaracións que hoxe recolle La Voz de Galicia, Anxo Quintana non estivo moi espilido nesta imaxe para defender o galego. Xulguen vostedes mesmos: se lles dicimos ós mozos, que desertan da súa lingua, isto que segue, que poden pensar eles?

El dirigente del BNG resaltó que hacía estas declaraciones ahora que se había suscitado nuevamente una polémica sobre el empleo del gallego. Añadió: «En calquera pobo de Galicia os nenos crecen e aprenden castelán, só faltaría. Nun pobo cunha galescola seguirán aprendendo castelán e falando castelán. A diferenza é que nun pobo con galescola damos un pasiño máis para que os nenos aprendan tamén o galego, que é o noso idioma».
Sobre la utilidad del gallego, Quintana precisó: «¿Para que serve o galego? ¿E para que serve unha nai de 82 anos, con párkinson e incapaz de moverse? Coidámola para que viva o mellor que poida porque é a nosa nai. Pois o galego coidámolo porque é noso e por principios».


Actualización (7 abril).
Por motivos que constan nos Comentarios, decidín suavizar o título deste post. Os políticos teñen que falar a cotío e non sempre con tempo para pensar as imaxes retóricas que poidan utilizar: se esta imaxe parte dunha experiencia persoal, obviamente cambia o sentido do manifestado (aínda que non o entendan así os que lean o xornal).

106 comentarios:

Anónimo dijo...

Amigo Valcarcel comprenda que estas declaracións sexan un escándalo para un nacionalista coma min, quedo mudo, sen palabras ante a evidencia da ineptitude deste "lider". Eu anímome a pedir a dimisión, pero co ben que lles vai aos que pisan a moqueta, de pouco vai serbir.
Con alguén así liderando o BNG supoño que o PP estará tranquilo e o Psoe feliz, ainda que pode que haxa xente no Psoe cunha mentalidade mais progresista e mais comprometida co pais que esta acémila que temos por vicepresidente.

Anónimo dijo...

¡E dalle coa envexa dos que "pisan moqueta"!

marcos valcarcel dijo...

Para o primeiro Anónimo: creo que sobraba o insulto da súa última liña. Non borro a mensaxe para que non pense que o censuro...

Anónimo dijo...

Os pobres envidian aos ricos, e sobre todos aos novos ricos. Facerse rico co traballo dun é meritorio, pero facelo con mentiras políticas é recriminabel. Polo que a critica aos recén acomodados na moqueta non é envidia, ou non só envidia, senón que tamén responde a unha idea de xustiza.
Valcarcel podería cambiar Acémila por burrancán, pero que quere que lle diga, ten mais forza acémila, quedo mais satisfeito con esa expresión e ben mirado non hai tanta distancia entre un e outro, soa vulgar, pero é que responde a idea que eu teño dese señor.

Anónimo dijo...

"Tamén responde a unha idea de xustiza": ostia e reostia. ¿Que idea de xustiza será esa? Melaexpliquenplis.

Xosé M. González dijo...

A imaxe, en efecto, non é atinada. Posiblemente procede da especial dedicación de Anxo Quintana ao mundo da vellez, por razóns de cargo como mínimo, dígoo sen ningún tipo de ironía e consciente de que outros poderán darlle a volta en tal ou semellante sentido.

Non é atinada porque ao galego lle cómpren imaxes de mocidade vizosa, non de vellez decrépita; pero aínda así, subscribo absolutamente o razoamento que vén a continuación: porque é noso e por principios. Porque é noso e por principios, eu defendo o galego; porque é noso e por principios, Anxo Quintana, eu e posiblemente algún máis, usámolo a cotío, non adoitamos apear del no país, cultivámolo e facémolo útil, se me desculpan a espero que non inmodestia.

Esta forma de falar de Anxo Quintana faino incorrer nalgún erro de forma; ademais, xaora, molesta os afeitos a máis precisión técnica, a máis preciosismo expresivo e rigor académico; por ende, dá pé a verter a animosidade latexante, en ton e forma que o formato dos blogs favorece e por moitos anos. O falar, claro que non, non ten cancelas.

Iso si, esta ás veces irregular e artesanal expresión de Anxo Quintana pode entendela todo o mundo, enténdea e seguramente moitos non lle dan connotación tan negativa coma a do doado evocador de cuadrúpedos. E a min, polo menos, non me parece mal que a xente entenda e, entendendo, poida mirar as cousas dos nacionalistas con ollada máis próxima, humana e accesible do que adoitaba. A min, persoalmente, non me parece mal.

Porque é noso e por principios; porque é unha superestrutura que asume parte da contradición principal. Velliña, menina e moza; desculpen o lirismo e, nada, sigan ao seu.

Interveño eu dijo...

Non deixa de ser unha ironía que quen se dá golpes no peito escandalizado proclamando o seu nacionalismo e a defensa do galego, despois escriba "serbir" (con b de b...) e se quede tan pancho.

Concordo con González. Hainos que, levados pola súa animadversión, só ven o que queren ver. "Porque é noso e por principios": tamén dixo isto Quintana e con toda razón. Algo que obxectar? Seguramente tal afirmación lle traia sen coidado e non signifique nada para o "nacionalista indignado", porque o galego non é o del e, ademais, non ten principios.

Anónimo dijo...

Disinto co que Quintana significa no nacionalismo galego,o que non me impide apreciar acertos como o das Galescolas e criticar actuacións como esta na que se trasluce a súa incompetencia.
Non dou golpes no peito nin na mesa, nin ao ar, senón que opino, nada mais.
E o galego é o meu idioma, con graves deficiencias ortográficas, defectuoso, con tanto por aprender, e a medio aprender...

Interveño eu dijo...

Vexamos se vostede é unha persoa seria e con opinións fundamentadas ou se, pola contra, fala por falar a partir de prexuízos.

Di que disinte "co que Quintana significa no nacionalismo galego". Ben, está no seu dereito. Pero 1) debería explicar cal é ese significado que xulga tan nefasto, e 2) concretar en feitos reais esas "actuacións... nas que se se trasluce a súa incompetencia". Dígaas, expóñaas. Sexa crítico, mais fundamente a súa crítica.

Deixemos aparte a súa probada capacidade para o insulto. Amósenos agora a súa capacidade para a crítica política seria.

Anónimo dijo...

Hai algo máis importantre que unha mai?. Cantos anos ten a mai do Quin?, ten párkinson?.
Señor anónimo, ten vostede moi poucas luces, so intento iluminalo un chisco. O nacionalismo cego é un mal pouco útil para o Pais

Interveño eu dijo...

Supoño que o Anónimo precedente non se dirixe a min, senón ao outro anónimo. Porque eu identifícome cun alcume e propoño un debate en termos políticos. E un debate político non se comeza con axiomas prexuízosos a base de "moi poucas luces" e "nacionalismo cego", que nada din así expresados por non ir acompañados da argumentación conseguinte.

Espero, polo tanto, que o Anónimo que interpelei expoña os seus puntos de vista para principar un debate político en serio.

Anónimo dijo...

Mire señor Interveño, primeiro non sei que se cre vostede para ir pedindo aclaracións e profundizacións , cando vostede non ten demostrado nada ni profundizado nada. Eu acepto o seu reto, pero, xa que é quen o solicita profundice vostede primeiro e deseguido fareino eu, ten o meu compromiso. E vaia deixando de lado a súa capacidade para a insidia, que comeza a aburrir.
E vaiamos ao tema e deixemonos de liortas estereis.

Interveño eu dijo...

Eu inviteino a debatir e intercambiar argumentos racionais sobre a situación actual do nacionalismo. Só pido que se faga un esforzo para fuxir dos insultos, dos prexuízos previos e dos xuízos sumarísimos. Fai falta deliberación e intercambio, non hai dúbida, pero agardo que se faga en termos non ofensivos, polo ben do debate.

E dado que foi vostede quen iniciou a súa crítica, lóxico é que sexa vostede quen expoña primeiro os seus puntos de vista.

É vostede quen comezou aseverando que disinte "co que Quintana significa no nacionalismo galego", e quen falou de "actuacións... nas que se se trasluce a súa incompetencia". O normal sería que fose vostede quen expuxese en que se basea para chegar a tales conclusións. Non lle parece?

Claro que é libre de negarse a facelo, pero entón dígao con claridade. Iso de "vostede primeiro" non me parece un punto de partida racional e lóxico polos motivos aducidos.

Interveño eu dijo...

Repito o que lle dixen por se non o leu con atención:

Di que disinte "co que Quintana significa no nacionalismo galego". Ben, está no seu dereito. Pero 1) debería explicar cal é ese significado que xulga tan nefasto, e 2) concretar en feitos reais esas "actuacións... nas que se se trasluce a súa incompetencia". Dígaas, expóñaas. Sexa crítico, mais fundamente a súa crítica.

Interveño eu dijo...

Acepte de verdade o reto e fale. Do contario quedará en evidencia que non ten criterio e que fala por falar.

Anónimo dijo...

Unha pequena aclaración, por se axuda algo: a nai de Quintana é recollida todos os días as oito da maña polos servizos de un Centro de Día, preto de Allariz, e a noite volve para o seu fogar. A nai da Quintana ten máis de 80 anos e padece un parkinson moi avanzado. E por certo, sempre foi toda unha señora.

Interveño eu dijo...

Axuda e moito. Moitísimas grazas.

Esperemos que algúns deixen de ser tan frívolos á hora de opinar e que a vergoña lles faga recapacitar.

O señor Quintana, como Touriño, como Feijóo, como absolutamente todos os políticos, pode e debe ser criticado. É algo que forma parte da normalidade democrática e así debemos asumilo.

Pero o que non son de recibo son actitudes como a do Anónimo: a animadversión persoal, a descalificación sumarísima, o insulto soez, non poden formar parte do debate político.

Esperemos que aprenda a lección. Porque, por outra parte, é evidente que non vai vir a expoñer argumentos dos que sempre careceu.

Anónimo dijo...

Señor interveño é vostede un pesado.
Só sabe pedir e non soltar nada. Eu xa lle fixen a miña proposta, se non hai acordo, pois a outra cousa e non lle busce tres pes ao gato. Non me vou enlear con vostede.

Interveño eu dijo...

... e aínda ten a desfachatez de vir despois do que dixo o Anónimo tan en serio.

Está visto que hai palabras das que algún descoñece o seu significado: vergoña, humildade, dignidade, humanidade, ...

arume dos piñeiros dijo...

A puntuación tamén delata. Cuidadín. Sobre todo os puntos e aparte.

Anónimo dijo...

Vou comezar a pensar que o Interveño me persigue. Menos mal que non me puxen un Nick, con semellantes elementos hai que tomar precaucións. Faga o favor e deixeme en paz, non está vostede preparado para a vida democrática.

Anónimo dijo...

Teña un pouco de vergonza, home

Anónimo dijo...

estou vermello.

Etxe dijo...

Non vira as declaracións.
Habería que ver se exactamente se corresponden co dito. Teño as miñas dúbidas. Por exemplo co "só faltaría" incial que se cadra é unha muletiña de apoio.
O da nai non deixa de ser un exemplo absolutamente inapropiado,pero en fin, é unha metáfora inadecuada e non é máis.

Anónimo dijo...

Iterveño eu, delle unha lición e comece vostede primeiro, que non se diga que é vostede un vulgar liante que anda a picar por picar como un pito mollado.

Interveño eu dijo...

Está moi clariño quen é un vulgar liante: o que fala por falar sen ter idea do que fala, o que bota a lingua a pacer.

E non se trata de dar leccións, senón de argumentar racionalmente. Eu inviteino a que o fixera e el negouse. É de sentido común que ten que ser quen primeiro afirma o que primeiro expoña os razonamentos que sustentan a afirmación. E non ao revés. Póñase como se poña, é así e non hai volta de folla.

Interveño eu dijo...

O que pretende o Anónimo vén sendo o mesmo que pedirlle que demostre a súa inocencia alguén que é acusado de culpable.

Pois non. É o que acusa o que ten que demostrar que o acusado é culpable.

Neste caso, é o Anónimo o quen ten que demostrar que "significa" Quintana no nacionalismo galego, e cales son esas "actuacións... nas que se se trasluce a súa incompetencia".

Cae de caixón. Póñase como se poña.

Xoan da Cova dijo...

O Anxo Quintana debeu ler nalgún sitio aquela pregunta que lle fixeran a Faraday: "Pra qué sirve a electricidade?". El respostara con outra pregunta:" Pra qué sirve un neno recén nado?". Por algunha razón, parecéulle mellor a imaxe dunha velliña que a dun neno, anque ambos transmiten unha idea de desamparo. A imaxen de nenos pequenos é unha das máis usadas en publicidade polo seu alto valor emocional. Unha campaña que identificase ao galego cun neniño desvalido ao que hai que coidar, non estaría mal. Imaxinen: a fotografía dun bebé mirándonos, e a lenda "Se non mme cuidas tí, eu morro".

arume dos piñeiros dijo...

Aínda chega agora de Vigo?

XDC dijo...

En Vigo estiven onte, amigo Arume d.p. Ceando, precisamente no Prada a Tope. Hoxe estiven en Portugal pola mañá e na Lanzada pola tarde. Noutro post falo dunha anécdota, durante a cea en San Vicente do Mar.
Mire qué horas, i eu diante o écran, que hai moita cousa nova escrita.

arume dos piñeiros dijo...

Fun eu precisamente por alí por ver se o vía, pero, como non o coñezo, era esforzo inútil. Pero a verdade é que memoricei unhas cantas persoas para logo cadrar. Todo por dicir que vin un día a Xoan da Cova.

Xoan da Cova dijo...

Eu estaba na parte superior do local, amigo Arume, contra as dez e media da noite. Non se sentaría vostede na barra da parte inferior do local, a carón da columna?.

Antes, xa a miña dona me fixera percorrer o Mediamarkt. Iba ansiosa por mercar un GPS, porque ás veces perdémonos nas escapadas,pero non quedaba o modelo que ela quería. Non a din convencido do bonito que é perderse, apréndese máis. Unha vez perdímonos de noite por unhas carreteras do norte de Portugal. Púxose nerviosa, pero eu tranquilicéina decindo que era fácil voltar .Bastaba coller sempre os cruces inportantes cara o norte. Salín do coche pra buscar a Estrela Polar, pero experimentéi un contratempo cando comprobéi que o ceo nocturno estaba cheo de nubes. Naquelo, abríuse un claro que me permitíu recoñecer a constelación de Leo. A partires dela, imaxinéi, ao seu carón, a posición da Osa Maior, e a línea case recta que forman dúas das súas estrelas coa Polar, escoltada polas súas compañeiras da Osa Menor, os "guardiás do Polo". Volvimos sen problema a Galiza, pero xa non paróu en todo o camiño có rollo do GPS.

arume dos piñeiros dijo...

Alí mesmo está o meu curruncho, ao lado dos figos zoupeiros e dos pementos, pero fun máis cedo. Cando veña outra vez, deixe recado un pouco antes: dixo que arrancaba para Vigo e xa non me deu tempo a quedar con vostede.
O outro día dinme de conta, tras máis dun ano de perplexidade, que a causa de que a xente veña a Facultade por un camiño máis longo e tortuoso era o GPS. Non entendía como a maior parte da xente que quería coller a estrada para Ourense vindo de Rande saía polo aeroporto dun xeito case sistemático. Un día, cun amigo, vin que tamén me levaba por alí: sen dúbida tardamos moito máis, pero tampouco advertín por qué era. Por fin, o outro día chegou aos meus sesos a explicación. O GPS mete a todo o mundo por alí. Convenza á súa dona de que non merece a pena. Xa non é cuestión de perderse: é cuestión de ganarse.

XDC dijo...

Unha amiga de Pontevedra que nos visitóu a semana pasada e que coñece perfectamente o camiño á nosa casa, perdéuse polo centro por lle facer caso ao "tontón". Vai pasar como cando apareceron as calculadoras. Ao principio a xente facía o cálculo coa calculadora pero, como non se fiaba delas, repetíao a man. En caso de contradicción, non lle facían caso ao resultado da máquina. Hoxe é ao revés. Fas unha conta a man. Non te fías, e repítela coa calculadora. En caso de contradicción, fíaste do resultado técnico. A xente non se fía de sí mesma nin nos cálculos máis sinxelos, como comprobaron nun experimento no que manipularon a máquina pra que dera resultados incorrctos. Pois co GPS, igual. En poucos anos, non me fiaréi de min mesmo nin pra ir de Ourense á aldea.XD.

apicultor dijo...

Eu non teño GPS, pero a verdade non descarto no futuro chegar a ter un. E non por papanatismo tecnolóxico, senón por necesidade. Oriéntome moi mal e non sei tomar decisións rápidas na estrada, teño que telo todo antes moi seguriño.

De tal xeito que se tivese que ir só a Cáceres, por exemplo, sen ter antes claro por onde ir, o máis normal é que aparecese en Santander. Iso si, conducir conduzo de puta madre.

apicultor dijo...

Por certo, non creo que Quin sexa un incompetente, senón que sabe o que quere. Outra cousa é que poida facer as cousas como desexe (ou que se estea de "filosoficamente" de acordo). Unha frase desafortunada non é indicativo de nada.

Hai xente que pensa que gobernar se fai con palabras ocas, outros pensamos que se fai con feitos concretos. E, neste sentido, como todos os gobernantes, Quin ten luces e sombras. Algúns coidan que con escribir Torito ou Queen xa fan crítica política. E vai ser que non.

Carqueixa dijo...

Tamén para matizar.
Hai, aproximadamente mes e medio, un luns pola mañá chegou Quintana ao Centro de Día onde na actualidade asisten a súa nai. Veu de “paisano”, e dicir, no seu coche particular, sen gardacotas, sen chofer e sen o Audi oficial, co seu pantalón vaqueiro e en xersei, el só. Pediu falar coa asistente social e solicitoulle unha instancia para pedir praza para su nai.
O Centro de Día aínda non fora inaugurado e comezou a funcionar hai dez días; o seu funcionamento depende de Vicepresidencia do Goberno da Xunta.

Ás veces, tamén os políticos baixan a terra e son mortais.

Estou totalmente dacordo co que di Arume no post anterior. As cousas hai que entendelas no seu contexto e as persoas xulgalas polos feitos, non polas palabras.

XDC dijo...

A primeira vez que fun a Cáceres paséino moi ben polo camiño. Cada 50 ou sesenta quilómetros paraba en calquer bar pra tomar o café e preguntarlle o camiño ao camarero e aos parroquianos. Non me digan que non é ben bonito, ver cómo discuten o mellor xeito de axudarte a chegar.
Unha vez, perto de Madrid, quería ir a unha ermita. Nun bar da localidade, preguntéi o camiño. Estuveron explicándomo e, cando remataron, aproximóuse outro cliente que estivera calado, e díxome: "Todos estes, non teñen nin idea. Deixa que che explique eu". Enzarzáronse nunha discusión acalorada, e case acaban a ostias. Eu, con cara moi seria, pero divertíndome por dentro coas expresiós insultantes que utilizaban. Xa me daba igual, atopar o sitio ou non. A finalidade era pasar unha tarde interesante, dun xeito ou outro.

marcos valcarcel dijo...

Introducín neste momento unha actualización do post que penso que rectifica, máís o tono que o contido, deste post. A imaxe segue sendo desfortunada, pero, nacida dunha experiencia persoal e nese contexto, creo que cambian algúns matices ó considerala.

XDC dijo...

Xa ven cómo cambia o mundo. A próxima vez que pare nunha taberna pra preguntar o camiño, en vez de inducir ás interesantes conversaciós que encheron páxinas de literatura de viaxes, miraranme de xeito despectivo, pensando: "este pringao non ten GPS".

apicultor dijo...

Ben feito, Marcos. Despois de enteirados do dato familiar e do que di Carqueixa, é perfectamente comprensible que Quintana fixese a metáfora que fixo. Merece todos os respectos e comprensión.

arume dos piñeiros dijo...

Se me permiten a matización, eu poñería explicable. Comprensible, non tanto.

apicultor dijo...

Aceptada a matización.

marcos valcarcel dijo...

Xa ven que de novo modifiquei o titular do post. Case sempre lles fago a caso: a súa pulcritude coa lingua así o demanda.

arume dos piñeiros dijo...

Hónrame con esa corrección. Moitas gracias.

XDC dijo...

Ex-plicar é case o contrario de com-prender. XDD.

Anónimo dijo...

Ao mellor o que dixo que "o mellor indio é o indio morto", matóulle e súa nai un indio e é "explicabel" esa declaración?
A comparación non foi afortunada, pode que sexa inocente e resultado dunha inundación emocional momentanea.
Pero pode tamén que trasluza a percepción que ten Quintana do galego, agonal e sen futuro, paciente de coidados paliativos ao que se lle debe ir amañándo o enterro.

Anónimo dijo...

Canto agoreiro mal pensado e retorto. Pode ser.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Agonal quere dicir todo aquelo relativo ás loitas e os xogos. Un espíritu agonal é un espíritu combativo. Supoño que quixo dicir agónico.

Menos solicitó veloz saeta
destinada señal que mordió aguda;
agonal carro por la arena muda
no coronó con más silencio meta,
que presurosa corre, que secreta
a su fin nuestra edad.

Anónimo dijo...

A iso, en boxeo, chámase un "straigth-left".

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Pido desculpas por se puiden molestar: foi pura deformación profesional que agora xa comezo a lamentar, sobre todo tras o último comentario. Síntoo.

marcos valcarcel dijo...

Non molesta en absoluto, Arume. Os seus versos clásicos sempre serán ben recibidos...

Anónimo dijo...

Gracias pola corrección Arume.
Nun post saiu unha moi interesante pregunta: Que significa Anxo Quintana no nacionalismo galego de hoxe?
Unha pregunta tentadora que me anima a facer unhas cantas consultas e tentar respotala.
E para que non haxa equívocos entre anónimos, aclaro que non son ningún dos que interviu antes, a ver se como me ten pasado en outras ocasións, vou ata resultar ser o autor do Lazarillo.

apicultor dijo...

Para que non o confundan, podería poñerse un nick? Un calquera, o que máis lle preste, ou o que máis rabia lle dea. Un calquera. Grazas.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Non será vostede o propio Anxo Quintana?

E, por certo, o autor do Lazarillo é o propio Lázaro de Tormes. Xa se sabe. Desde hai moito tempo. De anónimo nada de nada.

XDC dijo...

Eu nunca oíra a verba "agonal" hasta que lín, fai xa anos, "Homo Ludens", de Huizinga. Nese libro aparece cada dous por tres, có senso que da Arume. Pero o primeiro que me viñera á cabeza fora o sense de "a-gonal". Sen águlos, sen esquinas.XDD.

arume dos piñeiros dijo...

De feito, da Cova, no poema de Góngora que transcribín hai quen interpreta o de agonal como sen ángulos, nun pequeno chiste redundante de don Luís (que debía de ser un cachondo: de feito as Soledades miradas ben son unha xenial tomadura de pelo) sobre as rodas do carro.

A agonía do cristianismo unamuniana desde ese punto de vista xeométrico resulta, amigo da Cova, moito máis interesante.

XDC dijo...

Fai moitos anos lin un relato no que unhos "sabios" do Paleolítico estaban investigando pra inventar a roda.Un deles, inventara a roda cuadrada. Daba catro golpes por volta. Logo veu un que a inventóu triangular: xa sólo daba tres golpes por volta. Consideróuse, por tanto, unha mellora. O que era obviamente falso e alonxábase da solución final. Logo veu un que a fixo pentagonal. Ríanse del: era a peor, daba cinco golpes por volta. Pero o tipo déuse conta de que eran cinco golpes, pero pequenos,e o carro era máis cómodo. Caíu na conta de que cantos máis lados tuvera a "roda", era mellor. Fíxoa ao final con infinitos lados, ou sexa,con ningún, "agonal". O cero e o infinito parécense moito.

Jim Morrison dijo...

Bonito libro "Homo ludens". Se non recordo mal, "Agonais" eran, para Hiizinga, os xogos competitivos. Para outros autores, a cultura grega era, na súa totalidade, "agonal", mesmo nos seus aspectos máis en aparencia irenistas, como poden ser a dialéctica filosófica ou a retórica. E despóis están as persoas das que se di que son uns "agonías" (que Zeus nos libre).

XDC dijo...

Ídesme matar con tantas verbas raras. Veño da sala de exposiciós Expourense, onde tivo lugar unha mostra de bodegas galegas. Podíase coller no mostrador da entrada, gratuitamente, un exemplar do libro de poemas "Terra Chá", de Manuel María, editada por Xeráis e pagada ao parecer pola "Irmandade dos Viños Galegos". Na contracapa aparece a lenda "Edición NON VENAL". Qué carallo quere decir eso?. O dito. Vou soñar có sufixo "-NAL".

arume dos piñeiros dijo...

Que no me digan por la esquina
non venal, non venal,
que eso a mi me mortifica
non venal non venal...

arume dos piñeiros dijo...

Que no me digan por la esquina
non venal, non venal,
que eso a mi me mortifica
non venal non venal...

Xosé M. González dijo...

Que non se vende, da Coba. Cultismo a partir do latín clásico venalis, relacionado co substantivo venum, "venda".

O verbo era vendo, infinitivo vendere, de aí o noso e os substantivos e adxectivos derivados.

marcos valcarcel dijo...

É moi curioso o tema dos cultismos. A min sorpréndeme que unha persoa tan culta e preparada como XDC, da que tanto aprendo, non coñecese antes esta palabra, que a min non me parece tan rara. Hoxe pasou algo semellante no café: outra persoa moi formada, médico, que le este blog (teñen vostedes varios lectores fixos no IES A Carballeira, por se non o sabían) tampouco escoitara nunca o de "acémila" que se usou aquí, creo que ó principio deste fío.

En fin, só anotar o sorprendente que é o feito de que se coñezan uns cultismos e non os outros, un pouco ó chou: debe pasarnos a todos, non?
Aínda que quizais Arume ou X.M. Gzez, ou XDC, todos eles amantes da lingua e das linguas, teñan unha teoría orixinal ó respecto...

arume dos piñeiros dijo...

Arrogar, joven, presentir, construir, conculcar, erixir, pulsar, ostentar, librar, frustrar, ceder, impedir, neutralidade, palestra, meta, (h)arpía ou adolescente, que figuran no poema que achegou o outro día Saavedra, o Baltasar Gracián de Lugo, eran cultismos (moitas veces por acumulación ou abuso) no século XVII.

Xosé M. González dijo...

A xente da(s) nosa(s) xeración(s) realizou a súa aprendizaxe lingüística básica a base de familia e moita rúa; cun léxico nutrido no esencial con palabras patrimoniais, aínda bastante substancia rural, ningunha televisión, algunha radio e non demasiada prensa. Aqueles de entre nosoutros que accedemos ao ensino secundario xa tivemos o verniz libresco que trouxo bastante cultismo; pero as lecturas foron diversas. Os posteriores vernices mediáticos, un, foron impostos en tempo xa non infantil.

É de ver que os mozos de agora tiveron outro ensino e vernices. Perderon riqueza na coloquialidade, patrimonio e, por vía escolar, coñeceron bastantes cultismos desde ben novos; de feito, bastantes destes (vg. colocar) son xa ben coloquiais.

A min tamén me pareceu estraño que o da Coba non coñecese o termo, e aínda dubido; de feito, o Arume pareceu dalo por descontado co seu tratamento do tema. Canto ao arabismo acémila, penso que non o coñezo desde neno, pero hai ben tempo -se non me engano- que de voz popular o teño escoitado co senso metonímico aquí conferido.

marcos valcarcel dijo...

Teño utilizado,ás veces, con alumnos/as de ESO, a estratexia de darlles un texto xornalístico en galego, ó chou, do xornal GALICIA HOXE, p.ex., que o recibimos na Biblioteca, e mandarlles subliñar todas as palabras que non entendan: a inmensa maioría das que marcan son cultismos e dinse exactamente igual en castelán. No rexistro dos mozos, para este caso, dá igual galego que castelán.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Apicultor!!!!!!!!!!!!
Ola!!!!!!!!!!!!!!!!!!

{Onde é que se metería iste home?}

Non me estraña nada. Quen viña sendo aquel que o ataran a un penedo e os voitres andaban a lle comer as tripas?

apicultor dijo...

Ei, ei! Tou eiquí, Medela, tou eiquí.

Acabo de chegar, pero hoxe non teño moito tempo pra atendelo. E non se preocupe, que o bandullo non mo comeu ninguén... de momento.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Ola, amigo Apicultor,nada, quería comentarlle unha cousa, mais se non ten tempo, dígollo despois ou mañá.
Saúdos. Uf, que susto levei.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Apicultor, preciso que Vde. fale coa súa señora tía e madriña de pía bautismal dona Lutgarda.

E por un problema dun meu cuñado.

Grazas.-

{Se marcha vostede do blog, eu emigro para as illas Sajalin}

arume dos piñeiros dijo...

Sorprendeume que don Marcos considerara acémila insulto. Para min, sen ser cariñoso, non ten esa carga tan negativa. Desde sempre foi empregado nun ambiente familiar, de forma cordial. Non me chegou, a min, xa digo, como aldraxe ofensivo.

Ticio era o ghicho, Medela. Seica andan vostedes despezando o bandullo do Ivanilich. Os avutres, polo que se ve, prefiren o foie fresco, nen en conserva nen "micuit".
Tiziano

Xosé M. González dijo...

Andaba eu confundido. Con Prometeo tamén pasaba algo ao xeito, pero seica era unha aguia e o figado; que lle medraba outra vez cada día, o fígado, digo.

Xosé M. González dijo...

Con todo, a acémila retórica non sempre ha de levar agarimo. O portugués, polo menos o decimonónico, para tales extremos usa o vocablo cavalgadura.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Moitísimas grazas, señores, xa me soaba a min esta historia...

Ou sexa, que sancionan o meu cuñadopor cravar un cartaz de folla de lata nun carballo e ao mesmo tempo protexen as aguias e os avutres que devoran as asaduras dos honrados cidadáns temerosos de Deus como o meu amigo Api.

'Tache bo o conto.

Se ven por aí o que queda do Apicultor, fagan favor de lle diciren que me escriba.

Grazas.-

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Arume: Sabía? Os deportados por Stalin e as súas familias veñen todos os días a armar sarillo diante da ex - estatua de Lenin.

Os das SS que quedaron a vivir por aquí e os seus descendentes, aplauden e dan tabaco. Riron cando cortamos a cabeza coa rebarbadora Laser.

Mesmo Kyra olla para min de esguello.

'Tache bo o conto.

arume dos piñeiros dijo...

Home, ao Vicepresi mentado ao comezo non creo que lle faga moita gracia. Pero hai non menos de mil palabros piores.
Tamén pode tomalo ata positivo, porque soporta el só o peso do partido con algunhas albardas (sen citar nomes) que de cando en vez van cargadas de máis.

Xosé M. González dijo...

De certo, os termos de tal campo semántico non sempre son exactamente pexorativos. Velaí o aforismo, ou así, Tes máis paciencia ca un burro vello.

Ao Quintana boa falta lle fai.

apicultor dijo...

Estoulle aquí, Medela. A miña tía Lutgarda xa vai vella e ándalle un pouco dura de oído e moi morriñenta do coronel cabeliro mutilado de guerra, pero ha atender gustosa calquera "recomendación" que teña que ver con vostede e a súa familia.

Polo que atinxe ao meu fígado, debe ser o órgano que mellor me funciona, xunto co páncreas e o músculo esternocleidomastoideo. Así que non se preocupe inncesariamente.

E canta razón ten o Saavedra: a paciencia do Quintana, a este paso, vaise convertir en lendaria. Co Camilo dando a vara por aquí, co Beiras dicindo que está pero que non está na Executiva, e co Bautista saíndo agora de pirómano, que sexa quen de tourear a tales Mihuras (se ben xa teñen os cornos recortados) é ben meritorio, abofé.

apicultor dijo...

... cabaleiro...

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Apicultor, e que o botaba en falta.

apicultor dijo...

Mándeme, Medela, un enderezo de e-mail ao que lle poida envíar un excelente artigo dun bo amigo meu e de Marcos sobre un tema que seguro que lle ha de interesar.

Escríbame, se quer, a apicultor@mixmail.com

(O mesmo vai para calquera outro contertulio)

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Aí lle vai, señor.

galeguistas@yahoo.com

Grazas.-

apicultor dijo...

Haberá de desculparme, Medela, pero non me dá ido. Tan pronto poida arranxar o choio, remítollo. Descúlpeme.

apicultor dijo...

Non me vai. Non sei qué pasa.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Quere experimentar con outra conta de correo?

apicultor dijo...

Xa foi, xa foi. Coido. Confirme chegada contra-reembolso.

apicultor dijo...

Foi... ou?

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Chegou, consulte o seu correo.
Xa estou a ler.
O tema, evidentemente, é fascinante.

Grazas, señor.

Anónimo dijo...

E pensar que Marcos quería censurar "acémila". Mellor absterse de cesura, é mellor ser tolerante e agardar que opere a autocensura, mais eficaz e barata.
Moi agudo Arume, sería un bo asesor, pero vou a decepcionalo, non son Anxo Quintana.
Algo lin fai tempro sobre o autor do Lazarillo, pero como aínda non vin ningún exemplar estampado co nome do autor, non afiancei a ídea, o proximo día que entre na libraría mercarei un lararillo de Lazaro de Tormes. Agradeceríalle Arume que me recomendase algún texto non moi longo sobre esta aventura dunha obra que reencontra ao seu autor.

Xosé M. González dijo...

Ou sexa, que se confirma acémila como cualificativo respectuoso. Tache boa, ta. Haxa boa noite.

Anónimo dijo...

E que hai da pregunta, don Lazaro? Xa encontrou a resposta?

XDC dijo...

Según teño entendido, moitas das obras anónimas foron feitas a principios do XIX por "afrancesados", e foron destruidos os documentos e vestigios da autoría, por seren considerados traidores.

Anónimo dijo...

Non...non tampouco son Don Lázaro de Tormes, sigo sendo Anónimo, ao mellor algunha obra ecóntrame un día a min e ten que borrárselle o autor.E non hai resposta agardando, señor coanónimo, hai que construila, se quedo satisfeito ata pode que me atreva a facela púbica.
Encontrei tamén interesante a suxerencia neste mesmo fio sobre a idea de xustiza como conatus, lévame polo camiño de Focault a Espinosa e rápidamente por un atallo a Arendt e sobre todo ao seu marido.
Non é bo atosigar a xente, a min non me gusta que me atosiguen. Ao final deste recadriño no que se esciben os comentarios, hai varias opcións para identificarse, eu escollo ANÓNIMO, porque non quero convertirme nunha personaxe do blog, e as miñas razóns terei. Outros terán as súas para identificarse ou non e como queiran. A mais opcións mais liberdade.
Que teñan unha boa noite señores.

arume dos piñeiros dijo...

Nunha colección de EL MUNDO de literatura clásica aparecía unha versión do Lazarillo, a cargo do inevitable F. Rico, que estaba adscrita a Lázaro de Tormes.

Anónimo dijo...

Espinosa? Elena Espinosa?

Anónimo dijo...

Elena non, Benito, pero da familia.

arume dos piñeiros dijo...

Voltando aos cultismos hai dúas palabras en español que significan unha cousa e a contraria: enervar e lívido. A RAE tomou a decisión de certificar o uso desviado de ámbalas dúas verbas. Esa é a grandeza do idioma.
ENERVAR: debilitar as forzas e poñerse nervioso.
LÍVIDO: amoratado e intensamente pálido.

Xosé M. González dijo...

Algo quería dicir hai tempo. Póñoo aquí, por se aínda o hai.

apicultor dijo...

Saavedra: a que ex deputado se refire? Non logro atinar a quen se refire.

"Eis o exdeputado que, ao deixar de selo, vólvese crítico primeiro, dáse de baixa despois e arestora fala mal do Bloque en dúas columnas de cada tres; velaí a análise e comento, desde o 2005, nesgado cara abaixo sen excepción e que xa aparentou agoirar quebranto para marzo pasado".

Xosé M. González dijo...

Da pasaxe extractada, só o primeiro treito se refire ao requirido personaxe, o segundo alude a outro perfil.

Tocante a tal electo, digamos que nese papel mantivo escasa notoriedade, polo que o grao de coñecemento é alto en ámbito local, menor no comarcal e moi discreto no provincial; a evolución mencionada produciuse en tres anos, aínda que a última e mediática postura comezou a ter efecto antes de se verificar a segunda. Non quería dicir máis.

apicultor dijo...

Home, grazas por deixarnos na incertidume e non querer revelarnos o nome. Está no seu dereito, pero, en fin...

Xosé M. González dijo...

Apicultor, entenda que se quixese facer constar o nome faríao no artigo; é cuestión de estilos e dinámicas, discutible pero persoal.

De calquera maneira, interésanme máis os procedementos cás persoas, e nese debate entraría e concretaría ben a gusto. De non haber lugar para tal intercambio, que xaora pode non ter interese máis ca para min, o dato do nome pode ser deducible; non hai máis ca pensar nunha provincia e ver a lista de non recuncados. Non direi máis; pídolle sincera desculpa polo incomodo e que vexa de entender o meu motivo.

apicultor dijo...

Cando menos podería dicir o medio para comprobarmos argumentos e motivos. Mais xa digo, está no seu dereito en non dicilo. Daquela, non hai lugar para intercambio ningún.

Xosé M. González dijo...

Aquí, pique abaixo, en Opinión. Por aí anda.

O intercambio podía ser de argumentos meus, que máis hai. Entendo que non espertan suficiente interese, só o digo para aclarar.

apicultor dijo...

Moitas grazas pola pista, todo un detalle. El non será EG?