6 abr 2008




Ourensanía

Entran no arquivo da Ourensanía imaxes da cidade como esta das pontes e o Miño ou outras máis antigas do centro urbano (Banco de España) e varias vistas da Catedral.
Tamén unha pequena serie de personaxes populares como o Cepo (na imaxe, do arquivo do pintor Carlos Vello e da web de Moncho Conde Corbal), o doutor Gallego, a charanga do Cuco de Velle e o cenetista José Bóveda. E algunhas obras de arte de Arturo Baltar e Conde Corbal.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Sr. Valcarcel achéguese o restaurante-bar Cobas no cruce da estrada de Santa Mariña do Monte e a que vén de Monterrei, alí está exposto un cadro do "Paxaro", feito polo pintor Carballo, o concelleiro do Bloque en Amoeiro, fágalle unha foto e póñaa en Ourensanía, meréceo dabondo. Este si que foi un autentico persoeiro ourensán de moitos quilates.
Se quere podemos poñer unhas cantas frases e piadas do gran "Paxaro", penso que entre todos os que visitamos este blog haberíamos de contar unhas poucas e das boas

Anónimo dijo...

Pois eu do Cepo teño unha acuarela preciosa, comprada por cincuenta pesetas a el mesmo, nas escaleiras da panadería Chaparro, para viño.
É unha vista da ponte vella cunha terrible intrusión nominal que pon ORENSE en maiúsculas dubitativas e asinado a boli.
A ver se o podo escaner a mandar.
O paxaro -"eu sempre consigo o que quero..." seica qeudou así polo amor non correspondido dunha moza...

Anónimo dijo...

Nese restaurante Cobas hai dous cadros do Paxaro, que eu sepa. Según me contóu no seu día o dono daquela (agora cambióu), o autor era un dos que pintaron o mural interior da cadea de Pereiro, recén construída daquela e relativamente próxima. Non lembro queñes foron eses pintores. Creo que foran tres, e un deles Quessada, pero non estou certo. Comían alí durante o tempo que duróu aquel traballo.
O Paxaro era da aldea da Vacariza, próxima á cadea. Todos o recordamos polos viños de Ourense, cunha botella de cervexa e unha barra de pan no peto. Dáballas o "xudio", mote, dun tal Armando que tiña aquela tendiña que algús chamábamos "O Corte Inglés",fronte as escadas da rúa dos fornos.
O Paxaro,débil mental, facía a pé os quince quilómetros que separan a Vacariza de Ourense, moitas veces. Era habitual do "Cobas", onde moita xente lle daba moedas de pouco valor pra que fora xuntando pra comer, e bromeaban con él.Moitas veces dormía ao raso. Bebéu tanto alcohol, que rematóu alcohólico crónico.
Falaba sempre en terceira persoa. Nunca decía "eu", senón "O paxaro", con aquela voz ronca,característica . Ás veces, nomeaba especies concretas: "O paxaro foi hasta o parque de San Lázaro e volvéu coma unha cotovía".
Unha vez, pedíulle de comer a unha señora dunha aldea próxima. Ela díxolle:"Eu douche de comer, pero tes que picarme aquela leña". El dixo que sí, pero que primeiro lle dera a comida. Ela accedéu. Cando coméu, marchóu sin picar a leña, e decindo "o paxaro voa".
O cura da Vacariza adoitaba a pagarlle o barbeiro pra que andivera aseado. Tamén a un seu irmao,o "Félix",asimismo disminuido psíquico, que simulaba ser director da orquesta nas festas.Unha vez pelexaron os dous irmaos nunha festa, por dirixir a música.Non sei se o Félix aínda vive.
Moita xente que era habitual dos viños pode contar anécdotas do Paxaro,sempre coa súa man nun oído (decía que oía unha radio). Morréu e ninguén que reclamóu o seu corpo. Está na Facultade de Mediciña de Santiago, según teño entendido, contribuindo á formación de novos médicos.

Anónimo dijo...

Quessada, Vidal Souto e Alexandro foron os pintores do mural de Pereiro.

Anónimo dijo...

O cadro mentado foi pintado nos estudos Paramount-CNT, polo pintor Miguel Carballo, situados na rúa Arcedianos, xusto enfrente da praza de S. Martiño, daquela insigne militante libertario, dos de compromiso, non dos de boquilla, que había bastantes encabezados por un tal Luis Misa, hoxe montado no dólar. O cadro pintouno Miguel en base a unhas fotografías que lle sacara, foi posiblemente o seu inicio como pintor, pois entón era un recoñecido artesán do coiro, aparte de traballar na construcción, en concreto creo recordar que nas obras de reconstrucción, as derradeiras que se realizaran na Praza de Abastos. O Miguel Carballo é hoxe, ou foi até hai ben pouco concelleiro polo BNG en Vilamarín, pois él vive en Tamallancos.
O "Paxaro", sen tilde, efectivamente falaba dél mésmo en terceira persoa, e incluso xogaba ás cartas contra sí mesmo rematando a faena coa célebre: "xoga, xoga a que queiras, todas miñas", era, con respecto ao seu hirmao, alcumado o "Felix Molina", en homenaxe o que fora coñecido director e compositor da banda municipal, pendenciero, vago e ruín, e explícome porque coñecín ben ós dous; o "Paxaro" non soportaba o cariño con que trataban os xingros das bandas de música populares ó "Félix", quen dirixía ó par dos directores con gorra de plato e partituras, dábaselle de comer sen-o pedir, sentábase á mesa e facía mil voltas para facer de agradecelo, él somentes era feliz á beira da música, e entraba nunha morriña total nos invernos, cando non había romerías, entón aparecía en calquer pobo, mesmo en Ourense e pedía de comer sempre onde o coñecían, era moi apreciado. Cando se xuntaban nunha festa, non pelexaban, porque o Felix tíñalle medo ó Paxaro, simplemente lle arreaba unhas labazadas ou unhas patadas e botabao, marchando o Felix con tristura, e quedando o Paxaro arremedando ó director sen gracia e semicaindo da borracheira.

Anónimo dijo...

Home, Sr. Clavé, pendenciero o Paxaro, si; vago, pois admitamos que tamén; pero ruín, non mo cualifique coma tal. O pobre do home, coas súas deficiencias psíquicas, estaba no mundo e facía o que sabía e podía. Seu irmán Félix, efectivamente era moito máis pacífico, por non dicir un anaco de pan. O Paxaro sempre tivo moita máis mala uva, maís iso non quere dicir ruín.

As piadas do Paxaro podense contar por moreas. Cando xogaba as cartas, sempre a brisca, sentado na fonte da Praza do Ferro, el, “O Paxaro”, contra o seu outro alter ego no que desdobraba a súa personalidade, “O Tipo”, sempre lle estaba a dicir:

- Xoga xa tipo, que tardas moito.

Usaba un ton de voz para o Tipo. Despois cando cambiaba para o Paxaro, usaba outro ton de voz e retrucáballe:

- Veña, vai miña.

Era curioso, as bazas sempre as recollía o Paxaro, tiña neste punto un chisco de egoísmo. Ao remate, cando só lle quedaban as tres últimas cartas, sempre se quedaba con tres ases, ensiñáballos ao “O Tipo”, o seu alter ego, e dicíalle en voz alta e pondo o ton máis grave que podía:

- Xoga a que queiras, non tes nada que facer, todas miñas

Tiña outras tamén sensacionais, podíamolas ir pondo pouco a pouco os visitantes do blog, tanto do Felix coma do Paxaro.

Hai máis: o Capitán Bombilla, o Toñito Patata, o Andrés o Batería, O Lelé da Ponte, o Celsiño, etc..

Veña, atrévanse.

Anónimo dijo...

Sinto non estar en Ourense. As fotos colgarianse de contado SE O DONA DA cASA ESTIMA OPORTUNO.
Pero na Semana coido poder facelas.
Saudos TREBI

Anónimo dijo...

Decía O Dona desta Casa

Anónimo dijo...

O Paxaro tampouco era tan ruín,oh.
No restaurante Cobas, antes referido, recén montado , unhos clientes habituáis, retárono a que ensinase os cartos que levaba.En broma, claro. Decíanlle: "andas sen cartos, andas sen cartos...". Naquelo,o Paxaro sacóu unhas cantas moedas do bolsillo, e votóunas no mostrador."Carallo, cantos cartos levas,ñó!".Logo, burláronse del, decindo que non era quén de contalos, nin de distinguir os diferentes tipos de moedas. El, foi contando:" Esta é de cinco pesos, esta de a peso...". Cando rematóu de contalas, dixo: "I este peso, é pra o rapá". Déulle o peso a un rapá presente, i este colléuno. Os pais, non querían que o neno o aceptara, pero o Paxaro insitíu. Déronlle outra moeda de máis valor, pero o rapá quedou có peso. O rapá era eu.

Anónimo dijo...

Quero decir Dono, ya o comprenderian, no portatil, e algo parbo , volvín meter o zoco

Anónimo dijo...

Señor Marcos: Quédalle no Liceo unha foto que lle fixen ao "Andrés o Batería" no 1990. "Fíxena pra Ourensanía, e non o sabía" (e rima!).

Anónimo dijo...

Se non lembro mal, o Hervella, da oficina turística, escribira un artigo sobor dese tipo de persoaxes ourensáns no libro das festas do Corpus, fai unhos anos.Eu non o teño, pero seguro que non será difícil atopalo nos archivos. Era un artigo interesante, lembro.

Marcos Valcárcel López dijo...

Moitas grazas, XDC: recollerei esa foto en canto poida. Todos lembramos ó Andrés coa batería, non hai tanto.
E aproveito para dar as grazas tamén a todos os que están a subministrar estes días fotos para a OURENSANÍA: ademais de XDC, Gustavo Peaguda, Monxardín, Pepe Trebolle, Tacho, Benito Losada, etc. (os que me esquezo, que non se molesten).

Anónimo dijo...

Sr. Carqueixa, é certo, igoal derrapei un chisco co de ruín; máis ruíns eran quen-os xuntaban nunha festa coa intención de se divertiren, e sempre perdía a música e o Felix, o Paxaro mallaba nél e o Felix fuxía. A xente que escoitaba os concertos da banda con devoción até o momento, e nun silencio respetuosísimo, e máis os xingros(músicos no seu baralleto), que con humildes directores prepararan unha obertura, unhas obriñas e os bailables e pasodobles para rematar, maldecían ós monstruos que así se comportaron, estragando a audición. Sempre dende certa intelectualidade, e isto perdura, o que dí moito da cultura dalgúns, se protexeu o comportamento marxinal de tinte violento, non sei, e chamarédesme antisocial, se cadra para tapar algunha mala concencia, desvirtuando noutro, a poder ser distinto-frick, as traicións e navalladas constantes que se estaban a dar. Todo isto en detrimento, tanto da cultura como da vida social e política désta aldea e áta hoxe, época na que seguimos a padecer a semellantes divinos

Anónimo dijo...

Sr. Clavé, ten que disculparme e o corrixa. Miguel Carballo xa pintaba por Madrid denantes do que vostede pensa, vivía na bohemia madrileña e era retratista, en Ourense foi onde se extraviou áta hoxe. Ourense é boa cidade para extraviados.