"Aún aprendo". PAN POR PAN mercores 28 maio
O pasado luns fixemos no Instituto de A Carballeira o acto solemne de despedida de curso de 2º de Bacharelato. E foi ocasión axeitada para a estrea dun coro do Instituto, formado por alumnos de todas as idades e profesores, con catro cancións: en galego, inglés e latín. O argallante de todo é Xabier Álvarez, mestre de música e de moitas cousas máis, que nos puxo as pilas e nos converteu en “chicos do coro” a algúns que somos, para a nosa desgraza, analfabetos musicais. Pero o coro gustou e moito. No meu discurso de despedida ós alumnos e alumnas faleilles do famoso debuxo de Goya no que se pintou a si mesmo, xa moi velliño, camiñando apoiado en dous caxatos e por baixo o lema: “Aún aprendo”. Canta verdade! Non pasa un día nas nosas vidas que non teñamos a oportunidade de aprender algo: quen me ía dicir a min que, cumpridos xa os 50, ía eu cantar nun coro?
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
7 comentarios:
Prepárense que temos toda a actuación gravada e seguro que un anaco remata por aquí...
Xabier Álvarez é o noso contertulio e amigo Xabimusic.
Xa me tarda. A polo ghit.
Onte o xornal EL PAÍS recollía as palabras de Amancio Prada nunha entrevista dicindo o que algúns levamos anos repetindo: "Nunca se consumíu tanta música nin se cantou tan pouco"
O coro no Instituto é un paso máis no camiño de intentar reverter esta realidade.
¡Grazas ó Marcos polas súas palabras!
Xabimusic.
Eu creo que o noso home de Dehesas esaxera un pouco. Non me consta a min que se cante menos: se cadra non se canta o Canticum canticorum, pero abofé que a xente canta. E, para min, e non é por dar a contraria (que tamén), se canta máis ca antes.
En todo caso, reservo a miña noraboa ao excelso coro de voces carballeiras ata velo no iutuf, único fedatario destes eventos. O que non sae no iutuf non existe.
É verdade, Xabumusic. Na actualidade, casi todo se entende desde o punto de vista do consumo, e non da producción.
Cando alguén dí que entende de viño, sobreenténdese que coñece marcas, añadas,calidades,etc. Anque non teña nin idea do que é unha uva.Dise de alguén que entende de música cando coñece tamén aspectos relacionados có seu consumo: Quén tocóu tal canción, en qué ano saíu, cantos díscos vendéu.Anque non saiba qué é un compás.Entende de cociña quen coñece a especialidade de cada restaurante , anque non saiba fritir un ovo. Entende de fútbol quen coñece as alienaciós dos equipos e o prezo das fichas dos xogadores, anque non saiba darlle unha patada a un balón.
A sociedade "de consumo" trátanos de facer crer na utilidade de todos eses "coñecementos", pola conta que lle ten. Algús, tratamos de non caer na trampa...e tratamos de ser máis "persoas" e menos "consumidores".
O fío paréceme intersante e vou seguir tirando del... Poderemos así seguir xogando a sociólogos musicais.
As declaracións de Amancio Prada opuñan consumo a práctica musical. Lamentábase de que o omnipresente consumo musical actual ten afogada a pura e directa práctica musical. É como si o "escoitar" de forma masiva e contínua tanta música terminase por non deixar oco para a súa practica.
No fondo parece que latexa un paradoxo: o consumo musical fainos pasivos, pegrizosos e nugallentos e limita as nosas posibilidades de facer música incluso cantando.
Eu vexo, como digo, un certo paradoxo pois, en realidade, a "escoita" debería facilitar a "expresión" ¿Ou non?
¿Que fai que isa "escoita consumista" limite as nosas capacidades expresivas?
Creo que é un dilema que pode aplicarse ás outras artes e, en xeral, á cultura occidental.
¿Que opinan?
Que si e que non. Eu coñezo lectores implacables e constantes que non escribiron xamais unha liña.
É que as xeralizacións en todos os casos veñen ser excesivamente simplificadoras e, en ocasións, deturpadoras.
Publicar un comentario