Oráculo de Delfos(fotos Trebolle)Moi interesante a charla de David Hernández sobre o Oráculo de Delfos, no Foro La Región (e a sala a rebosar, qué marabilla). Presentouno, con dignidade e acerto, Xosé M. Domínguez Prieto.
Repito aquí o que dixen na miña intervención no coloquio: primeiro, a miña felicitación por ser o ponente capaz de suxerir moitas máis cousas das que dixo. Segundo, unha observación sobre os Oráculos despo
is do fin (cando rematan en tempos de Juliano o Apóstata): aínda que a Igrexa cristiá os considerase como demoníacos, as igrexas medievais souberon utilizar as súas formas e elementos simbólicos, readaptados, cando non os lugares de culto (en Galicia sabemos moito disto): o ponente deume a razón e puxo moitos exemplos de Grecia e Exipto de reutilización posterior destes Oráculos pagáns. Finalmente, engadín que, visto o que dicía David Hernández, sobre as relacións entre o poder político, a maxia e adiviñación, hoxe temos tamén outros Oráculos igualmente eficaces e potentes: os grandes medios de comunicación.
1 comentario:
PAN POR PAN xoves 29 maio.
Oráculos. Foi ben interesante a intervención de David Hernández no Foro La Región. Repito o que xa dixen alí no coloquio, ademais de felicitalo por ser capaz de suxerir moitas máis cousas das que apuntou. Falou o poñente do fin dos Oráculos en tempos de Juliano o Apóstata e como logo a Igrexa católica os considerou demoníacos. Pero, á marxe diso,as igrexas medievais souberon utilizar logo as súas formas e elementos simbólicos, readaptados, cando non os lugares de culto: en Galicia sabemos moito disto. David Hernández deume a razón e puxo el mesmo moitos exemplos de reutilización posterior destes Oráculos pagáns en Grecia e Exipto. As relacións que establecía o poder co mundo da maxia e da adiviñación non son cousa só do mundo antigo: un papel moi semellante están a cumprir hoxe os “Think Thanks” (fabricantes de ideas) e os grandes medios de comunicación.
Publicar un comentario