7 may. 2008




As Musas das Uvas

Decidín ampliar o noso Olimpo de musas. Xa tiñan o seu posto seguro, xa saben vostedes, Nicole Kidman (que encabezara aquela campaña de “Galego en positivo”), a cantante (agora)-actriz Scarlet Johansson e ademais Mónica Belllucci, a forza latina que reclamou algún contertulio para equilibrar xeografías.
Despois das fotos e o entusiasmo achegados nestes días polo Julio Medela, e do seu paso por Lobeira, é obvio que tamén merce un postiño no Olimpo das Uvas a
actriz Isabel Blanco. Tamén lle faremos un oco, e isto porque o demanda o administrador do blog, á actriz arxentina Cecilia Roth.
P.S.: os/as máis novos/as contertulios quizais non coñezan esta exclusiva-brincadeira que publicabamos o 1 de maio do 2007: a Pataki en biquini.

88 comentarios:

marcos valcarcel dijo...

Antes de que chovan a cachón descualificacións e insultos (machista!!! etc.), quero aclarar que todas as escollidas entran no Olimpo só polas súas demostradas cualidades profesionais no mundo do cine e da TV. Non por outra cousa, claro...

Kyra Argounova dijo...

Pois eu, na verdade, non lle vexo nada de especial á Isabel esa.
Os homes, así que ven unha vasoira cunha saia...

XDC dijo...

Vostede pódema presentar, Medela?. Non por nada, só pra deixala falar e falar e falar, e que logo diga por aí que son un home de conversa agradable.

XDC dijo...

É curioso que no mundo do cine e da TV non haxa ningunha fea nin feo con cualidades profesionáis demostradas. E, si hai algún, sempre é precisamente interpretando un papel específico de FEO, non de arquitecto, por exemplo.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

OK., Da Coba, touché. O seu último comentario demostra que Vde. non é deste mundo. Humano, demasiado humano... Ou tal vez divino. Estou asustado.

Claro que lle podo presentar a Isabel Blanco. Honrou a casa dos miña avoa coa súa presenza. Honrou Lobeira co seu savoir faire. E dígolle, en petit comité, que Vde. e mais ela habíanse dar ben.

E a bonitura desta rapaza, Da Coba, é como os seus escritos,señor; agradan suave e profundamente, sen empalagar, sen aborrecer...

Saúdos, señor.-

Xosé M. González dijo...

Reclamo para estas mulleres, a máis da competencia profesional, a elegancia de continente; radicante en facer valer con naturalidade as propias condicións físicas. Non ten por que ser independente da competencia profesional; non ten por que ser ignorado ou silenciado.

E se alguén quere chamarme cousas por isto, ten polo menos dous problemas.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

O profesor González é GOD.-

voce na néboa dijo...

Éo, afectivamente.

No caso de Isabel Blanco, podemos dicir que enche a pantalla. A ver se a vemos en máis películas. Lamento que non tivera éxito aquela serie do ambulatorio ("centros de saúde", creo que lles chaman agora).

XDC dijo...

196

Xosé M. González dijo...

Puntualizo, para que non haxa engano: os que me chaman cousas coma as devanditas non teñen ningún problema, son eu quen o contraio, dado que resulta imposible agradecer aínda descontando a hipérbole. Grazas porén, contertulios, alégrome de que coincidamos e espero que algunha das referidas damas (con todas as letras) coñezan e reciban o que aquí é expresado e referido.

Anónimo dijo...

¿ Y Arancha Amoedo Testa?

Atenea dijo...

E daquela a grandes actores, talentosos e cachas ó tempo,Johnny Deep, Brad Pitt, mesmamente, poderáselle facer oco no Olimpo das uvas ?

XDC dijo...

Aiquí tés. Pra tí, Palas Atenea, a das sonrosadas meixelas: PREMER.

voce na néboa dijo...

Eu confeso a miña ademiración por Michael Caine. Até lle dedicaron unha canción e todo

XDC dijo...

196

Xoan da Cova dijo...

Contertulio impostor que usa o meu nick habitual (XDC) de xeito fraudulento pra ir escribindo números. Xa sabemos que a repetición de calquera cousa crea tensión ou expectativa, pero logo hai que resolvela. Tamén sabemos chiste do que iba repetindo o número hasta que explicóu que, de 196 expectadores, o paxaro cagóuno precisamente a él i outros similares. Pero faga o chiste cun nick propio.

Anónimo dijo...

666

XDC dijo...

Ese xa está moi analizado.
Non sei como non sacaron algunha marca de coches con ese número, coa cantidade de bestas que andan por aí facendo trompos.

XDC dijo...

E, xa que a cousa vai de musas:PREMER.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Da Coba, non sei que andaba a preguntar se a srta. Isabel Blanco ten mozo.

Velaí a resposta.

SRTA. ISABEL BLANCO E MÁIS O MOZO DELA

Júlio Medela de Lobeira dijo...

E que a dieta celto-suevo-indoeuropea a base de rixóns é especial...

apicultor dijo...

Medela, haberá desculpar a impertinencia, pero ten vostede un certo aire a Arias Cañete (pero en máis guapo e baril, of course).

Anónimo dijo...

2666

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Ah, Koolthor, seica lle proe...
jeje

apicultor dijo...

Vou dicir algo que vai ser considerado anatema por todos vostedes. A actriz galega, excelente profesional por outra banda, é guapa, mais un pouco empalagosa para o meu particular gusto.

XDC dijo...

A mín non me importa que teña mozo. Índa o prefiro.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Para a señorita Atenea, no fío do seu comentario:

"E daquela a grandes actores, talentosos e cachas ó tempo,Johnny Deep, Brad Pitt, mesmamente, poderáselle facer oco no Olimpo das uvas ?"

O SÍMBOLO DO ESTADO REPUBLICANO SUEVO-CELTA-GALAICO-INDOEUROPEO


Cos meus cumprimentos, señorita Atenea.-

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Señorita Atenea, se lle non vale o anterior, temos outro heroe mitolóxico. Lembra Ícaro?? Pois unha cousa parecida.

OUTRO HEROE DA MITOLOXÍA CELTO-ATLÁNTICA

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Señorita, comprendo a súa falta de entusiasmo.
Ben seguro que este lle ha valer.

O EQUIVALENTE A ZEUS NO PANTEÓN KALLAIKOI

Seu,

Anónimo dijo...

¿Pertenece a AISGE?

XDC dijo...

Medelaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!
Ai, Medeeeeeeeeeeeeeela!.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Servidoooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooor!

Atenea dijo...

Moi Sr meu: Voulle sobrada de tanto Deus menor de corte suevo-celta-galaico-indoeuropeo( deixe fóra o da "droja no cola cao" , polo moito sexapeell que irradia).
O que estou a reclamar e fío con etiqueta:HOMES. Beldades do tipo anglosaxón- xermano-americano.De non ser así , boa parte dos incondicionais deixarán o subgrupo "progres" e pasarán a incrementar o de "Machistas sen fronteiras" cada día máis numeroso, e todo isto sen posibiliades de novo troco."Se siente" por algo son filla de Zeus

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Miña querida señorita: Celebro que admita como pretendente o glorioso cidadán José Tojeiro. Nunca o dubidei.

A señorita desculpará, mais os saxóns, moi mitificados polo Ku-Klux-Klan, non son máis que un pequeno fato de malandros oriúndos do Danubio, empurrados por outro super-malandro (Atila) cara a Alemania, saltando en pequeno número (600) para as illas británicas, xunto con outros da mesma catadura, os anglos e os iuttos.

Todos eses que Vde. admira na grande pantalla sonlle, na súa inmensa maioría, descendentes de italianos (fenicios) e irlandeses (celtas).

No que a min respecta, xuro pola sangre dos meus devanceiros e polo meu honor de galeguista que nunca fun progre.

Si que lle son "aldeán sen fronteiras". Iso si.

Cumprimente da miña parte o seu respectable papá.

Seu,

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Esquecía, señorita Atenea; quédanlle algúns saxóns nos Cárpatos (a coidaren ovellas) e nos estados confederados, sobre todo Mississipi e Xeorxia, descendentes dos escravistas (estanlle todo o día bébedos).
Lamento desilusionala.

Tipos de maridos dijo...

* - Sabes o que é um marido DVD?

>> - É aquele que se Deita, Vira e Dorme*


>> * - E um marido DVD + R?

>> - É aquele que se Deita, Vira, Dorme e Ressona.


>> * - E um marido CD?

>> -É aquele que só Come e Dorme.*


>> * Moral da história,*

>> * - NÃO HÁ COMO OS ANTIGOS VHS...

>> - Várias Horas de Sexo.*

Anónimo dijo...

como está o personal

voce na néboa dijo...

Ánimo, mulleres do mundo e lucenses en particular. Chegou o socialismo ourozcán na vosa axuda. Este é o cursiño que estabades a agardar.

http://blogs.elcorreodigital.com/magonia/2008/5/8/el-ayuntamiento-lugo-monta-curso-elaboracion-de

El ayuntamiento de Lugo paga a una vidente para que dé un curso de elaboración de filtros de amor.

Sería para reírse, si no fuera porque lo pagamos todos. La Concejalía de Mujer, Bienestar Social y Juventud del Ayuntamiento de Lugo ha contratado a una vidente para que enseñe a los jóvenes del municipio a interpretar los sueños y hacer filtros de amor, dentro del programa de ocio Elige tu noche. Las clases comenzaron hace quince días y corren a cargo de la bruja Carmen de Foz, quien podrá decir a partir de ahora que ha sido contratada por la Administración en reconocimiento de su poderes.

"Aprenderemos a interpretrar nuestros sueños, encaminándolos a nuestro crecimiento personal y como proyección de nosotros mismos, de nuestros problemas, de nuestros deseos y de nuestras alegrías. Asimismo, conoceremos qué materiales nos ofrecen los tres reinos de la Naturaleza para la la elaboración de nuestros hechizos de amor", se explica en la web del área municipal, dirigida por la socialista Carmen Basadre. El Ayuntamiento de Lugo está gobernado por el PSOE, partido que da la impresión de que ha dejado de creer en Dios para creer en todo lo demás, por lo menos en su franquicia gallega.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Señor Da Néboa: E el non haberá un curso para conquistar mulleres??
Cumpríame, por unha rusa que coñezo.
Grazas.-

voce na néboa dijo...

O carauter ruso vén definido polo duro clima estepario, os séculos de servitude a señoritos afrancesados, e a dependencia dos distintos padrecitos kremliáns. Todo isto debuxa un xeito de ser especial, tendente á malencolía (curada a base de megatóns de vodka) e á fatalidade.

Cúrelle a malencolía e a fatalidade con emociós fortes. Eu suxiríalle que lle entrase polo goliardesco e rabelesián. Sancho Panza sempre foi o que máis lles chiflou aos rusos de Don Quijote.

Eructe na súa presencia. Non corte as uñas: deixeas medrar, cunha boa capa de roña. Un arrauto ou un peido poden ser un bo xeito de provocar un sorriso. Como dicía Quevedo (traduzo): "Mientrad dos no se peen en la cama, no se puede hablar de amancebamiento". Ou tamén: "Entre dos peñas feroces, un fraile daba voces".

Invítea á matanza e que dispare ela mesma a pistola. Dealle a probar os roxós (rixós, no seu dialeuto) e explíquelle, con franqueza, cal é a composición das morcelas. Lévea a un baño de lama e fozen xuntos a gusto. Xa se excusa bañar por seis meses. Non gaste pano. Non se cambie de roupa. Faga que o calzón somelle unha madalena da Bella Easo. Sexa, en resumidas contas, un perfecto porco. Xa verá como desaparecen a malencolía e a fatalidade da súa face.

marcos valcarcel dijo...

POBRES RUSOS... se a algúnlle dá por ler este blog...

marcos valcarcel dijo...

SE FUNCIONA O ASUNTO ESE DO "RECENT VISITORS" temos hoxe un lector en Bangladesh: andará por aló o Pepe Paz???
Deixádeme tamén, se vos parece, mandarlle dende aquí un agarimoso saúdo ó lector/a que a diario nos conecta dende Los Ángeles-California.

apicultor dijo...

A min, a xenofobia (rusofobia neste caso)... nin en chiste.

apicultor dijo...

Non lle me estrañaría demasiado, amigo Marcos, que se hai alguén que se conecta dende Los Ángeles, o faga porque estea a realizar unha tese sobre os blogs na liña dos cultural studies.

marcos valcarcel dijo...

POIS, SE ASÍ FOSE, aquí ten abondo que estudar nos "cultural studies": hai traballo suficiente para historiadores, politólogos, xornalistas, antropológos e un longo etc.
Pero seica tamén anda por aló, se non estou errado, un coñecido poeta-xornalista galego...

voce na néboa dijo...

Está visto que estou sendo sometido a unha marcaxe polo que asina como apicultor. Que lle molesto e que, para el, sobro aquí. Xa podo dicir "pe" ou "pa", ou contar un chiste, que vai aproveitar a mínima ocasión.

Se tamén a vostede lle parecen negativas para este blog as miñas intervencións, sr Valcárcel, só o ten que dicir.

apicultor dijo...

Non empece coas súas a facerse o perseguido, que xa é conto vello, Voce-Swann.

Eu dixen exclusivamente que a min nin en chiste, que hai cousas que eu non faría de ningunha das maneiras. Que vostede o faga ou deixe de facelo é cousa súa unicamente.

Eu non lle dixen que sobrase. Non sexa tan susceptible, home.

Anónimo dijo...

Iso pásalle por facerse chamar "voce na néboa". Fágame caso e fágase chamar "gorila na néboa", "coitelo na néboa", "espectro na néboa", "espírito neboento" ou calquer outro nick deste tipo, e xa verá como non o volve someter a "unha marcaxe" férrea. Do medo que colle, éntralle a cagarría, entumécenselle os dedos e non é capaz de teclear nada que leve xeito. Ao apicultor, ou empiricultor, polo seu amor ao empírico, non o vou saber eu, tenlle pánico aos gorilas, espectros, espíritos e demais entes asociados á néboa de verdade. Eu, por exemplo, cando entro aquí, que é case nunca, fágome chamar "navalla espectral" ou "espírito críptico" e non se lle ocurre "marcarme", fuxe cagando ostias para outra demarcación do campo, e déixame campar ás miñas anchas. Home non. Na néboa, fágame caso, iso de voce é moi tenro para o empiricultor, póñase algo mais goriláceo, espectral, acoitelador. Xa está tremendo do medo, só de ler estas palabras.

apicultor dijo...

Pois razón non lle falta, Navalla Espectral. Tremo de medo tan só con ler as súas palabras afiadas coma coitelos de capador. E deixo, déixolle campar as súas anchas, home non, que hai que salvar o pelexo... e as partes pudibundas.

XDC dijo...

Graciñas por lembrarme que teño que darme unha volta por Taramundi, Apicultor. Pra disfrutar da paisaxe e mercar unhos cuchilos de cortar xamón.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Sr. da Néboa: Nin se lle ocurra, se fai favor, mencionar a don Quixote. O meu pupilo, o Júlio, estívome toda unha tarde a dar queixas de Cervantes, que se insultaba os galegos, que se era un galaico-sanabrés cheo de auto-odio. Eu lino no Konsommol, e non me gustou.

Outra cousiña lle digo:
O meu home, q.e.p.d. (sonlle viúva) morreu nun helicóptero de combate, en África, interrogando un prisioneiro da contra angoleña.

Bebía sen pestanexar unha garrafa de vodka.

Blasfemaba, por veces.

Sempre foi melancólico, depresivo, saudoso, excesivo, tímido.

Fumaba compulsivamente.

E nunca lle vin roña nas unllas.

Nin un arroto inxustificado.

Nin un insulto.

Nin unha rexouba.

E era unha enciclopedia humana.

E un depósito sen fin de tenrura e cariño.

E camiñaba cincuenta quilómetros só polo pracer de se sentar despois a escoitar a Rossini.

Ah, señor da Néboa, esquecía,
éralle ruso.

Kyra Prosokova (Argounova) dijo...

Desculpen, o anterior comentario é meu.
Foi un lapsus inconsciente.-

XDC dijo...

Bi uóchen bistra piechátaieche, Kyra.
(Teclea moi rápido, Kyra)..

Asunción de la Caridad de Nuestro Señor dijo...

Coitado Voce na Néboa, pobriño meu. Todos a mallar nel. Non sexades malandros: ¿non vedes que é un corpo aberto buscando desesperadamente amor?

Kyra dijo...

Néboa ten unha retranca finísima, como láser de última xeración; xa me gustaría tela a min.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Para o amigo Da Coba, que tanto entende destas cousas:

A montaxe do director:

LOBEIRA CITTÀ

Beria en Siberia dijo...

De verdá que os vou levar a todos a un campo de Siberia a -40ºC por andar a meterse con débiles e inocentes como o tovarich Voce.

Anónimo dijo...

Ordiá, que gustirrinín debe de dar facer leña da "árbore caída": apicultor, lobeira (grazas polo piropo) e pseudo-anónimos varios. Pois nada, ho, sigan, sigan... Adiante co blog.

voce na néboa dijo...

Esquecín asinar a anterior mensaxe.

Manual de Autoaxuda dijo...

Voce na Néboa: O teu é un claro problema de baixa autoestima. Considerarse "árbore caída" da que todos poden facer leña é masoquista, vitimista e implica complexo de inferioridade. Tes que valorarte máis, de certo que has ter algunha virtude positiva por máis que te negues a recoñecela. Quizais non sexas un Adonis, o que, xunto a túa inseguridade, fai que teñas problemas para relacionarte coas mulleres; talvez non teñas unha gran intelixencia nin unha boa formación; se cadra estás a desgusto co teu traballo e coa túa vida actual. Pero non desesperes, que nunca choveu que non escampase. Fai como Serrat e di: "Hoy puede ser un gran día, plantéatelo así". Se non es moi agraciado, coida máis o teu físico e a túa alimentación, vístete con roupa axeitada e máis actual, fai un novo corte de pelo, usa cremas masculinas e trata ás mulleres con naturalidade. Se non es moi intelixente e formado, pensa que sempre os haberá menos ca ti, e procúrate un plan de lecturas. Cambiar de traballo é máis difícil, pero podes preparar outras oposicións. O que non debes facer é reconcomerte e amargarte. Tes que tomarte as cousas con humor, aprende a valorar as cousas máis pequenas, rírte de ti mesmo, que é moi saúdable. E lembra sempre que nunca choveu que despois non escampase. Facendo así é moi posible que botes moza. Todo é un problema de actitude.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Grazas, manual de autoaxuda:

A min pásame o mesmo que argüidamente acontece a don Voce. Todiño. E agradezo os consellos, que utilizarei, salvante o das cremas masculinas. Ah, Serrat tamén non me gosta.

Grazas.-

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Sr Medela:
O motivo da presente é facerlle chegar a Vde. denantes que a ninguén éstas imaxes da inaudita odisea do seu cuñado vagando co rumbo perdido, mellor dito sen rumbo coñecido, ou se cadra, cun rumbo rumbeiro oculto até o de agora nun inconsciente de cara á galería pouco rumboso, pero de puro chachachá o fin e ó cabo. Éla atende polo nome, non sei se autente de Elisabeth Mirta Bonilla, orixinaria da Colonia Casas Pendejas, suroeste de Santa Teresa no deserto de Sonora, ó sul de Arizona en Mexico, e dende que se lle ve acompañada do seu cuñado amosa unha felicidade manifesta, por non decir menos de Roque, que a la vista está, que parece máis novo, e áta se lle desagriou ó carácter, segundo quens o frecuentan.
Pero eu por quen máis sofro é pola súa afectada hirmá, que me encargou éste traballo e que non é merecerte de tanto sufrimento e sinvivir constante motivado por este inconscente, ainda que ben mirado e segundo as miñas informacións, o tipo ten un predicamento fora do común por aquestas terras, o vecindario incluso está pensando en presentalo para representante sindical da maquiladora na que traballa, e tamén se pode decir que se quixera tería outras pretendentes, eu mésmo sei dunha médico-psiquiatra que moitas voltas lle fai, debe ser polo sentido do ritmo que amosa cando sae a bailar, é asombroso, un tipiño nado nunca aldea de Bande e que move as cadeiras que nin nado en Medellín…

Inocencio Bautista
Axencia de Detectives “La Luz se haga”
Divorcios, persecuciones-expres, hijos que latan a clase, etc
Eficiencia e discreción las 24 H.


ROQUE


ROQUE E ELISABETH EN CASAS PENDEJAS

Policía Metropolitana de Sonora dijo...

Circular interna nº 56

Seguindo as instrucións da “Fiscalía antidroga y contra la delincuencia organizada”, esta Policía Metropolitana de Sonora ten sometido a un rigoroso escrutinio a vida pública e privada de todos os moradores de Santa Teresa.

Na Colonia Casas Pendejas detectamos a un individuo de extrañas maneiras e pintoresco acento, de oficio descoñecido e que, baixo unha aparente afabilidade, encubre a un proxeneta dos máis perigoroso e pendenciero que obedece ao nome de Roque, natural de Bande, provincia de Ourense, na lonxana Madre Patria, pero que se fai pasar por oriundo de Medellín.

Sábese que vive de dúas mulleres ás que ten dado á mala vida: dunha tal Elisabeth Mirta Bonilla, en cuxa casa aquel aposentou os seus reais, e tamén dunha médico-psiquiatra, que é a que se encarga da profilase e do acopio de medicamentos. O tal Roque adoita acudir aos concertos de “Los Tigres del Norte” e a toda canta festa, voda ou bautizo, se celebre na contorna.

Solicitamos á Ilustrísima Fiscalía instrucións precisas sobre como proceder con tal indesexable que está a corromper o máis granado da nosa xuventude. Se é conveniente facelo “desaparecer” ou se convén extraditalo para que dea conta ante a xustiza española dos múltiples delictos polos que está reclamado, entre eles diversas sancións do Seprona.

Deus garde a Vde. moitos anos,

Demetrio Santos de la Morena
Inspector Xefe
Policía Metropolitana de Sonora

xdc dijo...

Sigan el procedimeinto habitual. Detengan a cualquier sospechoso.

voce na néboa dijo...

Sr Valcárcel,
como comprenderá vostede non podo admitir de ningún modo que un ou varios anónimos me insulten e digan unha sarta de mentiras facéndose os gracioisos, mentres outros fan que miran para outro lado. Vostede é o administrador do blog e parece tolerar aos intolerantes. Outras veces non actuou así. Por min faga o que queira. Eu simplemente lle expreso a miña queixa e decepción.

Anónimo dijo...

Que veña o primo de Zumosol!!!!!!

Anónimo dijo...

A mi la Legión!!!!!!

Anónimo dijo...

Deixade o rapá, ho.

Anónimo dijo...

Non lle son intolerantes, sonlle uns caralláns. Non debía tomalo tan a peito, que parece un neno pequeno acusándose á mestra de que Pepito me pegó. Tómeo con calma e sentido de humor.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Para calmar os ánimos, primeiro plano de Isabel Blanco

A MUSA DE LOBEIRA

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Non saíu ben. Hai que buscar na páxina e premer na foto. Non hai vencello directo á páxina.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Aquí parece que si.

ISABEL NAS QUINTAS DE LOBEIRA

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Nada, que tamén non hai enlace directo.
Será mellor ir durmir.

Anónimo dijo...

É normal que Voce na Néboa se puxera nervioso ante as mozas que presiden este post.

marcos valcarcel dijo...

Creo que non debo intervir nos debates internos entre contertulios, agás haxa insultos ou ataques inxuriosos. Pero cando estes estean identificados. Dado que vostedes usan os seus nicks respectivos, sería surrealista que eu tomase partido ó respecto, sen saber sequera a quen defendo... Déanse conta que ata podería haber polémicas inventadas onde os dous polemistas sexan a mesma persoa (e, nese caso, eu sería o burlado). Os xogos paródicos e a crítica metaliteraria entran nos hábitos da linguaxe dos blogs.

dom may 11, 06:13:00 PM

Anónimo dijo...

Nervoso ponse calquera con tanta musa de Lobeira !!! Xa farta.

apicultor dijo...

Home, pois con non lelo xa ten o asunto arranxado e non caerá na fartura. Fácil, non?

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Eu creo que Brad Pitt tamén merece un lugar no Olimpo, aínda que lle metan o photoshop coma no anuncio de reloxos de EL PAÍS de hoxe. Así calquera.
O George Clooney non fai falta que entre no Olimpo. Cónstame que é contertulio. E non digo máis.

Mago de Oz dijo...

Para min que debe ser cousa dos efectos do mel ou da xalea real porque este home das abellas, non hai cousa da que non saiba, opine, resolva, rexeite, critique, reprobe, censure, puntualice, recrimine, rebata, decida , matice. Nel atópanse os cimentos da civilización actual.
Lémbrame, polo acedo, ó caldo requentado, .

apicultor dijo...

Xa volve de novo ás andadas Marcel Swann-Voce na Néboa-Mago de Oz? É que non vai aprender nunca ou é que é masoquista e lle vai a marcha?

arume dos piñeiros dijo...

Para os bellucciáns: non perder Sanguepazzo, estrea en Cannes o 19 de maio, de Marco Tullio Giordana, o director dunha das miñas películas favoritas dos últimos anos: La meglio gioventù. Promete.

Engado: creo que ten que haber un oco no Olimpo tamén para Alessio Boni.

Mago de Oz dijo...

Eu non lle son, esos que di, si o quere crer ben e senón tamén, mais non me gusta que carguen outros con culpas? alleas. Ata vernos.

apicultor dijo...

Pois se non lle é, é outro que tal baila. Si, creo que xa ten bailado algunha outra vez. Recoméndolle que no canto de Mago de Oz se poña o de León medoñento. Vai máis co seu carácter.

mago de Oz dijo...

Se a autoestima se lle revaloriza con estas actitudes , adinte ca cruz, home, cada un elle feliz como pode.Por min pode seguir así per omnia secula seculorum.Amén Xesús.

Mago de Oz dijo...

"Adiante" ( que axiña corrixe )

apicultor dijo...

Ala, veña, déixeo xa, non maree máis a perdiz (paspallás?), que xa morreu o conto e é absurdo seguir máis con el. De acordo?

Que teña unha boa noite.

mago de oz dijo...

Deixareino cando me de a gana, non cando o diga vostede.De acordo?
Ale a a esparexerse por aí!!!

apicultor dijo...

Ha, ha, ha. Pero que parviño é, mi madriña!