8 may 2008


O MOUCHO
Andoliña xoves 8 maio
Lembro ben a súa portada e foi dos primeiros libros en galego que puiden ler na miña casa, non dos que collía na biblioteca: o “Barriga Verde”, de Manuel María. Publicouno Xosé María Álvarez Blázquez na colección O Moucho, aquela marabilla de pequenos libros que chegaron a moitos milleiros de casas galegas. O primeiro foi unha edición do “Catecismo do labrego” e del vendeu o editor vigués xa nun ano vinte mil exemplares, setenta mil nun total de catorce edicións.
Son cifras insólitas no mundo do libro galego e iso sucedía xa en 1967. Cal era o segredo? Un formato moi atractivo, con portada a cinco cores, e textos para o gran público, onde collían igual os chistes de Fernando Quesada ou “O Maroutallo” de Otero Pedrayo. Unha idea orixinal na súa filosofía e deseño, como di Darío Xohán Cabana no seu magnífico estudo sobre XMAB. A colección do Moucho serviu para ler a Quevedo en galego e para recuperar coplas populares, epigramas e refráns, en textos preparados polo propio Álvarez Blázquez. Pero tamén textos de Ferrín, Manuel María, Celso Emilio ou Xoán Ignacio Taibo.
Cando saíron custaban 30 pesetas: o mesmo que o xantar dun obreiro nunha taberna, di o Darío. Pan e rosas”: o vello lema.

21 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

DEixo aquí a pregunta por se algún lector/a soubese a resposta. Hoxe non sae o artigo de Bieito Iglesias dos xoves en ECG, agardo que non estea enfermo... Que pasou? Ademais, o martes pasado, ECG repetía o de Sarille de hai unha semana.

Anónimo dijo...

As colecións de Castrelos ían dirixidas a un público menos elitista que as de Galaxia. Eran edicións máis baratas e os contidos, máis asequibles.
Ao final, Galaxia saiu para adiante e Castrelos desapareceu. Alguén me pode explicar que raios pasou?

Anónimo dijo...

Tería algo que ver a legalización das revistas porno?.

Anónimo dijo...

Non sei se coñecen estes videos:PREMER.

Anónimo dijo...

Vexan que hai máis asociados: POR EXEMPLO.

Anónimo dijo...

MÁIS.

Anónimo dijo...

Unha pregunta. Cómo baixan vostedes os videos, pra quedarse con eles?. Eu, có Real Player.

Anónimo dijo...

Máis videos:
PREMER.
PREMER.
PREMER.

Anónimo dijo...

Sr. Da Coba, díxome Júlio que foi el o que subiu "O carro e o home" a youtube.

Que esta é a versión dos anos oitenta, a recuperada e sonorizada por don Xaquín Lorenzo.

E que o Museo do Pobo Galego vai sacar as dúas versións, en DVD, restauradas e re-masterizadas.

Un saúdo ruso desde Asia Central, señor.

Anónimo dijo...

Sen dúbida, a benemérita colección "O Moucho" foi un fito fundamental na recreación e popularización da cultura tradicional galega entre os propios galegos.

Nela, galegos de toda condición aprenderon a reencontrarse coas súas raíces, a refrescar a memoria do popular.

Anónimo dijo...

Os dous primeiros vídeos puxéronos os de Galicia Pilingui ou adxacentes. Hai que dárllelas grazas porque así recuperamos temas nosos.

Gracinhas, Prokosova, por "pendurar" eses vídeos sobre Lobeira. Todos estes materiais deberían de ser accesibles en Internet. Por exemplo, na web Consello da Cultura Galega, ou na do Museo do Pobo Galego.

Por certo, sería mellor que, no canto de construír castelos no aire (tipo Gaiás) para traer dez millóns de turistas (tamén do aire), modernizasen un pouquiño as instalacións e as exposicións do Museo do Pobo Galego.

Anónimo dijo...

190 equipos de Normalización Lingüística ameazan con demitir

Redacción . Se a Consellaría de Educación 'non cambia de rumbo' respecto á aplicación do decreto que regula o uso do galego no ensino non universitario, 190 equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino galego presentarán a súa dimisión.
08.05.2008 | 17:55

Desde a esquerda, Xoán Costa, Anxo Louzao e Carlos Callón no rexistro da Consellaría de Educación
Desde a esquerda, Xoán Costa, Anxo Louzao e Carlos Callón no rexistro da Consellaría de Educación
Cento noventa equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino galego están dispostos a presentar a súa dimisión se a Consellaría de Educación "non cambia de rumbo" para aplicar o decreto que regula o uso do galego no sistema educativo non universitario. Anxo Louzao, secretario xeral de CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector, Xoán Costa, responsábel da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, e Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística veñen de anunciar a posíbel dimisión.

Louzao, Costa e Callón acudiron ao rexistro de Educación para entregar as reivindicacións e propostas asinadas polos coordinadores dos equipos de Normalización Lingüística. Tamén solicitaron unha reunión coa conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, á maior brevidade posíbel.

Peticións

No documento presentado os asinantes reclaman que Educación avalíe o cumprimento do decreto e que “faga un labor de promoción entre toda a comunidade educativa”, así como a elaboración dun “plano de formación dentro do horario lectivo que abranga todo o profesorado”.

Entre as peticións destaca a creación dunha Dirección ou Subdirección Xeral de Normalización Lingüística dentro do organigrama de educación. Tamén piden que a consellaría poña “á disposición dos equipos de Normalización Lingüística e dos centros educativos todos os recursos e materiais didácticos necesarios en galego para todas as áreas”. Por último, solicitan que “a inspección educativa teña como fin primordial a vixilancia do cumprimento do Decreto 124/2007”.

Anónimo dijo...

Pois debían demitir todos os equipos eses. Son 190 e non a rascan. Só están aí pola redución horaria e polos puntos.

Anónimo dijo...

Ibarretxe quer deixar aberta a porta de negociar con ETA
O lehendakari, Juan José Ibarretxe, instou ao presidente do Goberno central, José Luís Rodríguez Zapatero, a deixar aberta a posibilidade do diálogo con ETA se se dan as condicións, e a crear unha mesa de partidos que logre un acordo para un novo marco de convivencia, que sexa sometido a referendo en 2010.

O Lehendakari vasco Juan José Ibarretxe O martes 20 o lehendakari basco será recibido por Zapatero na Moncloa. De aquí alá vanse suceder as declaracións e a preparación de ambiente. Hoxe Ibarretxe adiántase ao acto do domingo en barakaldo e á propria asamblea do PNV que esta fin de semana quer unificar a súa mensaxe.

Os dous puntos que Ibarrtxe fixo públicos hoxe nunha entrevista na EITB (televisión vasca) atópanse incluídos na proposta remitida onte ao presidente do goberno español e que tamén prevé a firma das cinco bases políticas que o PSE comprometeuse a subscribir nas conversacións de Loyola.

Na entrevista concedida a EITB Ibarretxe non descartou un adianto das eleccións autonómicas. "Creo que hai que ir paso a paso, imos ver o que pasa, porque non se poden subir as escaleiras de dúas en dúas, porque che tropezarías". "Imos ver o que pasa co espazo de diálogo aberto e despois no pleno", apuntou.

Asegurou que na misiva remitida onte a Rodríguez Zapatero incluíu tres puntos. No primeiro deles propuña sentar as "bases políticas" ás que o PSE comprometeuse" para a súa firma en Loyola o 25 de outubro de 2006. "O que lle propoño a Rodríguez Zapatero é que o asinemos el e eu, as cinco bases políticas daquel conxunto de acordos que se tomaron en Loyola", dixo.

Tamén propuxo "acompañar este documento da declaración aprobada no Congreso dos Deputados no ano 2005 que daba vía libre ao final dialogado da violencia con ETA, se previamente decide de xeito claro abandonar a violencia".

O lehendakari propuxo ao presidente do executivo central que, sobre esas bases "acordadas entre ambos se cre unha mesa de partidos que nos dous próximos anos, antes de 2010, lógrese un acordo de todas as forzas políticas que sexa sometida a referendo.

De pecharse un acordo con estas condicións, este sería trasladado ao Parlamento vasco no próximo mes de xuño polo presidente do Executivo autónomo para a súa ratificación.

Por outra banda, asegurou sentirse "plenamente" apoiado polo seu partido e polas formacións que sustentan o tripartito. "Todo o que faga, o que fixen e o que farei, fareino da man de PNV, e tamén de EA e EB", salientou.

Marcos Valcárcel López dijo...

O MOUCHO. POR CERTO, alguén sabe de quen eran os debuxos das súas portadas???

Anónimo dijo...

Coido que foi Pedro Bofill.
Saúdos

Anónimo dijo...

Eu era un neno cando miraba pra o escaparate da librería Malleira, cheo deses libros pequeniños e de tantas cores. Gustábanme, porque parecíanme libros "de neno pequeno". Pero tardéi algús anos en ter cartos pra comprar algún.

Marcos Valcárcel López dijo...

Que gran persoa o Malleira, que en paz descanse. Algún día teño que escribir del. A min deixábame levar cousas de fiado, sen pagar, supoño que sabía que o meu pai, que tamén era cliente co taller de xoiería, pagaría despois.
POr certo, por se non o saben, a dona do sr. Malleira creo que foi Miss Ourense aló polos 50-60? Andan por aí unhas fotos ben bonitas desa época. Se alguén as achegase ata aquí...

Anónimo dijo...

Tamén a mín me deixaba levat cousas fiadas, tanto él como a súa guapa dona. E o pobre foi morrer de xeito ben desgraciado. Pra queñes non sexan de Ourense,foi aplastado,mentras conducía, por unha enorme pedra que caéu dun camión que iba diante del.
"Malleira" e "Platero" foron as librerías da miña infanza. Logo, o "Clemente", "La Región" e, desde logo ,"Tanco".

Marcos Valcárcel López dijo...

aMIGO xdc. Temos en común máis cousas das que pensamos. Tamén a mña infancia, arredor dos Maristas, segue as xeografías de Platero (co anterior dono, espilido e co seu bigote) e Malleira. E logo virían La Región, Tanco e o Clemente, aínda que ó Clemente eu non lle mercaba libros, só o saudaba ó subir á Alianza Francesa. Moitos amigos meus roubaban libros en La Región, nos locais de Cardenal Quiroga: eu nunca me atrevín, son moi cortado para esas cousas. NOn sei se vivirá aínda aquel señor baixiño que tiñan para vixiar os mangues e que che botaba miradas criminais en canto te achegabas ás estanterías...

Anónimo dijo...

Lémbroo ben, pero eu pensaba que era da familia, tío do "Pilís"...

Tamén fora cliente de NADAL, librería que duróu pouco, perto da administración do Mangana.