Darío Xohán Cabana e Xosé Mª Álvarez Blázquez, editor
Andoliña mércores 7 maio
Comezamos en Auria, no Liceo, o sexto ciclo Visións de Galicia, nesta ocasión dedicado ós poetas galegos de posguerra. Xosé María Álvarez Blázquez, Uxío Novoneyra, Manuel María, Celso Emilio e Antón Tovar son as figuras escollidas: todas de seguro indiscutibles, aínda que haxa outras máis posibles. Abriu o ciclo o poeta Darío Xohán Cabana centrándose na vida e obra de XMAB, o celebrado neste 2008 nas Letras Galegas. Darío, aínda novo, traballou co poeta de Tui no mundo editorial e publicou recentemente unha completa monografía sobre a súa vida e obra en Xerais.
O poeta de Roás subliñou a calidade poética de XMAB e dedicoulle moita atención ó seu labor como editor, dos máis relevantes de Galicia, con Soto y Freire, Martínez Salazar e Ánxel Casal. A aventura editorial do creador de “Canle segredo”, nacida da necesidade económica, foi tan heroica como oportuna. Dende Castrelos e as coleccións Pombal e O Moucho, encheu o país de libros: uns seiscentos mil exemplares editados, isto é, un para cada catro galegos. Percibiu os cambios da sociedade galega nos 60 e atendeu á forte demanda cultural dun país que quería saber máis de si.
O poeta de Roás subliñou a calidade poética de XMAB e dedicoulle moita atención ó seu labor como editor, dos máis relevantes de Galicia, con Soto y Freire, Martínez Salazar e Ánxel Casal. A aventura editorial do creador de “Canle segredo”, nacida da necesidade económica, foi tan heroica como oportuna. Dende Castrelos e as coleccións Pombal e O Moucho, encheu o país de libros: uns seiscentos mil exemplares editados, isto é, un para cada catro galegos. Percibiu os cambios da sociedade galega nos 60 e atendeu á forte demanda cultural dun país que quería saber máis de si.
56 comentarios:
esquecín poñelo: como outras moitas veces, as fotos son do amigo Trebolle
graciñas de novo
Hoxe estivo Darío Xoan Cabana no enterro de Xan Bouzada e leu con emoción incontible un par de cousas que Bouzada escribira hai tempo. A sala de cerimonias estaba ateigada e moita xente quedou fóra. Como di Brétemas no seu blog, a tristeza era inmensa.
- 169 -
¿?
Non me dou conta de ter posto eu eso.Foi un bromista?.
Anque ao mellor fun eu, sin darme conta, que levo toda a mañá cun montón de "windows" abertas, e igual se colóu de algo...
Estou lendo o artigo de ANT sobor do Blázquez....
Igual vai polo do "1" e o despelote...mmmm. Tamén é o cadrado perfecto do número do hazar...mmm...
Descanse Xoan, e vaia tomar un vermú cargadinho a nosa salú.
169
¿? Outra vez o clon "Ramanuján".
Frère Jacques de la Pierre. Vous me connaissez très bien, bien sûr. Pendant que vous écriviez, j´étais précisement en train de boire un vermouth "bianco", très froid. Trebi, n´etait pas là pour m´inviter. J´ai fait la vaiselle, parce que je n´avais pas d´argent. Drôle de vie.
Son un estudiante de bacharelato e iso dos números complexos non acabo de entendelo. Onde están os números complexos? Cuales son os números complexos? Eu nunca os vin. Iso da "i" que lle poñen non me entra na cabeza. Para as miñas entendedeiras iso dos números complexos é unha trola como unha igrexa de grande. Igrexa que tamén leva a "i" dos complexos. E xa non digamos iso dos épsilons e dos límites. As matemáticas teñen pouco de ciencias exactas. Por non falar do infinito (o 8 tumbado como lle chama o profe). A min iso de infinito sóname a deus. Serán as mates unha cousa dos deuses? Polo menos do 169 podo dicir que é o 13 multiplicado por si mesmo. Algo é algo. Pero dos números da "i", que podo dicir?
Sr anónimo. ¿Iso dos números que é?
Ah... Xa caio. Son unha especie de letras, máis estreitas e dos que hai menos dunha ducia.
Nin primos, nin puros, nin cubos, nin caldeiros... cando teñen algo complicado, chámanlle "pi". Mire vosté que cousa ridícula. Non lles faga moito caso. Son cousas de enredar
Anónimo, estame vostede provocando, jeje. Pero non lle vou entrar ao trapo.
Pero voulle dar unha idea do que fai o "i". Imaxine que vai no seu coche a 100. Multiplicar por dous, é ir a 200. Multiplicar por (-1) é chocar contra unha pedra de goma e volver por onde viña. Multiplicar por "i" e dar un volantazo de 90 graus á esquerda. Todo o demáis, son combinaciós deso.
De la Cave...
Que veñen sendo os "númAros"???
Escoiteino o outro día en Ourense.-
jeje
Sonlle unhos papeliños pra ir ao médeco, no ambolatorio, Medela.
Moitas gracias pola explicación, señor XDC. Unha curiosidade: non quererán dicir por un siascaso as suas iniciais Xan Dos Complexos? Numéricos, enténdame vostede, que non é a miña intención ofender, e moito menos despois do ben que mo explicou. Dígolle a verdade, valeume mais a sua explicación que todo o que ven no capítulo dos números complexos e que todo o que me ten explicado o profe. Mañá mesmo vaise enterar o malandrín do que vale un complexo. Deixo que comece a clase e, cando estexa na apoteose da explicación, vou eu e espétolle o do "volantazo de 90º á esquerda", que vai ver el o que é quedar acomplexado. Mañá saio a ombros da clase. Tanto tempo esperando este momento e mañá vou poder vengarme do odio que sempre lle tiven ás mates. E todo gracias a vostede, señor XDC. Quédolle profundamente agradecido. Que non me esqueza, 90 á esquerda. Nin un mais nin un menos. Vale. Señor XDC, doulle un bico onde vostede queira. No 1-69 se fai falta.
E multiplicar por 2i, un volantazo de 90 graus á esquerda mentras acelera a 200. Si multiplica por (-i), o volantazo é á dereita. Se da dous volantazos seguidos, volve por onde viña. Por eso "i" ao cadrado é (-1).Que é coma decir que "i" é a raiz cadrada de (-1), ou non ?.
Xa ve os efectos sobre as velocidades. Pero os números tamén representan outras cousas...
169
O do 169 non sei se non será unha estrataxema do XDC para gañar sempre o titulo de lector incondicional....ha!ha!
Sr. Da Cova: Vou á tienda comprar un pouco de tarnera.
Millor chamo por taléfano.
O XDC xa está no lector incondicional no posto 1 con 69 comentarios. Non será por iso?
1-69.
tarede
O dos vulgarismos é un tema curioso. Cando damos estas cousas nas aulas, eu sempre observo nalgúns alumnos uns certos sorrisos. Son alumnos/as de entorno galego-falante e están recoñecendo xeitos de falar que lles son próximos en coñecidos ou quizais familiares achegados. Por iso é un tema a tratar con respecto: non me gustaría que usen iso para rirse dos galego-falantes, eles mesmos, que ás veces se avergoñan do seu idioma. Por certo, non vexo os sorrisos cando falamos de hipergaleguismos, arcaísmos, lusismos, etc...
Ten razón, don Marcos, desculpe. Ben sei que isto das incorreccións lingüísticas son problemas super-estruturais que escapan ao noso control.
Mais creo que aos galegos nos cómpre un pouco máis de auto-crítica e un moito menos de auto-odio.
Grazas por poñer a foto de Isabel Blanco.-
Ese clon meu que non para de poñer 169, cando me cabree eu, vai empezar a poñer 170, como no chiste dos tolos.
tarede? Non.
169 = t s v... tusivo, por exemplo. nN sistema Harry Lorraine.
Sr. Da Coba: estiven esperando por vostede en Castro Ribeiras do Lea onde quedaramos a semán pasada co liante do Medela, pero ningún dos dous apareceu.
Non pasou nada, acabei co polbo e co viño, o fodido foi pagar.....
1. Oda dos galegos vulgares:
Na nosa mamoria non hai nin leises nin reises nin trabutos.
Cantamo-lo leite na cuciña,
beil(l)amo-la pirmeira múseca na sala de fiastas,
andivemo-los quemiños,
curzámo-los semáfaros,
puñémo-lo arradio,
e esquirbimo-los papeles co retulador Corvina.
2. Poema ao xeito pondalián feito co dicionario de don Leandro Carré Alvarellos:
Só os concellales urbáns e humáns voltan cara o hourizonte no soave rubidoiro,
só os brilantes cadeirádegos estabelecen os nosos destiños desde as súas oficiñas.
só na mamoria da primaveira veremo-los invonvintes dun cabo de semán sen gasoliña.
Escoita! Escoita a voce na niebra!
Señor XDC, dígolle que xa non sabe como humillarnos o cabrón ese de mates (perdone que me poña así, pero é que o de hoxe xa non ten nome). Logo quere que non as odiemos. Cóntolle. Hoxe portámonos mal na clase e o moi fanfarrón, para ningunearnos unha vez mais, vai e dinos en castelán, porque el sempre nos fala en castelán: "A ver, bachilleres de pacotilla, cerebros de Einstein, lumbreras salidas de la ESO, ya que os habeis portado tan mal y creeis que lo sabeis todo, para mañana me traeis este problemita de porcentajes de tercero de la ESO que se resuelve con unha ecuación de primer grado. Y bien calculadita la "incónita" (el sempre di incónita), que todas las ecuaciones tienen su "incónita", las que la tienen. A ver, lumbreras a punto de entrar en el Paraninfo de los Privilegiados, poneros a copiar." Asi mesmo nolo dixo, señor XDC. Non lle parece a vostede unha humillación imperdonable nun profe que o menos que lle debe ter aos alumnos é un pouco de respeto? Como eu non sei por onde empezar o problema nin cal é a "incónita" nin como se fai a ecuación, alguén me dixo: Vai ás Uvas, que alí hai xente moi xenerosa e entendida en todas as materias, que te poden axudar. E xa me ves a min nas Uvas mendigando axuda para dar coa "incónita" do carallo. Se o problema debe ser fácil, pero a min isto das mates mátame. Señor XDC, faga uso e abuso se quere da "i", pero axúdeme a sair airoso da humillación que nos espera mañá aos que non saibamos resolver o problemiña dos porcentaxes. Maldito o día que inventaron a "incónita", as ecuacións e os porcentaxes. Co seu permiso, póñolle o enunciado:
"Por ter pagado ao contado duas facturas que suman 1750 euros, un comerciante consigue un desconto do 10% por unha e do 5% por outra co cal acaba pagando polas duas nada mais que 1660 euros. Cal era o importe de cada factura?"
De terceiro da ESO. Para min isto é de terceiro de carreira polo menos. Bótalle guindas á "incónita" e á ecuación de marras. Como disfruta machacándonos o tipo ruín. Señor XDC, xúrolle que mañá vouno rebentar a volantazos coa "i", co "2i" e coa raiz cadrada de -1, que vostede tan ben me explicou e polo que lle quedo eternamente agradecido.
Imos cambiar o de incondicional por "vendimador incondicional" e + discutidos por "+ discutidas catas", e aproveitaremos para (je, je,je...) reiniciar o contador de la Cova a cero.
As uvas da solaina, pra tódolos públicos e idades.
As uvas da solaina, pasantías de balde pra rapaces da ESO.
As uvas da solaina, labor educativo.
Son o representante-axente-comercial de Xoan da Coba:
Sr. Anónimo se quere a resposta ten que proceder o ingreso de 6.000 € en que calculamos o título de ESO o meu representado e eu para respostarlle o problema.
Advírtolle que en canto nos conste o ingreso na conta, polo medio que nos diga, lle remitiremos a solución.
Amigo Anónimo. Si lle pagaran un millón de euros por facer o problema, sería quén de facelo. Se non lle chega un millón, que sean dous, ou tres, ou os que pida. Estou seguro de que hai un prezo polo que vostede pasaría sen dormir toda a noite, pero mañán tería a solución, por cobralos. Eso quere decir que, en realidade E QUÉN de FACELO. O que lle falta é a motivación suficiente.Automotívese, entón.
Este consello vale máis que a solución do problema i elle gratis. Que a solución non lla podo dar, por prohibirmo o meu mánager, Frère Jacques de la Pierre.
Pero voulle demostrar que si lle vota imaxinación ás cousas, pode pasar das "incónitas".
Puxéronlle a un paisano o clásico problema: "Nun curral hai coellos e galiñas. En total, 25 cabezas e 70 patas. Cantos hai de cada."
O paisano non sabía de ecuaciós, pero dixo: Se os coellos se poñen a dúas patas como se foran tamén galiñas, habería 50 patas no chan.Hasta 70, hai vinte patas no aire, que son dos coellos. Dez coellos...e quince galiñas".
Pode usar trucos similares pra todo o que teña que ver con sistemas de ecuaciós.
169
Don Xaime: Olaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!
Sabía? Encontrei o Pedrito Freire de Andrade no Castro, e fomos ata Xustás, a casa Rouco, e demos en petiscar...
De primeiro, troitas.
De segundo, callos.
De terceiro, carne preparada con patacas.
De cuarto, arroz con corzo.
De sobremesa, arroz con leite.
Café, copa.
Uffffffffffffffffffffffffff.
Saberá desculpar, don Xaime.-
Estimado sr. da Néboa: Unha vez tiven un compañeiro de traballo, coruñés e fanático enemigo da lingua galega, que afirmaba textualmente: "A mi no me gusta el gallego de la Xunta, me gusta el que se habla en los puebliños".
No entanto, o profundo pensador tiña un coche carísimo, alemán, e ben se preocupaba de telo a punto. Non sei por que non comprou un carro de vacas nun puebliño.
O menosprezo da corte e a louvanza da aldea. Vellos mecanismo de defensa dos que vén, aínda que sexa timidamente, que perigran os seus privilexios na corte.
Dunha vez estábamos facendo os rixós despóis da matanza do porco.Enchemos un barreño deles. Dixo un : O Medela cómeos todos seguidos. Xogámoslle os outros a que non.
Fumos hasta a casa do Medela có barreño dos rixós, e contámoslle da aposta. Dixo él: vindes mal, porque xa comín, pero bueno, a ver qué se pode facer.
Comeunos todos seguidos, o aldrabón, e, cando rematóu, preguntóu onde estaba o segundo barreño. Dixémoslle que só era aquel, e berróu: "Eu, entendín que eran dous barreños de rixós. Se soupera que era só un, comíaos con pan!".
E vostede, Xaime , arríscase a invitalo ao pulbo en Castro de Rei.
E vallan pensando ideas pra o día das letras galegas.
Podemos convocar un mini concurso literario no blog. O que gane, ten que invitar aos outros todos a unha cea.
E logo non lembran cando VICTORINO NÚÑEZ facía apoloxía no Parlamento do "galego de aldea" para deslexitimar o labor normalizador?
Anónimo do bacharelato: Grazas a que teño unha profa cuspidiña a Isabel Blanco por fóra, e ao Sr Saavedra por dentro, podo decirche que as "incónitas" que buscabas , ATOPEINAS !. Unha factura é de 1700 euros, a outra de 50( De paso avísote que nunca merques nesa tenda, que vaia retorcemento aplicar o % maior á factura de menor contía e viceversa).A miña incógnita agora é saber se no vindeiro curso poderei disfrutar , de novo, de profa tan valiosa.Ós deste blogue nada lle pidas , xa ves, deixáronte colgado, agora que xa as pagarán que co que comen debe andarlle o colesterol pola estratosfera. Ti a mandar, por algo somos colegas.
Pois non lera onte este fío e non puiden abordar o problema, que igual o daba resolto, pero ao chou. Teño que pedirlle un favor ao alumno da ESO: por favor, indique o sistema operacional de resolución; tiven que repasar as matemáticas de 3º hai dous anos, tócame de novo dentro doutros dous e non é a materia que mellor se me dá.
Vai en serio. E moitas grazas polo encomio, hiperbólico e todo.
Colega da ESO, tes toda a razón do mundo: Estes das Uvas cobran a excelencia, e se non fíxate no Jacques Delapierre (ou Codorniu, vai ti saber), que me pedía 6.000 machacantes. Carallo para o prezo da "incónita". Hoxe á mañá xa me enterei que eran eses os importes das duas facturas, que me fracturaron a cabeza. O profe, para deixarnos estercados de humillación aos que non cheiramos unha mandou sair á pizarra ao neno bonito, o superdotado da clase (superdotado darriba, quero dicir, porque dabaixo vinlle eu unha vez a mingurria e xa a pode ir cambiando, que con ese pingallo non vai a ningures). E que me perdoe o señor XDC que fale así, pero é que a xentiña dagora falamos o primeiro que non ven á lingua, e iso que eu son dos millor falados. Pois o que che dicía, plantouse o superdotado como un emperador na pizarra e nun plisplás puxo alí a ecuación e díxonos: "La resolución corre de vuestra cuenta, ya os podeis aplicar con la distributiva" (o superdotado, igual que o profe, tamén fala en castelán). Chamoulle x ao importe da primeira factura, (1750-x) á segunda, e escribiu a ecuación cunha chulería como nunca vira outra:
0´90x + 0´95(1750-x)=1660
Hala, y a resolverla, bachilleres sin rango, mequetrefes venidos de la nada de la ESO.
A min aínda me levou un tempo resolvela, pero por fin acabei dando co carallo da "incónita", que efectivamente coincide cos teus números, colega da ESO; por certo, un pouco mais baixos os importes que a factura que pretendía cobrarme o Delapierre, representante e cómplice do señor XDC. Déixame coller a min aos dous dos 6.000 euros, que van levar que contar. Iso si, solteille o do "volantazo dos 90º á "i"zquierda" e deixeino K.O.tico. Descompúxoselle a cara, ollou para o superdotado, e eu creo que a este último a infradotación dabaixo reduciuselle á míniuma expresión. E logo que carallo pensaban eles. Donde las dan las toman. Así que se non che parece mal, ao señor XDC ímoslle perdoar pola axuda da "i", pero ao Codorniu dos 6ooo machacantes (un prezo superdotado onde os haxa) déixame a min velo, que lle vou explicar como se chega á "incónita". Saudos, colegui da ESO, e o mesmo che digo: a mandar.
Señor Saavedra, non vira o seu comentario. Se ten tanto interese no asunto, podemos quedar un dia o colega da ESO e un servidor con vostede, e explicámoslle polo miúdo o tinglado da "incónita". Eu un cerebro non o son, pero podo facerme amigo do superdotado e xa verá vostede o que explicar matemáticas desde o paraninfo da soberbia. E o colega da ESO aínda é moito mais de ca min, porque chegou aos números sen ecuación. Dígolle eu a vostede que nas nosas mans os alumnos da sua escola levan a próxima olimpiada de calle. Saúdos "incónitos".
Agradezo no que vale a oferta, que debo non obstante declinar; é que vou pouco por Ourense. Con todo, a explicación da mensaxe previa, que permite despexar (se a confusión de verbo non constitúe exhibición solvente de burramia patente), xa me bota algo de luz, permitindo concibir esperanza de cara á resolución do meu problema máis doméstico ca académico.
Así é que grazas e manteñamos a indómita.
Que ten que declinar a oferta?
Declínolla eu:
oferta
pferta
ofertam
ofertae
ofertae
oferta
afertae
ofertae
ofertas
ofertarum
ofertis
ofertis
Sonlle 6000 euros. Fale có meu representante Frère Jacques de la Pierre pra xestionar o pago.
Por ser de Lugo, Saavedra, podémoslle facer precio. Xa sabe, Xoan da Coba e eu somos así.
Oiche Xoan, a verdade é que non sabía a túa especialidade en linguas mortas, eres un genio voume forrar a túa conta.
E ó anónimo do problema nin caso, xa que só mandou 3.000 € e eso non chega a nada.
Don Jacques!
Que bueno de verlo...
Contáronme, un amigo meu que ten unha caseta de tiro, que Vde. andou pola feira do Castro en compañía dunha elegante dama con acento andaluz.
E aínda anda a dicir que non encontrou de menos a Da Coba e a un servidor.
Saúdos.-
Si, xa sei, a min qué me importa.
Mais iso do acento... Sabía, o amigo meu, o do tiro, contoume que Vde., en petit comité, tamén falaba con acento Domecq, na orella da señorita andaluza.
Non será certo...
Si, xa sei que cada un fai o que quere...
Mais non creo que un señorito andaluz conquiste unha galega, no Rocío, con acento de Cristosende.
Usted como lo ve, don Jaime???
E que Vde., cabaleiro, gastou 28.50 euros en chimpar no tiro un chaveiro do Real Madrid C. de F. que tiña tres palillos, capricho da súa antollada amiga.
Será mellor deixármolo aquí...
Di a miña profe que difundamos isto. Como os seus desexos,para min, son órdenes ,aí vai:
Google ha sacado un nuevo buscador para ayudar a repoblar el amazonas y los bosques de todo el mundo. Se llama www.ecoogler.com , funciona igual que el buscador google.com y cada vez que lo usemos se donará 1 hoja (muchas hojas hacen un árbol).
Todo certo, Medela, excepto o do chaveiro. Era do Atlético. Os do Madrid tiñan só un escarbadentes, e os de dous eran do Betis e do Sevilla.
Xa me declino eu só.
Ah, aínda ben, que alivio, Delapierre; pasaba por todo, excepto o do chaveiro...
Veño de cear churrasco coa miña dona.
Comencéi a cea con fame ,e sendo un número real puro. Pero, a medida que me fartaba e bebía viño, escomencéi a ter unha compoñente "imaxinaria", mentras menguaba a miña parte real, na proporción xusta pra manteñer constante o meu "módulo". O "argumento" (fi) pasóu de "pi cuartos radiáns" máis ou menos ao fin da segunda botella. Foi cando lle dixen a miña dona que tiña que traer ela o coche (ela só bebera un vasiño, e Coca-Cola).
O que non tolero son os borrachos, que se converten en "numeros negativos" có alcohol, e se poñen faltós.
En qué senso ven xirar á muller. Se a ven xirar espontáneamente hacia a súa dereita, son vostedes creativos. Se a ven xirar ao revés, menos creativos. Según o autor do test, ten que ver coa proporción na que traballan ambos hemisferios do cerebro. Cun pouco de práctica, pódena ver dos dos xeitos, a vontade. A clave está en imaxinar que o pé no chan é o dereito, ou o esquerdo.PREMER.
Publicar un comentario