15 may 2008

FÍO MUSICAL (12). Cando a “música moderna” entra pola porta xamais sae pola xanela, por APICULTOR.
(Imaxes: Jimmy Hendrix e Budy Miles. Stevie Wonder)

Corría a segunda metade dos anos sesenta cando unha riada de “música moderna” entrou na miña casa en forma de álbumes que gardaban no seu interior en fundas de plástico centos de singles a 45 r.p.m e de Epés a 33⅓ r.p.m., acompañados do correspondente pick-up desmontable e de sonido mono. Alí estaba todo. Un amigo de meu irmán maior, sucesivamente yeyé-hippie-pijo, de familia de comerciantes ricos para maior identificación, tivera a xenerosidade de prestarlle boa parte da súa colección (mesmo disque viaxaba a Londres á procura de novidades).

Durante moitos meses o neno que eu era escoitou abraiado unha e mil veces todas e cada unha daquelas cancións, até o punto de ter que repoñer dúas veces a agulla do tocata. E alí estaba todo. Desde o pop autóctono (Brincos, Sirex, Mustang) até o soul da Terra das mil danzas de Wilson Pickett ou a calma dun Ottis Reading sentado no peirao da bahía, pasando por San & Dave, o xove Stevie Wonder e as Supremes da Motown; dos Beatles, os Rolling Stones, os Who e Eric Burdon & The Animals, deica Jimi Hendrix, Cream, Blind Faith ou os dezasete minutos do “In-A-Gadda-Da-Vida” dos Iron Butterfly; de Serrat e Vainica Doble até –ouh, ceos!- Patxi Andión. Mesmo tamén os prefabridados Archies e o seu “Sugar, Sugar”. Así foi como me fixen ecléctico por natureza. Non estaban aínda nin Bob Dylan, nin Leonard Cohen, nin Janis Joplin (á que o anterior amara no Chelsea Hotel, como é ben sabido), pois os seus LPs virían o ano seguinte noutra magnífica e ben surtida quenda.

Mais, naturalmente, a música xa entrara moito antes, desde a máis tenra infancia, a través da televisión (Escala en Hi-Fi, Galas del Sábado, Eurovisión, etc.). No meu barrio, e durante bastante tempo, fumos os únicos particulares que dispuxemos de caixa máxico-tonta, grazas á iniciativa modernizadora de meu pai: da emigración trouxera unha General Electric de válvulas en branco e negro, unha pesada máquina de escribir de aceiro macizo e unha máquina de fotos reflex, todas elas de calidade superior.

Así e todo, meu pai, home práctico onde os houbese, nunca accedeu a mercarme un tocadiscos a pesar dos meus requerimentos, pero si todo o demais que fixese falta, incluso unha guitarra española na que aprendín acordes. Logo viñeron os radiocasetes e puiden afacerme un, e as cintas gravadas e copiadas rompían de tanto usarse, como o amor aquel que cantaba Rocío Jurado. Mercabamos “Disco Express” e “Melody Maker”, e estabamos ao día. Algúns amigos dispuñan xa de aparatos e de LPs, e alí escoitaba e escoitaba, e gravaba e gravaba. Finalmente, sería meu irmán quen me agasallaría co meu primeiro tocadiscos. Aínda funciona como o primeiro día.

33 comentarios:

Anónimo dijo...

Iron Butterfly. Nunca dúas palabras poden suxerir tantas cousas. E ademáis con tanto vértixe.

Anónimo dijo...

Vou comprar unha chaqueta, como a do sr. Hendrix, para ir ás verbenas.
Malo será que non bote moza.

Anónimo dijo...

Non sabía que Apicultor fose afroamericano. Que bo gusto musical ten.

Anónimo dijo...

I remember you well in the Chelsea Hotel,
you were talking so brave and so sweet,
giving me head on the unmade bed,
while the limousines wait in the street.
Those were the reasons and that was New York,
we were running for the money and the flesh.
And that was called love for the workers in song
probably still is for those of them left.
Ah but you got away, didn't you babe,
you just turned your back on the crowd,
you got away, I never once heard you say,
I need you, I don't need you,
I need you, I don't need you
and all of that jiving around.

I remember you well in the Chelsea Hotel
you were famous, your heart was a legend.
You told me again you preferred handsome men
but for me you would make an exception.
And clenching your fist for the ones like us
who are oppressed by the figures of beauty,
you fixed yourself, you said, "Well never mind,
we are ugly but we have the music."

And then you got away, didn't you babe...

I don't mean to suggest that I loved you the best,
I can't keep track of each fallen robin.
I remember you well in the Chelsea Hotel,
that's all, I don't even think of you that often.

Anónimo dijo...

Coido que a mención ao Chelsea Hotel (ao lugar físico e á canción) o puxo ben morriñento, amigo Arume.

Anónimo dijo...

Sospeito que garda, amigo Arume, palabras acaídas e mesmo fotos propias do Chelsea Hotel. Agasállenos con elas (coas palabras e coas fotos), que o Marcos has ha poñer en lugar de honra nunha entrada.

Anónimo dijo...

Velaí a confesión do gran Leonard de que, en efecto, alí amou a Janis: Chelsea Hotel.

Anónimo dijo...

A gran Janis Joplin canta: Eu e Bobby McGee.

Anónimo dijo...

Aquí outro gran ausente: Jimi Hendrix coa súa Fender Stratocaster recreando unha canción de Dylan. Fíxense e aprendan, se poden.

Anónimo dijo...

De qué color pensa vostede que é a chaqueta do J.Hendrix,Medela?.

Anónimo dijo...

A progresión de acordes desa versión de Hendrix chámase actualmente "Progresión Watchover",tal foi a súa influenza.E hoxendía unha das armonías máis habituáis no rock. (Im-bVII-bVI, pra os entendidos como Xabimusic).

Anónimo dijo...

Aquí vai Blind Faith, cuxo título vai dedicado ao amigo Jim Morrison polo que el e algúns saben. Recoñecen os músicos?

Anónimo dijo...

O verso de "Chelsea Hotel" co que me sinto máis identificado -e supoño que moitos de vostedes tamén- é o seguinte:

"You told me again you preferred handsome men
but for me you would make an exception"

Anónimo dijo...

Da Coba: A chaqueta vén sendo unha mestura entre cor de páncreas, maxenta e cocacola sen gas.
Acerto??

Anónimo dijo...

Apicultor: Infórmenos do concerto de Jimi Hendrix en Ibiza, en 1968. Na rede non hai apenas nada sobre o tema.
Grazas.-

Anónimo dijo...

Daquela era eu moi novo, Medela. Fora algo antes de ir a Rávena, pero en Ibiza coñecín a Teresa Gimpera...

Anónimo dijo...

Nós temos unha versión de All along the watchtower que mestura, con máis entusiasmo que acerto, a Hendrix, Dylan e Clapton. Xaime Fandiño, o noso xefe e guitarra solista, desperréchase de gusto (e non digamos as nosas fans). Gracias pola preciosa e oportuna canción de Blind Faith, un dos grupos favoritos da miña adolescencia. Xusto agora acabo de rematar un artigo en memoria de XB.

Anónimo dijo...

Eu era, pode supoñelo, amigo Medela, un chicho del PREU. Aquel verán puiden ir a Ibiza, o destino soñado nunha grisalla cidade provinciana do franquismo terminal, onde os gobernadores civís gastaban chaqueta branca e camisa caqui.

Chegar até Barcelona nun escangallado Diane 6 tuneado a flores, pode supoñelo, foi toda unha odisea...

Anónimo dijo...

Steve Winwood era o guaperas; logo derivou a un pop fácil pero persoal e bonito. Ginger Baker, o máis vello, impresionabamos pola súa pinta; Clapton era o neno mimado e Ric Grech non sei que foi del.

Anónimo dijo...

Eu tamén estiven en Ibiza, por esa época. Cheguei a Valencia a dedo, vendín sangue, e puiden chegar a Ibiza. O que pasou despóis, por consello do meu axente, queda para as miñas memorias.

Anónimo dijo...

Apicultor: Non sei qué hei facer con Vde.

En primeiro lugar, admito con sana envexa o seu caso amoroso coa srta. Antonelli. Mais voulle dicir unha cousiña: Teresa nunca nada me dixo, e non tiña secretos para min, que fora moza súa.

En segundo lugar, fala Vde. do Dyane 6 como un artefacto antediluviano. Ben, fixen eu o traxecto Catalunya-Galiza, en 1983 nun Dyane, en 13 horas.

He dicho.-

Anónimo dijo...

Prezado Júlio Medela:

Foi vostede quen me preguntou por Ibiza. Por min non había dicir nada e deixaríao continuar coa ilusión. A min non me custaba nada, e hai certas cousas que é conveniente calar.

Pero vostede turroume da lingua. Confese que algo sospeitaba, que algo se cheiraba, quizais un nome pronunciado en soños, algo, un pálpito. E por iso me puxo a trampa preguntándome por Ibiza no momento oportuno, como quen non quere a cousa. E eu caín nela e agora non me podo desdicir, pois pásame como aquel avogado dunha mala película do estomagante Jim Carey: non podo mentir.

Coñecín a Tes -así a chamamos os íntimos- en Ibiza. Ía radiante co seu branco vestido ab-lib, bonita coma un sol de primavera. Os artistas, como vén dicir o mestre Leonard na canción citada, somos moi sensibles á beleza, os seus escravos. Compréndao, non é que teña nada contra vostede, deus me libre, pero ela ía tan bonita, era tan simpática e sorrinte... Así lle son as cousas, meu amigo. Trate de perdoar.

Que o pase bárbaro na Festa do Boi.

Cumprimentos.

Anónimo dijo...

Páxina oficial do boi,
boi infantil

Anónimo dijo...

Estoy verdaderamente emocionada. No podía creer lo que un buen amigo me contó: que en un blog en gallego un tal Apicultor narraba sus affaires conmigo en Ibiza. Y que uno de Llobera, o algo así, andaba celoso con la historia. Debía de ser aquello cuando rodaba con Luis Lucía La novicia rebelde. Desde mi refugio de Castelldefels, les mando un cariñoso recuerdo, sobre todo a ese tal Apicultor (al que yo llamaba, y perdón por desvelarlo aunque así no creo que se llamara, Fabricio) y aquellos sus ojillos acuosos, entre dulces y embriagadores. Un petó molt gran.

Anónimo dijo...

Vaia. É o Xian Bobillo o que guía o boi de pau!.

Anónimo dijo...

En primeiro lugar, quero felicitar (non facerlle a pelota) ó Marcos pola idea dos "fíos musicais". ¡Van doce en pouco tempo! ¡Estará satisfeito!

Logo, que o comentario do "apicultor" suscítame algúns interrogantes que me gustaría comnpartir cos colegas foreiros.

Un. ¿Ata que punto podemos considerar as músicas que cita baixo o epígrafe de "música moderna". ¿Onde colocar os lindeiros da modernidade? Por exemplo: ¿Stevie Wonder é moderno?

Dous. ¿Tódolos gustos musicais son igualmente respectables e aceptables?

Tres. ¿Por que somos tan "conservadores" en cuestión de gustos musicais?

¡Fagan xogo, señores e señoras!

Xabimusic.

Anónimo dijo...

Eu respóndolle a pregunta "dous": O que son igualmente respetables son as persoas, non os gustos, nin siquera as opiniós. É a miña opinión.

Anónimo dijo...

O calificativo "música moderna" que usei non tiña intención taxonómica, amigo Xabimusic. Simplemente era como se lle chamaba popularmente daquela. Por iso a puxen entre aspas.

Anónimo dijo...

A búsqueda en Google de análisis da progresión da "Watchtower", fíxome atopar unha páxina interesatísima, que enlazo:PREMER.

Anónimo dijo...

Estou tratando de acompañar á guitarra All along the watchtower, Xdc. Tiña razón; ten unha progresión bonita e natural. A ver se me sae.

Anónimo dijo...

Un bufón, un ladrón, unha princesa, lacaios descalzos, dous xinetes. Eses son os protagonistas dos versos de All along the Watchtower. Jimi Hendrix soubo imprimirlle tensión épica ao diálogo entre o joker and the thief. E para rematar (cun crescendo que tal vez imitaba a chegada dos cabalos entre o vento que zoaba) o marabilloso e sinxelo relato desde o alto da torre.

Agardemos que o amigo Bob cante esta en Vigo o día 27 de Xuño. Eu xa teño as entradas e xa me dixeron onte que están esgotadas.
Mentres tanto, escoitemos os últimos versos desta canción:
Two riders were approaching
and the wind began to howl.

Anónimo dijo...

Tóquea "por quintas", con moita distorsión,se quere soar "rockeiro" coma Hendrix, amigo Jim.XDD.

Anónimo dijo...

A distorsión non lla podo meter, Xdc, porque non teño eléctrica. Toco (é un dicir) a acústica do meu fillo, moi branda e suaviña. Cambieilla pola miña Fender acústica, máis cara pero máis dura. Xa sabe que, nesto das guitarras, hai manías. E iso de tocar "por quintas", a estas alturas do meu aprendizaxe, sóame igual que "tóquea por buleares". Eu tócoa polos acordes que saco en Google, e polos que me indica o meu profesor, que eu, para iso, son moi mandado. Pero moitas grazas por chamarme a atención sobre a gradación Watchover. Hoxe pasarei o dia baixándoa e subíndoa.