Literauria (2): Inauguración.
As fotos son de Trebolle, que era o cabaleiro que andaba a sacar fotos (ademais dos xornalistas), alguén preguntaba por aí embaixo.
Nas imaxes, ensinándolle o moito "peso" das Poesías Completas do Manuel María á concelleira; unha vista dos asistentes e foto fixa da miña intervención. Polo medio, Xavier Toga, un dos armadanzas de todo este tinglado: tamén estaban Xosé Lois Vázquez "Che", da Difusora, e Alfonso Prada, de Duendebux (non vin a Manolo Ramos, de Linteo). Tamén estaban os responsables das librarías Tanco e Eixo (ademais de Torga), as concelleiras Marga Martín e Marta Arribas e o delegado de cultura, X.C. Sierra.
14 comentarios:
Veño dos actos na rúa do Paseo, a carón da carpa de Literauria. Estupenda versión da Banda Municipal de "Unha noite na eira do trigo, e outras. Nun descanso da Banda, recitaron poemas de Álvarez Blázquez dúas rapazas dun Instituto, non lembro cal. Ao rematar a Banda, e xusto cando empezaba a chover, recitóu Caneiro poemas seus, acompañadp por un guitarrista. O son non funcionaba ben. Foi de cine: Caneiro recitando prácticamente a capela, a guitarra sen amplifucación,e un corro de xente prácticamente pegados, pra oir. E todo, baixo a chuvia. Uns, con paraguas, outros, sin él. Eu,mollándome, agoantando. Poemas bós e ben recitados.
Foi todo un síntoma de "profesionalidade" por parte do Caneiro adaptarse instantáneamente ás circunstancias e aos problemas do son e recitar con total naturalidade, tras decir que, a quen lle interesase a poesía, que se achegase pra oir. É onde se conoce que está afeito a torear en todalas plazas.
E o Trebi, sacando fotos. Xa as verán, seguro. Por certo, asistíu ó recital o Sánchez Vidal, pra que logo non critiquen.
¿Estaba por alí a Isabelita concelleira-aprendiz de cultura mafiosilla ou estaba pechada na casa morta de vergoña?
Home tamén andaban por alí (foto 3) ao fondo O Bordas, o Fírvida, e Seara.
Cultura do Concello "lamenta e pide desculpas" pola carta que vencella as subvencións á asistencia aos actos culturais
17 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL
A Concellería de Cultura lamenta e pide desculpas polo contido da carta enviada ás asociacións da cidade e sinala que o obxectivo da mesma non foi en ningún caso vencellar as axudas concedidas polo organismo municipal á participación nas actividades que organiza a concellería. O departamento que dirixe Isabel Pérez tiña por único obxecto, mediante o envío desta misiva, facer un chamamento á participación nos actos culturais que organiza a concellería, así como axudar no que sexa posible na organización e desenvolvemento das actividades que programen as propias asociacións.
O tenente alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, desautorizou o contido da misiva e recorda que en ningún caso a concellería vai actuar con criterios subxectivos ou ideolóxicos á hora de conceder ningún tipo de axudas.
Así mesmo, a concelleira de Cultura, Isabel Pérez, sinala que en ningún caso se fai mención na carta ás subvencións, que se van seguir guiando por un criterio totalmente obxectivo seguindo os principios de transparencia e publicidade. “Todas as peticións que cheguen en tempo e forma van ser atendidas e resoltas favorablemente”, explica Isabel Pérez.
A concelleira sinala que un erro redaccional desvirtuou o sentido da carta xa que o único que se pretendía era recordarlle ás asociacións que desexen acceder a axudas teñen que comunicarllo á concellería para que esta poida introducir as súas actividades na programación anual. Ademais, tamén se quería lembrar que axiña se abrirá o prazo de petición de subvencións, en canto saia publicado no BOP, xa que hai máis dun mes (3 de abril) que foi aprobada a convocatoria na Xunta de Goberno local.
A concellería pois, reitera as súas desculpas publicamente, e pídelle as asociacións que soliciten as axudas con total liberdade así como as subvecións.
Hoxe xoguéi un partido de futbol deses solidarios, de confraternización con extranxeiros innmigrantes.Nunca xogara un na miña vida. A miña dona enfadóuse porque non pudemos sair pola tarde de viaxe, por culpa do compromiso.Metéronnos 7-1.Chovéu e molléime todo.Déume un tirón na perna e case non podo andar. Sólo compensóu porque nos agasallaron dous libros editados polo concello. Un deles, unha escolma de Marcos Valcárcel...
A asociación de libreiros está enoxada co Concello, din que pola súa carpa non pasan as autoridades, que só teñen tempo para esta carpa que parece neste blog tan acompañada de autoridades, o que non sei é se esta carpa é a do Concello ou a de tres librerias de Ourense, non sei se vostedes saben como é realmente.
Onte ó Risco (o "célebre" asesor da concelleira) caíulle unha boa bronca por parte da pta. da asociación de libreiros ourensáns.
E tamén vin excesiva a presenza do eterno letreiriño de "tenencia" na carpa... Non entendín ben de quen era.
XDC. Supoño que o libro ó que se refire é a Escolma poética "Ourense, craro río, verde val". Encantaríame dedicarllo.
Ah! A min tamén me chamaron para o partido ese de solidariedade: pero aí está o meu límite. Nunca me puxen diante dun balón en serio. E a estas alturas...
Efectivamente,ese é o libro,que ben que mo gañéi, índa teño maniotas hoxe. Xa veréi xeito de que poda dedicarmo.
O que o tomóu moi en serio foi o Chema Ferreiro.E algún máis.
A mín tamén me entristecéu a apreciable división entre os dous grupod de libreiros, coas carpas tan alonxadas unha da outra. Haberá diferencias de signo político de fondo?.
Amigo XDC: se me deixa o libro no Liceo, como outras veces; eu encargareime de asinalo e deixarllo logo no Trampitán, se lle vai ben. Saúdos.
Si, hai división nos libreiros, é obvio. Pero o tema xa ten anos, chega de lonxe... Un sector dos libreiros (quizais o máis comprometido na difusión do libro e o que vive máis dos libros) decide organizarse pola súa conta, con apoio dos escritores e editores, para revitalizar a vida cultural e a propia promoción do libro. Se non existía outra vía para facelo, fracasadas outras posibilidades, a min paréceme ben.
Publicar un comentario