16 may 2008


O cenáculo ourensán, nos primeiros anos da posguerra, nun cadro de Conde Corbal (foto Trebolle).

Xoguen, se queren, ás identificacións: a ver a cantos recoñecen...

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Se non me equivoco, as persoas que figuran neste cadro de Pepe Conde Corbal son, dende a esquerda, arriba: Xesús Taboada Chivite, Xoaquín Lorenzo Fernández, Xesús Ferro Couselo, Vicente Risco Martínez, Manuel Conde Corbal (irmán do pintor) e Ángel Huete.
Abaixo: Julio Gimeno, Leuter González Salgado, Ernesto Gómez del Valle, Antón Tovar Bobillo, Arturo Baltar, Acisclo Manzano, Xosé Luís de Dios, Xaime Quessada e Luís Trabazo.
O cadro está nunha das paredes do mesón ourensán “Casa de María Andrea”, no edificio do mesmo nome situado entre a rúa de San Miguel e a praza do Eironciño dos Cabaleiros. As persoas citadas están “fotografadas” nesa praza e ante a casa na que vivira a heroína.
Se non colocan botellas ou outros obxectos no moble que hai debaixo do cadro, este pódese ver con tranquilidade.

Anónimo dijo...

Salvo que o moverán de sitio, creo que o que hai debaixo do cadro é unha mesa pra dous na que eu teño comido moitos "menús do día". Pra os que non sexan de Ourense, ese cadro está nun restaurán ourensán chamado "Casa de María Andrea". Ten dúas portas.Unha da pra o "Eirociño dos Cabaleiros", onde estaba o "Volter", e a outra prá rúa "San Miguel", xusto enfrente do famoso restaurán có mesmo nome. A "Casa de María Andrea" ten a súa historia tamén. Parece ser que Napoleón dera orde de non facerlle ningún daño á casa nin aos seus moradores, durante a Guerra de Independencia, non lembro por qué.

Anónimo dijo...

Ten vostede razón señor XdC cando di que debaixo do cadro hai unha mesa para dous. Ao mellor expliqueime eu mal cando escribín que “se non colocan botellas ou outros obxectos no moble que hai debaixo do cadro, este pódese ver con tranquilidade“. Se ben hai esa mesiña para dous debaixo do cadro, é certa tamén a existencia dun moble sobre o que se colocan botellas, pratos, cestas..., obxectos que en ocasións, dependendo do volume/cantidade dos mesmos, impiden a perfecta visión da obra, ocultando a quen a contempla as figuras de Julio Gimeno e Leuter González Salgado –meu avó-. Será por iso que me fixo se o cadro se pode ver na súa integridade ou non.
Para falar do humano e do divino, cando vostede queira señor XdC podemos sentarmos en torno a esa mesa, aínda que as nosas cabezas oculten ocasionalmente parte da obra de Pepe Conde Corbal.

Marcos Valcárcel López dijo...

Ben, menos mal: crin que non entraba ninguén a identificalos e agardaba non ter que facelo eu. Graciñas, XLC. A identificación é exacta e reflicte un momento do cenáculo ourensán vinculado ó Volter: ó fondo vese o cartel da taberna do Tucho.
Para os non ourensáns, aclarar que Ángel Huete foi un nome fundamental en La Región e no xornalismo ourensán dos anos 60. Julio Gimeno foi un escritor humorista e colaborador de LR, fonte de centos de anécdotas, moitas recollidas e contadas por Carlos Casares. O resto cero que son todos xa moi coñecidos, mesmo fóra do ámbito auriense.

Anónimo dijo...

Hoxe, e peor o da Mesa, Ten enriba Un BotelleIro de Bebidas.
TI BEN QUE SACALO PARA FACER A fOTO

Anónimo dijo...

Trebi Fixo a Foto