FÍO MUSICAL (14), DE XOHÁN DA COBA (foto H. Ritts)
Desta vez o asunto das canciós vai ser máis "pelegrín".
Búsquenme canciós pra anuncios publicitarios de:
-Penso pra cas.
-Fomento do cumprimento de obrigas fiscais.
-Fomento da urbanidade ao volante.
-Promoción do galego (non importa que o título ou a letra estea noutra língua, tradúcese).
Admítense suxerencias serias e "de risas".
Búsquenme canciós pra anuncios publicitarios de:
-Penso pra cas.
-Fomento do cumprimento de obrigas fiscais.
-Fomento da urbanidade ao volante.
-Promoción do galego (non importa que o título ou a letra estea noutra língua, tradúcese).
Admítense suxerencias serias e "de risas".
18 comentarios:
¿Que está vostede, señor XDC, a traballar para unha axencia de publicidade? ¿E quere que lle fagamos o traballo?
¡Vaiche boa!
Realmente, penso que calquera música serve para calquera cousa. É a mesma publicidae a que, despois, a posteriori,establece as asociacións. Asociacións que sempre, sempre son falsas e arbitrarias.
¿Non quedaramos en que a música non significa nada? ¿En que a música só é música?
Ah, perdón,agora que o penso non era vostede o defensor das teses formalistas. ¿Quen era?
Creo que temos que organizar unha "quedada" os blogueiros (non confundir con bloqueiros) musicais para poñerlle cara ás opinións. Se non, eu pérdome! ¡Socorro!
Xabimusic.
Ejem. Comprométome a organizar a xuntanza blogueira.
Saúdos.-
A verdade é que me alegro moitísimo polo recoñecemento do sr. Da Coba. Non o podo remediar.
Na súa honra, e no fío do cumprimentos das obrigacións fiscais:
YO PAGO MIS IMPUESTOS Y TÚ ERES MI ENFERMERA DE NOCHE
Da Coba: Cando Vde. escribiu aquel texto sobre as 'voladoras' da festa dos Milagros, que se tornaban alfombras máxicas, pensei que García Márquez era un neno a xogar cun boli.
Non sabe o feliz que fun ese día. Sentín que había persoas que podían expresar maxistralmente cousas que levaba sentindo toda a vida.
E tanto ten que me chamen o que me chamen por dicir isto. Infelizmente, hai persoas que non soportan que os demais sexan felices.
Digo o que sinto.
Saúdos.-
Non damos durmido. Os mozos a berrar "Aí vén o boi". Isto é unha loucura colectiva. Parece un mantra.
Pra o do can , ocúrreseme esta: Tés un amigo. Tamén lla dedico a vostedes, e non se "mosqueen"...
Coa musica,Xabimusic, debe de pasar como coas palabras. Non significan nada hasta que un mínimo de dúas persoas acordan que significan algo. Menos as do trampitan, que sólo as entendo eu.
O meu comentario anterior hai que entendelo referido a "canciós",claro.
Pra un fondo sobre imaxes de tráfico tranquilo: PREMER.Ou esta:PREMER.
Esta non pinta nada,pero estaba ao lado da outra. Seguro que a lembran:Premer.
Aí ven o boi de frores cuberto...
Xabimusic, como é que pasmóu falando con Millán Picouto na rúa e non se presentóu xa á quedada blogueira de esta mañá có de Literauria...
Agora xa me vou acarando SR. XDC. ¡Que sorpresa! Non o facía eu a vostede por estes lares.
Unha aperta blogueira.
-Penso pra cas.
SUperstition, Stevie Wonder
-Fomento do cumprimento de obrigas fiscais.
Marilyn Monroe
-Fomento da urbanidade ao volante.
Paris Texas, Ry Cooder
-Promoción do galego (non importa que o título ou a letra estea noutra língua, tradúcese).
Tom Waits, One from the heart de Coppola
Carallo!!
Xa mo parecía!!.
Graciñas polo enlace de Paris-Texas, Arume. Da a clave da afinación pra esa canción: "Open D". Ou sexa, guitarra afinada cun acorde de Re ao aire: Re La Re Fa# La Re, nomeadas de sexta a primeira.
Eso de afinar en Re supoño que será o típico para as slide guitars, non? Ou tamén para blusadas, non? Explique, que teño a guitarra ao lado e xa lle vou dar para celebrarmos o Día tocando blues que con este tempo é o que presta.
Por certo, o all along en que vai? ou en que o aconsella, vostede? Eu tócoo, cos meus ínfimos coñecementos, en la menor e fa maior. Pero non hai outros acordes, ou si?
fomento da urbanidade ó volante
Eu creo que a canción de Dylan está en Lam, Sol, fa, Sol, pero eu tócoa en Sol, que me vai mellor.
Velaí a miña dúbida de tres ou dous acordes
Sï: lam Sol Fa Sol. Moi típica, en moitas canciós do rock, como decíamos.
Unha canción "clásica" en lam, con dous acordes, usaría lam,Mi7. Se foran tres , serían lam,rem ,Mi7. Pero no rock, como no folk nórdico, se ten dous son lam-Sol. E ,sin ten tres, lam Sol Fa. Ou sexa, o séptimo facendo o rol de "dominante" e o sexto o de "subdominante". ESa é a razón pola que á xente que ven das tunas e das canciós clçasicas lle costa un pouco ao principio sacar os acordes rockeiros de oído. É outra "lóxica". Curiosamente, a chamada "cadencia andaluza" ou "frigia", é moi parecida: lam Sol FA Mi7. A Watchtower "da a volta por onde viña" en vez de caer a Mi7.
Eso, referido, a lam. Transporten a calquera outra tonalidade.
Efectivamente, no blues con slide adoitan a usarse afinaciós abertas "open tuning", en SOl i en MI as máis frecuentes.
Publicar un comentario