Fío musical (13). Para Apicultor, de Arume (foto IPP)
O Chelsea Hotel está situado na rúa 23 entre a séptima e a octava avenida de New York. Construido a finais do século XIX, en ladrillo bermello, no estilo victoriano que se estilaba en Londres e no medio do distrito teatral e vodevilesco, axiña foi considerado un lugar de culto entre os visitantes á cidade dos rañaceos. Por pouco tempo foi o edificio de apartamentos máis alto de Manhattan, pero a comezos de século XX se convertiu nun Hotel. Os escritores elixiron a súa fasquía un tanto siniestra e estraña como lugar de residencia máis ou menos prolongada e de refuxio por veces delirante. Os nomes de Twain, Miller ou de Dylan Thomas, que morreu nunha das súas habitacións, contribuiron a crear a súa lenda, imparable ata o de agora.
Co desprazamento da vida bohemia (dos beatniks dos 50 ata os hippies dos primeiros 70) ao Village cobrou un vigor extraordinario neses anos de efervescencia contracultural. Desa época datan os episodios máis célebres: Joplin, Hendrix, Dylan, Cohen constitúen o abecedario dos seus cuartos, cos correspondientes relatos, xa míticos, de destrucción ou amor. A última (coñecida) historia de perdición e abismo foi executada por Sid Vicious e a súa fiancée Nancy na suite 100 dese lóbrego albergue.
Agora eleva a súa fachada escurecida de balcóns de ferro no medio dunha rúa ruidosa, de poucos comercios e xa ningún teatro, apenas visitada, agás por aqueles que se adentran por ese decadente barrio con afán de comprobar que o edificio segue en pe e que as ánimas suicidas que algunha vez amaron non teñen peto onde ficar ancoradas. Mirei o hotel desde a outra beirarrúa un día de cinza e imaxinei a terra leve con aqueles nomes de amantes, cheos de balbordo e furia.
Leonard Cohen cantou as súas batallas de pluma e lume con Janis, enfundado nunha gabardina coas solapas levantadas, cos arpexios fráxiles e coa voz dun ensalmo tristísimo. Pero o Chelsea Hotel ha ocupar a historia sentimental, porque foi alí onde Bob Dylan escribiu para Sara Sad eyed Lady of the Lowlands, esa melancólica despedida que soa mentres escribo esta lembranza.

6 comentarios:
Excelente semblanza deste mítico Hotel. Grazas pola dedicatoria. Recordareino sempre no Chelsea, Arume.
Sr. Arume. ¿En que revista musical traballa vostede?
Quero subscribirme agora mesmo.
¿Nunca lle dixeron que era un pozo de coñecementos?
Un saúdo. Xabimusic.
Disco Express. Arume debe de ser Sierra i Fabra...xa mo parecía...
De Sierra i Fabra, lembro ler:DOBLE IMAGEN DEMASIADO OSCURO PARA UN FIN DE SEMANA, e LOS PERROS DE LA LLUVIA entre outras.A sua Novela Negra, con Daniel Ros (Periodista e escritor), ap´roxima temas e situacions da vida e sociedade española.
Os seus libros sobre a historia da música rock e pop ,especialista indiscutible, son moi coñecidos.
Trebi
Arume é Jesús Ordovás.
Arume é Diego A. Manrique
Publicar un comentario