20 jun. 2008


Ano 1975. Ourense, rúa de Santo Domingo

Nun vello piso desa rúa, case fronte a Cardenal Quiroga, tres novos artistas tiñan o seu estudo e moitas cousas aínda por descubrir. Eran eles Iñaqui Basallo, Fiz Valcárcel e Perfeuto Estévez (quen agora me envía estas fotos). Aquí quedan en recordo daqueles días. Eu estiven alí varias veces, en medio daquel labirinto de óleos, pinceis e materiais diversos. O meu irmán Fiz tiña daquela 19 anos, del son a maioría dos cadros que colgan nas paredes da foto inferior.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Foi mágoa que Fiz abandonase a pintura. De todos eles era o que estaba máis dotado.