Caen chuzos sobre o bipartito...
Dunha banda, as críticas sindicais ós "chiringuitos" e o desentendemento BNG-PSDG-psoe no tema da suposta axente electoral en América.
Doutra, unha opinión pública, ou publicada, ben contundente nestes días. Dous exemplos, o artigo de Salvador García-Bodaño en ECG ("Evidencias da mala xestión"), o domingo pasado, e o de hoxe de Ánxel Vence no Faro ("Fraguismo sin Fraga"): este último molestará especialmente á militancia socialista e nacionalista ó identificar o labor do bipartito en certos campos (Cidade da Cultura, chiringuitos, viaxes a America) co sempre rexeitado Fraga, algo que resultará noxento para os que fixeron do antifraguismo a cerna da súa loita política.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 2 semanas
50 comentarios:
Fraguismo sin Fraga: y no tengo nada más que decir y no tengo nada más que añadir; mi querido amigo, adios, adios, adiooossss........
¿Cantos "chiringuitos" novos se crearon co bipartito?
O titulo "Evidencias da mala xestión" pensei que ía poñer podres aos bipartitos, pero non, só fala de Bugallo, mellor dito só fala da xestión da cidade da cultura, non hai como precisar para entenderse e para comprender títulos malintencionados.
Sen esquecermos tampouco este artigo de onte (martes) en "Galicia Hoxe":
Miguel Anxo Fernán-Vello
Caderno aberto
País lento
¿Cantos anos de vantaxe, en tantas cousas, políticas e sociais, nos levan vascos e cataláns?
País lento. Vagaroso. Tardo. E refírome ao noso país: Galicia. Ou Galiza. Lento, e confuso, tamén, na súa denominación oficial. Talvez teña que ler, que non o fixen, o libro de Carl Honoré titulado Eloxio da lentitude. Disque o escritor canadiano analiza na obra a adoración que a cultura contemporánea lle tributa á velocidade e á hiperactividade: claves actuais, iso semella, do éxito laboral e social. Mais si lin, e con apracemento, a novela de Milan Kundera que leva por título A lentitude. Di Kundera: "O grao de lentitude é directamente proporcional á intensidade da memoria; o grao de velocidade é directamente proporcional á intensidade do esquecemento". E engadirá o escritor checo: "A nosa época cae no demo da velocidade, e por este motivo esquécese doadamente de si mesma. Mais eu prefiro darlle a volta a esta afirmación: a nosa época está obsesionada polo desexo de esquecer, e para realizar tal desexo cae no demo da velocidade; se acelera o paso é porque quere facernos entender que agora xa non aspira a ser lembrada, que está cansada de si mesma, desgustada consigo mesma; que quere apagar a trémula chama da memoria". Velaquí. Abonda. Porque eu quero referirme, debo precisar ben, á lentitude política. Ou, se queren, lentitude social. ¿Cantos anos de vantaxe, en tantas cousas, políticas e sociais, nos levan vascos e cataláns, irmáns de nacións sen Estado na vella pell de brau? Non hai moitos días a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, facía responsábel ao Goberno central da lentísima extensión da banda ancha no medio rural galego e de xeito especial no ourensán. E terá razón esta eficiente política. ¿E a segunda canle da TVG, por nos referir a un caso sangrante, para cando? En Galicia todo vai lento, a paso de boi, e o cambio político non acaba de superar ou deixar atrás esa lentitude antiga, ateigada de indecisións e de silencios, toda ela ao mesmo tempo unha miscelánea de desleixos. A ver cando movemos esta pesada lousa.
A Cidade da Cultura e Reganosa non teñen perdón, señan responsabilidade do PP, do PSOE, do BNG, de investidores capitalistas ou dun totum revolutum. Se houbese xustiza máis dun remataría cos ósos no cárcere.
Os chiringuitos son consecuencia dun sistema de xestión interna dos partidos que premia a fidelidade antes que a eficiencia.
Non entendo a necesidade dunha segunda canle de televisión. E menos exemplificar o desleixo con iso. Supoño que haberá como cen cousas antes prioritarias.
Eu si entendo esa necesidade se se fai unha canle cultural, para que, entre outras cousas, os rapaces que agora ven os debuxos en español polas tardes poidan facelo tamén en galego. Xabarían clube e esas cousas. Para sacar os libros galegos do anonimato e para facer que os grupos de música galega saian das catacumbas.
Sabe o que NON é prioritatrio? Darlle os cartiños a xornais que desprezan o galego. E xa non falemos do Gaiás.
¿Cantos anos de vantaxe, en tantas cousas, políticas e sociais, nos levan vascos e cataláns, irmáns de nacións sen Estado na vella pell de brau?
Isto é o único importante que dí este artigo, para ser escrito por unha persoa de tanta sabiduria e eimporatancia en Galicia, pouco interese o que dí e a crítica tamén fai avanzar un país e a pesares de todo neste país hai pouco debate, hai moita mala baba e moita crítia puntual cada quen aos seus intereses, ou cada quen fala da súa horta, que non me poñas o gas aqui ou ala, pero pouco debate de ideas e de proxectos e liñas de actuación. E este artigo é un bó exemplo, ou acaso o segundo canle da TVG ten algo que ver con estar a nos luz de Euskadi?
Disimulen a insistencia, mais gustaría de saber a resposta á pregunta anteriormente formulada:
¿Cantos "chiringuitos" novos se crearon co bipartito?
Que haxa Xabarín, programas de libros en galego, música galega a todas horas non depende dunha nova canle. A que existe ben vale para iso e para moito máis.
Non vin nunca na TVG debuxos en español.
Pero se queremos cifrar a lentitude de bois (parafraseando o vello título do libro de poemas de Julio Llamazares) nese aspecto, convirá conmigo en que hai moitos outros exemplos máis interesantes.
Sobre a subvención por empregar o galego nos xornais, non podo estar máis de acordo con vostede.
¿É, como di don Miguel Anxo, tan "sangrante" a inexistencia dunha segunda canle da TVG? ¿Por que usa nese exemplo dito cualificativo tan rotundo e non no caso da banda ancha?
Pepe, se me permites, voulle dar a volta a tua pregunta, hai co bipartito menos chiringuitos que antes?
Eu teño entendido que, ademais de continuar moitos dos chiringuitos que había antes, creáronse outros novos. Polo tanto, quizais haxa máis. ¿Vostede que nos pode dicir sobre iso?
EL PAÍS, 29/05/2008
Los sindicatos UGT, CC OO, CIG y CSI-CSIF denunciaron ayer que los denominados "chiringuitos", la administración paralela de la Xunta, genera "un volumen de 1.060 millones de euros" y criticaron el incremento de estas prácticas con el actual Gobierno bipartito.
Las cuatro centrales anunciaron una campaña de movilizaciones que culminará el 26 de junio en una manifestación en Santiago en protesta contra lo que consideran "un incumplimiento" de la promesa del pacto firmado por PSdeG y Bloque para defender los servicios públicos.
Los responsables sindicales cuantificaron en 228 los organismos públicos y las empresas participadas por la Xunta y, aunque no existen datos oficiales, calculan que puede haber más de 4.000 trabajadores en estos "chiringuitos", que no se rigen por el convenio de personal laboral de la Administración, sino que sufren peores condiciones laborales con salarios que en algunos casos no superan los 700 euros.
Grazas, don Arume, mais ese dato xa o coñecía. Porque a pregunta era cantos "chiringuitos" novos se crearon co bipartito, non cantos hai en total.
EL CORREO GALLEGO, 31/05/2008
Las primeras balas preelectorales empiezan a silbar entre los socios de gobierno del Bipartito. Ayer le tocó el turno a uno de los miembros más caballerosamente beligerante. El conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, manifestó su coincidencia con los sindicatos en que el personal funcionario de la Xunta y el de los organismos dependientes de ésta (conocidos popularmente como chiringuitos) se contraten utilizando "criterios similares".
"Inicialmente, me parece un planteamiento correcto", precisó y, aunque apostilló que "no es fácil establecer un común denominador" entre todos los entes autónomos, aseguró que se fijarán unas pautas "que garanticen la transparencia" en los procesos de selección de personal y se seguirán unos criterios "objetivos" para el acceso al empleo público; al tiempo que confirmó la participación sindical.
Hablando de "falta de transparencia" o de la necesidad de que haya más, Méndez Romeu se refirió a la Sociedade de Emprego Público de Servizos Agrarios (Seaga), el Consorcio de Servizos do Benestar y el Banco de Terras, que cuentan con "mucho volumen de personal" y que, curiosamente (¿o no?) pertenecen a consellerías gobernadas por el Bloque. Fue más explícito el conselleiro Romeu cuando recordó que "garantizar la transparencia" forma parte del "programa de gobierno de 2005". Todo ello sin citar a nadie.
No obstante, respecto al "problema" sindical de la externalización de servicios por parte de la Xunta, esgrimió que la Administración necesita servicios "ajenos a la ciudadanía para su funcionamiento interno", tales como la limpieza, y apostó por contratar externamente "a empresas especializadas", puesto que "no son un valor añadido para los ciudadanos". Méndez Romeu también explicó que el proceso de externalización afecta a servicios "muy acotados, muy concretos" y que es "una táctica común" a todas las administraciones.
No obstante, abogó por utilizar criterios de redistribución para mejorar" el nivel de cualificación y atención a los ciudadanos, por lo que "no habrá ceses, sino reclasificaciones". "Y normalmente, reclasificar significa mejorar", apostilló.
Por lo tanto, informó de que en la reunión mantenida con los representantes sindicales, se acordó abrir un proceso de conversaciones y negociaciones relacionadas con el ámbito de los organismos autónomos. Así, avanzó que "durante los próximos días", tanto la Administración gallega como los sindicatos presentarán sus propuestas "concretas" para comenzar a "buscar acuerdos" y aplaudió la "posición constructiva" de los representantes laborales.
Don PP, eu só conto polos dedos e os dedos non chegan para tanto chiringuito, pero aquí haille moito matemático, malo sexa que algún non teña contado os chiringuitos de antes e de agora.
Non se trata, Arume, de gastar máis cartos senón de gastalos mellor. Fronte a unha morea de canles en español (tve1, 2, antena 3, a catro, a cinco, a sexta), podíase crear unha canle que ofrecese o que ningunha das anteriores e, ademáis, en galego. E repito: se os nenos queren ver os debuxos en galego, non poden.
A segunda canle tiña que ser un dos motores do que se fai en Galicia (cine galego, teatro, música, literatura...).
Non sería nada caro: abonda con cortar as subvenciónss á prensa, cerrar o Gaiás sine díe (que o merquen pra facer un hotel), e a certas publicacións das editoriais, choio de catro amiguetes.
¿Está propoñendo, logo, que haxa un canle temático dedicado exclusivamente a programas infantís e a debuxos animados en galego?
De 0 a 10 puntos, ¿que nota lle porían ao goberno bipartito PSdeG-PSOE / BNG agora que se achegan os tres anos de lexislatura?
Se poden e teñen tempo, argumenten o por qué da súa nota.
Pepe preguntas valía para asesor. Entre el e unha ducia de bolseiros faríanlle unhas boas enquisas ao goberno de turno.
Prensa e bipartito.
Por se non é advertido: a mensaxe anterior contén unha secuencia de tres enlaces. E, si, pretende constituír contrapunto. Teñan boa noite.
¿E logo quen falou aquí da conselleira Táboas como para facer un contrapunto?
Descoordinación entre Consellarías provoca esbaldimento de recursos públicos
Un novo exemplo de falta de coordinación entre as consellerías de Medio Rural e de Medio Ambiente está a provocar que ao mesmo tempo dúas administracións empreguen cartos públicos no mesmo lugar (LIC Serra do Careón) con intencións totalmente opostas.
Vieiros, FEG - 00:34 04/06/2008
O LIC Serra do Careón sitúase nos concellos de Melide, Santiso, Toques (A Coruña) e Palas de Rei (Lugo). Este LIC conta co privilexio de ser un dos puntos máis importantes da Península no que se refire á conservación de plantas ameazadas entre elas varias especies únicas no mundo, algunha delas en perigo de extinción, como a Armeria merinoi, a Santolina melidensis ou o Leucanthemum gallaecicum.
Alén deste valor botánico, este LIC conta con diversas especies de fauna consideradas como "vulnerábeis" polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas como a tartaraña cincenta (Circus pygargus), a papuxa montesa (Sylvia undata) e o sapo Discoglossus galganoi. É interesante destacar que estas especies se desenvolven asociadas ás áreas de matogueira ben conservadas, como as que existen na
serra do Careón.
Dacordo coa rareza e a elevada importancia de moitas destas especies, a Consellaría de Medio Ambiente está a financiar, empregando cartos públicos, unha serie de Plans de Conservación destas especies ameazadas, nestes Plans débese analisar o estado das poboacións das especies, as principais ameazas que sofren e as medidas para garantir que estas ameazas desaparezan.
Ao tempo, na zona norte do LIC, en concreto na contorna da aldea de Paradela (concello de Toques), a Consellaría de Medio Rural está a financiar, tamén con cartos públicos, o desbroce e roturado de 8 hectáreas de matogueira onde se atopan especies ameazadas de plantas (Armeria merinoi) e animais (Circus pygargus) para desenvolver plantacións de piñeiros.O grave é que este feito non é isolado, senón que na zona sur do mesmo LIC, na área de Barazón (concello de Santiso), desde hai case dous anos a FEG ven denunciando públicamente o feito de que se estean a financiar plantacións de piñeiros e eucaliptos sobre hábitats prioritarios para a UE onde están presentes especies en perigo de extinción.
Desde a Federación Ecoloxista Galega (FEG) queremos denunciar a existencia de dúas administracións autonómicas que funcionan en paralelo e que están a provocar, a costa do esbaldimento de recursos públicos, danos irreparábeis á biodiversidade, patrimonio común de toda a humanidade.
Aliás, a FEG esixe a depuración das responsabilidades dos cargos públicos que están contribuíndo a esta falta de coordenación e tamén que a Administración galega, en cumprimento da lexislación vixente, aplique tamén CONTRA SÍ MESMA o réxime de sancións previsto no Título III da Lei 9/2001 de Conservación da Natureza.
Na prensa se fala. E o contrapunto é indicar o bo para que non quede só puntualizado o malo.
Xa que o hai, e a propia prensa non adoita -seica- entoar moito mea culpa.
O perigo esta en que sexa certo o que di a sr schilhanek na novela, que por certo recomendo, de Martin Kessel " El fiasco del señor Brecher" Todos unhos pillos. Asi malgastan os cartos dos pobres. Os peores traidores estan entre as propias filas".
Por certo a sensacion que dan os politicos do tripartito co seu comportamento é a de novos ricos que queda deslumbrada polo feitizo do poder e dos cartos.
Gustavo Peaguda
Non sei onde andaba a miña mente porque cando aludo o goberno galego actual falo de tripartito. Desculpade. O goberno é bipartito.
Gustavo Peaguda
Aclaración (sobre a supresión dun comentario anterior): non podo permitir no blog acusacións contra persoas concretas (que ademais non son políticos en exercicio) de actitudes que mesmo rozan o campo do delictivo. Sería cómplice pola miña parte deixar aquí unha acusación grave, sen ningún tipo de proba ó respecto, e ademais formulada de xeito anónimo.
Non todos son chuzos contra o bipartito: hoxe A. Reixa "se despacha" contra hipócritas, mezquinos e cínicos criticadores de mojitos e exhibe loubanzas para elegantes e ponderados. Vexan:
EL PAÍS, 6/6/2008
Moitas veces o que parece máis relevante na información non é o máis sustancial. Verdade obvia á que acudo para comentar os titulares do mundo da cultura en Galicia nas últimas semanas. Volveu a hipócrita polémica polos gastos que supuxo a representación galega na feira do libro de La Habana, esta vez coa mesquindade dunha conta de catrocentos mojitos que figuraban nas facturas da delegación. Ademais da elegante autocrítica e ponderación que exhibiu no Parlamento o director xeral, Luis Bará, para comprometer máis control na previsión de gasto da consellería, cumpriría engadir que en Cuba é hábito socialmente estendido que nas recepcións institucionais se sirva como bebida principal o mojito e parece ben coherente que un evento como o suscitado pola presenza galega merecese un acto con, cando menos, catrocentos convidados. Hai cinismo en negarlle a cultura o diñeiro que semella absolutamente normal na vida social e institucional.
Que todas as críticas á Conselleria de Cultura sexan como esta dos mojitos.
Si, pero ten moitas máis.
Haberá outras críticas, sen dúbida, pero que este asunto mereza un titular de prensa é totalmente ridículo.
Son 1620 euros !!!
Se me avisaran case llos pagaba eu.
E logo se era ridículo por que non pagou cada un o seu?
E non será a cousa máis de "calidade" (ética e estética) ca de "cantidade" (1.620 euros)?
Non deixaria de ter gracia que a Consellería de Cultura despois dunha recepción con intelectuais e artistas na que se lles serviron uns mojitos, puxera un segurata na porta para reclamar a cada un os catro euros correspondentes.
Alguén tería que berrar riba dunha cadeira: " Señoras, señores, esto se paga a escote"
Onde lle ve vostede a gracia? No de, en plan novo rico, charmarlle despectivamente "segurata" a un traballador que ten que currar dous meses para ganar eses 1.620 euros?
Marcho para cama , pero prométolle profundar nas súas preguntas antes de durmir.
Espero que non me fagan perder o sono!!!
A partir de agora, todo o servido nas recepcións oficiais debe ser cuesteado a escote. Vaian botando conta, estimados contertulios, dos albariños, godellos e mencías públicos que levan consumido. Por se se aplica carácter retroactivo.
E non digan que ningún. Por certo, mentres bebían, ¿a ningún se lle ocorreu nunca a idea de convidar á institución (universidade, Xunta, Deputación...)?
E non me digan que nunca beberon nada á conta do Estado.
Non entendo, amigo Saavedra, entón, por que o elegante e ponderado (sic) asegurou maior control na contabilidade. Se é un convite, pois arrostra con el ata o final. Se di iso, é porque a el tamén lle parece excesivo (por empregarmos un termo suavesito).
E, por suposto, a escote, non. Que hai algún que bebe por dez.
Non sei o que dixo Bará. Ora que unha cousa é coidar o que se gasta e outra soster que non se debe gastar nada; non sei se estamos xustamente nese punto. Canto ao outro: coma en Ribadeo, logo; como antigo lugués, ben saberá o aforismo.
Eu só digo que se fóra o amigo Manolo ás cubas e trouxeran semellante factura... E non digo máis.
Arume... por favor. 1.626 euros... Abúrreme moitísimo a desmesurada polémica cubana. Pero o dos mojitos xa parece sobrepasar mesmo o sentido da contención. Mojitos en Cuba, catrocentos servidos nun evento internacional. En fin, o que non di máis son eu.
Mentres se fale a esgalla de mojitos e bandeiras non nos enteiramos do que está a pasar coas manobras dos axentes electrais do PSdG en América. Dixeron que ían cambiar a lei electoral... si, si.
A papeleta dos emigrantes tiña que ser "papeleta de voz", non "papeleta de voto".
Que vaian inventando a "papeleta de voz",e o xeito de computala, eu que sei coma unha especie de "voto de calidade",en casos de empate técnico ou cousa así.
E, desde logo, en urna, anque sexa "de voz".
Gustoume a súa intervención última, amigo Saavedra. Así me gusta.
O da axente electoral (un emprego que eu descoñecía ata hai pouco, pero que parece fructífero) é incomprensible. Pero como vexo que aquí se comprende todo, vou empezar por calar. Que estou máis guapo.
Arume, con franqueza, eu é que estou para non entender case nada. E o primeiro, o estaribel crítico montado arredor da viaxe a Cuba: empezou coma un enredo sobre quen debía e non debía ir, no que inequivocamente -a carón doutras motivacións mellores- se apreciaban elementos de enfado persoal ou celos; seguiu durante o evento propiamente dito; remata agora (é un falar) coas preguntas e insinuacións do PP, das que seica forma parte eximia o asunto dos mojitos.
Pero digo eu... Era mellor que fose champagne? Son moita cousa catrocentos mojitos servidos nunha recepción grande? É moito carto mil seiscentos e pico euros en tal contexto?
Non entendo absolutamente nada. Do PP, si; doutros críticos, tamén; de alguén coma vde., Arume, nada, pero nada en absoluto. Ou non quero entender, se cadra.
Pois iso: que estou máis guapo.
Publicar un comentario