12 jun 2008

Cadro branco // Cadro mouro

Quintana contrapón os 407 coidadores de dependentes en Galicia ós cero de Madrid (Galicia Hoxe 12 xuño)

PP e PSOE rexeitan considerar o galego como idioma oficial preferente (Faro Vigo 12 xuño)

Un acto deportivo, patrocinado pola Deputación e a concellería de Deportes, rexida polo BNG, devolve ó Paseo os seus nomes franquistas (José Antonio, Calvo Sotelo, etc.), en La Región 12 xuño

33 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois no cartel dí que patrocina a deputación de Ourense !!

Anónimo dijo...

A mín paréceme que foi simplemente un erro. Que algo di verbo da competencia de quen o comete,pero un erro chafalleiro sin máis. O que me fai pensar é qué dirían eles si ese mesmo erro o tivera cometido o PP.

Anónimo dijo...

Hai un erro no titular dos nomes franquistas nun cartaz , supoño que involuntario, non patrocina o BNG, patrocina un departamento do Concello xestionado por un concelleiro do BNG, e supoño que o encargado de revisar os carteis será un funcionario, ou ¿é competencia do Concelleiro mirar cada cartaz das actividades onde participe o Concello? Coido que o funcionario merece un bó rapapolvos, ao mellor ata é do PP, jajaja.

Anónimo dijo...

O que me pasma é ese Club Ciclista Ourensano, que foi quen fixo os carteis e puxo tales nomes, ¿non son de Ourense? hai anos que ninguén usa eses nomes que puxeron, ¡xa hai que ser facha para resucitalos!

Anónimo dijo...

Non me gusta moito a idea de idioma preferente, por cen mil motivos, pero as políticas lingüisticas de PSOE e do PP respeto ao galego son tan vergonzosas que ata obrigan ao BNG a intentar presións forzadas.

Anónimo dijo...

Solicito ao Sr Valcarcel que corrixa o titular, engadindo o patrocinio da Deputación e outros... e sustituindo o de BNG polo que considere axeitado.

Anónimo dijo...

A Región está xa en campaña.

Marcos Valcárcel López dijo...

Corrixo o titular segundo se me pediu, para que sexa máis exacto. Aínda que todo o mundo entendeu que se trataba dunha concellería do BNG e non do BNG como organización.
E eu penso que o concelleiro do ramo ten que revisar os carteis das actuacións que patrocina: non pode quedar á sorte do que faga un funcionario. Por cousas moito máis nimias os concelleiros poden xenerar unha xigantesca treboada...

Anónimo dijo...

Entendo que se refire a concelleiro de deportes e diputado provincial responsable de deportes. Ou só ao primeiro?

Marcos Valcárcel López dijo...

Obviamente é o concelleiro de deportes o que pertence ó BNG.
O deputado de deportes será do PPG que é o que goberna nesa casa, non?

Anónimo dijo...

¿Cales son exactamente as funcións dun concelleiro de deportes?

Anónimo dijo...

E aínda por riba escriben "URBÁN"...
Viva a Normalización Lingüística do Concello de Ourense.

QUE PENA...

Anónimo dijo...

Pois a dirección política, se tal, que faga por controlar os erros funcionariais; de aquí en diante polo menos.

Idioma preferente, quéirase ou non, ha de haber un. Se a administración non establece que sexa un, a rutina manterá o outro. Non digo máis de momento, pero a filosofía lingüística respectiva empeza a facerse patente: e de aí, obviamente, vén e virá a política lingüística.

Teñan bo debate e mellor noite.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu creo que desde o punto de vista da administración (polo menos na escrita) o idioma exclusivo é o galego. Alomenos en todas as institucións coas que eu teño relación. Cal ten que ser, en concreto, o espazo preferente?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

1. O galego é a lingua propia da Universidade de Vigo e, polo tanto, é a lingua de uso normal nas súas
actividades. O galego, como lingua propia, é a lingua oficial da universidade, como tamén o é o
castelán, oficial en todo o Estado.
2. A Universidade de Vigo promoverá, de acordo coas súas competencias, liñas de actuación que
contribúan ao uso pleno da lingua galega en todas as súas actividades docentes, investigadoras,
administrativas e de servizos.
Estes son os artigos dunha instittución coma a Uvigo en relación co galego. Non pon preferente, pero no seu momento foron aprobados polos grupos nacionalistas da universidade. Non está ben?

Anónimo dijo...

Eu entendo que falar de língua preferente é establecer formalmente unha xerarquía. Con iso eu estaría dacordo.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Este asunto ten acomodo nun lugar esencial, que durante máis dun ano quedou no esquecemento máis absoluto: na reforma do estatuto.

Anónimo dijo...

Dependendo de quen corte o bacallao tras as próximas elecións, temos varias modalidades de estatugo, poñendo metáforas escritas en cafeterías: estatitp "clarito" (o do PP, moi rebaixado), "cortado" (o do PSOE, máis ou menos escurecido polo que mandenen Madrid) e "solo" (o do BNG). Este último, como o seu propio ome indica, aínda que moi concentrado e sustancioso, ten poucas posibilidades de triunfar sen os outros dous.

Anónimo dijo...

¿Que maioría cualificada fai falla no Parlamento galego para aprobar a reforma do Estatuto?

Anónimo dijo...

ARTIGO 56 do actual Estatuto:

b) A proposta de reforma requirirá, en todo caso, a aprobación do Parlamento Galego por maioría de dous tercios, a aprobación das Cortes Xerais mediante lei orgánica e, finalmente, o referendo positivo dos electores.

Anónimo dijo...

¿Onde quere que lle manden o premio?

Anónimo dijo...

As entradas para ver o Dylan e o cartaz anunciador, no que figura a Tenencia de Alcaldía de Vigo así coma a Concellería de Cultura, están en español.
No te lo pierdas.

Anónimo dijo...

E que Dylan é un chico de OT...

Vai ver a Dylan? Pero home, non ve que toca de costas ao público e ademais xa non interpreta os clásicos...

Anónimo dijo...

¿Ten algún significado que Santiago Domínguez e Xesús López (ambos do BNG) avalen o uso monolingüe do castelán nas entradas e no cartaz dun espectáculo que se celebra en Vigo?
¿Quere isto dicir que están contra o bilingüismo e a prol do monolingüismo... pero en castelán?

Anónimo dijo...

Como titular da noticia dos nomes franquistas queda mellor "trasnochado club ciclista orensano resucita a generales, coroneles y otros carguillos del regimen"

Anónimo dijo...

O da ineptitude de quens agora están a malgobernalo Concello de Ourense non é novo. Eu non sei se se decataran, cando ainda estaban na oposición, de temas coma o da exposición ó público do PXOM fraudulenta, denunciada por particulares e a quens os membros daquela da oposición no Concello ningunearon, por por un exemplo. Agora vagan a disposición de calquer funcionario, extrañados do que pasa, porque nunca pasaran por alí, sen criterio, e o que é pior, sen-o menor síntoma de vergoña, xusto o contrario do que nos pasa ós que depositamos ilusión néles, que non falamos tan sequer pola vergoña allea que nos producen. Pero parece que todo depende dos análises déste blog, e entón xa estamos moito máis tranquilos, porque sesudos sí que son, nen eu os entendo, por eso teñen que ser bos.

Anónimo dijo...

Para o señor Pepe Preguntas:
Cal vén sendo, cando aplaudimos, o son que produce unha soa man?

Saúdos.-

Anónimo dijo...

Probe a dar golpes cos dedos contra a palma da mau, con forza...

Anónimo dijo...

¿Non sabe que eu sempre pregunto e que nunca respondo?

Anónimo dijo...

Pepe, anímese a responder, ho.
Preguntas xa nolas facemos todas as mañás (verbigratia, "que carallo fago aquí?", entre outras menos trascendentes). O que necesitamos son respostas.

Anónimo dijo...

¿Non sabe que eu non teño vocación de oráculo?

Anónimo dijo...

Un sobresoldo anual de 15,000 euros. O soldo anual de moitos mileuristas galegos.

Que di o BNG sobre esta falcatruada dunha consellería do PSOE?


http://www.vieiros.com/nova/67149/o-plus-de-altos-cargos-xa-lle-chega-cada-mes-a-nomina-de-121-funcionarios
O plus de altos cargos xa lle chega cada mes á nómina de 121 funcionarios

Os traballadores públicos que estivesen durante máis de dous anos en postos de responsabilidade política teñen dereito a percibir complementos anuais de 15 mil euros.

Dende que entrou en vigor a Lei de Función Pública de Galiza, 121 funcionarios xa se acolleron ao denominado plus de altos cargos. A chamada disposición adicional 17 permítelle cobrar un sobresoldo anual de 15.006 euros (coa última actualización de 2008) a todos aqueles funcionarios da Xunta que “desempeñen ou tivesen desempeñado durante máis de dous anos continuados ou tres con interrupción postos de traballo como director xeral ou superior, director xerente de órganos ou entidades públicas(...)”. A este beneficio tamén se poden acoller os alcaldes e parlamentarios que sexan funcionarios dependentes de San Caetano.

Dende a Consellaría de Presidencia sinalan que a polémica disposición 17 da Lei de Función Pública só lle está a custar a administración, polo de agora, 487 mil euros ao ano. Este departamento explica que a gran maioría das 121 persoas que solicitaron o plus de altos cargos xa tiñan consolidado o nivel 30 (o máximo complemento de destino da Xunta), que lles dá dereito a 11.946 euros brutos. Este beneficio para altos cargos aplícase dende 1998. A maiores, grazas á disposición 17 aprobada o ano pasado, os funcionarios perciben outros 3.060 euros anuais.

Coa reforma da Lei de Función Pública, o Goberno quería introducir unha regulación análoga á que existe dende 1991 na administración española. Cos cambios propostos polo bipartito os altos cargos galegos acadan os mesmos complementos de destinos (15.006 euros) ca os directores xerais do Estado, que nesta administración teñen un nivel de complemento 33 (coñecido ironicamente polo funcionariado como “súper-trinta”). Como en Galiza o nivel máximo dos funcionarios é 30, o Goberno precisaba introducir esta disposición para homologar retributivamente os altos cargos cos españois.

A CIG leva recollidas máis de 20 mil sinaturas en contra dos pluses

Dende hai meses a Confederación Intersindical Galega leva a cabo unha recollida de sinaturas para que o Goberno derogue os pluses. O sindicato nacionalista ten xa recollidas máis de 20 mil sinaturas que presentará para en forma de Iniciativa Lexislativa-Popular para forzar a que o Parlamento volva discutir a disposición 17.

Dende a CIG consideran que os pluses son pouco democráticos porque crean “unha profunda fenda entre o funcionariado de carreira e o resto de cidadáns que, non sendo funcionarios públicos, desempeñaron ou van desempeñar nalgún momento das súas vidas cargos públicos ou de representación política”. Ademais desta discriminación, o sindicato cre que o Parlamento obviou ao aprobar os sobresoldos “a realidade dun país en que os salarios da maioría dos traballadores se sitúan por baixo da cantidade prevista para un director xeral só en concepto de complemento de destino”.

Mais as críticas non só viñeron dende a CIG, un dos exemplos máis concretos foi o da directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero. A política nacionalista publicou en Vieiros un artigo moi crítico coa medida aprobada unanimemente do Parlamento.

Unha pataca quente ao remate da lexislatura

O Parlamento terá que tratar este outono a proposta de derrogación do plus de altos cargos. A iniciativa, que foi aprobada no seu momento polas tres forzas da Cámara, provocou posteriormente diferenzas entre os partidos. Logo das críticas, tamén internas, en setembro do ano pasado o BNG recoñecía que aprobar a disposición 17 fora un erro e mostrábase aberto a unha posíbel derrogación. PSdeG e PPdeG pedíronlle responsabilidade e coherencia aos nacionalistas e opuxéronse publicamente aos cambios.

Anónimo dijo...

¿Non é iso froito dun acordo unitario no Parlamento galego polos tres grupos PP-PSOE-BNG? ¿A falcatruada non é dos tres?