22 jun 2008










Cen anos de historia cultural
Documentación e remate
(Remato hoxe a serie Cen Anos... cun total de 111 entregas. Dediquei o último artigo a sinalar a documentación utilizada e dar as grazas a persoas que colaboraron nela, incluídos algúns contertulios deste blog. Imaxes de Castelao, Luís Seoane e Laxeiro)

A serie Cen Anos de Historia Cultural comezou en xaneiro do ano 2006, ano en que se celebrou tamén o centenario do nacemento da Real Academia Galega, e remata hoxe.
Dende aquela ata hoxe publicáronse neste xornal un total de 111 entregas, todos os domingos (agás nos meses de agosto). En cada unha delas calculo que figuran unha media de 120 datos culturais, o que fai para toda a serie un conxunto total de arredor dos 1300 datos de carácter cultural para todo o período. Pretendíase rescatar dalgún xeito o xénero das Efemérides, neste caso culturais, que tanto éxito tivo entre finais do XIX e mediados do XX na obra de autores como Arturo Vázquez Núñez ou Alberto Vilanova, entre outros.
Queda só indicar algunhas das fontes documentais utilizadas e sinalar algúns agradecementos. Citarei en primeiro lugar a serie de Xosé Mª Monterroso Devesa para o período 1882-1982, titulada ‘Historia de cen anos’ e publicada en varios números conmemorativos do Centenario do xornal La Voz de Galicia ó longo de 1982.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Agora, Señor Valcárcel, pode facer vostede un bo libro con todas estas afortunadas achegas da nosa historia cultural. Penso que había ser beneficioso para determinados estudos e investigacións, non cre?

Marcos Valcárcel López dijo...

Moitas grazas, muller fosforescente. Niso andamos e hai editoriais interesadas. Tería que corrixir algunhas cousas e ampliar outras, pero farémolo con tempo.

X dijo...

Esta serie súa é unha xoia textual e gráfica, felicítoo por facela e por ter a boa idea de ir colgándoa no seu blog, moitísimos parabéns.