Galicia vs. Galiza
Contundente o artigo de onte de Ferrín no Faro: velaí en PDF, "Denominación da Patria".
E un saúdo cordial para Luís González Tosar (Galicia, ovación, Ferrín) : agardemos que se repoña dos seus achaques dos últimos tempos.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
11 comentarios:
Celebro a erudición ferriniá e discrepo da súa interpretación normativo-institucional. Hai, obviamente, outros puntos de vista; e para que comparezan dalgún modo, eis enlace a un, sen tatexos de ningún tipo.
Un saúdo e boa noite. Pode que pare máis dentro dun par de días.
Que lles pareceu a nova de hoxe de LVG sobre o Gaiás. Ese parangón entre asesores, en que categoría do xornalismo entra? E miren que son eu ben crítico co Gaiás, pero hailles moita mala baba nesa crónica.
Non está en Internet a relación.
Pois agora, que faga o Ferrín o artigo " Grazas versus Gracias" . Se a z se lee "ds" (parecido ó alemán que se lee "ts") entón "grazas" dise "gradsas".
Unha explicación do "grazas", por caridade!. O de que se parece ao portugués "graça" non sei se é moi convincente, pois "ser engraçado" ou "cheio de graça" sei se ten moito que ver con "dar as graças".
Medelaaaaa! Ferrínnn!!! Saavedra!! etccc!!!
Pois agora, que faga o Ferrín o artigo " Grazas versus Gracias" . Se a z se lee "ds" (parecido ó alemán que se lee "ts") entón "grazas" dise "gradsas".
Unha explicación do "grazas", por caridade!. O de que se parece ao portugués "graça" non sei se é moi convincente, pois "ser engraçado" ou "cheio de graça" sei se ten moito que ver con "dar as graças".
Medelaaaaa! Ferrínnn!!! Saavedra!! etccc!!!
Graças a Da Coba, coñecemos os hábitos alimenticios dos paxariños pola feitura do seu bico.
E grazas por me poñer na altura de Ferrín e Saavedra. Tomara eu...
jajajajajajajajajaja
Mon Dieu!!!!!!!!
Hoxe non durmo.-
P.D.: 'Gracias' é un préstamo do castellano. A evolución da palabra latina 'gratia' termina no galego 'graza(s)'.
Está ben, está ben, sei que non fica convicto, mais hoxe non lle estou Petete.
Saúdooooooooooooooooooooooos!!!
Ah, en português, sobre todo para norte do Douro, pódese empregar perfectamente "graças" como sinónimo do standart "obrigado", aínda que é considerado xa case un arcaísmo.
De todo o modo, non sei porque custa tanto ao persoal dicir "grazas" e non custa nada en absoluto dicir:
"Pues va a ser que no"
"Guay"
"Que passa, tío"
"Movida"
"Pasada"
"No es de recibo"
"Me mola mogollón"
"Oye tío"
etc etc etc etc etc etc etc
Voume ao rosario ortodoxo...
Medela, faltoulle no etc "papi eres un friqui -friki-
I é correuto decir, "DÓUCHE as grazas", ou é expresión tomada do castelán?
Se quere respostar, claro. Que normalmente a xente que ensina,cobra...
(Aparte, Medela, mándanlle saúdos o Carriega e a Luisa. Veño de saludalos , que van a unha charla de fútbol , imaxino que sobre o partido de onte).
Eu non ensino nada............................................. TODO ESTÁ NO LIBRO GORDO DE PETETE: Agracecer, dar as grazas... Graças é a forma xenuinamente galega do préstamo castellano 'gracias'.
Presente os meus cumprimentos a Luisa e Luis Carriega.
Ouviu, caro Da Coba, a próxima dúbida, aquí:
PETETE E MÁIS A BONITA SECRETARIA
Publicar un comentario