22 jun 2008

A MIRADA RETIDA
O HOSPITAL MODELO.

No seu libro “Locura, medicina y sociedad: Ourense, 1875-1975” (Xunta, 2005) David Simón achega datos moi valiosos sobre a historia da sanidade na sociedade ourensá. Por exemplo, do antigo Hospital de San Roque, que estivo na Alameda (no mesmo lugar onde hoxe asenta Correos), ou do das Mercedes, cando a medicina non tiña cura para moitos males: xa saben o que facían cos tolos daquela. Pero a modernidade chegou tamén neste campo, en tempos da Ditadura de Primo de Rivera: velaí o chamado Hospital Modelo, construído a finais dos anos 20 segundo proxecto de Joaquín Rogi. Constaba de dez pavillóns modernos de cantería, en medio dun gran parque (a zona estivo despoboada ata finais dos 60). A Vicente Risco non lle debeu gustar, pois di que a obra segue o “mal gusto acostumbrado en las construcciones modernas”. Na súa contorna celebráronse banquetes de homenaxe a varios escritores galegos. Co tempo pasou de espazo para curar con medicamentos a albergar as esperanzas dos mozos do Campus universitario.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Nos edificios do antigo hospital apenas hai mozos. Máis ben xente tirando a madura ou a maior, pois nel non hai aulas de uso común para o alumnado, senón sobre todo despachos de profesores ou de departamentos. Os alumnos están, maioritariamente, nos edificios novos próximos, non nos do antigo hospital. Iso si, pasan e pasean por el todos os días.

Anónimo dijo...

El General Primo de Rivero "tomaba las aguas" en el Balneario de Cabreiroá, Verín. Amaba y entendía a Galicia; Dictadura de Primo de Rivera = Época de Prosperidad Económica y Orden Público.