CONVERSA NUN CAFÉ
La Región 23 xuño (M. Valcárcel)
La Región 23 xuño (M. Valcárcel)
Media España estaba pendente do que podía suceder en Valencia, no Congreso do PP, remate dun ciclo convulso na dereita española. Onte mesmo escoitamos esta conversa nun café auriense.
- Que che parece? Ó final parece que o Rajoy saíu vitorioso, elixido con oitenta e catro por cento dos compromisarios.
- Ben, en realidade os congresos gáñanse antes de inauguralos e Rajoy tíñao moi seguro cando ningún dos seus opoñentes foi quen de presentar un candidato alternativo. Outra cousa é que os resultados sexan para bater palmas: despois de todo o que pasou, é imposible restablecer a unidade ideal e xa viches como se despachou, mesmo con saña, Aznar contra o seu delfín. Hai “apoios responsables” que matan.
- Si, pero a lectura que fará todo o mundo, mira o que din xa todos os medios, é que Rajoy gañou a Aznar. E que ademais se liberou da vella garda, dos Aznar, Acebes, Zaplana, Elorriaga, Mayor Oreja, Vidal Quadras, e moitos máis.
- É unha posible lectura, pero todos eses que citas e outros, mesmo María San Gil, agora xa non teñen nada que perder e non creo que queden calados. Esperanza Aguirre non é moi silenciosa, non? E o congreso uniunos no desamparo e non se sabe como van reaccionar. Creo que a crise é xa irreversible, de verdade. Iso non ten arranxo.
- Pero hai caras novas, e femininas, mira esa moza e nova secretaria xeral, María Dolores de Cospedal, supoño que traerán novos modos de facer política. Personaxes como Jiménez Losantos ou Pedro J. Ramírez xa non terán moito que pintar nas axendas do Partido Popular.
- Véxote optimista, pero eu só vexo unha loita polo poder. Pura e dura. A renovación dos mandos co reclamo da viaxe cara o centro: tamén Aznar xogou a iso no seu día e ata pactou cos nacionalistas. E logo, xa ves. Porque no programa non hai cambios, non? Eu vexo que segue o de sempre: contra o matrimonio homosexual, contra a materia de Educación para a Cidadanía, etc. Mesmo o alcalde de Madrid, o vitorioso Gallardón, é un home de dereita pura, fóra as formas.
- Ben, haberá que darlle tempo ó tempo. Os cambios nunca poden ser radicais e menos nun partido de dereitas. Ó cabo todos os congresos fanse para ventilar as loitas de poder: despois os que gañan son os que deciden a andaina e evolución política do partido, día a día. Tamén ós “populares” galegos, que apostaron ó cabalo gañador, haberá que darlles tempo. Mira este xornal o que pon: “Acento gallego en Valencia”. Aquí di que os compromisarios galegos levaron varias emendas de corte galeguista e autonomista.
- Si, home si. Pois vaia autonomistas. Con Núñez Feijóo e Corina Porro pedindo a “Libertad Lingüística” e manifestándose ó carón dos que lle queren darlle a estocada letal ó galego. Que non estamos no século XIX. Que non hai galeguismo posible co desprezo do galego. Se se chaman rexionalistas, vale. Pero que non me veñan con máis contos.
65 comentarios:
Ho adesso queste precisso articolo a tavola dove prendo la mia colazione matutina con grande piacere.Café latte, é vero. Vengono propio de leggere il post Veneziano de Arume dos Piñeiros nel loro blogue. Non sono ancora accordato. Mi scusi . Ho bisogno dun altro café, ancora.
Io non ho paura a la settimana que se avicina.
Pódese entender unha estratexia de pactos políticos cunha dereita galeguista, o que non pode ter senso para un nacionalista é un pacto co PP.
O problema do galeguismo é que presume un contractualismo que os diferentes partidos imposibilitan debido ao aumento do control sobre os seus militantes.
Outro problema é o adormecimento das insticucións galeguistas e o seu baleiramento de contidos. Patronatos, editoriais, fundacións adicadas ao protocolo e ao beneficio craso institucional.
"O problema do galeguismo é que presume un contractualismo que os diferentes partidos imposibilitan debido ao aumento do control sobre os seus militantes".
???????????????????????????????
De centro reformista
XAIME DA PENA
Avogado e galeguista.
(Lunes, 23 de junio de 2008)
Falo do Partido Popular. Cando lle escoito dicir a Fraga “de centro reformista”, a verdade é que non-o creo. Se Aznar proclama que non precisan ir o centro, que xa están nel dende antes do 1.996, teño certo reparo en aceitalo.
Pero miren vostedes, cando Alberto Nuñez Feijoó e Xosé Manuel Barreiro, falan de asumir a política de centro e facer do PP da nosa terra unha organización política que asuma os postulados centristas, non teño máis obriga que creérllelo, xa que son dous dirixentes, nados da democracia.
Ainda que ámbolos dous teñen unha eiva evidente xa que foron nás súas orixes cooptados, entre outros, polos seus xefes Romay Beccaría e Cacharro Pardo, hoxe tentan espelirse de calisquer mistura cos outrora líderes da dereita que representaba Alianza Popular.
Unha ollada as propostas, ponencias e emendas presentadas polos citados no Congreso do seu partido en Valencia, adiantannos que poden ir en serio, que efectivamente queren facer da súa organización política en Galicia unha anovadora forza que aglutine dende –perdón polos palabros- a dereita españolista ata o centro galeguista, con claras opcións de disputarlle o PSOE, a maioría e a posición central que ocupa no taboleiro político galego, e a espera de que o BNG, valore no seu xusto precio se o millor socio de goberno é un ou outro.
Afirma T que "o que non pode ter senso para un nacionalista é un pacto co PP". A pregunta inmediata é: ten senso co PSOE?
Ese Xaime da Pena, debe ser un pouco facha.
Nadie mejor que usted para saberlo !!
O que debe ser é un cachondo.
????????????????????????
Contención cos sinais de interrogación.
Unha canción para o irmán Delapierre.
A candela a deus e ao diaño é marca sempre dos partidos. Pode Corina encabezar unha mani de GBs e acto seguido proclamarse galeguista. Diganme: que costa? Basta que os seus votantes a crean. E, créanme a min: isto é doadísimo.
Don Xaime, xa non ten vostede ningunha escusa para incorporarse a esa "anovadora forza" que propugnan Feijóo e Bareiro. E o seu amigo Saavedra, se o BNG recapacita e "valora no seu xusto prezo" quen é o "mellor socio de goberno", tampouco. O novo PP, o seu CRG (centro reformista e galeguista) e o BNG da estrela azul están chamados a entenderse polo ben de Galicia/Galiza. Cun pouco de sorte, Don Marcos tamén apoia tan brillante iniciativa. E quen sabe se eu mesmo tamén me sumo ao carro do futuro.
[Da Coba, Delapierre e Lobeira son tres camándulas nun ximnasio ourensán. Operación “bikini” que, no seu caso, é operación “Curva da infelicidade”]
[O que a monitora do ximnasio di realmente]:
[Cun látego] Arriba, abaixo, arriba, abaixo... Vamos, morea de focas. Fora esas “lorzas”. Adeus cartucheiras. A sufrir, a sufrir, foles sen fondo. A queimar todos os curasáns con manteiga que vos metéstedes todos estes meses...
[O que os tres camándulas cren oír]:
Muy bien, chicas y chicos. Y ahora unos ejercicios de estiramiento que nos van a venir muy bien a todos y todas para esos quilitos que, por un descuido, se nos han ido acumulando en las caderas y en la tripita durante todos estos meses en los que no habéis pagado la cuota del “ginásio”.
A outra media españa (digamos uns cantos máis) estaba vendo o partido e preocupada por ver se Rossia o xoves destroza o mito Aragonés (ese árbitro da elegancia).
Eloxio e loanza do ‘saber estar’ aquí
19.06.2008 Poida que España nos deixara sen palabras, de tanto como historicamente nos ten feito calar
FRAN P. LORENZO
Era unha sospeita sen confirmar e por iso acudín ao dicionario. Aínda gusto dese aceno un pouco demodé de coller entre as mans un groso volume enciclopédico e rebuscar unha definición, un sinónimo... Gualdo ou gualda non son verba galega. Amarelo si, como o sindicato maioritario de Citroën, como a bandeira do Vaticano, ou como a cor talismán de Gucci. Amarelo. É curioso que nós, cidadáns deste país ao que, coa venia da RAG, chamarei Galiza/Galicia, non teñamos no noso amplo vocabulario a palabra que distingue a bandeira do Estado que nos representa internacionalmente e que nos outorga un documento de identidade: España. Poida que España nos deixara sen palabras, de tanto como historicamente nos ten feito calar. Pero o certo é que case ninguén, quitado o movemento independentista galego, ousa cuestionar hoxe o vencello desta nación nosa co acrisolado solar ibérico. Máis aínda. O silencio autonomista deveu nunha situación na que a defensa dos dereitos e reivindicacións históricas deste país acada a categoría de extravagancia cando non de radicalismo intolerábel.
A moderación, esta si radical, do discurso nacionalista nas teses que o identificaban e a presión desmadrada das capas máis reaccionarias da sociedade, coa Igrexa e os medios de comunicación á fronte, contribuíron a un estado de cousas no que, non xa a disensión senón a defensa e exercicio equilibrado de certos direitos, os direitos lingüísticos entre eles, conducen ao ostracismo cando non á clandestinidade. Noutras palabras, a expresión normal, e deploro este cualificativo, do que somos ou arelamos ser está proscrita, mediatizada, sepultada... Falar galego en Galiza/Galicia, non digo xa educar unha crianza nese idioma, é o máis parecido a unha carreira de obstáculos, unha batalla contra todo, por moito que Galicia Bilingüe asegure que a tortilla se fai sen ovo e que os nenos castelán-falantes levan unha estrela de David colgada no mandilón da escola. Non.
Xa o dixo o párroco de Vedra, ese córvido iletrado, portador dun virus do autoodio que abrollou no represivo cortello franquista e nos pútridos confesionarios do pasado: "el gallego es una gran incomodidad que hay que soportar". En parte leva razón. Falar galego hoxe, atreveríame a dicir que ser galego con conciencia de selo, esixe adoptar unha dialéctica moi concreta, que é a do confrontamento, e dedicarlle unha enerxía extra ao mero feito de ser que moi poucos, con razón, están dispostos a dedicarlle. Unha penitencia coma outra calquera.
A belixerancia crecente de moitos sectores sociais, amparados na estratexia política do Partido Popular, a inhibición da Administración galega en asuntos fundamentais para o futuro, a falla de vontade política na defensa do que nos pertence como pobo, sen esencialismos nin proclamas desfasadas, fan que esa esixencia da que falo sexa cada vez maior, que o cansazo vaia enchoupando o pano da nación cal mancha de tinta e que fique nas mans do voluntarismo unha tarefa, como é a de existir, que non debería resultar tan gravosa nin tan complexa, nin sequera patrimonio duns poucos.
Como non quero cargar de drama nin de divagacións ontolóxicas este texto só quero propor unha mudanza. Que substituamos ese ser, que tanta problemática comporta, por un verbo irmán, estar, o saber estar. Se cadra é o único que lles podemos esixir a individuos e colectivos: saber estar, un protocolo moral que nos protexa de curas, represores e políticos desleigados. Que cada quen for o que for, pero que todos, saiban estar. Non parece moito, mesmo para alguén será unha cesión, pero sinceramente eu, aquí, neste país meu, xa non aspiro a máis.
http://www.elcorreogallego.es/indexServicios.php?idMenu=547&idSubmenu=370&idNoticia=314559
Sergi Pamiès
Una, grande y estresada. La Vanguardia, 23/6/2008
El tenso partido España-Italia ha vuelto a situarnos ante una variada paleta de reacciones. No es lo mismo seguir a la selección desde Madrid que desde Catalunya. En primer lugar, porque parte de la población catalana no se considera española y, coherentemente, reacciona ante los partidos de España con una incandescente indiferencia o un deseo feroz de que pierda. Luego están los que no se atreven a manifestar explícitamente su apoyo a la selección pero se mueren de ganas de hacerlo, sobre todo cuando la cosa se pone emocionante como ayer. Han desarrollado una metodología bastante sofisticada de atención: el seguimiento de reojo y por lo bajines. Parece que no se fijan cuando, en realidad, están pendientes, por el rabillo del ojo, de cualquier circunstancia relacionada con Luis y sus pupilos (si uno se fija, descubrirá un discreto auricular en sus orejas, con el que se conectan a los relatos vocingleros y patriofílicos de distintas emisoras).
La fauna futbolera de estos días presenta una gran variedad de especies. Están los que, declarándose cien por cien catalanes, expresan abiertamente (y con la misma legitimidad) su interés por la española, dándole la razón a Machín cuando cantaba que se pueden querer dos mujeres a la vez y no estar loco. A esta compatibilidad, en el caso de los culés, se le suele sumar la argucia de que, como juegan Iniesta, Xavi y Puyol, hay una cuota de barcelonismo suficiente para no tener que justificarse (lo cual les obliga a cabrearse cuando Aragonés decide sustituir a Xavi e Iniesta).
Luego están los que, viviendo en Catalunya, nunca se han sentido catalanes y aprovechan la oportunidad de este repentino fervor para enfatizarlo y, mediante petardos y otras primarias formas de expresión, restregar su pasión en las narices de sus impotentes o desconcertados vecinos. Por último, están los que, hartos de disputas identitarias, se sitúan en un pedestal de superioridad intelectual y pretenden que a ellos les interesa el fútbol y nada más y que si siguen los partidos se debe sólo a su pasión irracional por este deporte (a veces, bajo esta elegante piel de ilustrada ecuanimidad, late el alma de Manolo el del Bombo).
La variada realidad, pues, desmiente la imprecisa uniformidad que se nos vende y que, a base de exagerar, disuade en lugar de seducir, ya que no todo el mundo se siente cómodo llamando mamón al árbitro o enarbolando la silueta de un toro polisémico como único estandarte sentimental. Puede que en otros países se viva este fenómeno de un modo más simple y que se pueda distinguir abiertamente entre la identificación por los clubs y el apoyo, razonablemente transversal, a las selecciones. En Catalunya, en cambio, existe una creciente (y a veces inducida) complejidad reactiva que ya se manifiesta cuando juega la anómala selección catalana y que se dispara cuando España participa en una gran competición continental o intercontinental. Si, además, ocurre que el equipo gana jugando bien, las contradicciones se agravan, ya que a todas las especies anteriores hay que sumarle el grupo de los tránsfugas que, a rebufo del éxito, intentan subirse al carro de la euforia. Y es que una de las consecuencias más escandalosas del éxito es el oportunismo que genera.
Ayer, en cambio, el empate contribuyó a contagiar un estrés colectivo que ya se está convirtiendo en patológico. La maldición de los cuartos se convirtió en una final o, peor aún, en la última batalla de la madre de todas las guerras, con prórroga incluida. Dejando a un lado las interpretaciones políticas (a favor o en contra), se impuso la incógnita del resultado como único estímulo narrativo. Al final, la discutible justicia de los penaltis impuso su ley: resultó que, con la ayuda de Casillas, el lanzamiento decisivo lo transformó el catalán Cesc Fàbregas.
para o ANÓNIMO DAS 03:44;
POR MIN, POLO XERAL FALO EU MESMO. Polo tanto a súa consideración ("Don Marcos tamén apoia tan brillante iniciativa") ou é brincadeira ou é gratuíta.
Parabéns á seleción roghiguarra coa que tantos e tantas, membros e membras, nos identificamos. Despois de todos estes anos de meigallo, xa eran horas de que se fixese xustiza. "Lo cortés no quita lo valiente".
E agora, unha reflexsón sobre a nosa seleczón:
http://www.javierortiz.net/jor/apuntes/nacionalismos
Me tocó ayer participar en una tertulia organizada por un canal de televisión digital terrestre con sede en Madrid. Tuve ocasión de lucir alguna de mis muchas lagunas de información. Por ejemplo: dije no saber si Iñigo Urkullu sabe euskera, cuando –según pude comprobar en internet en cuanto regresé a casa– lo cierto es que no sólo conoce la lengua vasca, sino que incluso ha impartido clases en ella. (¿De dónde me saqué esa duda? A saber. Parece que voy teniendo problemas de archivo en mi disco duro mental.)
El caso es que uno de mis compañeros de tertulia, veterano periodista afincado en Madrid, aprovechó uno de los momentos de la parte de la charla que dedicamos a hablar del anuncio de abandono de la política de Josu Jon Imaz para afirmar que «todos los partidos nacionalistas tienen algo de nazis». A lo que le repliqué preguntándole si se estaba refiriendo a los partidos nacionalistas españoles, tales como el PSOE y el PP. A la vista de su estupor, llegué a la conclusión de que ni siquiera entendía de qué le estaba hablando.
Unos cuantos minutos después, habiendo cambiado de tercio y entrado a comentar los líos de la Formula 1, el mencionado contertulio –que no identifico, porque a los efectos de este Apunte podría ser él o cualquier otro– afirmó que en realidad no estaba demasiado interesado en las carreras de coches, pero que le gustaba ver ganar a Fernando Alonso. Aclaró en seguida que su satisfacción provenía del hecho de que Alonso es español.
Tomé esa confesión como muestra del funcionamiento multiusos del nacionalismo español, aplicado en ese caso al deporte. Los nacionalistas españoles se hacen forofos de tal o cual modalidad deportiva o la desdeñan según tengan o no compatriotas que triunfan en ella. Se entusiasman con la Fórmula 1 cuando vence Alonso, y con el tenis cuando Nadal gana a Federer, y con el golf cuando surge un Ballesteros, y con el ciclismo cuando aparece un Indurain, pero, así que no hay nadie de su aldea que compita por la victoria, se desinteresan por completo del asunto, como está evidenciando la actual Vuelta Ciclista a España, que deambula sin pena ni gloria por culpa de la carencia de héroes locales.
Para mí que esa reflexión tampoco encontró demasiada acogida. Y es que una de las características fijas de los nacionalistas de Estado es que no se ven a sí mismos como defensores de una ideología concreta. Dan por hecho que lo suyo es de cajón, que está inscrito en el orden natural de las cosas, que responde a la lógica más elemental. Ellos no son ni particularistas, ni exclusivistas, ni provincianos. Ésa es una lacra que sólo persigue a los nacionalistas regionales.
A nada que te descuides, se proclaman ciudadanos del mundo y presumen de despreciar las fronteras.
Ou sexa, Don Marcos, que se non entendín eu mal vostede está disposto a apoiar un tripartito de todo o galeguismo xunto, formado por PPG/CRG/BNG. Brincadeiras fóra, é así ou non é así?
"Que non hai galeguismo posible co desprezo do galego".
Quédome con esa frase do artigo de Valcarcel. O galeguismo do PP é unha filfa.
A)Está claro que o penúltimo anónimo entende o que quere. O que lee débese mixturarse cunha voceciña que oe na súa cabeza.
B)
Desprecio e indiferencia é o mesmo?.
Desprecio e odio é o mesmo?.
Indiferencia e odio é o mesmo?.
Benquerido XDC.
Oxalá sexa só indiferenza.
Admito ademais, é unha realidade obxectiva, que moitos militantes do PPG se senten galegos, algúns galeguistas (cantos, en porcentaxe?)e que algúns, ademais de falar en galego, queren defendelo.
Pero certas actitudes dos seus líderes hoxe van máis aló da indiferenza e raian co territorio desprezo: quizais por oportunismo, sen máis. Haberá que agardar por outro tipo de oportunismo que lles leve a presumir do galego, como nos tempos de Fdez. ALbor?
Xosé Luis Barreiro
a torre vixía :
Vino nuevo en odres viejos
Fecha de publicación:
Lunes 23 de junio de 2008
El dicho que da título a este artículo ya existía hace dos milenios, y quedó registrado para la posteridad en boca del mismo Jesucristo: «Si se cambia el vino, pero se mantienen los odres, siempre se beberá vino viejo». Y eso es lo que le va a pasar al PP con todos sus militantes, que, convertidos ahora a un laicismo acomplejado, de corte zapateril, se olvidaron de leer la Biblia antes de empezar el largo camino que los va a llevar desde el 16.º Congreso de Valencia hasta las auras vacuas, que es una forma fina y caritativa de decir ninguna parte.
La prensa de Madrid -que se califica a sí misma de «nacional»- está encandilada con este Mariano Rajoy que acaba de enterrar el aznarismo. Pero aquí en la periferia -que en Madrid se conoce por «provincias»- tenemos muy claro que al aznarismo lo enterró el pueblo, contra todo pronóstico, el 14-M del 2004, aunque la sepultura estuvo sin lápida y sin RIP hasta el 9-M del 2008, cuando los mismos ciudadanos utilizaron al presidente más ninguneado de la democracia para decir que antes muertos que simplones. Lejos de ser el gran superador del aznarismo, del que apenas queda un bigote con una sonrisa incierta y una nostalgia autoritaria, creo que Rajoy fue el único español que no se enteró de que el viejo PP había sido triturado hasta que le repitieron en la mejilla izquierda la sonora bofetada que ya le habían dado en la derecha. Y por eso considero mucho más probable que Soraya y María Dolores se hagan viejas en los odres del PP que el que los odres rejuvenezcan en contacto con el vino nuevo.
Hablando sin acritud, pero sin chuparse el dedo, es evidente que Rajoy no es el posaznarismo, ni la savia nueva, sino una serodia y extraña supervivencia de aquel viento gélido y huracanado que nos llevó a Irak y a una España de nostalgias imperiales que se materializó en sucesivos enfrentamientos con vascos y catalanes. Y por eso no creo que para renovar el partido sea suficiente con caerse del caballo en el camino de Damasco y dar a entender que donde antes dijo «digo» va ahora a decir «Diego». Lejos de mí la tentación de negarle a nadie la posibilidad de hacer un cambio ético e inteligente. Pero creo que para ese cambio tiene que haber un nuevo discurso que no veo, nuevas alianzas con la sociedad que tampoco se están tejiendo, una capacidad de diálogo que no convierta a España y al terrorismo en martillo de herejes, y una forma de ver y entender la tradición que no sea administrada por Cañizares y Rouco Varela.
El PP de Rajoy luce lustroso, desde ayer, en todos los mercados políticos. Pero todavía son muchos los ciudadanos que le susurran a la oreja lo del burro del gitano: «El que no te conozca que te compre».
O señor Barreiro o primeiro que debe de facer para acadar un mínimo de credibilidade galeguista é escribir en galego, vale xa de paiasadas e ripios egolátras que so mostran o complexo que este señor se quere continuamente tirar da súa identidade, porque a verdade é que non se admite como galego que escribe en galego.
Xa saéu o que lle dí ós outros o que teñen que facer.
Posiblemente ao señor Barreiro lle importe pouco a "credibilidade galeguista" que lle podia atribuir xente coma vostede, que non respeta a libertade persoal de escribir na língua na que estime que pode transmitir máis claramente as súas ideas, que ao fin e ao cabo é o que importa.
Se quere criticar, critique as ideas, e deixe de valoralas en función da lingua na que están escritas. Se lle parece que hai que escribir en galego, fágao vostede, que é dono da súa vida, pero non da dos demáis.
Vou escribir o que vai ser a súa resposta nunha dirección que logo enlazaréi, pra que vexa qué previsible é.
Leo nunha colaboración en LVG:
“Tempos aqueles nos que certos axentes culturais deciden traizoar, así sen comillas e con total rotundidade, o espíritu do asociacionismo para emprender da man do político de turno aventuras empresariais, como Aira Iniciativas Culturais S.L., insultando e ameazando a quen criticamos as súas formas, que non o facer empresa.
Marcharon aqueles tempos, e coma se nada pasara. E algún dos que se aproveitaron do favor institucional, en vez de humildemente calar, continúan dende o anonimato a criticar insultando. Só que agora, en vez de ameazar, difaman. Continúen, que nós cabalgamos”
Escóitase un run-run, e alguns non quixeramos facer caso, de que se a tal empresa ten a sede na rúa da Paz e que agora “cuantifica” proxectos culturáis que fan outros, outros din que a tal empresa xa funcionaba a todo gas en tempos do vello réximen tanto na Xunta coma no Municipio ourensano, e que quen rexía os seus destinos no universal era un coñecido intelectual de prolífica prosa e asombrosa presencia, por prolífica tamén, no periódico local LR, e ainda máis asombroso e poblado tupé. Por favor, se alguén sabe algo déste tema que mo aclare, porque con estas cousas estou nun sinvivir
Mr. Nemesio: vostede oe campás e non se entera nin de que vai a misa. E viva tranquilo, home, non se amargue, que non lle paga a pena. O odio e a envexa poden facer apodrecer ata algunhas cabezas sensatas: teña coidado con certos ruxerruxes que poden vir cargados de velenos.
Nemesio is very clever.
Erbedelo, eu só puña a noticia por se alguén me podía acrarar á quen correspondían as referencias do artigo, porque ó preguntar, déronme duas versións con dous nomes dispares, pero polo que contesta D. Marcos ún déles xa queda eliminado. De todolos xeitos, obrigado.
Nemesio, a que artigo se refire? e en qué data?
Por fin me enteiro para que serven e qué carallo fan as deputacións cos nosos impostos. En concreto, a de Pontevedra (PSOE) vai dar uns cartos nisto:
eurocopa
El España-Rusia, en directo, desde A Praza da Estrela en Vigo
Los aficionados podrán seguir el encuentro de semifinales en una pantalla de 20 metros cuadrados.
La Diputación de Pontevedra instalará sendas pantallas gigantes mañana en las plazas de la Estrella, en Vigo, y de la Ferrería, en Pontevedra, para que los aficionados puedan seguir el partido de la Eurocopa que enfrentará a España y Rusia.
Las pantallas tienen unas dimensiones de 20 metros cuadrados y aseguran una visión del partido "en condiciones óptimas", según aseguró la Diputación de Pontevedra en un comunicado.
El partido de fútbol se iniciará a las 20.45 horas de mañana, pero las pantallas quedarán instaladas desde el mediodía tanto en Vigo como en Pontevedra.
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008062500_11_237129__DEPORTES-directo-desde-Praza-Estrela-Vigo
Para Carqueixa:
Edición local de Ourense da Voz de Galicia do xoves 19 de xuño, paxina L15. O devandito artículo asínao Luis Martinez-Risco Daviña.
Pero non lle dea especial importancia, o asunto xa o acrarou con contundencia D. Marcos
Entón ese Luis Martinez Risco, (pode que ata parente de don Vicente) insinúa que Marcos Valcarcel é un corrupto. Falemos claro.
Non vexo por ningún lado insinuación de corrupto, dí, entendo eu, que cando se critica dende a tribuna unha cousa, hai que ter conta de que non poidan acusar a ún de ter intereses no motivo do que critican, que penso que é o que ocurre no caso do dono déste blog. Por non contar, que presumindo como presume dunha determinada e coherente ideoloxía, para os negocios, a deixe a un lado, preferindo para tales eventos ideoloxías menos pragmáticas.
Nemesio e demais:
Non sei se paga a pena insistir nisto. Polo que saiu nas últimas mensaxes, está claro que están a falar de ruxe-ruxes infundados e que non saben de que vai. P.ex.:
(1)non teño ningunha relación con ningunha empresa da rúa da Paz, supoño que se queren referir a Torga, agás mercar libros de vez ou presentalos cando mo pide alguén, tamén o amigo Xavier Paz.
Máis claro:
(2) Existe hoxe unha empresa cultural (Difusora de Ideas, etc.) coa que non teño nada que ver, fóra de que moitos dos seus integrantes sexan amigos meus.
Si participei nunha empresa cultural, que xa non existe, xunto con outros tres amigos: durou o que durou e fixo o que fixo, sempre baixo as normas da máis estricta legalidade (nada que ver co que se quixo insinuar).
E, para rematar (3):
Saiu aquí un nome, LMR (en adiante I.M.P.) que, el saberá as razóns, dende hai anos dedícase a criticarme por todos os medios e non sempre con artes nobres. DUrante moito tempo estaba farto de encontrarme con amigos doutros lugares de Galicia e escoitar isto: sabes que estiven co I.M.P.(nun congreso ou no que fose) e non fixo outra cousa que atacarte e calumniarte... Conclusión, pedinlle no seu momento explicacións polo seu proceder, coa maior tranquilidade, e seica despois andaba a dicir que eu o amezara... En fin, xa chega, todo isto é demasiado sombrío e mediocre. Decidín retirarlle o saúdo e pasar del: a vida é moi breve para perdela nestas chorradas. Polo visto, cando non ten que facer, volve coas súas teimas...
Qué hai de certo en que exerce unha grande influenza nas decisiós da concelleira de cultura de Ourense, ese cabaleiro ,I.M.P.?. QUe responda quen saiba, se hai quen saiba e quere, claro.
Que quere dicir I.M.P.? Idiota Mente Plana?
Disque foi o factótum dun "documento interno" no que se daban "instrucións" pouco ortodoxas sobre a quen conceder e a quen non subvencións. Disque é un home obsesivo enfermo de envexa. Disque é moi presuntuoso e con ansias de protagonismo. Disque lla ten xurada a uns cantos. Disque bastante xente lle foxe para non aturaralo. Disque é un pobre home digno de conmiseración. Disque.
Polo tono empregado néstas derradeiras afirmacións, case que me atrevería a decir que hai poucas razóns, na realidade non se contesta ó fío do artículo, embárrase o campo e ahí se perde todo, pouca intelixencia se percibe no diagnóstico, cóllese un nome, asobállase e silénciase a esencia do asunto, cal é que algúns están a facer negocios coa cultura, e conseguintemente, contribuindo ó badulaquismo coetaneo-militante. Sigan nésa liña, saquen o mellor de sí: casta, bravura e trapio, pero galegas, e así, sen dúbida se seguirán representando a sí mesmos, eso sí, financiados con cartos de tododiós.
I love Nemesio.
Pensar que "facer negocios coa cultura" é algo intrínsecamnete malo pra ela é unha infantilada.
Ogallá os galegos souperamos facer negocios coa nosa cultura. Íbanos ir bastante mellor.
Pensar que as actividades humanas se "contaminan" cando hai transaciós de diñeiro polo medio, que todo hai que facelo "por amor", ese sí que é un meme residual dos instalados pola Igrexa en moitos cerebros. Que fai un daño tremendo.
Adoitan a pensar así moitos dos que cobran igual a fin de mes, anque non a rasquen.
As empresas culturais están moi ben, e son beneficiosas para a sociedade, pero non as empresas a conta da cultura, empresas que non son tales, senón un conciliabulo de influencias e favores que non xeneran nada salvo caciquismo e intereses crematisticos e mesquiños e que deixan fora outras empresas que queren emerxer, tapán novos valores e practican o todo par min é so para min.
"Empresas que non son tales", que o son sólo nos papéis, que facturan exclusivamente contra cartos públicos xestionados por algunha administración cun responsable político que é "casualmente" amigo do xerente da empresa (normalmente "home de palla" do político), etc, etc,etc...
Ese tipo de "empresas" son un cáncer económico, político, social, etc. Xa o deixóu ben demostrado o PP.
Cómo fago?. Aplico a "presunción de inocencia" ("in dubida pro reo")? . Penso nas empresas en principio como competitivas xeneradoras de riqueza, mesmo cultural?. Ou presupóñoas como "chiringuitos" prá financiación ilegal dos partidos?.
Aconséllenme.
Todo tan vello como o mundo.
Vostede que pretende, Nemesio? Non lle deron explicacións ben claras e contundentes?
Marcos xa lle dixo que:
* "Non teño ningunha relación con ningunha empresa da rúa da Paz".
* "Existe hoxe unha empresa cultural (Difusora de Ideas, etc.) coa que non teño nada que ver".
* "Si participei nunha empresa cultural, que xa non existe".
Máis claro, auga.
Finalmente, o que digan outros intervintes, sexa certo ou non, non é responsabilidade de Marcos.
Memesio: Is very clever
NEMESIO
Contan que IMP estivo de liberado sindical total dous ou tres anos, pero como non rascaba bola á final dixéronlle tiña que deixalo e víuse obrigado a volver traballar ao instituto.
"Traballar"?
Contan tamén que ten unha obra escasa e, sobre todo, dunha gran mediocridade, de moi pouco nivel.
Veña, o conto é difamar que algo sempre queda! Polo menos, IMP, ten algo, non coma outros envexosos, e inseguros que sobreviven falando mal dos demais, ás agochadas.
Decían que a nosa xenética ten un oitanta por cento de xenes basura. Xenes que non sirven para nada, ou non se lle coñece función.
É algo así como unha árbore, se se nos dera por fixarnos somentes no froito ou na follaxe esquecendo as gaias, tronco e non digamos as raíces que son o dobre da copa visible.
Penso que tamén é así a vida humana en calquera das súas manifestacións. Temos un oitenta por cento de actividade lixo. Falar mal dos outros, envexar, buscar intencións agochadas. A mín non me parece mal. É así.
Podería existir a restante xenética "expresiva" sen a xenética basura?. Probabelmente non. Penso que o oitenta por cento da xenética a que non se lle encontrou significado está ehi para "soster" a boa.
Con esto quero decir que me parece lexítimo que a xente se zoupe, critique, monte guerras...paréceme parte da vida...e o pacifismo é outro fundamentalismo..válido en algúns momentos.
O ideal sería non mancarse. Ou non xenerar sufrimento. Situación ideal por outra parte.
Eu lévome ben con IMP , con Marcos Valcárcel, con xdc e con Medela, Tamén teñen as súas rarezas. E que?
Temos, perdón.
Quen carallo é IMP? Que quere docir?
Puf, contan tantas cousas...
IMPresentable, IMPostor, IMPúdico...?
O único que o sabe é Marcos.
IMPrudente? IMPosible?
Estará encantado con éstes derradeiros anónimos sir Marcos, como é que a/o "amigo" non reclama contención?. Xa llo expliquei antes, para xente do común e con dous dedos de fronte, que hai moita máis da que o coro de corifeos pensa, éstas actitudes delatan a quen queren vostedes de mamporreiros, mentres se aposta a facer calquera ocurrencia cos cartos dos demáis (a ver que sae!), e se sae con barba s. Antón e se non a Purísima Concepción, total non se arrisca un peso propio. E así está a cultura oficial de Badoquia (antes Auria): lucida, explendorosa y faro de un destino en lo universal en mans do clan de "divinos" que se adoran cantando as súas loas en primeira persoa. Sigan, por favor, sigan.
Contención, Nemesio et alli.
Fala moi confunso, señor Nemesio, di cousas moi raras. Non hai quen lle entenda o que quere insinuar. Como non concrete, como non poña datos, imos pensar que fala por falar, que está desbardallando gratuitamente.
Pola miña banda, remato co tema que abriu Nemesio e a súa fonte informativa: non merece a atención que lle estamos a dar agora.
Se se quere discutir de proxectos culturais e de realizacións en Ourense, cando queira, pero non polas babecadas que vaia soltando quen xa sabemos...
É verdade que Marcos xa non ten nada que ver nesa empresa que vostedes mencionan. É verdade que tivo que ver nesa outra desaparecida como el relata con veracidade. Eu coñezo alomenos tres integrantes desta nova empresa aludida. Pero se queren vamos ó rexistro e averiguamos os seus compoñentes. Despois miramos o que teñen feito, tampouco é tan difícil, e evaluamos.
Eso sería xornalismo, por que non?. Internete é transparente. O malo é que eu non teño vaghare. De momento, pero podemos axudare.
Veremos se markus nos apaga esta post, creo que non. Ó probe eu vexoo cansado, feito caseque un velliño, está sensibleiro. Non sexades ruíns, cativos din os italianos, está ben bourar, acabo de lembrar a palabra "destezar", usada na miña aldea, quitar a pel...sería bon facelo sen mancarse, anestesiando previamente co adormecedor ese que usan para...
Bueno o dito. Eu en lugar de CONTENCIÓN, utilizada eiquí moitas veces , prefiro GLANOST. TRANSPARENCIA.
E nada de contención, cagharrea indiscriminada!. Que algho queda.
"Non teño vaghare, non teño vaghare, teño a miña filla sen casar porque non teño vaghare....."
Os meus pais foron invitar a súa voda o tío Jusé Ramón de Villeriño, o cazolo. E este respostoulles coas palabras do cima.
Na miña aldea temos un montón de códigos que aluden a feitos que só nós coñecemos.
Cando non queremos ou non podemos facer algho decimos: "Non teño vaghare, teño a miña filla sen casar porque non teño vaghare"....
Despois de ter casado a miña filla prométolles que farei xornalismo de investigación sobre esa empresa. ou que carafio. Caralla. Crista.
Ou que pensan estes que traballan o socaire da administración sen xenerar riqueza. Que non serán axexados?. E son maioritariamente socialistas. Ou non?. Bueno tamén hai algún conservador. Ou sono todos sen eles se "prodecataren". Meus meniños.
Publicar un comentario