Diarios galegos, de Rosa Aneiros (GH. 4 xuño)
Douscentos anos de prensa no noso país
"Este público esperaba con impaciencia o diario...", así nace o Diario de La Coruña o 22 de xuño de 1808. Unhas semanas antes aparecía o Diario de Santiago, o 1 de xuño de 1808, para dar noticia da rebelión que en Galicia se xestaba contra os franceses. A prensa diaria cumpre, pois, dous séculos en Galicia. A primeira aventura xornalística viñera da man de Francisco María del Valle-Inclán co seu El Catón Compostelano, caracterizado por longas disertacións dirixidas a un público afeito á palabra. Os diarios de 1808 xorden urxidos polas circunstancias históricas e cunha vontade comunicativa ben diferente. Eles tratan de informar sobre a verdadeira situación do exército napoleónico en España, dar conta dos avances do pobo erguido en armas contra o invasor e clamar contra os afrancesados. Coa prensa diaria chega a vontade de cambiar o transcurso da Historia, de provocar acontecementos, non simplemente de narralos. A guerra contra os franceses na Europa de 1808 non foi simplemente unha guerra de navallas, vacas e fusís. Foi unha guerra de palabras, unha guerra en que as informacións e contrainformacións mudaron os feitos. Nacía así en Galicia o que se chamaría o cuarto poder e, da man da Revolución Francesa e da Ilustración, o poder da cidadanía, do pobo, da constitución. Hoxe, dous séculos despois do seu nacemento, con grandes avances e duros momentos nas súas costas, a prensa galega debera facer un exercicio de reflexión profunda. Porque no morno acubillo, tanto do poder político como da oposición, non sempre reside a verdade. Porque ás veces, o exceso de loas e de intereses particulares fai esquecer as críticas e a obxectividade necesaria.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 1 semana
8 comentarios:
Fala de prensa diaria Rosa Aneiros, pero prensa periódica existía antes? Prensa para dar conta de sucesos ou de fenómenos extraños é máis antiga. Na UDC hai un grupo de investigación que estudia precisamente o que se chama Relacións de Sucesos, un xénero entre literario e xornalístico pouco coñecido. Podedes consultalo en Relacións de Sucesos. Un exemplo do que digo pode ser a Breve relación de las fiestas que el colegio de la Compañía de Jesús de Monforte hizo en la consagración de la iglesia nueva de Nuestra Señora de la Antigua, en 4 de agosto de 1619.
Gústame iso de "la falta de cultura del copista"... Falta de cultura a do autor do artigo.
Falta de educación na lingua estranxeira a do copista, que sen dúbida falaba galego
Non entendía nada desta mensaxe anónima: de onde saca esa cita? Agora vexo que se refire ó estudo que insertou Arume: por favor, mellor que se especifique. Ou se podería pensar que se critica a Rosa Aneiros, por certo a única que se acordou dos 200 anos da historia da nosa prensa escrita (sen contar as Relacións de Sucesos e todo o demáis).
¿Non cren que vivimos nunha sociedade celebrativa e que, acordándonos ritualmente de tantas efemérides e aniversarios, rematamos por non nos lembrar de nada?
Rosa Aneiros parece que ten 60 tacos...
Non sexa maleducado, home. Aprenda un pouco de politesse.
Máis vale ter sesenta coa cabeza ben amoeblada que vinte con ela baleira ( caso do anónimo das sete trinta e oito).
A señora de 60 anos decía que tiña 46, e as veciñas murmuraban entón que tuvera un fillo ós 14.
Publicar un comentario