En transición. (Pan por Pan sábado 14 xuño)
Editados pola Universidade da Coruña e da man de Federico Cocho, xornalista ourensán, chéganme dous libros de interese e fermosa presenza. Un deles, “Poesías. Iris. Número 8”, é a reprodución facsímile dun caderno de poemas manuscrito de Xosé María Álvarez Blázquez, datado entre 1934 e 1938. hai versos en galego e en castelán, escritos cunha letra moi pulcra, dunha claridade case transparente, e contén tamén traducións ó galego de Víctor Hugo e Virxilio.
O outro, titulado “En transición”, é un amplo catálogo dos adhesivos que marcaron as ultimas décadas: as pegatas que difundimos e transmitimos entre todos creando unha orixinal iconografía da Transición democrática. Un paseo en imaxes por unha historia non tan afastada no tempo, pero da que se van perdendo moitos referentes: ben, quizais queden só como argumentos para algunhas series de televisión.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
3 comentarios:
¿Non debería ter coidado co autocolante que pon? ¿Non ve que o poden acusar de facer sublinimalmente propaganda socialista?
Alvarez Blázquez, outro bilingüista. Estámosche bos.
Pepe, cambie o apelido, chámese polo seu verdadeiro, Insidias, Pepe Insidias.
Publicar un comentario