19 jun 2008

Herminio Barreiro/ Don Armindo

Don Armindo Iglesias vaise facer famoso coas súas babecadas. Machista, misóxino, antigalego... un pobre home, creo, un homiño. Suscribo totalmente o artigo de hoxe de Fernán Vello.
Se esa é a cruz (e sendo crego, nunca mellor dito), a cara é Herminio Barreiro, que saca parte das súas memorias en Xerais: "Recordar doe". A Revista das Letras de Galicia Hoxe ofrece un gorentoso adianto (en PDF).

22 comentarios:

Anónimo dijo...

Herminio Barreiro é unha gran persoa. Mais tamén é un caso paradigmático do desconcerto do típico intelectual occidental comunista, vítima da súa propia mitoloxía.

lourixe dijo...

Un cura debera ser -non o digo eu, é a propia definición católica- un "médico de almas". Se aos médicos fisiolóxicos lles pedimos que modernicen a súa ciencia, para ben do seu servizo e da nosa saúde física, do mesmo xeito quen cre nas almas e se preocupa polo seu ben debería esixir dos seus cuidadores que actualizasen os seus coñecementos. Cantos párrocos en exercicio, como este, foron ordenados con anterioridade ao Concilio Vaticano II e nunca se adaptaron ás novas realidades? Non deberían as dióceses responsabilizarse da formación continuada dos seus empregados?

Anónimo dijo...

SAR ("Su Alteza Real") non sei se é unha gran persoa, pois non a coñezo. Mais iso si: parece un caso paradigmático do desconcerto do típico intelectual occidental non comunista, vítima dos seus prexuízos.

Anónimo dijo...

Moi agradecido, anónimo, por chamarme "intelectual non comunista", e non simplemente "anticomunista". Vostede si que parece unha boa persoa.

Anónimo dijo...

Os tovarich son todos intocables de verdá e nunca irán a -40ºC a un gulag a Siberia.

Anónimo dijo...

O desconcerto de Barreiro e outros intelectuais occidentais comunistas, pronto o pagaremos todos, empezando polas 65 horas.

Anónimo dijo...

Mmmm...comentario Lourixe...copiar e pegar en bloc...mmm

Anónimo dijo...

Tovarich era unha tenda de bisutería que había na Coruña, non?

Anónimo dijo...

O texto teñen todos Copyright, señor XDC. Non pode facer uso deles sen consentimento expreso do autor. Ou como vai ser!

Anónimo dijo...

A tenda era Tobaris.

Anónimo dijo...

Permítanme enviarlles a todos un saúdo e un recordo para que teñan noticia da miña nova vida. O que canta son eu, en Savannah (Tennessee).

Até o seu día. Que teñan unha boa fin de de semana.

Anónimo dijo...

Tobaris tamén había outro en Santiago, na rúa que vai dar a Mazarelos desde Orfas. Un prototodoacén.

lourixe dijo...

Eu posteo con licenza creative commons e o señor XDC pode empregar os meus comentarios para o que guste, gratuitamente, sempre que non esqueza mencionar a miña autoría.

lourixe dijo...

O cristianismo baséase nun decálogo (do que agora no lembro os artigos) revelado por Deus mediante quen era naquela altura o seu voceiro, Moisés. O seu sucesor unhas xeracións máis tarde, Xesucristo, resumiunos nun só (amarás a Deus por riba de todas as cousas, e ao próximo como a ti propio). Algúns cregos preconciliares non están ao tanto desta última revisión e só se centran no decálogo inicial, en particular no sexto mandamento, que debe estar relacionado co sexo porque a súa falta é considerada a máis grave de todas. :-P

Marcos Valcárcel López dijo...

E outro Tobaris en Ourense nas galerías do Paseo...

Marcos Valcárcel López dijo...

está ben simpático o Apicultor no video, facendo rir a todo o mundo: para que logo digan ...

Anónimo dijo...

Está morto o comunismo? Ten sentido debater sobre o seu fracaso? Pode ser reformulado hoxe o proxecto comunista e en que termos? Por que non opinan? Non lles parece un asunto importante?

Anónimo dijo...

¿Non pensan que o que propón o anterior intervinte é un debate de moito calado que sería conveniente abordar?

Anónimo dijo...

Eu penso que, a longo prazo, a sociedade mundial rexirase por algún tipo de xestión "comunista". Pero que será o resultado da resolución das tensiós internas por parte do propio sistema capitalista. Unha revolución lenta (contradictio in terminis?), desde dentro, fruto da interacción social a través de novedosos canales, como este que manexamos nós agora. E non da acción de "unhos poucos",iluminados que pensen mirando ao S.XIX.
Tan "comunista", que o poder estará verdadeiramente repartido, como un recurso máis.

Anónimo dijo...

Que a longo prazo ni que niño muerto. O comunismo atísbase xa no hourizonte, é o destiño inxorábele da humanidade, o radiante esplendor que nos agarda despoisxa da loita internacional contra a eisprotación e os opresores. De verdá, tovarich, o futuro é noso, viva a nosa cras proletariada. E quen non queira comunismo, pois pr´un gulag a -40ºC e asunto concluído.

Anónimo dijo...

O outro día Santiago Carrillo, nunha tertulia dun programa de radio dixo que o s.XX, con dúas guerras mundiais, xenocidios, fames, andazos, etc. fora un século terrible, pero que pensaba que o pior para a humanidade aínda estaba por chegar.
Qué querería dicir?.

Anónimo dijo...

Que agora quere ser Nostradamus?