LUIS GONÇALES BLASCO
'Foz', o home que a UPG eliminou da súa historia (Galicia Hoxe 08.06.2008. Foto: P. Santos)

Foi un dos fundadores do partido. De feito, estivo no xantar da Rocha no que se constituiu a Unión do Pobo Galego. Non obstante, o seu nome non aparece na versión oficial do nacemento desta forza política. Agora, vai ser homenaxeado por compañeiros que queren destacar a súa contribución á historia do nacionalismo e recoñecerlle o que outros lle negan. Trátase, non só de lembrar o seu labor na UPG, senón toda a súa traxectoria ligada ó Movemento de Liberación Nacional, ó independentismo e ó reintegracionismo lingüístico.
13 comentarios:
Curioso -e bastante tonto e inxusto- o ninguneo sectario de Foz por parte de Paco Rodríguez.
Foz foi un activista de primeira hora do nacente nacionalismo e, como tal, debe ser recoñecido. Está ben que os seus amigos lle fagan unha homenaxe e que el reivindique o seu papel naquela historia.
Certamente lúcido e razoable o Foz; supón para min unha sorpresa esta versión extensa do seu pensamento político. Non sabía que estivese no congreso do 1977, pero o certo é que entre os catrocentos e pico (nas listas oficiais, que por certo motivo manexei) tiña eu moito descoñecido.
Ben interesantes as fotos vellas. Por fin lle vexo a pinta ao mítico Vicente.
Se o tempo o permite e a autoridade competente non-o impide acompañarei a Antón Moreda, invitado de honra a homenaxe a Foz a Santiago.
Xa lles contarei
...cos núcleos da UPG en Holanda, Reino Unido, Italia, Suíza e Alemaña...
Ji,ji,ji.
¿Que quere dar a entender con esa risiña?
Que os núcleos da UPG en Holanda, Reino Unido, Italia, Suíza e Alemaña cabían todos nun taxi que levase tres bombonas de butano no asento de atrás.
E como é que o sabe vostede con tanta seguridade?
Tamén cabían nun autobús os militantes do PSOE na propia Galicia
Ousa dicir que o PSOE tiña máis xente que a UPG? Isto está cheo de antinacionalistas!
Apicultor, non entende nada!
Rien de rien, ten razón. Home non!
Ben está que homenaxeen a Foz. Outra cousa é que este señor se obsesione tanto con revisar a que el denomina "historia oficial" do nacionalismo e pense que existen escuras conspiracións para o borrar desa memoria. Dende logo foi vítima do sectarismo. Pero tamén amosa estar forxado neses mesmos moldes. Que o celebre moi ben.
¿En que datos se basea para concluír que o señor Foz é un conspi-paranoico?
Publicar un comentario