17 jun. 2008


Manolito Gafotas.
Pan por pan martes 17 xuño
O discurso oficial dende hai anos é o do extraordinario pulo do español en Estados Unidos: escoitámolo a cotío por parte de autoridades e columnistas. Pero non é iso o que di Rolando Hinojosa-Smith, decano das letras chicanas, que fala de discriminación nun xornal de Madrid. Di que hai máis xente de fala hispana, pero a influencia do inglés é moi forte “e irá borrando el español”. Engade que o bombardeo cultural do inglés é abafante, que os medios hispanos son de pouca calidade e que o español “ya no se extingue en la tercera generación, empieza a desaparecer en la segunda”. Mentres, a tradución naqueles lares do “Manolito Gafotas” de Elvira Lindo sofre a censura da corrección política: na versión USA Manolito Catro Ollos non recibe lapotes da súa nai (sería un escándalo) e cambiáronlle o nome ó seu amigo Yihad: seica despois do 11-S non hai gaña de certas bromas.

74 comentarios:

chesi dijo...

Felices os habitantes de EEUU se non reciben os libros de Elvira Lindo. Quizáis o mellor sexa a serie do Gafotas. E xa é moito dicir. Unha pregunta, Marcos. ¿Se sabe en que numero de AURIA ou onde poderemos ler os contos do premio Carlos Casares? Teño interese no microrrelato: ou sexa, non me interesa en si senon poque para poder meter en poucas liñas ideas máis ou menos brillantes e con estilo preciso, debe de resultar o asunto complicado.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Juan Cruz, Elvira Lindo. Siga, siga, amigo Chesi. Por min non se corte.

Anónimo dijo...

Para o Chesi o listón é o ULISSES do irlandés. O que non o supere, ao lume con el. Eu son autor de tres noveluchas insignificantes, que pasaron con mais pena que gloria. Que digo con mais pena... Con toda a pena e sin ningunha gloria. Por iso non me atrevo a dicir os seus títulos. Tremo como un xunco só de pensar na opinión do Tribunal Chesi.

Anónimo dijo...

Quen é a figura incontrovertíbel que en Arroutada interpela a Chesi e a Valcárcel?

Zepo dijo...

Pois se é dificil o microrelato, non vexa a miña especialidade,o microensaio, amigo Chesi.

Anónimo dijo...

O Chesi négase a ir por Arroutadas porque non quere enlamarse nos "baixos fondos" e botar a perder o seu estilo tan meticulosamente traballado.

Anónimo dijo...

Pois eu penso todo o contrario: O Chesi négase a ir a Arroutadas porque sabe que alí o que pior escribe faino como Joyce e teme que as suas intervencións non brillen tanto como aquí.

marcos valcarcel dijo...

Pois aínda non falamos con Piñeiro do tema, Chesi. Supoño que no primeiro número de Auria que teña espazo...

Anónimo dijo...

Marcos, vostede con cal dos Anónimos, incluido "zepo", está de acordo?

marcos valcarcel dijo...

Non entendo ben a pregunta do último anónimo nin vexo a relevancia da miña opinión nas cousas que se debaten ó remate do fío... E de Arroutadas, casa allea, tampouco quero opinar.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
o fingidor pessoa dijo...

Chesis, deixese de heterónimos anónimos.

Kyra se va de marcha dijo...

Porfa, alguén me podía indicar cal vén sendo o enderezo do blog "Arroutadas"???

Hoy me va la marcha!!!!!!!!!!!!!!!

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Arroutadas. Alí nos vemos, Kyra.

[Medela, non o puiden resistir; terá que me perdoar]

Kyra la chica guerrera dijo...

Grazas, Arume, Ghulio (como lle chama Modesto) fálame moito en Vde., que ri moito coas súas saídas, etc.

Ouviu, amigo do meu pupilo, como furrula o blog este?? A interface parece un pouco complicada. Hay varios temas fixos, non é???

Saúdos, señor.-

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Vaia a Foro aberto. Elixa o tema. E abaixo de todo verá Publicar resposta. Pois iso.

Permítame que lle diga que non sei por que pero sempre penso que vostede ha ter as pernas de Cyd Charisse. Compréndame, hoxe estou moi triste.
La Bamba.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Cyd and Fred.

Kyra dijo...

Nada, comprendo. Non hai máis que ollar para Júlio Medela para saber o que é a saudade, Arume.

Ouviu, a señora Cyd non lle ten nada de particular... E o mozo parece da orquesta de Rocío Dúrcal.

Saúdos, e alegría, home, alegría.

Zepo dijo...

Arume, un pouco de melancolía pode ser beneficiosa, pero se hai moita tristura malo, ande anímese, ainda lle vou facer unha visita ao seu blog.

Medela dijo...

Arume!!!!!!!!!!!!
Veña por Allariz.
*Visita ritual á tumba de don Vicente Risco.
*Cata de viños no superfashion Micalla, da glamurosa Mary.
*Xantar en Tino Fandiño.
*Preséntolle a Luís Carriega, ex-trainer do seu amado Sporting e parente político da miña muller. Visita obrigada ao seu museo particular.
Espero por Vde. ao pé do concello.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Pero Carriega xogou no Oviedo; haberá que perdoalo. Je, je. Non xogou no Caudal tamén?
O do xantar no Fandiño e a cata de viños (supoño que se pode tragar) paréceme óptimo. O rito Risco non será de noite?

XDC dijo...

Vaia, Medela. Temos amigos comúns. Carriega e a súa familia son veciños meus en Ourense. Temos tido largas conversas. É moi aficionado a cantar habaneras. Vai case sempre ao concurso que hai en Torrevieja.

Medela dijo...

Arume, Carriega foi coach do Sporting. Mañá dígolle exactamente en qué datas.

Saúdos, DaCoba; efectivamente, Carriega é experiente cantor de habaneras e 'rondallista' consumado.-

Anónimo dijo...

Arumeeeeeeeeeeeeeeeee!!!!!!!

Carriega xogou no Oviedo entre 1954 e 1956. E foi coach do Sporting entre 1969 e 1972.

Xa sabe, cando queira, ímolo ver. Pago viños na mítica Micalla (nunca vén mal unha cura de fashion) e xantar en casa Fandiño.

Saúdos.-

Medela dijo...

Éralle eu, Arume.

arume dos piñeiros dijo...

Teño unha débeda con vostedes. Cando vaia (que vou ás veces, sobre todo polo Fandiño) por Allariz por quen e onde pregunto?

M dijo...

Arume: Débeda?
Acho que não compreendo...

Pregunte por Medela, de Lobeira.

Ouviu, acabo de falar con don Luís Carriega e díxome non sei qué dunha homenaxe hai uns días aos irmáns Castro (Quini e Cia).

Saúdos.-

arume dos piñeiros dijo...

Pregúntelle se foi algunha vez xogar contra a Ponferradina no mítico Plantío e en que ano? Viría co Langreo?

Medela dijo...

OK, don Arume. Mañá pregúntollo.

Arume, non esqueza, en Allariz, ritual visita ao cemiterio, a ese sub-cemiterio de baixo no cemiterio de arriba...

UP & DOWN

O panteón dos Risco élle o que está ao pé das escadas que comunican a parte de arriba do cemiterio de arriba coa parte de abaixo do cemiterio de arriba.

Anónimo dijo...

Fáltalle algo a esa foto, sabe o letreiro que puxo o Fernando, fai disto unhos dez anos, (hai que tirar de arquivo), pero algo así como "se hacen todo tipo de trabajos, e o teléfono..."

Anónimo dijo...

E o da direita de todo creo que é o da familia Conde (Alfredo).

Medela dijo...

Creo que Fernando está agora xubilado, señor, e que o posto de enterrador está vacante.

Haille este letreiro:

ENTERRADOR

arume dos piñeiros dijo...

O teléfono está aí por se hai necesidade de sachar algo.

M Lobeira dijo...

Imposible coñecer Galiza e non amala.

Anónimo dijo...

Andan sus señorías muy funerarias, como si los cementerios fuesen postales para el recuerdo y la muerte un acontecimiento sin importancia y no una jugarreta de la eternidad. Dejen descansar a los muertos y no perturben sus sueños con fogonazos fotográficos.

Anónimo dijo...

Nin chisco de graza ten, señor.

Anónimo dijo...

Fogonazos fotográficos: que prosa máis cursi.

Arturito dijo...

Deben ser "lloriqueos de los escritores que se hacen pajas mentales con los problemas de su ombligo".

Beria en Siberia dijo...

Enviaba eu xa a -40ºC a Siberia aos prosistas cursis e de embigo grande, de verdá que son pelmas.

Anónimo dijo...

Soñan os mortos con ovellas mortas?

arume dos piñeiros dijo...

Esta noticia ben merece comentario, sobre todo o titular illado: "Estudiar literatura no compensa porque vale poco". Para cuándo eliminan a selectividade dos c...?

Nervios templados para enfrentarse a la batalla, una lid cuyas estrategias llevan preparando todo el año los 2.361 alumnos que ayer se enfrentaban a las pruebas de selectividad en los campus de A Coruña y Ferrol. «En realidad, segundo de bachillerato es un curso para preparar el selectivo», comentaba Martín Rivas, un alumno del Instituto María Casares, en Bastiagueiro (Oleiros).

Como guerreros espartanos, este joven y sus compañeros de clase, Saúl Carballo y Raúl López, tienen un claro objetivo: el honor de aprobar y dar el salto a la Universidad. Para ello, como escudo, utilizan una técnica que podría llamarse «cálculo racional con muchas probabilidades». «Acabamos de salir del examen de Lengua, una de las materias comunes, y fue bastante bien, aunque la pregunta de literatura la dejé en blanco», explica este joven aspirante a ingeniero de Obras Públicas. Pero eso no le preocupa. Espera pasar del cinco. «Literatura vale muy poco para las horas que hay que estudiar. Es mucha materia y no merece la pena. Pero calla, calla, no vayan a cambiarlo para el año que viene», puntualiza.

El examen de Lengua de ayer tuvo dos opciones con tres partes cada una. «Había una fácil y otra más complicada», explican los jóvenes. La sencilla era el comentario de un texto periodístico sobre nuevas tecnologías y la complicada otro sobre el canon digital. Las dos preguntas relativas a los artículos valían tres puntos, lo mismo que la distinción de morfemas y lexemas, y un tanto más que explicar el Romanticismo literario español con Espronceda a la cabeza. Los dos puntos restantes para completar el 10 los daba el resumen esquematizado de uno de los libros de lectura obligatoria del curso.

«Una vez superado el primer examen y visto cómo es, el resto ya va enfilado», coincidían estos tres jóvenes. Una de sus profesoras, cual entrenador de púgiles, animaba a sus alumnos para el próximo asalto: Literatura Gallega. Las letras galaicas remataron la jornada matutina, que continuó por la tarde con Historia o Filosofía y Francés o Inglés.

Pero el esquema de las pruebas no es ajeno a ningún alumno. «En Internet hay muchos exámenes de otros cursos anteriores y normalmente ya los vas haciendo, el tipo de preguntas nunca te pilla por sorpresa», explica César Blanco, que fue ayer el primero en salir de la prueba de Lengua.

Que Cruz ! dijo...

Par cando, Beria, manda definitivamente a Siberia ós prosistas cursis , de embigo grande e pequeno; á grande variedade de pelmas que entraron a saco neste blog; os pesadísimos que andan á espreita "se é ou deixa de ser" ; ós poseedores da verdade absoluta; os que se anoxan cando lle cantan as verdades; a machistas varios, chulitos, diglósicos, descontentos permanentes, demagóxicos, fanfarróns, sabelotodos e malfalados ?

Anónimo dijo...

Esquecesuse dos "que cruz!" Menudos elementos de moito nabo que son estes pitiminís.

Inciso Contuso dijo...

Ollo ó piollo D. Marcos!
Vaga, e non de vagar, polo blog alguén que demanda moita atención. Home cultivado e de escrita semanal pouco entendible. Gosta tanto do pracer da súa propia prosa que se compara cos clásicos, coma aquel que dempois de leerse vaticinaba: "leo a Cicerón, Aristóteles, Platón, José Mª Pemán, qué sé yo, y otros más bien conocidos, y me gustan, pero leo lo que yo escribo y me gusta tanto o más, evidentemente escribo bien".
É de supoñer que será recibido néste blog como se merece, non se vaia marchar por falta de atención e nos perdamos a un dos mellores prosadores do momento, por non decilo mellor contemporaneo, na súa franxa de idade, por suposto.
Celebremos dende éste humilde comentario éste día coma unha data gloriosa no rexurdimento do ensaio exiguo. Brindemos ó fin

chesi dijo...

Non sei que iso de "Arroutadas", de verdade. Se alguén pode aclaralo verei de facer unha entrada. ¿É un blog, un programa de radio ou TV? De verdade que non o sei. Se o microrrelato é difícil, o de o microensaio ten que ser xa unha especialidade académica. ö mellor xa a facía Cioran eu que sei. Perdón se algún tono dos comentarios meus foi excesivo ou maxistral: son o primeiro; o segundo, nen de lonxe e maís coa xente que entra niste blog que algúns teñen méritos e coñecementos de cousas que eu nen sabía que existían. Reitor os dogmas pero non a paixón. ¿Perdoado?

Párroco de Vedra dijo...

Ego te absolvo, don Chesi.

O sincero arrepentimento ten sempre o seu perdón... e a súa penitencia.

Perdoado está, pero como penitencia ten que rezar catro painosos e tres avemarías (en galego), ademais de colgarnos aquí un micro-relato seu inédito (pero feito en serio, non en broma).

Ego te absolvo in nónime pater et filius et espiritu sanctus, amén.

marcos valcarcel dijo...

Aclaración para Chesi, que quizais nin sequera a viu:
Onte borrei unha longa mensaxe obscena-escatolóxica, totalmente contraria ás normas deste blog, aparentemente dirixida contra vostede.
Dixéronme que "o borrado" foise queixar ás Arroutadas, onde os da solaina temos un fío exclusivo (non para ben) xa hai meses. Saúdos.

Anónimo dijo...

Ouiuuu Medela :
O Fernando está xubilado tamén de barqueiro do Arnoia, a versión da miña foto é a do letreiro primitivo.

Inciso Contuso dijo...

Estás perdido Medela, o anónimo Arturín reclama máis atención, e inda por riba é máis alto, veste mellor e é moito máis atinado, proclive e prolífico escribidor ca tí. Teremos fío dende Allariz con tan insigne cronista?
Por fin destaparanse as verdades e as medias verdades déstes tiquismiquis ombliguos de viño e pincho glamuroso. Agardamos con inquierude a su Excrecencia Reverendísima

XDC dijo...

HUm.
Xa sei a quen se refire, Inciso-contuso.
QUe veña, que veña por aiquí.

Será un placer ler referencias ás discusiós deste blog na edición ourensá dun xornal autonómico, como xa adoita a suceder noutras colunas.

XDC dijo...

Por certo. Cómo é que eu non dou entrado en Arroutadas?. É "arroutada.blogspot.com" , ou é outra dirección?. Hai que ter algún tipo de rexistro?.
A xuzgar polo que di o Marcos, a mín tamén me deben de poñer "fino", de carallo.

chesi dijo...

Pois non o leín: pero de ser obsceno gostariame telo lido. E para que o pedíu (non lemnro agora), aí vai este texto que publiquei nunha revista mindoniense cando se xubilou a bubliotecaria da biblioteca (perdón) Trapero Pardo.
A ARAÑA E O CIRCULO
"Araña toleirona que desobedece as normas da especie, abandona a súa tea e, paso a paso, avanza cautelosa, quebranta os límites e instálase no círculo, acaso na orixe do radio, sen saber que acaba de se exiliar da súa patria para emigrar a ningures. Mancha luar, verruga en rostro de pintor renacentista, escúdase inmóbil nos dominios circulares: aínda que tente escapar, halle ser imposible. As transgresións páganse coa vida. Ela, a raíña das mallas invisibles, caeu na rede; ela, verdugo inmisericorde doutras razas, é agora víctima inofensiva. Antes ou despois, o círculo irá mirrando, pechándose en si, con vocación de punto: logo a araña ha morrer apreixada na inexistencia. A aventura remata na morte. Xa non é animal, instinto: é so un ."
Eso é todo, amigo.

Anónimo dijo...

Veña sen medo XDC, cóllame da man, que están agora, alá o Arume, e o Medela.

Medela dijo...

"O Fernando está xubilado tamén de barqueiro do Arnoia, a versión da miña foto é a do letreiro primitivo".

Anónimo, pode poñer enlace a esa foto que ben seguro é marabillosa???
Saúdos.-

Medela dijo...

jajajajajajaja
Falso, horrendas mentiras...
Exterminio, destrución!
Non son eu, é ela...
jajajajajajaja

marcos valcarcel dijo...

Chesi: debeu presentarse ó concurso do Liceo, non digo máis...

Párroco de Vedra dijo...

Non cumpriu coa penitencia imposta, don Chesi.
Eu díxenlle: "Perdoado está, pero como penitencia ten que rezar catro painosos e tres avemarías (en galego), ademais de colgarnos aquí un micro-relato seu inédito (pero feito en serio, non en broma)".
Un relato inédito, comprende, un relato inédito. E vostede puxo un xa publicado. Non vale. Se quere ser perdoado, cumpra.

chesi dijo...

Marcos, estou buscando unha revista que fixemos nos maristas no ano 69, en galego, ciclostilada. Fixemos tres números e o terceiro era só en galego. Conseguimos colaboracións de Otero Pedrayo, Manuel María e non lembro ben de quen maís. A cousa foi interesante, ata o punto de que convocounos, ós que faciámola, Ferro Couselo, cando a sede da Auriense estaba, creo lembrar, preto do cine Avenida. ¿Podería estar un Guitián na directiva? Nós con dezaseis anos frente a xente como eles que nos pediron unha introducción para un texto que ían editar con himno galego. Levo media hora buscandoa e non a atopo pero sei que a teño. Adxemáis, o texto de Manuel María era ún que logo, nas obras completas, aparece cunha entrada que di, máis ou menos: "Este texto foi censurado no ano 71 e non puedo publicarse atá...", non sei cando. E nós, úns parrulos dos maristas, o tiñamos na revista no 69, ano enriba, ano abaixo. Creo que o primer verso era algo así como "Hai que defender a língoa con tesón...". Seguro que aparece pero quero atopalo pronto para que lle fagas unha fotocopia ou a fago eu e cho deixo no Liceo. Tén o seu interese (as nosas colaboracións, unha merda). Pero xa entón un compañeiro noso, que tivo un cargo importante nesta cidade ata hai dous ou tres anos, reproducía fragmentos de Sempre en Galiza e esixía, entón, a autonomía. Con 16 anos ún fai de todo. Heino atopar e me poño en contacto contigo. Fumos ata a Feira do Viño de Ribadavia, que daba a pregón Cunqueiro e ún de nos, íntimo amigo meu, Antonio Meilán, mindoniense, pediulle un artigo para a revista. Lembro a Cunqueiro arrodeado de xente, sen mirarnos case, decindo, máis ou menos: "Non te preocupes, ou cho mando ou cho entrego en Mondoñedo". Ata hoxe. Foi a único que fallou. Ten, xa digo, interese arqueolóxico, pero nada máis; seguramente é moi difícil de atopar. E vendiámolo por 100 pesetas para seguir sufragando a revista anque ese foi a derradeiro número. Non sei onde cenamos co que obtivemos. Ah, si, xa o lembro, non debía de ser moito: no Catador. Na comisión estabamos 6 ou 7 persoas. Aínda non sei (non é broma) se non iriamos tomar unha cervexa ás putas cando o barrio era o que era: luz, escuridade, música de Manolo Escobar, broncas e, ás veces, ata agarimos. Eso sí, os cartos non daban para a foda, con perdón. Se atopo o exemplar, chamote ou te aviso no blog. Unha aperta. E se se meten conmigo, non censures: se está ben escrito, adiante. O tono, eso é o fundamental. O contido, en ocasións, é o de menos.

chesi dijo...

Non, se as penitencias son o mesmo demo. O de rezar, non sei, podo facelo; o de improvisar textos, xa cada día costa máis, de verdade. Pero, en fin, farei un esforzo para o párroco de vedra. Mmmmm, eso de párroco de de vedra, mamíla, que medo me da. Case máis por Vedra que por párroco. Non sei, non sei.

Párroco de Vedra dijo...

Nada de improvisar un texto. Non vale. Ten que ser un texto apousado e do que o autor quede compracido.
Un micro-relato que, dado que escribe en castelán, o pode facer en tal lingua, que ninguén se vai escandalizar agás os xa previamente escandalizados.
Ten de prazo tres días, nada máis. Vostede verá se quere que os seus pecados (incluídos os nefandos) sexan perdoados ou non.

chesi dijo...

¿Tres días? Coño, y al tercero resucitó. No sé, no sé. Me sigue intrigando el párroco de Vedra que me exige castellano. Algo anda a remexer dentro de min a idea de que amigo me está a amolar, señor párroco. Pero tratarei de sair do paso con certa dignidade. Maén.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Inconmensurábel, enigmática, emblemática e heráldica Mary, xerente do mítico 'Micalla', de Allariz.

Bonita, tamén.

Fashion allaricense-caleidoscópico.

MARY

Júlio Medela de Lobeira dijo...

O 'Boccaccio' Allaricense:

A MICALLA

Monsieur Advertencias dijo...

Medela: Está vostede caíndo do lado da forza escura de Arroutada, onde mora Darth Vaeder & friquies arroutados. É un traidor, e iso é imperdoable.

marcos valcarcel dijo...

Interésame moito esa revistiña dos Maristas para o meu catálogo de prensa. Noutras do Seminario e do Instituto escribiu Casares e na Auria de Acción Católica teño entendido que o primeiro Valente, segundo aseguera un dos López Cid, VIrxilio. Se a encontra, non deixe de avisarme.

J. Medela dijo...

E que aquí tamén non é que me queiran demasiado...

marcos valcarcel dijo...

De onde sacou vostede tan peregrina idea, don Julio. Supoño que será brincadeira. Ten vostede moitos admiradores aquí e iso é público, téñeno manifestado moitas veces...

Monsieur Advertencias dijo...

Alí están orfos de alimento espiritual. Non faga caso dos cantos de serea, que despois pápano nun tris como se fose un figo chumbo, que hai moito sarcófago solto.

arume dos piñeiros dijo...

Queen Mary from Ziralla: unha deusa. A cata de viños xa está feita, amigo Medela.
E aproveito para berrar
VIVA MEDELAAAAAAAAAAAAAAAA, DON JÚLIOOOOOOOOOOOOOOOOOOO
SURSUM CORDAAAAAAAAAAA

J Lobeira dijo...

Non, non. Estou a falar a serio.

Entrei en Arroutadas; preguntei ao amigo Arume, non daba conseguido o enlace.

Fun por curiosidade, porque só existen (no país) ese blog e máis este, falando en xenéricos. Outros blogs ultrapasan o meu nivel.

Un amigo meu... Uf... Non dormín case nada a noite anterior, sobresaltábame.

Saúdos a don Marcos, a don Arume e a don Advertencias.-

Estou angustiado; aínda ben que lle fixen as fotografías a Mary e rimos un pouco. Á sombra ía frío.

arume dos piñeiros dijo...

Onde é que está agora mesmo, don Júlio? Non estará na de Mary? E por que se escribe con y grego?

arume dos piñeiros dijo...

E onde estará o Saavedra? Estará correndo polo Recatelo tratando de chorar a nova perda de Portugal? Non era Ronaldo don Sebastián.

Medela con esgotamento nervioso dijo...

Nooooooooooooooooooooooon!
Estou na casa. Allariz está en silencio. Demasiado silencioso, talvez.

A mañá estiven nunha aldea, perto do límite entre Pontevedra, Ourense e Portugal. As vistas eran maxestosas. Dunha cerdeira, no 'xardín' dun chalet suízo, pendurabanse cd's, supoño que para espantar os paxariños.
Pasou un individuo cun tractor.
Pasou un cura nun Xsara.
Pasou o coche do pan.
Tocaban a defunto.
No cemiterio, a lápida dun inglés... Extramuros.
Teño como terra nos ollos. Vou durmir.


Mari, con 'i' latino, para ben ser, tería que grafarse con acento no 'a'.
Mary vs. Mári
Xulio vs. Júlio
E que non o podo remediar, son lusista, aínda que...

arume dos piñeiros dijo...

Boas Noites, Iulius Metella. Por Vigo tamén hai silencio. Hoxe é xoves e se cadra os veciños han ter vaivén. Pero soe ser máis tarde: tentarei durmir un pouco antes. ¿Sabe, Medela? Esa parella non da arranxado o do cabezal da cama. ¿A vostede non lle pasa?