17 jun 2008

As saídas dos garaxes e Mr. Hyde, de Afonso Vázquez-Monxardín
(La Región 17.6.08)

Non sei que pasa, pero moita xente cando se sitúa no asento do condutor deixa de ser o Doutor Jeckly e convértese en Mr. Hyde. Hai baralláns e lerchos que se volven amables na estrada -poucos, é certo- e outros moitos moderados vitais aos que lles nace unha boca podre e un comportamento, digamos, desacougado cando conducen. Despois están os imbéciles de nación e os que carecen de formación a pé, e que non sofren ningún incremento educativo ou mellora psicolóxica por estar sentados diante dun volante. Se cadra axuda a protección de acuario que proporciona a intimidade do coche, un salón de estar que vai connosco dun lugar a outro ou se cadra a sensacíon mamífera que fai aos cans mexar nas esquinas e a nós defender o noso, arregañando os dentes, con razón ou sen ela. E claro, só a educación nos modera e fai mellores persoas, máis amables e respectuosas. Creo. Ou sexa que hai moito atravesado conducindo.
(o artigo completo)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hai algún estudio feito verbo da relación entre o trogloditismo do conductor e a marca ou modelo do auto?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Xa que o amigo Monxardín quita os desacougados (entre os que me atopo, confésoo) que non deixan pasar nin dar mostras de elegancia conductora para según que casos, tamén quito eu os que non teñen idea de conducir, que lles deron o carné antonte, que falan co do lado sen prestar atención á rúa, que entorpecen a circulación. O educado que aparca en dobre fila, que sae sen mirar á rúa, que vai a vinte por hora porque fala educadamente por teléfono (quero dicir que non se altera) ou escoita educadamente radio 2 música clásica pero ignora que os vinte sentidos, de telos, deberiamos empregalos en conducir. Que mete primeira cinco segundos despois de que o semáforo se pon en verde, non por torpeza conductora senón porque non está ao que está. En fin: eses nemigos naturais do que concibe o coche como un instrumento de transporte e non coma un lugar para pasarmos o rato mentres un vai dun sitio a outro.

[Por tocar as napias, obviamente]