PALABRAS PARA CAMBIAR O MUNDO, de AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ.
Pregón da Feira do Libro. Ourense, 31 maio 2008. (Ilustración de Pablo Auladell, debuxante do libro O único que queda é o amor, de AFP).
1. Autoridades, organizadores desta XXIV Feira do Libro de Ourense, amigas e amigos que vos achegastes hoxe á Rúa do Paseo para nos acompañar neste acto de inauguración da Feira.
Unha Feira que veño hoxe presentar coas miñas palabras, cun aquel de desacougo ante a responsabilidade que supón. Quen son eu para falar hoxe aquí, cando tantas persoas máis ligadas a Ourense poderían facelo ben mellor? Aínda que me gusta estar ao tanto do que ocorre na cidade, sobre todo a través das miñas frecuentes visitas a As uvas na solaina, o blog imprescindible de Marcos Valcárcel, o único mérito claro que podo achegar é que, como a inmensa maioría dos escritores galegos, hai unha parte poderosa do meu ADN literario que me liga directamente a Ourense.
Todas as persoas que escribimos en galego debémoslle moito “á cidade con máis densidade literaria e cultural da Galicia contemporánea”, por dicilo con palabras do meu paisano Ramón Villares. Os nomes queridos acoden a min en fervenza poderosa e inacabable, de Curros Enríquez a Álvarez de Nóvoa, de Vicente Risco a Otero Pedrayo, de Blanco Amor a Carlos Casares, de Pura e Dora Vázquez a Antón Tovar, de Bieito Iglesias a Xosé Carlos Caneiro, de Riveiro Coello a Diego Ameixeiras, de José Ángel Valente a Méndez Ferrín...
O listado podería ser exhaustivo, as obras de todos estes autores deixaron pegadas inesquecibles na miña vida de lector. Sírvame de paradigma a Auria que Blanco Amor recolle en Xente ao lonxe, un libro que lin con devoción e abraio nos meus anos mozos, un libro ao que volvo moitas veces, pois é unha desas poucas novelas que permanecen gravadas para sempre na cabeza e no corazón.
Por riba, debo repetir aquí o que confesei noutros lugares: a miña débeda coa xente do grupo Nós, do que, dalgún xeito, me considero herdeiro. Non da súa potencia literaria, xaora, pois son ben consciente das miñas limitacións, mais si do seu empeño por soñar a cultura galega como célula de universalidade, a súa vontade de ser unha peza máis, en pé de igualdade, no mosaico mundial das culturas, a súa conciencia de que só se pode ser universal desde as propias raíces. “A Coruña fita as brétemas de Irlanda / Vigo os rañaceos de Nova York”, escribiu Risco para indicar que tamén Galicia podía ser o centro do mundo. Os homes de Nós abriron un camiño que prefiguraba o tempo actual, estes anos nos que Internet e a globalización nos abren a posibilidade de facer real o seu soño.
2. Hoxe estou aquí como escritor, un oficio que, en palabras de Paul Auster, “é un estraño xeito de pasar a vida: pechado nun cuarto coa pluma na man, hora tras hora, día tras día, ano tras ano, esforzándose por encher unhas follas de palabras co obxecto de dar vida ao que non existe, agás na propia imaxinación. Esta necesidade de facer, de crear, de inventar, é sen dúbida un impulso humano fundamental”.
Eu sei que se escribo é porque son lector. Porque a lectura e a escritura son como dúas caras dunha moeda, e que todos os que temos o vicio de ler acabamos sentindo algún día a necesidade de escribir. E, se falo como lector, debo lembrar aquí a meu pai, que tan vivo segue dentro de min. Pois foi el, cos escasos libros que tiña na casa e nas poucas horas libres que lle deixaba o traballo, quen nos transmitiu a meus irmáns e a min o desexo de ler.
Neses mesmos anos en que eu me facía lector, en Mondoñedo, a pouco máis de trinta quilómetros da miña casa de Vilalba, Álvaro Cunqueiro escribía as súas primeiras novelas. E escribía tamén un breve ensaio, "Imaxinación e creación", ao que pertencen estas palabras: “o propio dun escritor é contar claro, seguido e ben. Contar a totalidade humana, que el pola súa parte ten a obriga de alimentar con novas olladas. E se hai algo que estea claro nesa dieta, é que o home precisa en primeiro lugar, coma quen bebe auga, beber soños”. Beber soños como quen bebe auga. ¿Pódese facer unha definición mellor da necesidade, básica coma a auga, da lectura?
Todas as persoas necesitamos de historias, de soños, de palabras. Para entender o mundo e para entendernos a nós mesmos. Para soñar outras vidas, para loar todo o que a vida nos dá, para vencer o espanto da morte. É curioso: as vellas palabras de Cunqueiro volvémolas atopar hai pouco en boca do estadounidense Paul Auster ao recibir, hai agora dous anos, o premio Príncipe de Asturias: “Necesitamos historias case tanto coma o comer, e sexa cal sexa a forma en que se presenten –na páxina impresa ou na pantalla da televisión- resultaría imposible imaxinar a vida sen elas”.
Coma o comer, como beber auga, xaora que si. As persoas non poderiamos vivir sen o alento da imaxinación e dos soños. E, aínda que unha boa parte desa sede, desa fame, a saciamos a través das múltiples pantallas coas que convivimos, non podemos esquecer que a orixe de todas as historias está nos libros. Pois os libros conteñen os soños, as paixóns, os medos, as risas: neles están a imaxinación, os sentimentos e experiencias das persoas, das que viven agora en calquera lugar do mundo e das que desapareceron hai moitos anos. José Ángel Valente escribiu, nun poema memorable, "el que da una palabra, da un don". Pois iso son os libros, ríos de palabras que se nos ofrecen con xenerosidade para axudarnos a aprender mellor o oficio de vivir.

3 comentarios:
Un millón de grazas a Agustín por enviarme o discurso e por permitirme colgalo aquí. Subliñados e negriñas son meus.
Como sei que andan escritores por aiquí:
Estou lendo estes días un libro que explica a orixe do senso dos caracteres chinos. De momento, non teño intención de aprender a facelos, pero o sí é curioso o xeito en que ideas abstractas se representan có que en principio foron debuxos concretos. As asociaciós son moi suxestivas, e penso que poden ser moi útis á hora de xenerar recursos literarios pra moitos de vostedes.
Cólgoas aiquí:PREMER.
Por certo, seguiréi ampliando a lista a medida que teña tempo. hai moitísimos máis.Estos son os que me chamaron a atención esta tarde.
Publicar un comentario