Para os que aínda non o coñezan
Este é Pepe Trebolle, fornecedor de tantas fotos desta casa
A imaxe foi tomada na Feira do Libro de Ourense, cando lle asinaba o seu libro sobre N. York a escritora Inma López Silva (ó fondo, X.M.del Caño, Alonso Montero e Peña Rey).
12 comentarios:
Ao fondo hai tamén unha muller, invisible ou non famosa, pero habela haina. O autor do blog é unha persoa que creo que intenta sempre facer visibles ás mulleres pero non é doado facerse ver entre tanto home famoso!
Anque me soa a cara, non sei o nome da muller. Pero está claro que é "unha amiga do Del Caño".
Por suposto que intento sempre facer visible o labor das mulleres. Pero non identifico a esta en concreto e sería pouco elegante citala sen saber o seu nome, non?
Trebi: as sinaturas con boli bermello non valen. Ten que lle pidir a ILS que volva a Ourense a asinar.
Home,pode ser, pero o que perde en elegancia ganao noutros aspectos.
¿Como se pode facer, en entrando na idade de xubilación, para ter un aspecto tan estupendo como o que loce don Pepe Trebolle?
Non sei que é a muller. Estiven na presentación, ela andou con del Caño y, mentres presentaban a libro, non deixou de facer fotos dende a entrada á caseta. ¿Alguén da editorial? Non o sei. Tamén estivo de pé, preto da mesa onde estaban o editor, dal Caño e Alonso Montero, a filla do autor do libro. Só podo dicir que esa muller do fondo da foto andou por alí facendo fotos de acto moito tempo. O dato non é que sexa sólido pero algún detective dos do blog pode investigar.
Se non é indiscreción, señor Chesi, ¿cantos exemplares asinou o día que lle tocou a vostede? Un amigo meu levoulle un para que o firmase.
Pois non estivo mal porque xa asinara no día do libro (ese día úns 30 exemplares, contando outras novelas anteriores). Na Feira, eu creo (non conto esas cousas, ún está en babia), calculo que alomenos una ducia de La soledad de las vocales, outra ducia (ou algúns máis) de Las estaciones de la muerte, e algún exemplar perdido de cabo de Hornos e de Un montón de años tristes. Una treinta en total, pode ser?
Está ben iso de querer destacar as mulleres. Este blog está falto de presenza feminina. Anímenas vostedes a participaren. Hoxe é unha lástima que exista un "ente" onde as mulleres non pinten nada. Iso só o consegue a Igrexa Católica. A ver por canto tempo, que supoño que espabilaremos algún día.
Consideran que para ser Ourense o que é, ¿un índice de vendas como as de don Chesi é máis que razonable ou cabería esperar algo máis dos lectores ourensáns?
NOn está nada mal o dos 6o exemplares de Chesi, nunha cidade como Ourense. E seguro que houbo máis compras que non pasaron a asinar pola Feira nin o Día do Libro.
Publicar un comentario