30 jun 2008


















Trasalba, 28 xuño 2008. Homenaxe a Olga Gallego.
Xornada agradable, como sempre, en Trasalba. Nestas primeiras fotos que manda Trebolle: Ramón Villares, Lourenzo Fdez. Prieto, Craig Patterson, Vïctor Freixanes, Ánxela Bugallo, Benxamín Casal, Carlos García Mtez., Felipe Vilas, etc. A anécdota do día, no xantar no souto que está fronte á Casa Grande de Otero, un bar ambulante cunha bandeira de España e o texto, en galego: "Pedimos apoio á nosa selección". Creo que ninguén lles mandou quitala, logo dirán algúns que non somos tolerantes (deixo en Comentarios a "crónica de sociedade").
A crónica do acto oficial, por Cristina Huete (EP)

108 comentarios:

Anónimo dijo...

Que bo estaba o polbo do xantar!

Marcos Valcárcel López dijo...

Por al� andaban tam�n, entre outros/as:
Ram�n VIllares e Berta; V. Freixanes e a s�a dona Mal�s (e o seu fillo e,supo�o, a moza deste); Lu�s Gzez. Tosar, V�ctor Campio, Xabier Castro; Bieito Ledo, Xes�s Ferro Ruibal, Andr�s Torres Queiruga; Margarita Ledo Andi�n, Cipriano Jim�nez; Encarna Otero; Isaac D�az Pardo e dona; arredor de dona Olga Gallego, todo o gremio de museos e arquivos, encabezado por F. Fari�a e Pablo Ferro, que fixo a axeitada laudatio da homenaxeada; G. Garrido e X.M. Soutullo e as s�as donas; Xos� R. Quintana e Manu; Afonso Monxard�n e Bel�n Lorenzo; Xos� L. de Prado; Xos� Lois Carri�n; a concelleira Marga Mart�n (�nica representaci�n do concello, creo: o BNG municipal, creo que ausente); Andr�s Mazaira; Marcelo, xerente do CCG; J.L. Saco; Elvira Cuevillas; Cristina Huete; etc. etc.

Marcos Valcárcel López dijo...

Estaba bo o polbo: na banda da miña mesa pedímolo sen sal. E a carne ó caldeiro, mellor que outras veces.

Marcos Valcárcel López dijo...

Esquecín: estas primeiras fotos son de Trebolle. Pode haber máis.

Anónimo dijo...

Na foto d´abaixo que é o que lle está a amosar Lourenzo Fdez. Prieto a Baltar e que este olla con tanto interese?

Marcos Valcárcel López dijo...

POis, ó mellor, as tazas brancas para o xantar, vai ti saber... Aínda que Baltar non quedou ó xantar-romería.
Engado agora que a presenza de políticos foi menor que outros anos. Fóra dos de sempre (Baltar e Ánxela Bugallo entre eles), escasa representación dos tres grupos (xa citei á socialista Marga Martín; non inclúo aí a Encarna Otero, porque vai sempre a nivel persoal, hai anos, non estrictamente en nome do BNG).

Marcos Valcárcel López dijo...

Engadindo asistentes. Tamén estiveron Xesús Alonso Montero; F. Río Barxa; Xulio Rguez (do Museo); Xavier Limia de Gardón; X. Rábade e Helena Villar (por certo, a estes nin os puiden saudar, dende aquí un saúdo, se len estas liñas).

Anónimo dijo...

Que interesante todo isto.

O POLBO da intelectualidade tentacular...

Anónimo dijo...

Menú tradicional do xantar de Trasalba:

Empanada e lacón cocido; polbo á feira; carne ao caldeiro con patacas cocidas; tarta de Santiago, bica e roscón; viño tinto, auga e gasosa; café de pote e augardente.

Prezo por asistente: 15 euros.

Anónimo dijo...

Nos padroados, nos consellos, nas editoriais,nas fundacións, nos ciclos de conferencias, nas institucións... sempre os mesmos.É todo o que temos ou estamos diante dun lobby que peneira e desbota ? Non sei, mais...

Anónimo dijo...

O anónimo ten toda a razón: sempre os mesmos, e moi atinado: "É todo o que temos ou estamos diante dun lobby que peneira e desbota?"

Anónimo dijo...

Están ata na sopa.

Anónimo dijo...

Anónimo, "é todo o que temos", non hai mais, e se os hai non saen na foto porque non queren ou porque non os deixan. Quen sabe.

Eu non coñezo a ningún, pero entre algúns tampouco aprecio tantas diferencias "físicas". Por exemplo, o segundo e o cuarto pola esquerda da primeira foto parécense moito "físicamente". Supoño que "intelectualmente" haberá diferencias entre eles. Ou son todos tentáculos do mesmo POLBO "intelectual"? O IMP seguro que o sabe.

lourixe dijo...

Xa vira a crónica en galiciae onde, por certo, suliñaron a dedicatoria que Olga Gallego fixo do premio ao traballo dos arquiveiros e bibliotecarios: conservadores e transmisores do noso patrimonio intelectual común. Os comentarios deste blog son ben máis "amarillistas", limitándose ao lercheo (quen foi, que levaba, que houbo de papatoria).
E Don Marcos non di nada deste outro artículo seu?

Anónimo dijo...

"Aos que non están gustaríalles estar no lugar dos que están" (proberbio popular ao parecer non chino).

Por iso veño eu por aquí, para ver se facéndome amigo de XDC, de Arume, de Medela e mesmo de Lourixe, podo chegar ao cume/dono da Solaina e sair na foto. Hoxe á tarde paso por Torga a comprar todo o que teñan de Otero, ensaios sobre el incluidos. Iso foi o que me dixo un amigo ao que lle teño moita confianza: Ti empápate de Otero aínda que non entendas palabra e fabrícate unha culturiña oteriana, xa verás como Marcos cae rendido aos teus pés e che abre o camiño da gloria que comeza por Trasalba. Dito e feito, que o meu amigo sabe do que fala.

Anónimo dijo...

"O IMP seguro que o sabe".

O chamado IMP tamén estaba en Trasalba. O que pasa é que non sae na foto :-(

lourixe dijo...

Pois vas mal, anónimo, porque nin Arume, nin Medela nin eu mesma saimos nas fotos, somos un poder na sombra.

Anónimo dijo...

Eu sempre que fun a Trasalba fun soliño, e pagándolle é rapaza encargada o ticket que hai que pagar pra visitalo...

Anónimo dijo...

E, claro, tampouco estou nas fotos...

Anónimo dijo...

Iso de que non saídes dilo ti. Eu ben que te recoñezo nunha das fotos, pero non en primeiro plano.

Anónimo dijo...

Hai que ver o nachiño anónimo este os comentarios que fai...
En fin: cito da güikipedia para que vaia coñecendo de que pé coxea (por se non o soubese!)

Envidia

La envidia es un sentimiento experimentado por aquel que desea intensamente algo poseído por otro. La base de la envidia es el afán de poseer y no el deseo de privar de algo al otro, aunque si el objeto en cuestión es el único disponible la privación del otro es una consecuencia necesaria.

Marcos Valcárcel López dijo...

Para Lourixe: xa ía colgar o meu artigo que está en Chuza (Non o sabía). Pero poñerei só a ligazón con La Región, porque ese artigo xa saiu no blog hai unhas semanas.

Marcos Valcárcel López dijo...

Engadindo asistentes de novo: estiveron tamén Jesús de Juana; Xosé C. Sierra, a súa dona e o seu fillo violinista; Yolanda Barriocanal; Susana Reboredo;
Luis Paradelo ("Xelamonite") e Mercedes.

Anónimo dijo...

Lourixe, ti se queres deixar de ser un "poder na sombra" e converterte nun poder na luz do imperio de D. Marcos, telo ben fácil: Regalarlle un "gatiño" chairego da última camada. Teño entendido que D. Marcos adora os "gatiños". Lourixe, eu creo que ti cos "gatiños" e mais eu con Otero (hoxe á tarde, Torga) temos un futuro prometedor e cheo de posibilidades fotográficas en Trasalba. A quen lle vexo un futuro neghro pero que neghro é ao Anónimo que cita da "güiskipedia" non sei que. Con tanto "güiski" a correrlle polas veas seguro que non chega a ningures. Anúblanselle as ideas e non entende nada do que aquí se comenta.

lourixe dijo...

Se Don Marcos quere algún gatiño, pode escoller o(s) que queira. Pero eu prefiro quedar no Lado Escuro da Forza, movendo fíos nas tebras, corrompendo tribunais de premios literarios, seducindo editores, manipulando críticos, discriminando escritores, propulsando "plumillas" ao estrelato, e todas esas cousas que se me dan tan ben. ;-)

Anónimo dijo...

Lourixe, non presuma tanto...

Vostede, e máis eu, e máis unn cantos axentes de K.A.O.S/Gladio/Solaina estivemos simplemente poñendo microcámaras e micrófonos, na víspera.

O noso é ben prosaico.

O seu papel, de todo o modo, facéndose pasar por periodista da Voz de Karakalpakstan para se meter na casa grande de Trasalba, foi antolóxico...

Ouviu, cal é a próxima misión??

Anónimo dijo...

mEU DEUS, PERO polo cravos de cRISTO, ¿ese BALTAR e o mesmo Baltar coñecido en Auria polo seu curioso sistema de ingreso na función pública que enche os cadros de persoal de canta institución hai na provincia? En serio, ¿non lles da un pouco de vergonza tan infame compaña? Non o podo crer, se esto é a xeración máis progre que temos na Gallaecia...¡mimá!...amijos todos, a tolerancia non ten que ver moito con chantar unha bandeira de España cun carteliño en galego...de verdade que non.

Anónimo dijo...

Ostiá, isto da Solaina está minado de "microcámaras" e conspirador(e/a)s do Lado Escuro da Forza do Mal. Xa non me fío nin dos gatiños da Lourixe. Non me estrañaría que estiveran sendo adestrados para axentes de D. Marcos disfrazados de gatiños. Voume desta terra minada de chintófanos ultramodernos para espiar e gatiños sospeitosos, que isto comeza a porse perigoso. Medela xa non pode ocultar que aquí hai gatiño encerrado e fala ás claras da "próxima misión". Era a proba que me faltaba.

Anónimo dijo...

De qué estabamos falando?
Ah siii!, do polbo, da carne ó caldeiro, da comisión de festas, da foguetería, das fotos, das envexas. Antes Athenas de Ghaliza, hoxe toca a rapa das bestas, e mañán sopas do burro canso.
A quén se homenaxeaba?, ainda que ben mirado, xa case da igoal.

Anónimo dijo...

Sr. Anónimo das 06:58; Vde. nin pode chegar a imaxinar o nivel técnico atinxido por K.A.O.S. A Stasi, comparada connosco, uns nenos de teta a xogar cun ioió.

Velaquí a nosa última adquisición:

Un ente que se parece, de inicio, cun gatiño, deses que tanto gustan a Don Marcos.

Gatiño?? Grava conversas e imaxes, mata de noventa e dúas maneiras diferentes e ata miaña... Todos caen rendidos ante o seu engado, sen saberen que a súa alma está sendo esculcada!

GATIÑO CON OLLIÑOS DE MICROCÁMARA E ORELLIÑAS CON MICRÓFONOS

Anónimo dijo...

Que alguén colgue "The year of the cat" en homenaxe a Lourixe e Medela.

Marcos Valcárcel López dijo...

O primeiro gatiño-espía debeu ser o Samuel, de Carlos Casares, non si?

Anónimo dijo...

O Ano do Gato.
Tamén lle poño a letra:PREMER.

Pra os que toquen a guitarra, imaxino que saben os acordes.Pero, por si acaso algún non o saben:

(Faciliños)

Cmaj7: x32000
D: xx0232
Em:022000
Am7: x02213
D7: xx0212
B:x24442
G:320003
F:133211

Anónimo dijo...

O gato é perfeito: pensa despacio e actúa rápido.

Anónimo dijo...

Da Coba: Que linda canción, que pasada!
O Stewart canta, recita, pronuncia fórmulas cabalísticas, e vai un bocadiño por de diante do acompañamento rítmico.
Era ben mozo eu cando soaba...
Grazas.-

Anónimo dijo...

Hai días que falto, e non entendo case nada. Que pasou aquí?

Anónimo dijo...

Nada, profe, o de sempre. Un caso de escoitas ilegais na casa grande de Trasalba, por parte da nosa organización. Xa sabe, actuamos alá onde non chega GLADIO.
Comezamos falando nunha entrega de premios e acabamos opinando sobre gatiños.
O normal, señor, o normal.-

Anónimo dijo...

Ai,logo ben. E digo eu: que lles parece que, pola última decisión da Consellaría de Educación, en todo ensino medio non vai quedar ningunha materia dedicada única ou centralmente á literatura?

Anónimo dijo...

Profesor González: Non faga o parvo.

Está, ben o sabe, cachadísimo, como membro da Trilateral Secreta que move os fíos da conspiración no que respecta á cultura galega.

Consello de discípulo, admirador e amigo:
Fale de todo, sexa lareto, coma min. Agache a súa verdadeira personalidade detrás de múltiples e constantes mentiras de esmeralda.

Simule ser indiscreto e frívolo.

Chore, enfádese, insulte, por veces.

Retírese estratéxicamente de cando en vez.

A nosa organización conquistará o mundo.

Anónimo dijo...

E dicir, Xosé Manuel, todo está perdido. Temos que voltar a clandestinidade.
Eso sí, podemos dar pasantía ou clases particulares de Literatura como tapadeira.

Anónimo dijo...

Agradezo o interese, agarimo e consello no que vale; pero, desgrazadamente, resulta inaplicable: segundo di vde., estou cachadísimo, identificado nominalmente, son o que se vén chamando un queimado. Convén, xa que logo, apurar o vaso hasta las heces e seguir dando a vara con literaturas e algunha outra posible impertinencia.

Ora que o da retirada estratéxica, puntual ou periódica, é convincente proposta: fornece tanto acougo a mesma idea! Mágoa que a militancia solainesca xurda, de súpeto, a modo de torrente imperativo.

E el será unha apócema/veneno?

Anónimo dijo...

Certamente, frère Jacques, isto do nacionalismo estase volvendo espiñento, coma outras líricas: moita bandeira española, fóra literaturas.

Aínda ha de haber, en efecto, que retornar ao abeiro da sombra. E el seguirá vacante o vello nome de guerra?

Anónimo dijo...

Mamaciña!!! Onde anda o tradutor de saavedriano???

Anónimo dijo...

Pregunte, pregunte. Hoxe estou tan de quiero que mesmo falo con anónimos; sen que sirva de precedente.

Anónimo dijo...

Tradución libre:
Hai unha conspiración españolista, cuxos epicentros son a Moncloa e a Consellería de Educación, para promocionar a España eterna e cerril e ignorar a Galicia e as demais nacións sen estado. De aí que os axentes do CSCID repartisen camuflados centos de miles de bandeiras españolas a unha xuventude narcotizada pola euforia, ao tempo que sibilinamente suprimen do sistema educativo calquera sinal de que Galiza teña unha literatura propia e en galego no século XX. En consecuencia, urxe o activismo clandestino e volver a dar seminarios sobre a nosa literatura, gratis total e sen contabilizar no horario de profesor de medias, que ve así incrementada a súa carga lectiva.

Anónimo dijo...

Ordiá!

Anónimo dijo...

Tradución literal:

Máncachao!

Anónimo dijo...

En vista do éxito -en termos puramente literarios-, eis un novo acertixo sometido á douta eséxese:

Ignorar a clara man dentro da área -malia as aparencias- conecta inequivocamente coa ignorancia e ocultación dos Cantos de vida y esperanza.

Iso si, coidado coas versións do aparello.

Anónimo dijo...

Hoxe, nun colexio de Karlsruhe, dúas nenas de orixe español, de 13 e 12 anos, e unha profesora, tamén española, foron literalmente empapadas de auga por un numeroso grupo de alumnos, entre os que había algún mestre tamén. Por levar a camiseta da selección española. UNha broma pesada, pois tuveron que volver á casa pra mudarse. Chorando.

Anónimo dijo...

Miñas pobres. Sen ironía.

Anónimo dijo...

Tradución libre:

Para disimular, a conspiración españolista tamén suprimiu a literatura universal. A Rubén Darío, por exemplo.

Anónimo dijo...

O curioso é que unha delas (a de 13 anos) saca as mellores notas da clase na asignatura "lingua alemá".

Anónimo dijo...

Oh, decepción. Rubén Darío está no programa das Literaturas Hispánicas tamén eliminadas; situación que, de confirmarse a teoría simulatoria, nos conduciría á triste figura dun supresor que se borra a si mesmo, ata as mans coa pirola, lle pega un tiro á nai ou que sei eu.

En fin. Para que o tradutor suture a fenda no prestixio, ofrezo novo texto para hermenéutica: Max Frisch resultaba incompatible con Carles Puyol e Marcos Senna.

P.D.: E disimulen a mala palabra.

Anónimo dijo...

Tradución literal (continúa):

Con todo, o españolismo segue latente, porque ZP e adláteres hispano-galegos, posúen un currículo oculto: "Ínclitas razas ubérrimas, sangre de Hispania fecunda".

Anónimo dijo...

Da Coba, débelle ser duro que a un lle freguen pola cara a derrota na propia casa. Sitúeo nun colexio de, por exemplo, Segovia, e pense se a ducha non sería tamén posible.

Hai que saber gañar e, cando cadra, perder ben; aínda que sexa duro. Miñas pobres, repito, igual tamén atrevidas. Que non ten por que ser defecto.

Anónimo dijo...

Resúltame agresivo o poulacheirismo-patrioteiro-español. Non lle teño afecto a España e por tanto desagrádanme eses excesos patrioteiros que considero perigosos para os nacionalismos que teñen que soportar os privelexios constitucionais dos españois.
Esa exaltación non ten nada de inocente, observen a vinculación do Rey e do Goberno. Unha excelente cortina para ocultar un límite constitucional que sinalou o dedo de Ibarretxe.
Non é so futbol, nin moito menos! son os
Preparativos para unha avalancha nacionalista española.

Anónimo dijo...

Falso: o hexámetro adaptado non cabe na programación usual da materia combinada; nin necesario sería o concurso disuasor da espionaxe nacionalista. Segue esvarando, e agora deriva.

Anónimo dijo...

Claro que sería máis que posible, mesmo moi probable, que pra eso somos moito máis visceráis que os alemás.

Volvendo ó tema do post:Máis fotos, do blog do Trebi.

Anónimo dijo...

Falo do tradutor, claro. Aínda que empezo a dubidar de que o sexa.

Anónimo dijo...

O españolismo non está nunha situacón de latencia, senón altamente desenvolvido e con grande operatividade. O españolismo é o freno ao desenvolvimento dos nacionalismos, unha estratexia cada vez mais organizada contra das outras ideoloxias nacionais.

Anónimo dijo...

“Débelle ser duro que a un lle freguen pola cara a derrota na propia casa” = que un ex nacionalista se alegre de que baixe o BNG e suba o PSOE nos vindeiros comicios autonómicos.

“Hai que saber gañar e, cando cadra, perder ben; aínda que sexa duro” = hai que se ir mentalizando por se os resultados das autonómicas 2009 non son os agardados.

Anónimo dijo...

Xa estaba topeneando, pero agardaréi a resposta de XM Glz ao comentario do tradutor. Que deseguro non ten casca.

Anónimo dijo...

Buf, e agora deixa un traballo a medias e ponse a encerellar noutro lado: un chambón, din por aquí. Laméntoo, pero deume o sono. Haxa boa noite.

Anónimo dijo...

Ui que carallo, que estamos moi mal pagos os tradutores! Canto vai pagar por unha tradución acaída, eh?

Anónimo dijo...

Ten toda a razón o anónimo das 12:10:00 AM. O que pasou non é nada inocente. Zapatero, en connivencia con Rajoil, subornou ao árbitro do partido para que ganase España e inducir con iso excesos patrioteiros cos que deter a Ibarretxe. Estes españolistas son moi listos, pero nós aínda o somos máis.

Anónimo dijo...

Os españois sobornaron xa Eurovisión, así que amigos, a historia pode desvelar e sorprender.
Non son partidadrio da teoría da conspiración, pero o pan e circo deulle sempre moita rendabilidade ao poder.
Non hai dúbida de que o triunfo da selección de futbol española na copa de Europa, exalta os sentimentos identitarios españois e reforza a ideoloxía nacionalista española, acontecimento que os poderes polítcos españolistas aproveitan para tentar lexitimar as súas posicións. O contrario, a inxelidade a que apunta o anónimo anterior non é mais que un intento de porse unha venda, a venda de que o deporte, é deporte e nada mais, futbol, só futbol, e todo o demais delirio superideoloxizado. Ao final non é mais que unha defesa do que hai, para que siga habendo o que hai , e nada mais un Viva España!.
Que me parece moi ben, pero en España.

Anónimo dijo...

Non estóu eu moi certo de que ese "sentimento españolista" se transfira do fútbol á política en proporción significativa. O que levanta pasiós é o fútbol, a bandeira é unha disculpa, está instrumentalizada ao servizo du fútbol. Se mañá mesmo xogase unha final a selección española de calquer outro deporte, eu que sei, tiro con arco, non habería bocinazos. Se non hai apenas transferencia entre deportes, canto máis á política.

Anónimo dijo...

Se se polariza a interpretación sociolóxica do resultado dun partido de futbol, deixanse de entrever outras cousas que non son simples apuntes así, eu escoitei nunha conversa a propósito da selección e das celebracións, e había polo menos seis persoas -nada intelectuáis por certo- onde disentían no de ser español ó estilo de Casillas e Xavi e no de Raúl e Güiza, ámbos contrarios na súa interpretación de "españolidade". Catro de seis decían que preferían ós dous primeiros, os outros dous xustificaban que o outro estilo era o que ó fin arrastraba ós siareiros, que son quen van ver á selección. Ún dixo antes de que eu marchara: "É que, o mellor se non foran eses badulaques como os Manolos do bombo e similares, ía eu ó campo a velos". Non se lles escape, hai moita xente que non saíu a dar bocinazos, tamén vive néste país, tamén viu o partido, non lle dá vergoña decilo, e máis que a selección, gostáronlle Xabi Alonso, Senna, Cesc, Iniesta, Villa, Puyol, Torres, Cazorla, etc.
Outro caso a tratar aparte é o do periodismo deportivo e a infamia coa que se lle dispensou ó entrenador; eso si que merece un análise sociolóxico distinto e crudo. O cutrerío da cadena cuatro merece comentario propio, e non precisamente halagos.

Marcos Valcárcel López dijo...

PAN POR PAN martes 1 xullo
Olga Gallego. Foi o nome do domingo, á marxe das emocións futboleiras, que xogan noutra dimensión. Olga Gallego, homenaxeada en Trasalba pola Fundación Otero Pedrayo. Discursos atinados de Ramón Villares e Víctor Freixanes e unha completa e literaria laudatio por parte de Pablo Ferro. Tamén gustou moito Craig Patterson, que presentou o seu libro sobre Otero e a identidade galega. O resto da xornada foi agradable: o xantar romaría no souto, as horas de conversa cos amigos, etc. Houbo menos políticos que outras veces: tiñan que gardar sitio para a noite. E a anécdota do xornada: fronte a carpa do xantar un bar ambulante puxo unha gran bandeira española coa lenda, en galego, “Pedimos apoio á nosa selección”. Por suposto, ninguén dixo nada ó respecto, nin sequera algúns asistentes, que sufriron a represión franquista. E logo algúns aínda dirán que o galeguismo non é tolerante.

Anónimo dijo...

O galeguismo sempre fuxiu do conflicto, obliterándose.
Como compensación tendeu sempre a reproducir un clasismo no pais, clasismo no que eles virían a ser unha aristocracia, formada por profesiónais liberais ennobrecidos polo galeguismo e desertores do arado que ocuparon os postos de mais bregaxe, e que deste xeito encontraron a forma de ennobrecerse e sentar dinastía.

Anónimo dijo...

Oblite... quéeeeeeeeeeeee?

Anónimo dijo...

Obliterar v. tr. (1) Fazer desaparecer pouco a pouco. (2) Extinguir sem quase vestígios. (3) Med. Obstruir um conduto ou cavidade. v. r. Extinguir-se. Sinóns. Apagar, eliminar, esquecer, dissipar [lat. oblitterare].

Anónimo dijo...

Así que entón o galeguismo é unha obliteración, interesante. A exaltación dunha desaparición como dicia Virilo. E no proceso uns fan das súas para si, pero que moi interesante.

Anónimo dijo...

E o que di iso, é el galeguista ou non? Se non o é, que é entón?

Anónimo dijo...

Que importa saber quen son, nin de onde veño, nin cara onde vou...

Anónimo dijo...

O Anónimo das 02:43:00 PM é un obliterador.

Anónimo dijo...

é un vagamundo como o propio mundo.

Anónimo dijo...

Todos somos o obliterador.

Anónimo dijo...

O obliteradores son os galeguistas, non desvie o tema, obliteradores e até oblacionistas.

Anónimo dijo...

si...si...son uns oblacionistas ablacionadores, unha especie de castrati.

Anónimo dijo...

Oblama: o candidato á presidencia dos EE.UU.

Anónimo dijo...

Dona Olga Gallego, ademais de formar parte dos/as bos/oas e xenerosos/as, ten unha caracter�stica �nica, se non me equivoco: posu�r en vida unha medalla outorgada a t�tulo p�stumo. Jaime Pita Varela, conselleiro de Presidencia da Xunta popular naquel ano 2000, � hora de dar lectura � Orde na que se comunicaba a concesi�n dos galard�ns, cando se referiu a Olga Gallego, dixo que era �a t�tulo p�stumo�, a�nda que a galardoada ergueuse da s�a cadeira e recolleu a s�a medalla. A an�cdota pasou desapercibida para a maior�a das persoas, inclu�da a protagonista, que se decatou do feito d�as despois.

Anónimo dijo...

Non sei eu se o que non fuxira do conflicto é o MF das 12:59:00 PM. Porque non quere dar a cara. "Combatientes" deste tipo hai moitos, que á mínima oportunidade foxen coma covardes. Pra min que é dos que xogan con todas as barallas.

Anónimo dijo...

Si, hai moito fantasma de diós.

Anónimo dijo...

Eu dou a cara onde hai que dala, tamén aquí se é necesario. Aquí estou pois para canear a todos eses neogaleguistas ansiosos de formar parte da ridícula espantallo-aristocrácia galega.Castrati.

Anónimo dijo...

Debería aprender a diferenciar o singular do plural en italiano, e non destrozar a fermosa lingua de Dante.

A ver, primeira lección gratis. Se "castrati" é singular, como será en plural?

Anónimo dijo...

Chist! Os demais que calen. A ver se pica o listillo este.

Anónimo dijo...

Castrati Señores, varíen de estratexia, son demasiado previsibeis, un pouco de intelixencia!, por favor!

Anónimo dijo...

Moi ben! E como se di realmente en singular?

Anónimo dijo...

Non lle chega co horario lectivo?

Marcos Valcárcel López dijo...

Moi boa a anécdota que conta X.L. Carrión: ten moito mérito gañar unha Medalla (Castelao, supoño) a título póstumo, estando vivo. Outra xoia para a biografía (non autorizada) de Xaime PIta.

Anónimo dijo...

Unha outra "castronería" do señor Pita.
Saúdos lector castrato.

Anónimo dijo...

De castre lle vén ó galgo...

Anónimo dijo...

Dedicado a Medela, que sempre lle tivo moita lei á señora "Escario" (Escoria?)

A estes pijo-progres españois, tan ben relacionados, o subconsciente xógalles malas pasadas:

O "desliz" de María Escario:
http://youtube.com/watch?v=NihjMj-E0TI

Anónimo dijo...

Aprobado! Pase polo decanato a recoller o título do primeiro curso de "italiano elemental".

Anónimo dijo...

"Has echao algo en falta en los bolsillos???"
E o españolismo dando leccións de ética nas mocións de censura en Euskadi...
Virxe do Viso, olla para outro lado, que anda solto o demo!
Grazas polo vídeo, don Marcelo.

Anónimo dijo...

Progres sen complexos, nova especie sub-zapateril, quitan a carauta pra "El Mundo".

Galegos a la española, xunto co resto da crema da intelectualidá progresita "Porque yo lo valgo", asinan o "Manifiesto por la Lengua Común" (así, en maiúsculas)

http://elmundo.es/elmundo/2008/06/30/espana/1214862949.html

Algúns nomes:
Óscar Pereiro
Luz Casal
Purificación García
Roberto Verino

Recordemos o que asinaron estes moinantes:

"Os asinantes piden que os parlamentarios españois creen unha nova normativa legal (reformando a Constitución, se é preciso) para que quede claro que a lingua castelá é “a única cuxa comprensión pode serlle suposta a calquera efecto a todos os cidadáns españois”. Tamén demandan que o galego, o catalán e o euskera non poidan ser idiomas vehiculares no ensino. (Vieiros)

Anónimo dijo...

Roberto Verino non ía de invitado aos mítins do BNG de Verín?

Anónimo dijo...

Vólvome despedir por uns días, agora sen exames. Léveno ben, e fagan o favor de darlle algún traballo a ese que seica me traduce; tamén a el lle desexo o éxito posible.

Da Coba: do que lin ultimamente sobre fútbol, quédome co seu diagnóstico neste fío. Igual lle(s) interesa ler o artigo meu que, se nada falla, sairá publicado o xoves en El Progreso; na web, xoves ou venres, se segue o costume.

A todos os ourensáns, o meu sincero desexo de que non derretan: é broma, non mal gas, e ben cómpre puntualizalo ultimamente.

Anónimo dijo...

/// /// ///

Boa viaxe, XM Glz.

Anónimo dijo...

Con todos os meus respetos para todos, pero creo que ese tradutor de XMG, pásase e resulta de mal gusto.
Boa viaxe XMG.

Anónimo dijo...

Saavedra, boa viaxe e pasao ben ca familia que o mereces despois dun ano duro. Moi duro.
Vaite preparando para achegarte o centro dereita nas eleccións.

Anónimo dijo...

O anónimo das 08:38:00 PM debe ser un finolis de moito coidado, e, por suposto, carecer de total sentido do humor. Un plasta, vamos.

Anónimo dijo...

Profesor, boa viaxe!
Non esqueza o servizo secreto...
Ben sabe que o queremos, señor.
Saúdos desde Karakalpakstan.
Se pasa por Nukus, pregunte polo 'chico' galego que pára onda a rusa, esa que ten o galiñeiro revolto.
Viva Galiza liberal!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

O que carece de sentido do humor é o tradutor.

Anónimo dijo...

E quen é IMP?

Anónimo dijo...

Moito me sorprendeu que o Verino firmase ese panfleto! Tanto el coma Purificación García teñen moi pouquiña visión comercial.Pola miña parte, e non son a única, nen con rebaixas do noventa por cen penso entrar nas súas tendas, alomenos mentres me dure a rabecha.
Dice moi ben o refrán que "non hai pior cuña que a da propia madeira".

Anónimo dijo...

Saavedra: iso non se fai. Hai que dicir onde marcha de vacacións. Páseo ben que ben o merece. Unha aperta.