30 jun 2008


A mirada retida: un vello magosto (La Región 29.6.08)
O texto vai desta vez en Comentarios, porque xa falamos aquí desta foto hai seis meses. A foto, cedida por Antonio Piñeiro, pertence ó arquivo fotográfico de Anxo Martínez, que está ó resgardo do Concello de Celanova.

12 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

A MIRADA RETIDA
Marcos Valcárcel
Un vello magosto.
O calendario festivo ourensán ten moito que ver co ciclo das nosas festas tradicionais: o Nadal, o entroido, os maios, o San Xoán, o Corpus, os magostos, etc. Ata, digamos, a década de 1960 non era difícil encontrar viñas non moi arredadas da Praza Maior e o ciclo festivo respectaba esas raíces agrarias. Sobreviviron estas festas, máis ou menos transformadas, ás veces con apoio oficial. Por exemplo, nesta foto que me pasaron hai uns meses, velaí: Carlos Casares nun festexo na Alameda, creo que os magostos do ano 1972, cando leu o pregón oficial (está recollido no libro “Carlos Casares, punto de encontro”, Concello Ourense 2002). Dende logo, tiña fame o Carlos ou estaba moi rico o compango. Vemos ó seu carón, moi noviña, Cristina Berg, a súa compañeira. Enfronte deles, o concelleiro de cultura da época e Juan Guede, que fora presidente de Meisa-Manzaneda; un amigo (grazas, XLC.) deume máis nomes dos fotografados: o xornalista e publicista Esteban Plaza e o comerciante Modesto Ojea. Non faltan as bailarinas de rigor, adobiadas, segundo se dicía daquela, "de baile regional".

ourensalia dijo...

Querido Marcos: � posible que non anotaras a s�a procedencia cando cha enviei, pero a foto forma parte do arquivo fotogr�fico de Anxo Mart�nez, que est� � resgardo do Concello de Celanova.
Como tam�n � posible que a autor�a sexa de Enrique Reza.
Antonio Pi�eiro

Anónimo dijo...

Markus, creo que debias decir que o concelleiro de cultura parece ser ou é Rego Nieto. Parece.

Se me poño en plan Freudiano, que non o son, diría que é un lapsus-linguae.

Tes algho en contra de Rego Nieto?.

Pois saiche, anque non queiras.

Puto Froid, judeo, cocainómano, obseso sexual, burgués (que non é pouco), decimonónico e encima faime sospeitar de todos os que contan chistes e cometen lapsus linguae.


Que sí. cona que sí.

Marcos Valcárcel López dijo...

Grazas, Antonio, non debín tomar nota daquela. Pero fareino agora e así constará no futuro.

Marcos Valcárcel López dijo...

Lobo neghro, non citei a MRN porque xa o coñece todo o mundo...

Anónimo dijo...

É MRN colega de IMP?

Anónimo dijo...

Marcos, kamarada, lectores de ourense debemos de ser unha dúcia. O resto dos estranxeiros non coñecen a MRN, teñao vostede por seghuro.

Coido que non.

Anónimo dijo...

IMP, quere decir impío?.

Que quere decir IMP?.

Please, non sexades malos e desveládenolo.

Grazinhas lles sexan concedidas

Marcos Valcárcel López dijo...

Para Lobo neghro: creo que vostede non colleu a ironía.
Para can mansuetinum: "Impío" é un concepto relixioso, fundamentalista, totalitario: eu nunca o usaría.

Anónimo dijo...

MRN é ou era carlista.

Anónimo dijo...

Un carlista que colaborou co réxime franquista no plano local, logo cando morreu o Caudillo, por eses milagres das chaquetas reversibles, fíxose da oposición e da rama "progresista" do carlismo e estivo, representándose a si mesmo, no Consello de Forzas Políticas Galegas coa UPG e co Beiras.

Anónimo dijo...

E, logo, para rematar a faena, volveu ás súas orixes cunha liña desaforada de crítica ós socialistas e ós nacionalistas, como consta no seu articulismo e nas súas Obras Completas (uns 40-50 folletos autoeditados e autodistribuídos).