ARMAS E SUBDESENVOLVEMENTO
Andoliña mércores 16 xullo
Andoliña mércores 16 xullo
Hai uns días varias organizacións non gobernamentais, Amnistía Interrnacional, Greenpeace, Interpón Oxfam e Fundació per a Pau, denunciaban publicamente que o goberno español segue vendendo armas a estados nos que se violan os Dereitos Humanos como Paquistán, Marrocos, Colombia ou Israel: GALICIA HOXE informaba con xeito dese comunicado, no que reclamaban do goberno que aplicase de xeito correcto a Lei do Control do Comercio de armas e material de dobre uso aprobada no 2007 e que evitase contribuír a esas violacións dos Dereitos Humanos facilitando armas a tales países.
O tema é complexo, sen dúbida. Vemos a Zapatero todos os días dando consellos éticos sobre os males do mundo e os seus posibles remedios. Ofrecendo as cidades españolas como sede de grandes encontros internacionais pola paz e a convivencia das civilizacións. E todo iso está moi ben e sae en grandes titulares, pero as notas das ONGs quedan, agás excepcións como GH, nas marxes dalgunha páxina par, onde case non se vexan. A razón é evidente: o negocio de armamento move cada ano máis de 900 millóns de euros. Algúns producidos dende fábricas galegas. E en tempo de crise, ademais.
2 comentarios:
Intrúanse un pouco no manexo de armas:PREMER.
Buf, a mín danme alerxia.
O ouro é o respaldo da moeda. A moeda emítese contra riqueza creada. Anque ás veces hai "inflación".
As armas son o respaldo do poder. Emítense contra poder creado. E posiblemente haxa tamén "inflaciós".
Sería interesante que as armas cumpliran igual esa función, estrictamente almacenadas e vixiladas, coma o ouro de "Fort Knox".
Esto é, que tuveran estrictamente "valor de cambio" pero nunca "valor de uso", por empregar obsoleta terminoloxía marxista.
(Divagando á deshora).
Publicar un comentario